Eloy Luís André: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 113: Liña 113:
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade de París]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade de París]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade Católica de Lovaina]]

Revisión como estaba o 17 de xaneiro de 2020 ás 11:02

Infotaula de personaEloy Luís André

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1876 Editar o valor em Wikidata
Mourazos, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 1935 Editar o valor em Wikidata (58 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Salamanca
Universidade de París Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicólogo , escritor , profesor de ensino secundario , filósofo , autor Editar o valor em Wikidata
AlumnosRafael Lapesa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 42195


Eloy Luís André[1], nado en Mourazos (Verín) o 19 de xullo de 1876 e finado en Madrid o 24 de maio de 1935, foi un filósofo, psicólogo e docente galego, cuxa obra orixinal máis destacada se centra en problemas de mentalidade colectiva e no desenvolvemento do sistema educativo.

Traxectoria

Fillo do médico Ángel Luis Barreira e de Purificación André, quedou orfo de pai cun ano de idade. A nai casou en segundas nupcias cun notario de Ponteareas.[2] Fixo os seus estudos no Colexio dos Padres Escolapios de Celanova e no Instituto de Ourense, recibindo clases de Juan Sieiro González. Comezou o ciclo universitario en Santiago de Compostela, trasladándose logo para a Universidade de Salamanca, onde os rematou. Alí iniciou o seu trato con Miguel de Unamuno. Pasou a Madrid, á Universidade Central, para efectuar a doutoramento, e estabelecendo contactos con Francisco Giner de los Ríos.

Volveu de novo a Salamanca para especializarse en Filosofía Superior, e desde alí trasladouse ás universidades europeas de Leuven, Bruxelas e París en 1899 - 1900, para ampliar estudos. Cando regresou a España intentou acceder a unha cátedra universitaria, mais ante a imposibilidade de lograr algunha, decidiu preparar oposicións a cátedra de bacharelato, obtendo en 1904 a de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito do instituto de Soria, desde a cal se trasladou para o Instituto de Ourense.

Eloy Luís André.

En 1909, a Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas concedeulle unha bolsa de estudos, que utilizou para trasladarse á Universidade de Leipzig, onde foi discípulo de Wilhelm Wundt, sob cuxa dirección preparou un traballo de psicoloxía experimental. Posteriormente trasladouse á Universidade de Jena, onde foi discípulo de Rudolf Christoph Eucken. André mantería, posteriormente, relacións profesionais de amizade e profesionais con ambos filósofos alemáns.

Volveu a España a fins de 1910 para tentar de novo acceder a algunha cátedra universitaria. Porén a concesión dunha nova bolsa pola Junta de Ampliación de Estudios fixo que retornase novamente a Leipzig. Ao regresar para España, retomou o seu posto en Ourense en 1912, onde creou un laboratorio de psicoloxía experimental. Dous anos despois, pasou ao instituto de Toledo. Neses anos interesouse polos movementos galeguistas, pero nunca tivo unha militancia activa. En 1918 opositou para o instituto madrileño Cardenal Cisneros, logrando por fin residir en Madrid, que era o que desexaba desde había anos.

Obra

Ao longo da súa vida Eloy Luís André publicou unha obra que se pode cualificar de extensa. As súas publicacións atenden a varias vertentes básicas: os manuais de ensino, as publicacións de psicoloxía, os problemas educativos e os libros de creación filosófica propia, destacando neste sentidos os seus ensaios sobre mentalidade colectiva, talvez influído polo interese de Wundt na psicoloxía dos pobos. Outra faceta de André levouno a escribir artigos de economía, espallados en revistas e xornais.

Selección de publicacións

Ética individual y social,
2ª ed. (PDF), 1920.
  • El histrionismo español. Barcelona. 1906.
  • Solidadaridad y Galleguismo. 1907.
  • Ética Española. Madrid. 1910 (2ª ed. 1925).
  • La mentalidad alemána. Madrid. 1914.[3]
  • La cultura alemana. Madrid, 1916.[4]
  • Idea de la Naturaleza. Madrid. 1916.
  • La educación de la adolescencia. Madrid. 1916.[5]
  • Dos idearios y dos democracias. Madrid. 1919.
  • Sistema de Filosofía de los Valores. Toledo. 1919.
  • Elementos de Psicología. Madrid. 1920.
  • Ética individual y social. Madrid. 1920.[6]
  • Elementos de educación cívica, jurídica y económica. Madrid. 1921.
  • Sistema de Filosofía de los Valores. T. I. La Ética. Madrid. 1923.
  • Nociones de psicología experimental. Madrid. 1924.[7]
  • Sistema de la Filosofía de los Valores. T. II. Lógica. Morfología mental. Madrid. 1932.
  • Ética española. Problemas de Moral contemporánea. Madrid. 1910 (2ª ed. 1925).
  • Programa de Psicología y Lógica. Madrid. 1925.
  • Deontología. Breviario de Moral Práctica. Madrid. 1926.
  • El espíritu nuevo en la educación española. Madrid. 1926.[8]
  • El Derecho español. Madrid. 1929.
  • Ideario político de Espinosa. Análisis, comentario y crítica del ‘Tratado Teológico Político’. Madrid. 1930.
  • Programa de deberes éticos y cívicos. Madrid. 1931.
  • Españolismo: prasologio: pueblo y conciencia nacional. Madrid. 1931.[9]
  • Galleguismo. Lucha por la personalidad nacional y la cultura. Ensaios. Madrid. 1931.
Placa dunha rúa de Vilardevós.

Traducións

André fixo ademais varias traducións, desde o alemán e o francés:

  • Léxico de filosofía, de Alejo Bertrand[10], 1908.
  • Filósofos contemporáneos, de Harald Høffding, 1909.
  • Introducción a la Filosofía I e II, de Guillermo Wundt, 1911 e 1912.
  • La vida. Su valor y significación, de Rodolfo Eucken, 1912.
  • Sistema de Filosofía Científica, 2 tomos, de Guillermo Wundt, 1913.

Outros aspectos

O escritor galego Silvio Santiago, realizou un breve retrato humano dun André xa entrado en anos, no seu libro Vilardevós (1961, Galaxia).

Galería de imaxes

Notas

  1. Luís é apelido, aínda que el adoitaba asinar como "Eloy L. André" e sempre foi coñecido como André.
  2. Camoira 2004.
  3. La mentalidad alemana na Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico.
  4. La cultura alemana en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  5. La educación de la adolescencia na Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico.
  6. Ética individual y social na Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico.
  7. Nociones de psicología experimental en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  8. El espíritu nuevo en la educación española na Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico.
  9. Españolismo: prasologio en Galiciana. Biblioteca de Galicia
  10. Alejo Bertrand é o nome castelanizado de Alexis Bertrand (1850-1923).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas