Eloy Luís André: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:


== Traxectoria ==
== Traxectoria ==
Fillo do [[médico]] de [[Vilardevós]] Ángel Luis Barreira e de Purificación André, quedou orfo de pai cun ano de idade. A nai casou en segundas nupcias cun [[notario]] de [[Ponteareas]].{{Sfn|Camoira|2004}} Fixo os seus estudos no [[Mosteiro de San Salvador de Celanova|Colexio dos Padres Escolapios de Celanova]] e no Instituto de Ourense, recibindo clases de [[Juan Sieiro|Juan Sieiro González]]. Comezou o ciclo universitario en [[Universidade de Santiago de Compostela|Santiago de Compostela]], trasladándose logo para a [[Universidade de Salamanca]], onde os rematou. Alí iniciou o seu trato con [[Miguel de Unamuno]]. Pasou a [[Madrid]], á [[Universidade de Madrid|Universidade Central]], para efectuar a doutoramento, e estabelecendo contactos con [[Francisco Giner de los Ríos]].
Fillo do [[médico]] de [[Vilardevós]] Ángel Luis Barreira e de Purificación André, quedou orfo de pai cun ano de idade. A nai casou en segundas nupcias cun [[notario]] de [[Ponteareas]].{{Sfn|Camoira Vega|2004}} Fixo os seus estudos no [[Mosteiro de San Salvador de Celanova|Colexio dos Padres Escolapios de Celanova]] e no Instituto de Ourense, recibindo clases de [[Juan Sieiro|Juan Sieiro González]]. Comezou o ciclo universitario en [[Universidade de Santiago de Compostela|Santiago de Compostela]], trasladándose logo para a [[Universidade de Salamanca]], onde os rematou. Alí iniciou o seu trato con [[Miguel de Unamuno]]. Pasou a [[Madrid]], á [[Universidade de Madrid|Universidade Central]], para efectuar a doutoramento, e estabelecendo contactos con [[Francisco Giner de los Ríos]].


Volveu de novo a Salamanca para especializarse en [[Filosofía|Filosofía Superior]], e desde alí trasladouse ás universidades europeas de [[KU Leuven|Leuven]], [[Universidade Libre de Bruxelas|Bruxelas]] e [[Universidad de París|París]] en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a [[España]] intentou acceder a unha [[cátedra universitaria]], mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a [[Cátedra de ensino secundario|cátedra]] de [[bacharelato]], obtendo en [[1904]] a de [[Psicoloxía]], [[Lóxica]], [[Ética]] e Rudimentos de [[Dereito]] do instituto de [[Soria]], desde a cal se trasladou para o [[IES Otero Pedrayo de Ourense|Instituto de Ourense]].
Volveu de novo a Salamanca para especializarse en [[Filosofía|Filosofía Superior]], e desde alí trasladouse ás universidades europeas de [[KU Leuven|Leuven]], [[Universidade Libre de Bruxelas|Bruxelas]] e [[Universidad de París|París]] en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a [[España]] intentou acceder a unha [[cátedra universitaria]], mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a [[Cátedra de ensino secundario|cátedra]] de [[bacharelato]], obtendo en [[1904]] a de [[Psicoloxía]], [[Lóxica]], [[Ética]] e Rudimentos de [[Dereito]] do instituto de [[Soria]], desde a cal se trasladou para o [[IES Otero Pedrayo de Ourense|Instituto de Ourense]].
Liña 90: Liña 90:
{{Refempeza}}
{{Refempeza}}
* {{Cita libro |apelidos1=Alemán |apelidos2=Castro |apelidos3=Lafuente |ano=2010 |título=Eloy Luis André y la psicología científica en la España de la Restauración |url=https://www.librosuned.com/LU16012/Eloy-Luis-Andr%C3%A9-y-la-psicolog%C3%ADa-cient%C3%ADfica-en-la-Espa%C3%B1a-de-la-Restauraci%C3%B3n.aspx |editorial=[[UNED]] |formato=DVD-Vídeo |isbn=9788436256475 |lingua=es |ref=harv }}
* {{Cita libro |apelidos1=Alemán |apelidos2=Castro |apelidos3=Lafuente |ano=2010 |título=Eloy Luis André y la psicología científica en la España de la Restauración |url=https://www.librosuned.com/LU16012/Eloy-Luis-Andr%C3%A9-y-la-psicolog%C3%ADa-cient%C3%ADfica-en-la-Espa%C3%B1a-de-la-Restauraci%C3%B3n.aspx |editorial=[[UNED]] |formato=DVD-Vídeo |isbn=9788436256475 |lingua=es |ref=harv }}
* Camoira Vega, César (ed.) (2004): ''[http://www.cirp.es/pub/docs/poerec/eloy_poesia.pdf Eloy Luis André. Poesía galega]''. Santiago de Compostela, [[Centro Ramón Piñeiro|CRPIH]]. ISBN 978-84-453-5131-4.
* {{Cita libro |apelidos=Camoira Vega |nome=César (ed.) |ano=2004 |url=http://www.cirp.es/pub/docs/poerec/eloy_poesia.pdf |título=Eloy Luis André. Poesía galega |localización=Santiago de Compostela |editorial=[[Centro Ramón Piñeiro|CRPIH]] |isbn=978-84-453-5131-4 |ref=harv}}
* Carpintero Capell, Heliodoro (1994). ''Historia de la psicología en España'', Madrid, Eudema Universidad. ISBN 84-7754-185-X
* Carpintero Capell, Heliodoro (1994). ''Historia de la psicología en España'', Madrid, Eudema Universidad. ISBN 84-7754-185-X
* Castro; Castro y Sánchez (1993). "Una aproximación biográfica a la figura de Eloy Luis André (1876-1935) desde la historia de la Psicología", ''Rev. Hist. Psicología'', v. 14, nº 3-4.
* Castro; Castro y Sánchez (1993). "Una aproximación biográfica a la figura de Eloy Luis André (1876-1935) desde la historia de la Psicología", ''Rev. Hist. Psicología'', v. 14, nº 3-4.

Revisión como estaba o 18 de xaneiro de 2020 ás 23:29

Eloy Luís André
Nacemento19 de xullo de 1876
Lugar de nacementoMourazos
Falecemento24 de maio de 1935
Lugar de falecementoMadrid
Causacancro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca e Universidade de París
Ocupaciónpsicólogo, filósofo, profesor de ensino secundario, escritor e autor
CónxuxeM.ª Francisca Romero
FillosM.ª dos Anxos (1919)
Anxo (1922) [1]
Na rede
Galiciana: 42195
editar datos en Wikidata ]

Eloy Luís André,[a] nado en Mourazos (Verín) o 19 de xullo de 1876 e finado en Madrid o 24 de maio de 1935, foi un filósofo, psicólogo e docente galego, cuxa obra orixinal máis destacada se centra en problemas de mentalidade colectiva e no desenvolvemento do sistema educativo.

Traxectoria

Fillo do médico de Vilardevós Ángel Luis Barreira e de Purificación André, quedou orfo de pai cun ano de idade. A nai casou en segundas nupcias cun notario de Ponteareas.[2] Fixo os seus estudos no Colexio dos Padres Escolapios de Celanova e no Instituto de Ourense, recibindo clases de Juan Sieiro González. Comezou o ciclo universitario en Santiago de Compostela, trasladándose logo para a Universidade de Salamanca, onde os rematou. Alí iniciou o seu trato con Miguel de Unamuno. Pasou a Madrid, á Universidade Central, para efectuar a doutoramento, e estabelecendo contactos con Francisco Giner de los Ríos.

Volveu de novo a Salamanca para especializarse en Filosofía Superior, e desde alí trasladouse ás universidades europeas de Leuven, Bruxelas e París en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a España intentou acceder a unha cátedra universitaria, mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a cátedra de bacharelato, obtendo en 1904 a de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito do instituto de Soria, desde a cal se trasladou para o Instituto de Ourense.

En 1909, a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas concedeulle unha bolsa de estudos, que utilizou para trasladarse á Universidade de Leipzig, onde foi discípulo de Wilhelm Wundt, sob cuxa dirección preparou un traballo de psicoloxía experimental. Posteriormente trasladouse á Universidade de Jena, onde foi discípulo de Rudolf Christoph Eucken. André mantería, posteriormente, relacións profesionais de amizade e profesionais con ambos filósofos alemáns.

Ética individual y social,
2ª ed. (PDF), 1920.

Volveu a España a fins de 1910 para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que retornase novamente a Leipzig. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en 1912, onde creou un laboratorio de psicoloxía experimental. Dous anos despois, pasou ao instituto de Toledo. Neses anos interesouse polos movementos galeguistas, pero nunca tivo unha militancia activa. En 1918 opositou para o Instituto Cardenal Cisneros, logrando por fin residir en Madrid, que era o que desexaba desde había anos.

Obra

Ao longo da súa vida Eloy Luís André publicou unha obra que se pode cualificar de extensa. As súas publicacións atenden a varias vertentes básicas: os manuais de ensino, as publicacións de psicoloxía, os problemas educativos e os libros de creación filosófica propia, destacando neste sentidos os seus ensaios sobre mentalidade colectiva, talvez influído polo interese de Wundt na psicoloxía dos pobos. Outra faceta de André levouno a escribir artigos de economía, espallados en revistas e xornais.

Listaxe de publicacións

Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura.
  • El histrionismo español. Barcelona. 1906.[3]
  • Ética española, problemas de moral contemporánea. Madrid. 1910.[4]
  • La mentalidad alemána. Madrid. 1914.[5]
  • La cultura alemana. Madrid, 1916.[6]
  • La educación de la adolescencia. Madrid. 1916.[7]
  • Dos idearios y dos democracias. Madrid. 1919.[8]
  • Sistema de Filosofía de los Valores. Toledo. 1919.[8]
  • Elementos de Psicología. Madrid. 1919.[8]
  • Ética individual y social. Madrid. 1920.[9]
  • Nociones de educación cívica, jurídica y económica. Madrid. 1921.[8]
  • Resumen de educación cívica, jurídica y económica. Madrid. 1924.[10]
  • Nociones de psicología experimental. Madrid. 1924.[11]
  • Sistema de Filosofía de los Valores. Lógica. Morfología mental. Madrid. 1925.[12]
  • El ferrocarril del Príncipe de Asturias. Madrid. 1926.[13]
  • El espíritu nuevo en la educación española. Madrid. 1926.[14]
  • Deontología. Breviario de Moral Práctica. Madrid. 1928.[8]
  • Rudimentos de Derecho español. Madrid. 1929.[15]
  • Ideario político de Espinosa. Análisis, comentario y crítica del ‘Tratado Teológico Político’. Madrid. 1930.[8]
  • Psicología experimental. Madrid. 1931.[16]
  • Españolismo: prasologio: pueblo y conciencia nacional. Madrid. 1931.[17]
  • Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura. Ensaios. Madrid. 1931.[18]
Obras colectivas
  • Velada en honor de Benito Espinosa. Madrid. 1930.[19]
Placa dunha rúa de Vilardevós.
Traducións

André fixo ademais varias traducións, desde o alemán e o francés:

  • Léxico de filosofía, de Alejo Bertrand[b], 1908.[8]
  • Filósofos contemporáneos, de Harald Høffding, 1909.[20]
  • Introducción a la Filosofía I e II, de Guillermo Wundt, 1911 e 1912.[21]
  • La vida. Su valor y su significación, de Rodolfo Eucken, 1912.[8]
  • Sistema de Filosofía Científica, 2 tomos, de Guillermo Wundt, 1913.[8]

Outros aspectos

O escritor galego Silvio Santiago, realizou un breve retrato humano dun André xa entrado en anos, no seu libro Vilardevós (1961, Galaxia).

Galería de imaxes

Notas

  1. Luís é apelido, aínda que el adoitaba asinar como "Eloy L. André" e sempre foi coñecido como André.
  2. Alejo Bertrand é o nome castelanizado de Alexis Bertrand (1850-1923).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas