María Madalena: Diferenzas entre revisións
m pé de foto |
corrixo |
||
Liña 5: | Liña 5: | ||
== Discípula == |
== Discípula == |
||
As fontes afirman que [[Xesús de Nazaret]] expulsara dela sete |
As fontes afirman que [[Xesús de Nazaret]] expulsara dela sete [[demo]]s (Mc 16,9). Tras a curación, foi unha das discípulas itinerantes que seguiron a Xesús por [[Galilea]] e [[Xudea]], na súa predicación da boa nova (''evangelion'') da chegada do Reino de Deus. De feito, está en todas as relacións de mulleres seguidoras de Xesús. Isto ten chamado a atención dos esexetas e historiadores, que salientan a singularidade para a época dun grupo de mulleres que seguían a un rabí itinerante. Aparece tamén no momento da crucifixión, ao pé da cruz, cando Xesús foi abandonado por todos. |
||
Chama a atención o seu papel destacado na descuberta do sepulcro baleiro e na primeira aparición de Xesús resucitado, dado o nulo valor do testemuño dunha muller na sociedade daquel tempo. De feito os discípulos tomárono inicialmente como un delirio (Lc 24, 11). Isto foi utilizado nos primeiros séculos do [[cristianismo]] polos detractores da fe na [[resurrección]]. O filósofo platónico [[Celso]] (século II) no seu [[discurso verdadeiro contra os cristiáns]] descualifica unha fe que se basea no testemuño dunha ''muller histérica''. |
Chama a atención o seu papel destacado na descuberta do sepulcro baleiro e na primeira aparición de Xesús resucitado, dado o nulo valor do testemuño dunha muller na sociedade daquel tempo. De feito os discípulos tomárono inicialmente como un delirio (Lc 24, 11). Isto foi utilizado nos primeiros séculos do [[cristianismo]] polos detractores da fe na [[resurrección]]. O filósofo platónico [[Celso]] (século II) no seu [[discurso verdadeiro contra os cristiáns]] descualifica unha fe que se basea no testemuño dunha ''muller histérica''. |
||
Liña 18: | Liña 18: | ||
== Consideración == |
== Consideración == |
||
As igrexas [[Igrexa Católica Latina|católica]], [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxa]], e as orientais [[Igrexa Católica Siríaca|siriaca]], [[Igrexa Católica Copta|copta]], [[Igrexa Católica Armenia|armenia]] e [[Igrexa Católica Etíope|etíope]] tivérona sempre en gran consideración. A piedade popular e a tradición eclesiástica considérana apóstolo dos apóstolos (''Apostolorum Apostola''), por ser a primeira portadora da noticia central da fe cristiá: a resurrección de Xesús. |
As igrexas [[Igrexa Católica Latina|católica]], [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxa]], e as orientais [[Igrexa Católica Siríaca|siriaca]], [[Igrexa Católica Copta|copta]], [[Igrexa Católica Armenia|armenia]] e [[Igrexa Católica Etíope|etíope]] tivérona sempre en gran consideración. A piedade popular e a tradición eclesiástica considérana apóstolo dos apóstolos (''Apostolorum Apostola''), por ser a primeira portadora da noticia central da fe cristiá: a [[resurrección de Xesús]]. |
||
Na historia da arte aparece como icona da pecadora arrepentida. |
Na historia da arte aparece como icona da pecadora arrepentida. |
Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2020 ás 22:13
Nome orixinal | (he) מרים המגדלית (el) Μαρία ἡ Μαγδαληνή |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. século I Magdala (Xudea) |
Morte | século I Éfeso |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | caregiver (en) , teólogo |
Período de actividade | (Con vida en: século I ) |
Profesores | Xesús de Nazaret |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 22 de xullo 22 de xullo |
María Madalena[1][2] (ás veces escrito María Magdalena[2][3] e mesmo María Madanela[1]) foi segundo os evanxeos sinópticos, o Evanxeo de Xoán e varios evanxeos apócrifos, entre eles un que leva o seu nome, unha seguidora de Xesús.
Discípula
As fontes afirman que Xesús de Nazaret expulsara dela sete demos (Mc 16,9). Tras a curación, foi unha das discípulas itinerantes que seguiron a Xesús por Galilea e Xudea, na súa predicación da boa nova (evangelion) da chegada do Reino de Deus. De feito, está en todas as relacións de mulleres seguidoras de Xesús. Isto ten chamado a atención dos esexetas e historiadores, que salientan a singularidade para a época dun grupo de mulleres que seguían a un rabí itinerante. Aparece tamén no momento da crucifixión, ao pé da cruz, cando Xesús foi abandonado por todos.
Chama a atención o seu papel destacado na descuberta do sepulcro baleiro e na primeira aparición de Xesús resucitado, dado o nulo valor do testemuño dunha muller na sociedade daquel tempo. De feito os discípulos tomárono inicialmente como un delirio (Lc 24, 11). Isto foi utilizado nos primeiros séculos do cristianismo polos detractores da fe na resurrección. O filósofo platónico Celso (século II) no seu discurso verdadeiro contra os cristiáns descualifica unha fe que se basea no testemuño dunha muller histérica.
Todos estes factores fan que os especialistas entendan que é unha das figuras da primeira tradición cristiá cuxa historicidade semella mellor acreditada (criterio de dificultade e criterio de testemuño múltiple).
Identificación
Non está nada claro que sexa a prostituta dos evanxeos sinópticos que unxe a Xesús ante o escándalo dos fariseos, aínda que o sentir popular así a identificou. Existe tamén unha identificación non probada coa muller adúltera do Evanxeo de Xoán á que Xesús salva de morrer lapidada polos seus acusadores. Non falta quen defenda a plausibilidade destas teses debido á procedencia: Magdala, un lugar próximo ao lago de Xenesaret (Tiberíades) que era unha localidade fabril, destino maioritariamente masculino e, xa que logo, posible foco de prostitución. Ser muller de Magdala non debía ser boa carta de presentación. De feito, unha das acusacións máis frecuentes a Xesús é a súa proximidade aos pecadores públicos (Mt 9,11). Pero isto non deixa de ser unha mera hipótese.
Apócrifos
No evanxeo apócrifo que leva o seu nome aparece discutindo con Pedro. No Evanxeo de Filipe, de contido gnóstico e escrito en lingua copta, dise que Xesús a amaba máis que todos os discípulos e que a miúdo a bicaba na boca, algo que estimulou a fantasía nalgúns autores contemporáneos. Tamén neste evanxeo rivaliza con Pedro.
Consideración
As igrexas católica, ortodoxa, e as orientais siriaca, copta, armenia e etíope tivérona sempre en gran consideración. A piedade popular e a tradición eclesiástica considérana apóstolo dos apóstolos (Apostolorum Apostola), por ser a primeira portadora da noticia central da fe cristiá: a resurrección de Xesús.
Na historia da arte aparece como icona da pecadora arrepentida.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Ferro Ruibal, X. (dir.); Ana Isabel Boullón, Xesús Ferro Ruibal, Xosé M. García Álvarez, X. M. Lema, Fernando R. Tato Plaza (1992). Diccionario dos nomes galegos (1ª ed.). Ir Indo. ISBN 84-7680-096-7.
- Feixó Cid, Xosé (outubro de 2003). Dicionario Galego dos Nomes (1ª ed.). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-9782-052-5.