Aldous Huxley: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 59: Liña 59:
*''The genius and the goddess (1955) novela''
*''The genius and the goddess (1955) novela''
*''Two or three graces and other stories''
*''Two or three graces and other stories''
*''Os Corvos do xardín''<ref>[https://es.literaturasm.com/libro/corvos-do-xardin#gref Ficha da obra] en SM/Xerme Edicións.</ref><ref>Traducida por [[Isabel Soto]] en 2007.</ref>
*''Os Corvos do xardín''<ref>[https://es.literaturasm.com/libro/corvos-do-xardin#gref Ficha da obra] en SM/Xerme Edicións.</ref><ref>Traducida por [[Isabel Soto]] en 2007 e ilustrada por [[Pep Montserrat]].</ref>


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2020 ás 12:13

Infotaula de personaAldous Huxley

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Aldous Leonard Huxley Editar o valor em Wikidata
26 de xullo de 1894 Editar o valor em Wikidata
Godalming (Reino Unido) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de novembro de 1963 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de larinxe Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCompton Village Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónBalliol College, Oxford (pt) Traducir
Eton College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpoeta , catedrático , escritor de ciencia ficción , guionista , novelista , filósofo , prosista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorÉcrits de Paris (en) Traducir
Universidade Duke (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua inglesa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeLaura Huxley (pt) Traducir (1956–1963)
Maria Huxley (1919–1955), morte do cónxuxe Editar o valor em Wikidata
ParellaNancy Cunard (pt) Traducir
Mary Hutchinson (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosMatthew Huxley (pt) Traducir
 () Maria Huxley Editar o valor em Wikidata
PaisLeonard Huxley (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Julia Huxley (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAndrew Huxley, Julian Huxley, [Noel] Trevenen Huxley (en) Traducir e Margaret Arnold Huxley (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
marzo de 1933-outubro de 1933Queima de livros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webhuxley.net Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0404717 Allocine: 6719 Allmovie: p161506 IBDB: 3989
Bitraga: 794 Dialnet: 130411 Spotify: 2OHv44DhLk2RmxxOtK25fe iTunes: 2064186 Musicbrainz: 719eb68a-2cb9-44e9-a550-fff16239cd05 Discogs: 432865 IMSLP: Category:Huxley,_Aldous WikiTree: Huxley-517 Find a Grave: 8707127 Deezer: 491690 Editar o valor em Wikidata

Aldous Leonard Huxley, nado en Godalming o 26 de xullo de 1894 e finado o 22 de novembro de 1963, foi un escritor inglés que emigrou aos Estados Unidos. Membro da recoñecida familia de intelectuais Huxley. Coñecido polas súas novelas e o seu grande abano de ensaios, publicou, tamén, relatos curtos, poesía, libros de viaxe e historias para películas e guións. Mediante as súas novelas e ensaios, Huxley exerceu como crítico dos roles sociais, as normas e os ideais. Interesouse, así mesmo, polos temas espirituais, como a parapsicoloxía e a filosofía mística, sobre as que escribiu varios libros. Ao final da súa vida Huxley era considerado como un líder do pensamento moderno.

Traxectoria

Foi o terceiro fillo do escritor Leonard Huxley e da súa primeira esposa, Julia Arnold, amais de neto de Thomas Henry Huxley (1825-1895, naturista de sona e editor de Charles Darwin), irmán de Julian Huxley Premio Nobel en 1963 e primeiro director da UNESCO. Era parente do escritor Thomas Arnold, do crítico Matthew Arnold e de Humphry Ward, quen foi unha verdadeira nai para Aldous cando este perdeu á súa.

Aldous foi un mozo estudoso. Ao ser o seu pai biólogo, empezou a súa aprendizaxe no seu laboratorio, logo continuou os seus estudos nunha escola chamada Hillside, onde a súa nai traballou ata que caeu doente.

A súa nai, Julia, morreu en 1908, cando Aldous tiña tan só 14 anos, logo a súa irmá Roberta morreu no mesmo mes. Tres anos despois, Aldous contraeu queratite punctata e iso danou a súa vista seriamente. O seu irmán maior, Noel, suicidouse en 1914. Cando estalou a Primeira Guerra, os seus problemas de visión evitaron o seu illamento. Huxley, prestou o seu servizo, voluntariamente, cortando leña, traballando nunha oficina do Ministerio de Aviación e ditando clases. Ao recuperarse da súa enfermidade visual, puido ingresar na Universidade de Oxford.

Comezos literarios

Escribe a súa primeira novela (non publicada) aos 17 anos e empeza a escribir, seriamente, aos 20. Xornalista e crítico de arte, viaxa a por todo o mundo e relaciónase coa intelectualidade da época. En París frecuenta aos surrealistas e escribe varios ensaios sobre este tema.

En 1916, Huxley ingresou na revista Oxford Poetry, fundada por un grupo de poetas novos. Publicou dous volumes de poemas titulados The Burning Wheel en 1916 e en 1920 Leda. Durante a II Guerra Mundial xa era un coñecido satírico e pensador social. Aldous viviu moito tempo en Garsington Manor. En Crome Yellow caricaturizou a vida de Garsington. Casou con Maria Nys, á cal coñeceu en Garsington.

Moi preocupado polos trastornos que experimenta a civilización occidental, escribe, durante os anos 30, interesantes libros que tratan da grave ameaza que representa a maridanza do poder co progreso científico. Escribe, así mesmo, contra a guerra e o nacionalismo, Eyeless in Gaza.

As súas previsións respecto da futura evolución da tecnoloxía e a sociedade mediática do século XX acharon a súa expresión en Un feliz mundo novo, onde suscitaba un sistema de castes, control e dominación exercido para manter a orde e a felicidade.

Pasou longas tempadas en Italia durante os anos 30, ata que en 1937 foi a California, do mesmo xeito que ao seu amigo Gerald Heard, foille denegada a cidadanía debido a que se negou a declarar que o seu pacifismo proviñese dalgún ente relixioso.

En 1938 Aldous coñeceu a Jiddu Krishnamurti, do cal admirou os seus ensinos. Converteuse á relixión Vedantista, e introduciu a Christopher Isherwood no seu círculo. Tempo despois escribiu o seu libro The Perennial Philosophy con valores espirituais e ideas místicas.

Últimos anos

Por mor da súa enfermidade, a súa vista era débil, malia a súa leve recuperación. En 1939 grazas a Margaret Corbett e o Método Bates, logrou mellorar a súa visión en gran medida. Á mantenta diso, escribiu un libro, The Art of seeing, no que explicaba que, por primeira vez, en 25 anos, podía ler sen problemas.

Anos despois, practicou a meditación e fíxose adicto ao vexetarianismo. Un dos seus traballos posteriores máis brillantes foi The Devils of Loudun (1952), un complexo estudo dunha posesión demoníaca na Francia do século XVII.

Os seus traballos, neste momento, estaban fortemente influídos polo misticismo e polas súas experiencias coa mescalina, a cal probou invitado polo psiquiatra Humphry Osmond en 1953. O descubrimento das substancias psicodélicas (mescaline, LSD, psilocybine) e o grande interese que as mesmas presentan -utilizadas nun contexto específico- para o descubrimento do espírito, leváronlle a escribir The doors of perception (a cal serviu de inspiración para a banda The Doors) e en Heaven and Hell.

A súa esposa, María, morreu de cancro de mama en 1955. En 1956, casou con Laura Archera, que tamén era escritora e escribiu unha biografía de Aldous. En 1960, foille diagnosticado un cancro de gorxa, e nos anos que lle seguiron escribiu Island.. Rexeitou o título de "Cabaleiro da coroa británica". As súas ideas axudaron a formar o Human Potential Movement. Foi invitado a dar charlas en prestixiosas universidades.

No seu leito de morte, incapaz de pronunciar unha palabra pediulle, por escrito, á súa esposa: 100 µg de LSD intramuscular. Morreu pacificamente a mañá seguinte.

Aldous dicía que un momento tan importante como a morte nunca debía ser afrontado baixo o estupor proporcionado polos sedantes, senón baixo a claridade dos psicodélicos. O anuncio da súa morte viuse escurecido pola de John F. Kennedy, que ocorreu o mesmo día que a do escritor irlandés C.S. Lewis.

Obra

  • Crome Yellow (1921), novela
  • Antic hay (1923), novela
  • Jesting pilate: the diary of a journey (1926), ensaio
  • Point counter point (1928), novela
  • Un feliz mundo novo (Brave New World) (1932), novela
  • The Art of seeing (1932), ensaio crítico
  • Eyeless in Gaza (1936), novela
  • Vello morre o cisne (1939), novela
  • A súa Eminencia gris(1941), novela
  • Time must have a stop (1944), novela
  • The Perennial Philosophy (1946), ensaio crítico
  • Ape and essence (1948), novela
  • Themes and variations (1950), ensaio
  • The Devils of Loudunin (1952), ensaio crítico
  • The doors of perception (1954), ensaio
  • Do what you will (1956), ensaio
  • Heaven and Hell (1956), ensaio
  • Brave New World Revisited (1958), ensaio
  • Island (1962), novela
  • Literature and science (1963), ensaio
  • The genius and the goddess (1955) novela
  • Two or three graces and other stories
  • Os Corvos do xardín[1][2]

Notas

  1. Ficha da obra en SM/Xerme Edicións.
  2. Traducida por Isabel Soto en 2007 e ilustrada por Pep Montserrat.

Véxase tamén