Tuto Vázquez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Actores de cinema de Galicia" pola categoría "Actores de cine de Galicia"
Liña 97: Liña 97:


{{ORDENAR:Vazquez, Tuto}}
{{ORDENAR:Vazquez, Tuto}}

[[Categoría:Actores de Ribeira]]
[[Categoría:Actores de Ribeira]]
[[Categoría:Actores de cinema de Galicia]]
[[Categoría:Actores de cine de Galicia]]
[[Categoría:Actores de teatro de Galicia]]
[[Categoría:Actores de teatro de Galicia]]
[[Categoría:Actores de televisión de Galicia]]
[[Categoría:Actores de televisión de Galicia]]

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2020 ás 19:49

Modelo:Actor Xosé Manuel Vázquez Martínez, Tuto Vázquez, nado en Ribeira o 21 de marzo de 1947 e finado o 29 de abril de 2010[1], foi un actor galego.

Traxectoria

Estudou Maxisterio e Filosofía e posúe o título de Declamación polo Conservatorio Profesional da Coruña e o de Interpretación polo Institut del Teatre de Barcelona.

Tiña grande experiencia como actor teatral e de dobraxe, e na última década participara en varias series de televisión galegas, así como nalgunhas películas con pequenas intervencións e multitude de curtametraxes. Tamén traballou en publicidade, participando en varios spots, e na radio, nun total de 8 temporadas do espazo Preescolar na casa.

Interviu en montaxes teatrais coas compañías Tespis, O facho, Teatro Circo, Escola Dramática Galega, Produccións do Noroeste, Teatro do Atlántico, Centro Dramático Galego e Producións Librescena.

O seu último traballo televisivo foi na serie Padre Casares, onde tivo que ser substituído no personaxe de Don Crisanto por Gonzalo Rei Chao a principios de 2008 debido ao cancro que padecía e do que faleceu en abril de 2010.

Filmografía

Televisión

Teatro

(lista parcial)

  • Historias del zoo
  • En alta mar
  • Escena para 4 personajes
  • Don Juan
  • Sonata de espectros
  • Os vellos non deben de namorarse
  • A noite vai coma un río
  • A voda de Sganarello
  • O canto to cisne
  • Galileo Galilei
  • As tres irmás
  • Espectros
  • As alegres casadas
  • O barbeiro de Sevilla
  • Cyrano de Bergerac
  • Escuadra hacia la muerte
  • El amor de los cuatro coroneles
  • Sin querer
  • Farsa y justicia del corregidor
  • Puntila e o seu criado Matti
  • O Señor Bonome e os incendiarios
  • Macbeth
  • A longa viaxe do Capitán Zelta
  • Chejov, Chejov
  • ¡Ei Freihmulle!

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Filme Resultado
2008 Mellor actor secundario Padre Casares Nomeado

Notas

  1. "Fallece el gallego Tuto Vázquez", artigo en Faro de Vigo, 30 de abril de 2010 (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas