Kenneth Anger: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Actores de cinema dos Estados Unidos de América" pola categoría "Actores de cine dos Estados Unidos de América"
m Bot: Substitución da categoría "Directores de cinema dos Estados Unidos de América" pola categoría "Directores de cine dos Estados Unidos de América"
Liña 164: Liña 164:
{{ORDENAR:Anger, Kenneth}}
{{ORDENAR:Anger, Kenneth}}


[[Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Directores de cine dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Actores de cine dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Actores de cine dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Nados en Santa Monica]]
[[Categoría:Nados en Santa Monica]]

Revisión como estaba o 28 de xaneiro de 2020 ás 20:57

Modelo:Actor Kenneth Wilbur Anglemeyer, nado en Santa Monica (California) o 3 de febreiro de 1927 é un director de cinema underground, autor e actor estadounidense.

Traxectoria

Anger é coñecido polos seus filmes experimentais, nos que non buscaba alcanzar o éxito comercial. Especializouse en curtametraxes, facendo desde 1937 máis de corenta filmes, gañando fama coma un dos cineastas máis influentes do cinema independente.

Moi frecuentemente os seus filmes mesturan elementos do surrealismo co homoerotismo e o ocultismo. Os seus filmes tamén foron descritos como "contidos de erotismo, documental, psicodrama e espectáculo". Anger describiuse a si memso como sendo "un dos primeiros cineastas homosexuais dos Estados Unidos, e, certamente, o primeiro que traballou coa homosexualidade de forma nada discreta. Algúns dos seus principais filmes homoeróticos, tales como Fireworks (1947) e Scorpio Rising (1964), foron producidos a favor da legalización da homosexualidade nos Estados Unidos. Concentrouse tamén nos temas do ocultismo, tornándose obcecado polo famoso ocultista inglés Aleister Crowley. El mesmo, máis tarde, volveuse tamén seguidor da Thelema, a relixión de Crowley. Esta influencia é bastante evidente en filmes como Inauguration of the Pleasure Dome (1954), Invocation of My Demon Brother (1969) e, principalmente, Lucifer Rising (1972).

Anger dixo que os cineastas franceses Auguste e Louis Lumière e Georges Méliès son as súas influencias, e dixo tamén que foron unha forte influencia nos traballos de cineastas contemporáneos, como Martin Scorsese, David Lynch e John Waters. Ademais dixo tamén que causou "un impacto profundo no traballo de moitos cineastas e artistas".

Durante a década de 1960 e 1970 traballou e asociouse con diversos famosos da cultura popular e do ocultismo, incluíndo Anton LaVey (fundador da Igrexa de Satán), o sexólogo Alfred Kinsey, o artista Jean Cocteau, o dramaturgo Tennessee Williams e músicos como Mick Jagger, Keith Richards, Jimmy Page e Marianne Faithfull.

Kenneth Anger é tamén o autor dos controvertidos best-séllers Hollywood Babylon (1959) e a súa secuela Hollywood Babylon II (1986), nos que expón varios rumores e segredos sobre as celebridades de Hollywood.

Filmografía

Ano Título Duración Notas
1937 Ferdinand the Bull Filme perdido.
1941 Who Has Been Rocking My Dreamboat 7 min Filme mudo en branco e negro no que Anger filmou doce nenos en Santa Monica, intercalando imaxes de guerra e destrución. O filme remata cando unha néboa enche todo o escenario e todos os nenos caen, aparentemente mortos.
1941–42 Tinsel Tree 3 min Filme mudo en branco e negro no que aparece o propio Anger.
1942 Prisoner of Mars 11 min Filme mudo en branco e negro que mestura ciencia ficción co mito grego do Minotauro.
1943 The Nest 20 min Filme mudo en branco e negro no que un irmán (interpretado por Bob Jones) e unha irmá (interpretada por Jo Whittaker) están examinando espellos cando unha terceira persoa (Dare Harris) aparece, facéndolles reaccionaren violentamente un co outro.
1944 Demigods (Escape Episode) 35 min Filme mudo en branco e negro, baseado no mito grego de Andrómeda, no que unha rapaza, Marilyn Granas, é aprisionada nas ruínas dunha igrexa neogótica, vixiada por diversos fanáticos relixiosos, ata que a salva un rapaz (Bob Jones), que representa a Perseo.
1945 Drastic Demise 5 min Filme mudo en branco e negro no que Anger filma en Hollywood o día da vitoria contra o Xapón.
1946 Escape Episode 27 min Versión corta de Demigods (Escape Episode), que mostra un poema de Alexander Scriabin sobre o Ecstasy, sobreposto ao barullo de paxaros, vento e mar.
1947 Fireworks 15 min Filmado en branco e negro, é un traballo homoerótico a través dos ollos do protagonista, interpretado polo propio Kenneth Anger.
1949 Puce Moment 6 min Filmado en cores, mostra a Yvonne Marquis na súa casa, no papel dunha celebridade. A música é de Jonathan Halper, e o filme termina con Yvonne Marquis experimentando perfumes e vestidos.
1949 The Love That Whirls Descoñecido Influenciado polo texto antropolóxico de James Frazer, o filme se concentra na civilización azteca, e mostra un mozo que é escollido para ser rei durante un ano antes de ser sacrificado nun ritual. Debido ao seu tema e contido explícito, que mostra nudez, o filme foi destruído pola Eastman-Kodac.
1950 Rabbit's Moon 16 mins (1972) e 7 mins (1979) Filmado en 35 mm, o filme mostra un pequeno clareiro arborizado onde vive un pallaso, que decide ir á lúa, onde vive un coello.
1951–52 Les Chants de Maldoror Descoñecido Filme baseado na novela Le Comte de Lautreamont, de Isidore Ducasse.
1953 Eaux d'Artifice 12 min
1953 Le Jeune Homme et la Mort Descoñecido Baseado nunha peza de Jean Cocteau, este filme mudo en branco e negro ten a Jean Babilee no papel do mozo e a Nathalie Philipart no papel da morte. Foi filmado en 16 mm, pois os produtores querían conseguir fondos para facer unha versión en cores en 35mm que nunca se concretou.
1954 Inauguration of the Pleasure Dome 38 min
1955 Thelema Abbey 10 min Documental sobre o mosteiro de Thelema de Aleister Crowley, en Sicilia.
1961 L'Histoire d'O 20 min Baseado na novela Histoire d’O, de 1954, escrita por Pauline Réage.
1963 Scorpio Rising 29 min
1965 Kustom Kar Kommandos 3 min Filme en cores.
1969 Invocation of My Demon Brother 12 min
1970–1980 Lucifer Rising 29 min
1976 Senators in Bondage Filme perdido.
1977 Matelots en Menottes Filme perdido.
1979 Denunciation of Stan Brakhage 7 min Filme perdido.
2000 Don't Smoke That Cigarette!
2002 The Man We Want to Hang 12 min
2004 Anger Sees Red 4 min
2004 Patriotic Penis
2005 Mouse Heaven 11 min Montaxe de recordos de Mickey Mouse, dos anos 20 aos 30, acompañado por música de jazz.
2007 Elliott's Suicide 15 min
2007 I'll Be Watching You 5 min
2007 My Surfing Lucifer 4 min Filme mudo en cores.
2008 Death 42 s
2008 Foreplay 7 min
2008 Ich Will! 35 min
2008 Uniform Attraction 21 min
2010 Missoni 2 min 32 s

Bibliografía

Year Title Other
1959 Hollywood Babylon
1961 A History of Eroticism Introdución ao libro de Lo Duca.
1970 Atlantis: The Lost Continent Introdución ao libro de Aleister Crowley.
1986 Hollywood Babylon II
2001 Suicide in the Entertainment Industry Con David K. Frasier.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hutchinson, Alice L. (ed). 2004. Kenneth Anger. Black Dog Publishing Ltd. ISBN 978-1-904772-03-3
  • Hunter, Jack (ed). 2002. Moonchild. The Films of Kenneth Anger: Persistence of Vision Volume 1. Londres: Creation Books. ISBN 978-1-84068-029-4
  • Pilling, Jayne and O'Pray, Michael. 1989. Into The Pleasure Dome: The Films Of Kenneth Anger. Londres: BFI.
  • Landis, Bill. 1995. Anger: The Unauthorized Biography of Kenneth Anger. ISBN 978-0-06-016700-4
  • Lazar, Zachary, Sway, Little, Brown (2008), ISBN 0-316-11309-3

Ligazóns externas