Wikipedia:Toponimia: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición |
-" Con carácter transitorio, esas formas duplas e triplas poderán aínda existir mentres non se corrixan." -> Xa deberían estar todas cambiadas |
||
Liña 19: | Liña 19: | ||
: Na introdución ou primeiros parágrafos do artigo debe darse conta da variedade de formas do topónimo. |
: Na introdución ou primeiros parágrafos do artigo debe darse conta da variedade de formas do topónimo. |
||
: [[Wikipedia:Votacións/Mudanza da norma sobre topónimos|No pasado empregouse]] a forma galega, cando a había, acompañada da forma ou formas oficiais |
: [[Wikipedia:Votacións/Mudanza da norma sobre topónimos|No pasado empregouse]] a forma galega, cando a había, acompañada da forma ou formas oficiais. |
||
* '''Lugares co mesmo nome''' |
* '''Lugares co mesmo nome''' |
Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2020 ás 16:58
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. |
Nesta páxina están as normas acordadas o 12 de novembro de 2004 sobre Toponimia. Para ver o conxunto de normas e recomendacións ir a Wikipedia:Política e normas.
- Toponimia de Galicia
- Séguese a toponimia oficial segundo a documentación que existe na páxina da Xunta de Galicia: Toponimia oficial e Nomenclátor de Galicia
- Galicia - Galiza
- Nos títulos das páxinas utilízase Galicia, exemplos: Concellos de Galicia, Ríos de Galicia,...
- No caso do artigo sobre Galicia o título será "Galicia", e Galiza será unha redirección a esta páxina.
- No contido das páxinas pódese usar indistintamente Galicia ou Galiza. Procurarase ser coherentes no uso dos termos.
- Nunha mesma páxina poden convivir ambos termos Galicia e Galiza, intentando na medida do posible non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos.
- Toponimia de España e doutros países do mundo
- Nos títulos das páxinas úsase o nome galego, de o haber. Tamén é a forma por defecto nas categorías e no texto dos artigos. Algunhas referencias xa empregadas: VOLGa, Normas da USC, Normas da UVigo ou Criterios Criterios para o uso da lingua da UDC.
- Se non existe nome galego coñecido e referenciado, emprégase como título da páxina o nome oficial do territorio. Se este nome fose escrito noutro alfabeto, empregarase a transliteración máis habitual.
- Se existen varios nomes oficiais en distintas linguas, escóllese o máis coñecido para o título e como forma dominante, mentres que os outros poden empregarse como redirección. Tamén poden valer como redireccións topónimos non oficiais, pero con uso internacional ou local: como topónimos de linguas autóctonas non oficializados (Perpinyá), transliteracións alternativas (Tōkyō), ou termos de grande difusión internacional, como Iraq.
- Na introdución ou primeiros parágrafos do artigo debe darse conta da variedade de formas do topónimo.
- No pasado empregouse a forma galega, cando a había, acompañada da forma ou formas oficiais.
- Lugares co mesmo nome
- Cando coincide o mesmo nome para diversos lugares ou accidentes xeográficos, no caso dos lugares úsase o nome do lugar separado por unha coma doutro dato de localización, exemplo: Cartagena, entre outros pode ser o concello de Cartagena, España, na Rexión de Murcia, ou o concello de Cartagena, Chile, en Chile.
- Outro exemplo é Praga: créase a páxina correspondente a Praga e faise que sexa a páxina que faga referencia á capital da República Checa, na parte de arriba da páxina inclúese unha ligazón á páxina Praga (homónimos) onde se introducen as ligazóns a todos os lugares que se chamen Praga.