Marcos Pereiro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Actores de cinema de Galicia" pola categoría "Actores de cine de Galicia"
Liña 62: Liña 62:


{{ORDENAR:Pereiro, Marcos}}
{{ORDENAR:Pereiro, Marcos}}

[[Categoría:Actores de cinema de Galicia]]
[[Categoría:Actores de cine de Galicia]]
[[Categoría:Actores de televisión de Galicia]]
[[Categoría:Actores de televisión de Galicia]]
[[Categoría:Humoristas de Galicia]]
[[Categoría:Humoristas de Galicia]]

Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2020 ás 19:44

Modelo:Actor Marcos Pereiro, nado en Alemaña en 1981, é un actor e humorista galego. Actualmente o humorista está afincado no concello de Carral.

Traxectoria

Regresa de Alemaña a Galicia con 8 anos. Interpretou unha personaxe en Terra de Miranda, na TVG, e colaborou no programa Air Galicia interpretando numerosos personaxes.

Xunto co tamén humorista Xosé Antonio Touriñán integra o dúo cómico Os dous de sempre, e interpreta a Nucha no dúo Mucha e Nucha, as irónicas pandeireteiras de Ardebullo, que acadaron grande sona no programa Luar.

Dende 2011 da vida aos personaxes de Kevin José e Ramona Comanecci en Era visto! e no 2012 interpretou o personaxe de Alán no filme de Ignacio Vilar Vilamor.

Dende febreiro de 2016 presenta, xunto con Xosé A. Touriñán e o seu pai, Manolo Pereiro, o programa Buscando Ardebullo.[1]

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Título Resultado
2011 Mellor comunicador Un soño de Nadal Nomeado

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas