Manuel María Puga Parga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 20: Liña 20:
== Obras ==
== Obras ==
[[Ficheiro:Publicidade La Cocina Práctica de Picadillo, cartel de Enrique Saborit.jpg|miniatura|Cartel de publicidade feito por [[Enrique Saborit]] para ''La Cocina Práctica''.]]
[[Ficheiro:Publicidade La Cocina Práctica de Picadillo, cartel de Enrique Saborit.jpg|miniatura|Cartel de publicidade feito por [[Enrique Saborit]] para ''La Cocina Práctica''.]]
* ''36 maneras de guisar el bacalao''. [[A Coruña]], Tipografía de El Noroeste, 1901.<ref name=rah>[http://dbe.rah.es/biografias/97203/manuel-maria-puga-y-parga Biografía na RAH]</ref><ref>[http://bdh.bne.es/bnesearch/biblioteca/36%20maneras%20de%20guisar%20el%20bacalao%20%20%20/qls/Puga%20y%20Parga,%20Manuel%20Mar%C3%ADa%20(1874%201918)/qls/bdh0000206387;jsessionid=31E9E880A3AD4D2B1CC5789106F7E3C8 Ficha e dixitalización da 1ª ed na Biblioteca Nacional de España]</ref>
* ''36 maneras de guisar el bacalao''. [[A Coruña]], Tipografía de El Noroeste, 1901.<ref name=rah>[http://dbe.rah.es/biografias/97203/manuel-maria-puga-y-parga Biografía na RAH]</ref><ref>[http://bdh.bne.es/bnesearch/biblioteca/36%20maneras%20de%20guisar%20el%20bacalao%20%20%20/qls/Puga%20y%20Parga,%20Manuel%20Mar%C3%ADa%20(1874%201918)/qls/bdh0000206387;jsessionid=31E9E880A3AD4D2B1CC5789106F7E3C8 Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España]</ref>
*''Integración de algunas materias de Derecho Civil'', Madrid, 1901.<ref name=bne>[http://datos.bne.es/persona/XX1117481.html Ficha do autor na Biblioteca Nacional de España]</ref>
*''Integración de algunas materias de Derecho Civil'', Madrid, 1901.<ref name=bne>[http://datos.bne.es/persona/XX1117481.html Ficha do autor na Biblioteca Nacional de España]</ref>
* ''La cocina práctica'', con prólogo de [[Emilia Pardo Bazán]]. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1905.<ref name=rah/><ref>[http://bdh.bne.es/bnesearch/biblioteca/La%20cocina%20pr%C3%A1ctica%20%20%20/qls/Puga%20y%20Parga,%20Manuel%20Mar%C3%ADa%20(1874%201918)/qls/bdh0000200579;jsessionid=62B92C8D3F7B8DDB7E6404FD335C906E Ficha e dixitalización da 10ª ed na Biblioteca Nacional de España]</ref>
* ''La cocina práctica'', con prólogo de [[Emilia Pardo Bazán]]. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1905.<ref name=rah/><ref>[http://bdh.bne.es/bnesearch/biblioteca/La%20cocina%20pr%C3%A1ctica%20%20%20/qls/Puga%20y%20Parga,%20Manuel%20Mar%C3%ADa%20(1874%201918)/qls/bdh0000200579;jsessionid=62B92C8D3F7B8DDB7E6404FD335C906E Ficha e dixitalización da 10ª ed na Biblioteca Nacional de España]</ref>
* ''Las cincuenta y seis maneras de hacer el bacalao'', Madrid, Imprenta R. Velasco, 1901.<ref name=rah/><ref>[http://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000204371 Ficha e dixitalización da 1ª ed na Biblioteca Nacional de España]</ref>
* ''Las cincuenta y seis maneras de hacer el bacalao'', Madrid, Imprenta R. Velasco, 1901.<ref name=rah/><ref>[http://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000204371 Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España]</ref>
* ''El rancho de la tropa''. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1909.<ref name=rah/>
* ''El rancho de la tropa''. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1909.<ref name=rah/>
* ''Pote aldeano''. Madrid, Librería de Pueyo, 1911.<ref name=rah/>
* ''Pote aldeano''. Madrid, Librería de Pueyo, 1911.<ref name=rah/><ref>[http://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000202079 Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España]</ref>
* ''Vigilia reservada: minutas y recetas''. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1912.<ref name=rah/><ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/pt/consulta/registro.cmd?id=8844 Ficha] en [[Galiciana]]</ref>
* ''Vigilia reservada: minutas y recetas''. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1912.<ref name=rah/><ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/pt/consulta/registro.cmd?id=8844 Ficha] en [[Galiciana]]</ref><ref>[http://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000205090 Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España]</ref>
* ''Mi historia política''. A Coruña, Tipográfica Obrera Coruñesa, 1917 (na cuberta e colofón pon 1918).<ref name=rah/><ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/pt/consulta/resultados_navegacion.do?id=2561&forma=ficha&posicion=11 Ficha do libro en Galiciana]</ref>
* ''Mi historia política''. A Coruña, Tipográfica Obrera Coruñesa, 1917 (na cuberta e colofón pon 1918).<ref name=rah/><ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/pt/consulta/resultados_navegacion.do?id=2561&forma=ficha&posicion=11 Ficha do libro en Galiciana]</ref><ref>[http://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000200469 Ficha e dixitalización do libro na Biblioteca Nacional de España]</ref>


En 1993 fíxose unha tradución ó galego dalgunhas das súas obras no libro ''A cociña popular galega e algunhas receitas para a Coresma'', publicado por [[Edicións Xerais de Galicia]], traducido por [[María Dolores Torres París]], e con prólogo de [[Xosé Cermeño]].<ref>[https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=350810&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=barcode&sb=ASC Ficha no Catálogo das bibliotecas de Galicia]</ref><ref>[http://datos.bne.es/obra/XX2140847.html Ficha do libro na Biblioteca Nacional de España]</ref>
En 1993 fíxose unha tradución ó galego dalgunhas das súas obras no libro ''A cociña popular galega e algunhas receitas para a Coresma'', publicado por [[Edicións Xerais de Galicia]], traducido por [[María Dolores Torres París]], e con prólogo de [[Xosé Cermeño]].<ref>[https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=350810&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=barcode&sb=ASC Ficha no Catálogo das bibliotecas de Galicia]</ref><ref>[http://datos.bne.es/obra/XX2140847.html Ficha do libro na Biblioteca Nacional de España]</ref>

Revisión como estaba o 20 de xaneiro de 2020 ás 00:08

Manuel María Puga Parga
Nome completoManuel María Puga y Parga
Nacemento1874
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento30 de setembro de 1918
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterPuga
Ocupaciónescritor e gastrónomo
PaiLuciano Puga Blanco
FillosRafael Puga Ramón e Manuel María Puga Ramón
Na rede
Galiciana: 14076 Bitraga: 655 BUSC: picadillo-1874-1918
editar datos en Wikidata ]

Manuel María Puga y Parga, coñecido como Picadillo, nado en Santiago de Compostela en 1874 e falecido na Coruña o 30 de setembro de 1918, foi un escritor, gastrónomo e político galego.

Traxectoria

Fillo de Luciano Puga Blanco, naceu en Santiago por estar o seu pai desprazado nesta cidade, e foi bautizado o 23 de abril de 1874 en San Fiz de Solovio, mais marchou moi novo á Coruña.

Estudou dereito en Santiago de Compostela onde presentou a súa tese de grao "Fueros Nobiliaros" en 1895 e grazas a Cánovas del Castillo, amigo do seu pai, conseguiu ser nomeado a un posto para o que non era necesario opositar na Dirección Xeral de Penais. Descontento co ambiente político e con saudades da terra volveu a Galiza onde casou con María del Carmen Ramón e foi xuíz en Arteixo. Comezou a escribir no xornal El Noroeste, co pseudónimo de Picadillo, chegando a ser tan popular que en 1913 escribiu o artigo "Quiero ser concejal" e comezou unha campaña para ser elixido concelleiro, facendo o 14 de outubro dese ano un chamamento: "Alocución a las vendedoras de la plaza de abastos":

Vós non votades pero tedes homes, fillos... a estes pedide, mandade... ata chegardes a requirir á zoca, que as coaccións na intimidade non teñen nada que ver coa lei electoral.[1]

Conseguiu ser nomeado candidato e saír electo, tomando posesión do cargo o 1 de xaneiro de 1914, e cando o alcalde Javier Ozores Pedrosa dimitiu, foi designado alcalde en outubro de 1915, aínda que por pouco tempo: co cambio de goberno foi deposto en só dous meses. Volveu a ser alcalde co ascenso ao poder do coruñés Eduardo Dato en xullo de 1917. A súa actuación durante a folga xeral do 13 de agosto de 1917 levouno a ser destituído na semana seguinte e a recibir unha homenaxe de 6.000 obreiros sindicados e un pergameo asinado polas 27 sociedades obreiras coruñesas.

Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González del Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, Pardo Bazán e Picadillo.

Escribiu numerosos libros de gastronomía, incluíndo La cocina práctica en 1905, que tivo un grande éxito, e moitos outros libros de cociña así como numerosos artigos; foi enormemente popular no seu tempo como persoa e escritor, caracterizado polo sentido do humor e a defensa da vida popular tanto a nivel culinario, reivindicando o bacallau, as sardiñas e o lacón con grelos fronte ás copias da cociña francesa de moda na época, dicindo que unha das maiores experiencias da súa vida fora unha caldeirada comida nun barco de pesca. Non só aplicaba o humor á cociña senón tamén á política e a si mesmo. Como exemplo, descríbese así na súa nenez no seu libro Mi historia política:

En 1882 era eu un señor que tiña 8 anos de idade e uns 75 quilos de peso.[2]

Este peso excesivo (dise que chegou aos 275 quilos) era moi coñecido. Como conta Luís Antón del Olmet, veu un circo á Coruña onde se mostraba un home alemán que dicían era o máis gordo do mundo, mais a xente que o ía ver saía decepcionada: Manolo Puga era máis gordo.[3]

Obras

Cartel de publicidade feito por Enrique Saborit para La Cocina Práctica.
  • 36 maneras de guisar el bacalao. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1901.[4][5]
  • Integración de algunas materias de Derecho Civil, Madrid, 1901.[6]
  • La cocina práctica, con prólogo de Emilia Pardo Bazán. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1905.[4][7]
  • Las cincuenta y seis maneras de hacer el bacalao, Madrid, Imprenta R. Velasco, 1901.[4][8]
  • El rancho de la tropa. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1909.[4]
  • Pote aldeano. Madrid, Librería de Pueyo, 1911.[4][9]
  • Vigilia reservada: minutas y recetas. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1912.[4][10][11]
  • Mi historia política. A Coruña, Tipográfica Obrera Coruñesa, 1917 (na cuberta e colofón pon 1918).[4][12][13]

En 1993 fíxose unha tradución ó galego dalgunhas das súas obras no libro A cociña popular galega e algunhas receitas para a Coresma, publicado por Edicións Xerais de Galicia, traducido por María Dolores Torres París, e con prólogo de Xosé Cermeño.[14][15]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas


Predecesor:
Javier Ozores Pedrosa
 
Alcalde da Coruña
 
1915
Sucesor:
Manuel Casás Fernández
Predecesor:
Manuel Casás Fernández
 
Alcalde da Coruña
 
1917
Sucesor:
Manuel Casás Fernández