Ronald Reagan: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución da categoría "Actores de cinema dos Estados Unidos de América" pola categoría "Actores de cine dos Estados Unidos de América"
Liña 29: Liña 29:


{{ORDENAR:Reagan, Ronald}}
{{ORDENAR:Reagan, Ronald}}

[[Categoría:Nados en 1911]]
[[Categoría:Nados en 1911]]
[[Categoría:Finados en 2004]]
[[Categoría:Finados en 2004]]
Liña 34: Liña 35:
[[Categoría:Presidentes dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Presidentes dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Paseo da Fama de Hollywood]]
[[Categoría:Paseo da Fama de Hollywood]]
[[Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Actores de cine dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Actores de Illinois]]
[[Categoría:Actores de Illinois]]

Revisión como estaba o 28 de xaneiro de 2020 ás 18:19

Modelo:Actor Ronald Wilson Reagan, nado o 6 de febreiro de 1911 e finado o 5 de xuño de 2004, foi o cuadraxésimo presidente dos Estados Unidos, de 1981 a 1989, e o 33 gobernador do estado de California, de 1967 a 1975. Antes de entrar en política, foi actor.

Traxectoria

Nado en Illinois, Reagan mudouse ós Ánxeles, California, en 1928, onde traballou como actor, foi presidente do Screen Actors Guild (Sindicato de Actores de Pantalla ou SAG polas súas siglas en inglés) e voceiro da compañía multinacional de infraestruturas, servizos financeiros e medios de comunicación, General Electric (GE). Os seus comezos na política producíronse durante o seu traballo en GE; orixinalmente membro do Partido Demócrata, cambiou ó Partido Republicano en 1962 á idade de 51 anos. Despois de facer un entusiasta discurso en apoio á candidatura presidencial de 1964 de Barry Goldwater, foi persuadido para acadar a gobernación de California, gañándoa dous anos despois e por segunda vez en 1970. Foi vencido na súa carreira polo nomeamento republicano presidencial en 1968 e en 1976, pero gañou tanto o nomeamento como as eleccións en 1980, converténdose en Presidente dos Estados Unidos de América.

Como presidente introduciu novas e ousadas iniciativas políticas e económicas. A súa política económica, encadrada na chamada economía da oferta, fíxose famosa baixo o nome de "reaganomics", caracterizada pola desregularización do sistema financeiro e polas rebaixas substanciais de impostos postos aprobados en 1981. No seu primeiro período, sobreviviu un intento de asasinato, marcou unha liña dura contra os sindicatos e ademais ordenou accións militares na independente illa caribeña de Granada, achegada á costa de Venezuela. Foi reelixido cunha gran maioría nas eleccións de 1984. O segundo período de Reagan estivo marcado principalmente por asuntos estranxeiros, sendo os máis salientables o fin da Guerra Fría, o bombardeo de Libia e a revelación do escándalo Irán-Contra. Previamente, o presidente ordenara un masivo incremento militar para a loita estreita contra a Unión Soviética (URSS), deixando atrás a estratexia da détente. Describiu públicamente á URSS como o "imperio do mal" e apoiou movementos anticomunistas en todo o mundo a través da chamada Doutrina Reagan. Negociou o Tratado INF para o desarme nuclear co secretario xeral soviético Mikhail Gorbachev, logrando a redución dos arsenais nucleares de ámbolos dous países.

Reagan deixou o cargo en 1989. En 1994, o ex-presidente revelou que lle diagnosticaran a doenza de Alzhéimer a comezos dese ano. Faleceu dez anos despois, á idade de noventa e tres, sendo un dos ex-presidentes máis lonxevos do país.

Véxase tamén

Outros artigos

Predecesor:
James Earl Carter
 
Presidente dos Estados Unidos de América
 
19811989
Sucesor:
George Herbert Walker Bush