Manuel María Puga Parga: Diferenzas entre revisións
Liña 25: | Liña 25: | ||
== Obras == |
== Obras == |
||
[[Ficheiro:Publicidade La Cocina Práctica de Picadillo, cartel de Enrique Saborit.jpg|miniatura|Cartel de publicidade feito por [[Enrique Saborit]] para ''La Cocina Práctica''.]] |
[[Ficheiro:Publicidade La Cocina Práctica de Picadillo, cartel de Enrique Saborit.jpg|miniatura|Cartel de publicidade feito por [[Enrique Saborit]] para ''La Cocina Práctica''.]] |
||
* ''36 maneras de guisar el bacalao''. [[A Coruña]], Tipografía de El Noroeste, 1901.<ref name=rah>[http://dbe.rah.es/biografias/97203/manuel-maria-puga-y-parga Biografía na RAH]</ref> |
* ''36 maneras de guisar el bacalao''. [[A Coruña]], Tipografía de El Noroeste, 1901.<ref name=rah>[http://dbe.rah.es/biografias/97203/manuel-maria-puga-y-parga Biografía na RAH]</ref><ref>[http://bdh.bne.es/bnesearch/biblioteca/36%20maneras%20de%20guisar%20el%20bacalao%20%20%20/qls/Puga%20y%20Parga,%20Manuel%20Mar%C3%ADa%20(1874%201918)/qls/bdh0000206387;jsessionid=31E9E880A3AD4D2B1CC5789106F7E3C8 Ficha e dixitalización da 1ª ed na Biblioteca Nacional de España]</ref> |
||
*''Integración de algunas materias de Derecho Civil'', Madrid, 1901.<ref name=bne>[http://datos.bne.es/persona/XX1117481.html Ficha do autor na Biblioteca Nacional de España]</ref> |
|||
* ''La cocina práctica'', con prólogo de [[Emilia Pardo Bazán]]. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1905.<ref name=rah/><ref>[http://bdh.bne.es/bnesearch/biblioteca/La%20cocina%20pr%C3%A1ctica%20%20%20/qls/Puga%20y%20Parga,%20Manuel%20Mar%C3%ADa%20(1874%201918)/qls/bdh0000200579;jsessionid=62B92C8D3F7B8DDB7E6404FD335C906E Ficha e dixitalización da 10ª ed na Biblioteca Nacional de España]</ref> |

* ''Las |
* ''Las cincuenta y seis maneras de hacer el bacalao'', Madrid, Imprenta R. Velasco, 1901.<ref name=rah/><ref>[http://bdh.bne.es/bnesearch/detalle/bdh0000204371 Ficha e dixitalización da 1ª ed na Biblioteca Nacional de España]</ref> |
||
* ''El rancho de la tropa''. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1909.<ref name=rah/> |
* ''El rancho de la tropa''. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1909.<ref name=rah/> |
||
* ''Pote aldeano''. Madrid, Librería de Pueyo, 1911.<ref name=rah/> |
* ''Pote aldeano''. Madrid, Librería de Pueyo, 1911.<ref name=rah/> |
||
* ''Vigilia reservada: minutas y recetas''. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1912.<ref name=rah/><ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/pt/consulta/registro.cmd?id=8844 Ficha] en [[Galiciana]]</ref> |

* ''Mi historia política''. A Coruña, Tipográfica Obrera Coruñesa, 1917 (na cuberta e colofón pon 1918).<ref name=rah/><ref>[http://biblioteca.galiciana.gal/pt/consulta/resultados_navegacion.do?id=2561&forma=ficha&posicion=11 Ficha do libro en Galiciana]</ref> |

En 1993 fíxose unha tradución ó galego dalgunhas das súas obras no libro ''A cociña popular galega e algunhas receitas para a Coresma'', publicado por [[Edicións Xerais de Galicia]], traducido por [[María Dolores Torres París]], e con prólogo de [[Xosé Cermeño]].<ref>[https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=350810&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=barcode&sb=ASC Ficha no Catálogo das bibliotecas de Galicia]</ref><ref>[http://datos.bne.es/obra/XX2140847.html Ficha do libro na Biblioteca Nacional de España]</ref> |

Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2020 ás 17:28
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel María Puga y Parga 1874 Santiago de Compostela, España |
Morte | 30 de setembro de 1918 (43/44 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | Pazo de Anzobre |
Alcalde da Coruña | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , xurista , gastrónomo , político |
Período de tempo | Restauración borbónica en España |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Rafael Puga Ramón, Manuel María Puga Ramón |
Pai | Luciano Puga Blanco |
Manuel María Puga y Parga, coñecido como Picadillo, nado en Santiago de Compostela en 1874 e falecido na Coruña o 30 de setembro de 1918, foi un escritor, gastrónomo e político galego.
Traxectoria
Fillo de Luciano Puga Blanco, naceu en Santiago por estar o seu pai desprazado nesta cidade, e foi bautizado o 23 de abril de 1874 en San Fiz de Solovio, mais marchou moi novo á Coruña.
Estudou dereito en Santiago de Compostela onde presentou a súa tese de grao "Fueros Nobiliaros" en 1895 e grazas a Cánovas del Castillo, amigo do seu pai, conseguiu ser nomeado a un posto para o que non era necesario opositar na Dirección Xeral de Penais. Descontento co ambiente político e con saudades da terra volveu a Galiza onde casou con María del Carmen Ramón e foi xuíz en Arteixo. Comezou a escribir no xornal El Noroeste, co pseudónimo de Picadillo, chegando a ser tan popular que en 1913 escribiu o artigo "Quiero ser concejal" e comezou unha campaña para ser elixido concelleiro, facendo o 14 de outubro dese ano un chamamento: "Alocución a las vendedoras de la plaza de abastos":
Vós non votades pero tedes homes, fillos... a estes pedide, mandade... ata chegardes a requirir á zoca, que as coaccións na intimidade non teñen nada que ver coa lei electoral.[1]
Conseguiu ser nomeado candidato e saír electo, tomando posesión do cargo o 1 de xaneiro de 1914, e cando o alcalde Javier Ozores Pedrosa dimitiu, foi designado alcalde en outubro de 1915, aínda que por pouco tempo: co cambio de goberno foi deposto en só dous meses. Volveu a ser alcalde co ascenso ao poder do coruñés Eduardo Dato en xullo de 1917. A súa actuación durante a folga xeral do 13 de agosto de 1917 levouno a ser destituído na semana seguinte e a recibir unha homenaxe de 6.000 obreiros sindicados e un pergameo asinado polas 27 sociedades obreiras coruñesas.
Escribiu numerosos libros de gastronomía, incluíndo La cocina práctica en 1905, que tivo un grande éxito, e moitos outros libros de cociña así como numerosos artigos; foi enormemente popular no seu tempo como persoa e escritor, caracterizado polo sentido do humor e a defensa da vida popular tanto a nivel culinario, reivindicando o bacallau, as sardiñas e o lacón con grelos fronte ás copias da cociña francesa de moda na época, dicindo que unha das maiores experiencias da súa vida fora unha caldeirada comida nun barco de pesca. Non só aplicaba o humor á cociña senón tamén á política e a si mesmo. Como exemplo, descríbese así na súa nenez no seu libro Mi historia política:
En 1882 era eu un señor que tiña 8 anos de idade e uns 75 quilos de peso.[2]
Este peso excesivo (dise que chegou aos 275 quilos) era moi coñecido. Como conta Luís Antón del Olmet, veu un circo á Coruña onde se mostraba un home alemán que dicían era o máis gordo do mundo, mais a xente que o ía ver saía decepcionada: Manolo Puga era máis gordo.[3]
Predecesor: Javier Ozores Pedrosa |
Alcalde da Coruña 1915 |
Sucesor: Manuel Casás Fernández |
Predecesor: Manuel Casás Fernández |
Alcalde da Coruña 1917 |
Sucesor: Manuel Casás Fernández |
Obras
- 36 maneras de guisar el bacalao. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1901.[4][5]
- Integración de algunas materias de Derecho Civil, Madrid, 1901.[6]
- La cocina práctica, con prólogo de Emilia Pardo Bazán. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1905.[4][7]
- Las cincuenta y seis maneras de hacer el bacalao, Madrid, Imprenta R. Velasco, 1901.[4][8]
- El rancho de la tropa. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1909.[4]
- Pote aldeano. Madrid, Librería de Pueyo, 1911.[4]
- Vigilia reservada: minutas y recetas. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1912.[4][9]
- Mi historia política. A Coruña, Tipográfica Obrera Coruñesa, 1917 (na cuberta e colofón pon 1918).[4][10]
En 1993 fíxose unha tradución ó galego dalgunhas das súas obras no libro A cociña popular galega e algunhas receitas para a Coresma, publicado por Edicións Xerais de Galicia, traducido por María Dolores Torres París, e con prólogo de Xosé Cermeño.[11][12]
Notas
- ↑ Xosé Cermeño: Introdución a A cociña popular.... páx. 15.
- ↑ Mi historia política, Tipografía Obrera Coruñesa, 1917, citado por Xosé Cermeño en: Introdución a A cociña popular...
- ↑ Anécdota incluída en Pote aldeano, citado por Xosé Cermeño en: Introdución a A cociña popular...
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Biografía na RAH
- ↑ Ficha e dixitalización da 1ª ed na Biblioteca Nacional de España
- ↑ Ficha do autor na Biblioteca Nacional de España
- ↑ Ficha e dixitalización da 10ª ed na Biblioteca Nacional de España
- ↑ Ficha e dixitalización da 1ª ed na Biblioteca Nacional de España
- ↑ Ficha en Galiciana
- ↑ Ficha do libro en Galiciana
- ↑ Ficha no Catálogo das bibliotecas de Galicia
- ↑ Ficha do libro na Biblioteca Nacional de España