Gullfaxi: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Creada como tradución da páxina "Gullfaxi"
 
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}
'''Gullfaxi''' é, na [[mitoloxía nórdica]], un [[cabalo]] prodixiosamente lixeiro cunha crina áurica ou dourada. Segundo o ''{{Lang|non|[[Skáldskaparmál]]}}'' pertencía orixinalmente a Hrungnir o [[jotun]] . Este último coñeceu ao deus [[Odín]] no mundo de [[Jotunheim|Jötunheimr]] onde, logo dun breve diálogo co deus, afirmou que Gullfaxi era un máis rápido que Sleipnir, a montura de oito patas de Odín e tras un desafío paracompetir nunha carreira, Odín saíu ao galope con Sleipnir e Hrungnir saíu na súa persecución con Gullfaxi. Irado, non se deu de conta que chegara ás portas da fortaleza de [[Asgard]] onde Odin o convidou a beber. Despois de diversas agarradas cos deuses matouno [[Thor (deus)|Thor]] nunha loita a morte e confiou a Gullfaxi ao seu fillo Magni como recompensa pola súa axuda na loita contra do xigante, causando a decepción de seu pai, Odín.
'''Gullfaxi''' é, na [[mitoloxía nórdica]], un [[cabalo]] prodixiosamente lixeiro cunha crina áurica ou dourada. Segundo o ''{{Lang|non|[[Skáldskaparmál]]}}'' pertencía orixinalmente a Hrungnir o [[jotun]] . Este último coñeceu ao deus [[Odín]] no mundo de [[Jotunheim|Jötunheimr]] onde, logo dun breve diálogo co deus, afirmou que Gullfaxi era un máis rápido que Sleipnir, a montura de oito patas de Odín e tras un desafío paracompetir nunha carreira, Odín saíu ao galope con Sleipnir e Hrungnir saíu na súa persecución con Gullfaxi. Irado, non se deu de conta que chegara ás portas da fortaleza de [[Asgard]] onde Odin o convidou a beber. Despois de diversas agarradas cos deuses matouno [[Thor (deus)|Thor]] nunha loita a morte e confiou a Gullfaxi ao seu fillo Magni como recompensa pola súa axuda na loita contra do xigante, causando a decepción de seu pai, Odín.



Revisión como estaba o 29 de xaneiro de 2020 ás 19:08

Gullfaxi é, na mitoloxía nórdica, un cabalo prodixiosamente lixeiro cunha crina áurica ou dourada. Segundo o Skáldskaparmál pertencía orixinalmente a Hrungnir o jotun . Este último coñeceu ao deus Odín no mundo de Jötunheimr onde, logo dun breve diálogo co deus, afirmou que Gullfaxi era un máis rápido que Sleipnir, a montura de oito patas de Odín e tras un desafío paracompetir nunha carreira, Odín saíu ao galope con Sleipnir e Hrungnir saíu na súa persecución con Gullfaxi. Irado, non se deu de conta que chegara ás portas da fortaleza de Asgard onde Odin o convidou a beber. Despois de diversas agarradas cos deuses matouno Thor nunha loita a morte e confiou a Gullfaxi ao seu fillo Magni como recompensa pola súa axuda na loita contra do xigante, causando a decepción de seu pai, Odín.

Gullfaxi é, como outros cabalos fantásticos da mitoloxía nórdica, unha cabalgadura con simbolismo xamánico, capaz de correr tan ben no ceo, na terra e no mar, mais tamén viaxar entre dous mundos, o de Jötunheimr e o de Asgard.

Etimoloxía

O nome Gullfaxi significa "crina de ouro" [1] ou "crina dourada" [2] en nórdico antigo . Os nomes dos cabalos rematados en -faxi ("crina") son ben comúns na mitoloxía nórdica [3] . Segundo John Lindow é un nome anómalo para un cabalo pertencente a un jotun, xa que o ouro ( gull en nórdico antigo) adoita ser un atributo dos deuses, como Gulltoppr o cabalo de Heimdall, o xabarín Gullinbursti de Frey, ou mesmo o sobrenome Gullintanni atribuído a Heimdall [4] .

Mencións mitolóxicas

Gravure représentant un homme tombant à la renverse, frappé au front par un marteau que lui a jeté son adversaire.
Thor matando a Hrungnir, o dono orixinal de Gullfaxi.

O encontro entre Thor e mais Hrungnir, primeiro propietario de Gullfaxi, semella que foi un tema popular para os escaldos ao que facían regularmente alusión, así a todo o único rexistro completo deste episodio atópase na Edda de Snorri [5] .

No Skáldskaparmál (17), Odín cabalgando con Sleipnir polo mundo de Jötunheimr atopou a Hrungnir o jotun . Ao ver o deus, Hrungnir preguntouse

que clase de persoa é

para levar un casco dourado,

cabalgando o ceo e a auga

e dille ao descoñecido que ten un

cabalo marabilloso.

Odin agradeceu a gabanza e aposta a súa cabeza a que non se podería atopar un cabalo tan bo en todo Jotunheimr. Hrungnir admitu que de certo era un fermoso cabalo ao tempo que afirmaba que posuía un animal moito máis rápido, chamado Gullfaxi. Revirado, o xigante montou Gullfaxi e desafiou a Odin a unha carreira. Odin fixo galopar a Sleipnir nas súas oito patas o máis rápido posible e Hrungnir vai na súa persecución coa furia dos xigantes pero non consegue achegarse e non se dá de conta que sae do seu propio mundo e así, ás présas, chegou ás portas de Asgard, onde Odin o convidou a beber e presentoulle os æsir mentres Thor estaba ausente. Logo, o xigante embriagado insultou os deuses, afirmando que podería transportar facilmente a valhalla a Jotunheim, enviar Ásgard ao mar e destruír todos os deuses agás Freia e Sif que levaría para gardalas para o seu uso. Entón os deuses chamaron a Thor, quen desafiou ao xigante pero ao non estar armado Hrungnir reclamou o dereito de procurar armas e participar nun duelo xusto, que se fai finalmente, probablemente montando Gullfaxi pero o texto non o especifica. A loita entre Hrungnir e Thor é violenta pero o deus finalmente consegue matar o xigante. Non obstante, un anaco de aguzadoira deulle no cranio e caeu ao chan, os æsir repararon que Thor estaba aprisionado so unha perna do xigante, e intentaron liberalo sen éxito. Só seu fillo Magni (que tiña tres días de idade, ou tres anos segundo Snorri Sturluson ) consegue liberalo, dicindo que se el se enfrontase ao xigante, derrubaríao dun só golpe. [6] , [7]

Thor concedeulle a Magni o cabalo de Hrungnir como recompensa pla súa axuda pero Odin quedou decepcionado porque aparentemente quería para el o cabalo [8]  :

Heiche dar, dille, a “crina de ouro” que posuía Hrungnir.

Mais Odín falou e díxome que Thor cometera un erro ao entregar o bo do cabalo ao fillo dunha xiganta, e non a seu pai.

Os Þulur, que son unha forma de enumeración mnemotécnica na Edda prosaica de Snorri Sturluson, ofrecen un gran número de nomes de cabalos e entre eles, o de Gullfaxi [11] .

Símbolos e atributos

Un cheval blanc à six jambes semble flotter dans le ciel, emportant son cavalier armé d'un casque et d'une lance au-dessus de la mer.
Como Gullfaxi, Sleipnir ten o poder de se mover no aire e no mar.

Nos mitos e lendas, os cabalos son a miúdo compañeiros de deuses e de personaxes heroicos, aínda que os seus abributos e simboloxía son moi variables. Os antigos pobos escandinavos formaron unha civilización á vez cabaleira e mística polo que era natural que atribuísen moitos poderes ao cabalo, un animal de extrema importancia na súa cultura.

Atributos e poderes de Gullfaxi

Gullfaxi é unha montura dun xigante que posúe, como Sleipnir, o poder de voar por riba dos mares [12], de se desprazar con rapidez, a habelencia de atravesar a atmosfera [13] e que, segundo a súa lenda, parece tan rápido na terra e no aire coma na auga, case igualando a Sleipnir en velocidade e resistencia [14] . E logo probablemente, pasou a ser a montura exclusiva de Magni [15] .

A crina de ouro de Gullfaxi non parece ser unha característica única nos mitos e lendas, xa que os cabalos de Indra, mencionados no Rig-Veda da mitoloxía hinduísta teñen o mesmo atributo. Na Ilíada da mitoloxía grega, algunhas cabalgaduras asociadas a Zeus ou a Poseidón tamén teñen unha crina de ouro [16] .

Do mesmo xeito, Sleipnir tamén ten a capacidade de atravesar o ceo e a auga, e o mesmo Hófvarpnir, a montura de Gná na mitoloxía nórdica . Cabalos fantásticos con estas facultades tamén se atopan na mitoloxía celta, como o caso de Enbarr, montura de Manannan Mac Lir e súa filla Niamh, e nas lendas bretoas con Morvac'h .

Notas

  1. 2. ISBN 9781419173950 https://books.google.com/books?id=HeBIThbFjtUC&lpg=PA1220&dq=Gullfaxi&lr=&hl=fr&pg=PA1220#v=onepage&q=Gullfaxi&f=false.  Falta o |title= (Axuda).
  2. 41 https://books.google.com/books?id=DRE7AAAAcAAJ&pg=PA470&dq=Gullfaxi&lr=&hl=fr&cd=28#v=onepage&q=Gullfaxi&f=false.  Falta o |title= (Axuda).
  3. https://books.google.com/books?id=QjNMAAAAMAAJ&q=Gullfaxi&dq=Gullfaxi&lr=&hl=fr&cd=49.  Falta o |title= (Axuda).
  4. (PDF) http://userpage.fu-berlin.de/alvismal/6duel.pdf.  Falta o |title= (Axuda).
  5. . ISBN 9781406739893 https://books.google.com/books?id=Kev6mvO4VPgC&lpg=PA58&dq=Gullfaxi&lr=&hl=fr&pg=PA57#v=onepage&q=Gullfaxi&f=false.  Falta o |title= (Axuda).
  6. . ISBN 0-4608-7616-3.  Falta o |title= (Axuda).
  7. . 1 de Savoirs mieux. ISBN 9782859395629 https://books.google.fr/books?id=B2jygGhfOhIC&lpg=PA97&ots=38oVSMBzEU&dq=Gullfaxi%20R%C3%A9gis%20Boyer&lr=&pg=PA42#v=onepage&q=Gullfaxi&f=false.  Falta o |title= (Axuda).
  8. . 77 de Werken uitgegeven door de Faculteit van de Letteren en Wijsbegeerte https://books.google.com/books?id=obQ6AAAAIAAJ&q=Gullfaxi&dq=Gullfaxi&lr=&hl=fr&cd=117.  Falta o |title= (Axuda).
  9. Modelo:Ouvrage.
  10. http://www.sacred-texts.com/neu/pre/pre05.htm.  Parámetro descoñecido |consulté le= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda); Parámetro descoñecido |langue= ignorado (suxírese |lingua=) (Axuda); Parámetro descoñecido |site= ignorado (Axuda); Parámetro descoñecido |titre= ignorado (suxírese |título=) (Axuda); Falta o |title= (Axuda).
  11. . ISBN 9780559131080 https://books.google.com/books?id=9dHYqWzj4DMC&lpg=PA211&dq=Sl%C3%B6ngvir&hl=fr&pg=PA209#v=onepage&q=&f=false.  Falta o |title= (Axuda).
  12. 1–2 https://books.google.com/books?id=BXwLAQAAIAAJ&q=Gullfaxi&dq=Gullfaxi&lr=&hl=fr&cd=27.  Falta o |title= (Axuda).
  13. 2 https://books.google.com/books?id=0L4oAAAAYAAJ&q=Gullfaxi&dq=Gullfaxi&lr=&hl=fr&cd=72.  Texto "lieu" ignorado (Axuda); Falta o |title= (Axuda).
  14. . ISBN 9780486273488 https://books.google.com/books?id=mmVS_hy4W_sC&lpg=PA76&dq=Gullfaxi&lr=&hl=fr&pg=PA76#v=onepage&q=Gullfaxi&f=false.  Falta o |title= (Axuda).
  15. . ISBN 9781406739893 https://books.google.com/books?id=weC9oaCUrB0C&lpg=PA75&dq=Gullfaxi&lr=&hl=fr&pg=PA76#v=onepage&q=Gullfaxi&f=false.  Falta o |title= (Axuda).
  16. . ISBN 9780199280759 https://books.google.com/books?id=LMtaQ508cs4C&lpg=PA153&dq=Gullfaxi&lr=&hl=fr&pg=PA153#v=onepage&q=Gullfaxi&f=false.  Falta o |title= (Axuda).