Patricia Vázquez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Actores de cinema de Galicia" pola categoría "Actores de cine de Galicia"
Liña 50: Liña 50:


{{ORDENAR:Vazquez, Patricia}}
{{ORDENAR:Vazquez, Patricia}}

[[Categoría:Actores de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Actores de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Nados en Santiago de Compostela]]
Liña 55: Liña 56:
[[Categoría:Actores de teatro de Galicia]]
[[Categoría:Actores de teatro de Galicia]]
[[Categoría:Actores de televisión de Galicia]]
[[Categoría:Actores de televisión de Galicia]]
[[Categoría:Actores de cinema de Galicia]]
[[Categoría:Actores de cine de Galicia]]

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2020 ás 19:49

Modelo:Actor Patricia Vázquez García, nada no barrio de Vista Alegre de Santiago de Compostela,[cando?] é unha actriz galega [1]

Traxectoria

Conta con máis de dúas décadas de experiencia no mundo do teatro profesional, tendo representado con compañías dramáticas como o Centro Dramático Galego, Escola Dramática Galega, Ollomol Tranvía ou Teatro da Lúa, sen esquecer a súa faceta de contacontos, que comezou realizando en parella con Carlos Blanco para logo continuar en solitario.

No ano 2005 funda a compañía teatral Sapristi, xunto con Nuria Sanz.

Ten realizado multitude de traballos na TVG, destacando o seu papel da xuíza Sabela Muíños nas últimas temporadas de Mareas vivas. Participou tamén nos programas Luar, Apaga a luz, O rei da comedia, O show dos Tonechos, Zaping Comando, Land Rober Tunai Show e Air Galicia da mesma canle, e colaborou nun episodio das series Hospital Central e M.I.R. de Telecinco.

Dende 2008 ata 2015 dou vida á personaxe de Lidia en Padre Casares e dende 2011 a Elvira en Era visto!

En cine traballou en Blanca Madison, na curtametraxe Aínda máis difícil e n´Os fenómenos.

Foi portavoz da Burla Negra, colectivo integrado na plataforma Nunca Máis, e en 2003 foi nas listas do BNG ao concello de Santiago.[2]

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Filme Resultado
2013 Mellor actriz Era visto! Nomeada

Notas