Supergrass: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
4bot (conversa | contribucións)
m respectar
Liña 28: Liña 28:
A banda retornaría en [[1999]] cun disco autotitulado, que foi coñecido entre os fans como ''X-Ray Album'' (pola imaxe da súa portada). A pesares de que seguise a mesma liña do disco anterior, algúns críticos consideraron ''Supergrass'' máis relaxado, non chegando ás expectativas depositadas nel. Mesmo contando cun sinxelo poderoso, "Pumping On Your Stereo", o disco xa non tivo as mesmas vendas en [[Inglaterra]] e foi pouco notado noutros países.
A banda retornaría en [[1999]] cun disco autotitulado, que foi coñecido entre os fans como ''X-Ray Album'' (pola imaxe da súa portada). A pesares de que seguise a mesma liña do disco anterior, algúns críticos consideraron ''Supergrass'' máis relaxado, non chegando ás expectativas depositadas nel. Mesmo contando cun sinxelo poderoso, "Pumping On Your Stereo", o disco xa non tivo as mesmas vendas en [[Inglaterra]] e foi pouco notado noutros países.


A banda lanzou o seu cuarto traballo ''Life At Other Planets'', en [[2002]]. O disco foi ben recibido pola crítica, restablecendo a credibilidade e o respeto ao traballo da banda. Mentres tanto, mesmo co éxito do sinxelo "Grace", foi o que peor se comportou nas listas, chegando só ao noveno lugar en [[Inglaterra]]. É neste álbum no que Rob Coombes, teclista e irmán de Gaz, é recoñecido como membro oficial do grupo.
A banda lanzou o seu cuarto traballo ''Life At Other Planets'', en [[2002]]. O disco foi ben recibido pola crítica, restablecendo a credibilidade e o respecto ao traballo da banda. Mentres tanto, mesmo co éxito do sinxelo "Grace", foi o que peor se comportou nas listas, chegando só ao noveno lugar en [[Inglaterra]]. É neste álbum no que Rob Coombes, teclista e irmán de Gaz, é recoñecido como membro oficial do grupo.


En [[2004]] editaron un recopilatorio, ''Supergrass is 10'', e en [[2005]] lánzoase o seu quinto traballo, ''Road To Rouen''.
En [[2004]] editaron un recopilatorio, ''Supergrass is 10'', e en [[2005]] lánzoase o seu quinto traballo, ''Road To Rouen''.

Revisión como estaba o 4 de novembro de 2007 ás 19:22

Supergrass
OrixeLondres, Inglaterra
Período1994-actualidade
Xénero(s)Britpop
Selo(s) discográfico(s)Parlophone
MembrosGaz Coombes
Rob Coombes
Danny Goffey
Mick Quinn
Na rede
http://www.supergrass.com/
IMDB: nm1967734 Facebook: supergrass Twitter: supergrasshq Instagram: supergrasshq MySpace: supergrass Youtube: UCvEVRo07OAojKg8ekpk1Lyw Spotify: 0sHeX8oQ6o7xic3wMf4NBU iTunes: 391069 Last fm: Supergrass Musicbrainz: 6386ddff-0d13-4685-9f0a-a82bf022fb1c Songkick: 474192 Discogs: 58694 Allmusic: mn0000031556 Deezer: 1320 Editar o valor em Wikidata

Supergrass é unha banda de rock formada en Londres no ano 1994. Está formada por Gaz Coombes (guitarra e voz), Rob Coombes (teclado), Danny Goffey (batería) e Mick Quinn (baixo).

Biografía

Supergrass foi formada en 1994 por Gaz Coombes na voces e na guitarra, Mick Quinn no baixo e Danny Goffey na batería. Antes diso, Goofey e Coombes xa tocaran xuntos na banda Jennifers. O son era practicamente igual ao da banda Ride, e os Jennifers chegaron a lanzar un sinxelo pola discográfica Nude Records. A historia de Jennifers non dura moito tempo, e Coombes, Goffey e Quinn acaban tomando outro rumbo, formando unha nova banda. As influencias máis evidentes do novo proxecto eran as bandas inglesas dos anos 60, engadíndolle a forza, entusiasmo e enerxía punk de bandas tan díspares como Pixies e Buzzcocks.

A nova banda evoluiu rápido e en pouco tempo xa se presentaba en directo en actuacións de media hora. O primeiro lanzamento de Supergrass foi o sinxelo "Caught By The Fuzz", hoxe en día clásico do britpop. O sinxelo foi lanzado pola discográfica independente Backbeat, no verán de 1994.

Eran só 250 copias, pero o sinxelo tivo repercusión. A Parlophone, do xigante grupo EMI contratounos e relanzou "Caught By The Fuzz" en outubro. Desta vez, o sinxelo case entra no top 40 britânico (chegou ao 42) e rendeu eloxios dos medios ingleses, aparte de comentarios positivos do persoal de Blur e Elastica. A partir daí as cousas comezaron a andar rápido: concertos como teloneiros de Blur, canción inédita no entón lendario Singles Club da Sub Pop e disco de estrea listo para ser lanzado no ano seguinte.

O debut, I Should Coco, chegou ás tendas en maio de 1995 e non tardou en alcanzar a cima das listas inglesas. A responsable da fazaña foi a canción "Alright", o hit do verán daquel ano. O seu videoclip axudou á banda a ser coñecida no resto do mundo. Dous sinxelos máis seguiron a este lanzamento, "Time" e "Lenny", que sitúan a Supergrass entre as grandes bandas de Inglaterra.

Despois da xira mundial de I Should Coco a banda só retornaría con disco novo en 1997. In It For The Money, repetíuse o éxito do seu predecesor ao chegar ao segundo lugar en Inglaterra, con vendas de un millón de copias só nese país. No seu segundo álbum, Supergrass mantén o entusiasmo de sempre, pero é un disco menos fresco que I Should Coco, aparte de amosar un evidente refinamento en arranxos máis detallados. Mentres tanto, fóra de Inglaterra a banda non mantivo o mesmo éxito, reducíndose o seu público. "Richard III" e "Sun Hits the Sky" foron os hits de In It For The Money.

A banda retornaría en 1999 cun disco autotitulado, que foi coñecido entre os fans como X-Ray Album (pola imaxe da súa portada). A pesares de que seguise a mesma liña do disco anterior, algúns críticos consideraron Supergrass máis relaxado, non chegando ás expectativas depositadas nel. Mesmo contando cun sinxelo poderoso, "Pumping On Your Stereo", o disco xa non tivo as mesmas vendas en Inglaterra e foi pouco notado noutros países.

A banda lanzou o seu cuarto traballo Life At Other Planets, en 2002. O disco foi ben recibido pola crítica, restablecendo a credibilidade e o respecto ao traballo da banda. Mentres tanto, mesmo co éxito do sinxelo "Grace", foi o que peor se comportou nas listas, chegando só ao noveno lugar en Inglaterra. É neste álbum no que Rob Coombes, teclista e irmán de Gaz, é recoñecido como membro oficial do grupo.

En 2004 editaron un recopilatorio, Supergrass is 10, e en 2005 lánzoase o seu quinto traballo, Road To Rouen.

Discografía