Roldán: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{biografía}}
{{biografía}}
'''Roldán''', tamén chamado '''Roland''' e '''Orlando''', (en [[lingua francesa|francés]], ''Roland''; en [[lingua fráncica|fráncico]], ''Hrōþiland''; en [[lingua catalá|catalán]] ''Rotllà''; en [[lingua éuscara|éuscaro]] ''Errolan'') foi un comandante histórico dos [[francos]] ao servizo da [[Marca Bretona]]. Morreu na [[batalla de Roncesvales]] a mans dos [[vascóns]] o [[15 de agosto]] de [[778]]. A súa vida foi motivo de lendas literarias, notablemente na [[materia de Francia]]. Segundo a lenda, Roldán era sobriño de [[Carlomagno]] como o suposto fillo da súa irmá, [[Gisela de Chelles|Gisela]].
'''Roldán''', tamén chamado '''Roland''' e '''Orlando''', (en [[lingua francesa|francés]], ''Roland''; en [[lingua fráncica|fráncico]], ''Hrōþiland''; en [[lingua catalá|catalán]] ''Rotllà''; en [[lingua éuscara|éuscaro]] ''Errolan'') foi un comandante histórico dos [[francos]] ao servizo da [[Marca Bretoa]]. Morreu na [[batalla de Roncesvales]] a mans dos [[vascóns]] o [[15 de agosto]] de [[778]]. A súa vida foi motivo de lendas literarias, notablemente na [[materia de Francia]]. Segundo a lenda, Roldán era sobriño de [[Carlomagno]] como o suposto fillo da súa irmá, [[Gisela de Chelles|Gisela]].


== Lenda ==
== Lenda ==

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2020 ás 23:11

Infotaula de personaRoldán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento737 Editar o valor em Wikidata
Morte15 de agosto de 778 Editar o valor em Wikidata (40/41 anos)
Roncesvales Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorto en combate Editar o valor em Wikidata
Prefect of the Breton March (en) Traducir
778 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino franco Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncabaleiro Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
ParellaAude (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Roldán, tamén chamado Roland e Orlando, (en francés, Roland; en fráncico, Hrōþiland; en catalán Rotllà; en éuscaro Errolan) foi un comandante histórico dos francos ao servizo da Marca Bretoa. Morreu na batalla de Roncesvales a mans dos vascóns o 15 de agosto de 778. A súa vida foi motivo de lendas literarias, notablemente na materia de Francia. Segundo a lenda, Roldán era sobriño de Carlomagno como o suposto fillo da súa irmá, Gisela.

Lenda

Batalla de Roncesvales (778). Morte de Roldán, nas Grandes Crónicas de Francia, ilustradas por Jean Fouquet, Tours, contra 1455-1460, BNF.

A lenda bordou a súa historia co relato do nobre cristián morto polas forzas sarracenas, que forma parte da temática da materia de Francia. A historia de Roldán nárrase no Cantar de Roldán, poema cunha data exacta de composición aínda non determinada, a pesar de que adoita datarse entre 1086 e 1104. Alí, Roldán está armado cun corno e unha espada chamada Durandarte. No cantar salienta unha notable defensa do cristianismo das cruzadas.

En Orlando, de Virginia Woolf, pode apreciarse a tradición posterior da popularidade da personaxe en verso italiano, sobre todo no século XVI, que leva á épica Orlando furioso, de Ludovico Ariosto, como continuación de Orlando innamorato, de Matteo Maria Boiardo. En lingua castelá a obra máis importante en que aparece Roldán é o poema épico El Bernardo, escrito por Bernardo de Balbuena.

Esta personaxe estivo arrodeada dende hai séculos por unha aura mitolóxica. Por iso, pódense atopar entre Roncesvales e Mezkiritz os "pasos de Roldán", na costa fronte a Hendaia as "rochas de Roldán", a "Brecha de Roldán", abertura pétrea no Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido, ou o denominado «Pierrondán», suposta pegada do pé de Roldán en Fuencalderas (Aragón).[1] Tamén no Parque Natural de la Sierra y Cañones de Guara, no pre-Pireneo oscense, está o salto de Roldán, dúas penas que segundo a lenda Roldán tivo que saltar para escapar dos seus perseguidores no seu regreso a Francia, morrendo o cabalo na xesta e tendo que continuar a pé, ata chegar a Ordesa.

Notas

  1. José Arbués Possat. Guía de excursiones por el Monte de Fuencalderas, editado pola asociación de veciños «Liso» en colaboración coa Deputación Provincial de Zaragoza e o concello de Fuencalderas, 2002.

Véxase tamén

Outros artigos