Eloy Luís André: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Fillo do [[médico]] de [[Vilardevós]] Ángel Luis Barreira e de Purificación André, quedou orfo de pai cun ano de idade. A nai casou en segundas nupcias cun [[notario]] de [[Ponteareas]].{{Sfn|Camoira Vega|2004}} Eloy foi vivir cos avós paternos, Anselmo e Sabela, e, cando estes finaron, cos tíos Xacinto e Xenerosa.{{Sfn|López Vázquez|2002}} Fixo os seus estudos no [[Mosteiro de San Salvador de Celanova|Colexio dos Padres Escolapios de Celanova]] e no Instituto de Ourense, recibindo clases de [[Juan Sieiro|Juan Sieiro González]]. Comezou o ciclo universitario en [[Universidade de Santiago de Compostela|Santiago de Compostela]], trasladándose logo para a [[Universidade de Salamanca]], onde os rematou. Alí iniciou o seu trato con [[Miguel de Unamuno]]. Pasou a [[Madrid]], á [[Universidade de Madrid|Universidade Central]], para efectuar a doutoramento, e estabelecendo contactos con [[Francisco Giner de los Ríos]].
Fillo do [[médico]] de [[Vilardevós]] Ángel Luis Barreira e de Purificación André, quedou orfo de pai cun ano de idade. A nai casou en segundas nupcias cun [[notario]] de [[Ponteareas]].{{Sfn|Camoira Vega|2004}} Eloy foi vivir cos avós paternos, Anselmo e Sabela, e, cando estes finaron, cos tíos Xacinto e Xenerosa.{{Sfn|López Vázquez|2002}} Fixo os seus estudos no [[Mosteiro de San Salvador de Celanova|Colexio dos Padres Escolapios de Celanova]] e no Instituto de Ourense, recibindo clases de [[Juan Sieiro|Juan Sieiro González]]. Comezou o ciclo universitario en [[Universidade de Santiago de Compostela|Santiago de Compostela]], trasladándose logo para a [[Universidade de Salamanca]], onde os rematou. Alí iniciou o seu trato con [[Miguel de Unamuno]]. Pasou a [[Madrid]], á [[Universidade de Madrid|Universidade Central]], para efectuar a doutoramento (1901-1902), e estabelecendo contactos con [[Francisco Giner de los Ríos]].


Volveu de novo a Salamanca para especializarse en [[Filosofía|Filosofía Superior]], e desde alí trasladouse ás universidades europeas de [[KU Leuven|Leuven]], [[Universidade Libre de Bruxelas|Bruxelas]] e [[Universidad de París|París]] en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a [[España]] intentou acceder a unha [[cátedra universitaria]], mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a [[Cátedra de ensino secundario|cátedra]] de [[bacharelato]], obtendo en [[1904]] a de [[Psicoloxía]], [[Lóxica]], [[Ética]] e Rudimentos de [[Dereito]] do instituto de [[Soria]], desde a cal se trasladou para o [[IES Otero Pedrayo de Ourense|Instituto de Ourense]].
Volveu de novo a Salamanca para especializarse en [[Filosofía|Filosofía Superior]], e desde alí trasladouse ás universidades europeas de [[KU Leuven|Leuven]], [[Universidade Libre de Bruxelas|Bruxelas]] e [[Universidad de París|París]] en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a [[España]] intentou acceder a unha [[cátedra universitaria]], mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a [[Cátedra de ensino secundario|cátedra]] de [[bacharelato]], obtendo en [[1904]] a de [[Psicoloxía]], [[Lóxica]], [[Ética]] e Rudimentos de [[Dereito]] do instituto de [[Soria]]. No mesmo ano e por motivos familiares (enfermidade da tía Xenerosa) trasládase para o [[IES Otero Pedrayo de Ourense|Instituto de Ourense]].{{Sfn|López Vázquez|2002}}


En [[1909]], a [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]] concedeulle unha [[bolsa de estudos]], que utilizou para trasladarse á [[Universidade de Leipzig]], onde foi discípulo de [[Wilhelm Wundt]], sob cuxa dirección preparou un traballo de psicoloxía experimental. Posteriormente trasladouse á [[Universidade de Jena]], onde foi discípulo de [[Rudolf Christoph Eucken]]. André mantería, posteriormente, relacións profesionais de amizade e profesionais con ambos filósofos alemáns.
En 1906 o Goberno comisionouno para estudar a organización de Ministerio de Fomento en [[Francia]], [[Bélxia]] e [[Italia]], ano no que publicou o seu primeiro libro ''El histrionismo español''. En [[1909]], a [[Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas]] concedeulle unha [[bolsa de estudos]], que utilizou para trasladarse á [[Universidade de Leipzig]], onde foi discípulo de [[Wilhelm Wundt]], sob cuxa dirección preparou un traballo de psicoloxía experimental. Posteriormente trasladouse á [[Universidade de Jena]], onde foi discípulo de [[Rudolf Christoph Eucken]]. André mantería, posteriormente, relacións profesionais de amizade e profesionais con ambos filósofos alemáns.


Volveu a España a fins de [[1910]] para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que retornase novamente a Leipzig. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en [[1912]], onde creou un [[laboratorio]] de psicoloxía experimental. Dous anos despois, pasou ao instituto de [[Toledo]]. Neses anos interesouse polos movementos galeguistas, pero nunca tivo unha militancia activa. En [[1918]] opositou para o [[Instituto Cardenal Cisneros]], logrando por fin residir en Madrid, que era o que desexaba desde había anos.
Retornou a España a fins de [[1910]] para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria, por exemplo a de [[Metafísica]] da Universidade Central, que finalmente gañou [[José Ortega y Gasset]]. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que volvese novamente a [[Leipzig]]. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en [[1912]], onde creou un [[laboratorio]] de psicoloxía experimental. En 1913 o Goberno pensionouno catro meses para estudar o funcionamento do [[Educación secundaria|ensino secundario]] en [[Francia]], [[Bélxica]] e [[Reino de Prusia|Prusia]].{{Sfn|López Vázquez|2002}}
Dous anos despois, pasou ao instituto de [[Toledo]]. Neses anos interesouse polos movementos galeguistas, pero nunca tivo unha militancia activa. En [[1918]] opositou para o [[Instituto Cardenal Cisneros]], logrando por fin residir en Madrid, que era o que desexaba desde había anos.


== Obra ==
== Obra ==

Revisión como estaba o 19 de xaneiro de 2020 ás 12:09

Infotaula de personaEloy Luís André

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1876 Editar o valor em Wikidata
Mourazos, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 1935 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicólogo , escritor , profesor de ensino secundario , filósofo , autor Editar o valor em Wikidata
AlumnosRafael Lapesa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeM.ª Francisca Romero
FillosM.ª dos Anxos (1919)
Anxo (1922) [1]
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 42195


Eloy Luís André,[a] nado en Mourazos (Verín) o 19 de xullo de 1876 e finado en Madrid o 24 de maio de 1935, foi un filósofo, psicólogo e docente galego, cuxa obra orixinal máis destacada se centra en problemas de mentalidade colectiva e no desenvolvemento do sistema educativo.

Traxectoria

Fillo do médico de Vilardevós Ángel Luis Barreira e de Purificación André, quedou orfo de pai cun ano de idade. A nai casou en segundas nupcias cun notario de Ponteareas.[2] Eloy foi vivir cos avós paternos, Anselmo e Sabela, e, cando estes finaron, cos tíos Xacinto e Xenerosa.[1] Fixo os seus estudos no Colexio dos Padres Escolapios de Celanova e no Instituto de Ourense, recibindo clases de Juan Sieiro González. Comezou o ciclo universitario en Santiago de Compostela, trasladándose logo para a Universidade de Salamanca, onde os rematou. Alí iniciou o seu trato con Miguel de Unamuno. Pasou a Madrid, á Universidade Central, para efectuar a doutoramento (1901-1902), e estabelecendo contactos con Francisco Giner de los Ríos.

Volveu de novo a Salamanca para especializarse en Filosofía Superior, e desde alí trasladouse ás universidades europeas de Leuven, Bruxelas e París en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a España intentou acceder a unha cátedra universitaria, mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a cátedra de bacharelato, obtendo en 1904 a de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito do instituto de Soria. No mesmo ano e por motivos familiares (enfermidade da tía Xenerosa) trasládase para o Instituto de Ourense.[1]

En 1906 o Goberno comisionouno para estudar a organización de Ministerio de Fomento en Francia, Bélxia e Italia, ano no que publicou o seu primeiro libro El histrionismo español. En 1909, a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas concedeulle unha bolsa de estudos, que utilizou para trasladarse á Universidade de Leipzig, onde foi discípulo de Wilhelm Wundt, sob cuxa dirección preparou un traballo de psicoloxía experimental. Posteriormente trasladouse á Universidade de Jena, onde foi discípulo de Rudolf Christoph Eucken. André mantería, posteriormente, relacións profesionais de amizade e profesionais con ambos filósofos alemáns.

Retornou a España a fins de 1910 para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria, por exemplo a de Metafísica da Universidade Central, que finalmente gañou José Ortega y Gasset. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que volvese novamente a Leipzig. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en 1912, onde creou un laboratorio de psicoloxía experimental. En 1913 o Goberno pensionouno catro meses para estudar o funcionamento do ensino secundario en Francia, Bélxica e Prusia.[1]

Dous anos despois, pasou ao instituto de Toledo. Neses anos interesouse polos movementos galeguistas, pero nunca tivo unha militancia activa. En 1918 opositou para o Instituto Cardenal Cisneros, logrando por fin residir en Madrid, que era o que desexaba desde había anos.

Obra

Ao longo da súa vida Eloy Luís André publicou unha obra que se pode cualificar de extensa. As súas publicacións atenden a varias vertentes básicas: os manuais de ensino, as publicacións de psicoloxía, os problemas educativos e os libros de creación filosófica propia, destacando neste sentidos os seus ensaios sobre mentalidade colectiva, talvez influído polo interese de Wundt na psicoloxía dos pobos. Outra faceta de André levouno a escribir artigos de economía, espallados en revistas e xornais.

Listaxe de publicacións

Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura.
  • El histrionismo español. Barcelona. 1906.[3]
  • Ética española, problemas de moral contemporánea. Madrid. 1910.[4]
  • La mentalidad alemána. Madrid. 1914.[5]
  • La cultura alemana. Madrid, 1916.[6]
  • La educación de la adolescencia. Madrid. 1916.[7]
  • Dos idearios y dos democracias. Madrid. 1919.[8]
  • Sistema de Filosofía de los Valores. Toledo. 1919.[8]
  • Elementos de Psicología. Madrid. 1919.[8]
  • Ética individual y social. Madrid. 1920.[9]
  • Nociones de educación cívica, jurídica y económica. Madrid. 1921.[8]
  • Resumen de educación cívica, jurídica y económica. Madrid. 1924.[10]
  • Nociones de psicología experimental. Madrid. 1924.[11]
  • Sistema de Filosofía de los Valores. Lógica. Morfología mental. Madrid. 1925.[12]
  • El ferrocarril del Príncipe de Asturias. Madrid. 1926.[13]
  • El espíritu nuevo en la educación española. Madrid. 1926.[14]
  • Deontología. Breviario de Moral Práctica. Madrid. 1928.[15]
  • Rudimentos de Derecho español. Madrid. 1929.[16]
  • Ideario político de Espinosa. Análisis, comentario y crítica del ‘Tratado Teológico Político’. Madrid. 1930.[8]
  • Psicología experimental. Madrid. 1931.[17]
  • Españolismo: prasologio: pueblo y conciencia nacional. Madrid. 1931.[18]
  • Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura. Ensaios. Madrid. 1931.[19]
Obras colectivas
  • Velada en honor de Benito Espinosa. Madrid. 1930.[20]
Placa dunha rúa de Vilardevós.
Traducións

André fixo ademais varias traducións, desde o alemán e o francés:

  • Léxico de filosofía, de Alejo Bertrand[b], 1908.[8]
  • Filósofos contemporáneos, de Harald Høffding, 1909.[21]
  • Introducción a la Filosofía I e II, de Guillermo Wundt, 1911 e 1912.[22]
  • La vida. Su valor y su significación, de Rodolfo Eucken, 1912.[8]
  • Sistema de Filosofía Científica, 2 tomos, de Guillermo Wundt, 1913.[8]

Outros aspectos

O escritor galego Silvio Santiago, realizou un breve retrato humano dun André xa entrado en anos, no seu libro Vilardevós (1961, Galaxia).

Galería de imaxes

Notas

  1. Luís é apelido, aínda que el adoitaba asinar como "Eloy L. André" e sempre foi coñecido como André.
  2. Alejo Bertrand é o nome castelanizado de Alexis Bertrand (1850-1923).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas