Manuel María Puga Parga: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 12: Liña 12:


[[Ficheiro:Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917.jpg|miniatura|300px|Exposición no [[Palacio de María Pita]], en [[1917]]. De esq. a der., de pé: [[Alfredo Tella|Tella]], [[Manuel Abelenda Zapata|Abelenda]], [[Alejandro Barreiro Noya|Barreiro]], [[Carlos Sobrino Buhigas|Sobrino]], [[Antonio Palacios Ramilo|Palacios]], [[José Seijo Rubio|Seijo]], [[Fernando Álvarez de Sotomayor|Sotomayor]], [[Francisco Lloréns|Lloréns]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Jesús González Concheiro|Concheiro]], [[José Francés y Sánchez-Heredero|Francés]], [[Emilio Madariaga y Rojo|Madariaga]] (co chapeu nas mans), [[Rafael González Villar|González del Villar]] e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, [[Emilia Pardo Bazán|Pardo Bazán]] e [[Picadillo]].]]
[[Ficheiro:Exposición rexional de arte galega. A Coruña 1917.jpg|miniatura|300px|Exposición no [[Palacio de María Pita]], en [[1917]]. De esq. a der., de pé: [[Alfredo Tella|Tella]], [[Manuel Abelenda Zapata|Abelenda]], [[Alejandro Barreiro Noya|Barreiro]], [[Carlos Sobrino Buhigas|Sobrino]], [[Antonio Palacios Ramilo|Palacios]], [[José Seijo Rubio|Seijo]], [[Fernando Álvarez de Sotomayor|Sotomayor]], [[Francisco Lloréns|Lloréns]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Jesús González Concheiro|Concheiro]], [[José Francés y Sánchez-Heredero|Francés]], [[Emilio Madariaga y Rojo|Madariaga]] (co chapeu nas mans), [[Rafael González Villar|González del Villar]] e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, [[Emilia Pardo Bazán|Pardo Bazán]] e [[Picadillo]].]]
Escribiu numerosos libros de [[gastronomía]], incluíndo "''La cocina práctica''" en [[1905]], que tivo un grande éxito, e moitos outros libros de cociña así como numerosos artigos; foi enormemente popular no seu tempo como persoa e escritor, caracterizado polo sentido do humor e a defensa da vida popular tanto a nivel culinario, reivindicando o [[bacallau]], as [[sardiña]]s e o [[lacón con grelos]] fronte ás copias da [[cociña francesa]] de moda na época, dicindo que unha das maiores experiencias da súa vida fora unha [[caldeirada]] comida nun barco de pesca. Non só aplicaba o humor á cociña senón tamén á política e a si mesmo, como el conta no seu libro ''Mi historia política'':
Escribiu numerosos libros de [[gastronomía]], incluíndo "''La cocina práctica''" en [[1905]], que tivo un grande éxito, e moitos outros libros de cociña así como numerosos artigos; foi enormemente popular no seu tempo como persoa e escritor, caracterizado polo sentido do humor e a defensa da vida popular tanto a nivel culinario, reivindicando o [[bacallau]], as [[sardiña]]s e o [[lacón con grelos]] fronte ás copias da [[cociña francesa]] de moda na época, dicindo que unha das maiores experiencias da súa vida fora unha [[caldeirada]] comida nun barco de pesca. Non só aplicaba o humor á cociña senón tamén á política e a si mesmo. Como exemplo, descríbese así na súa nenez no seu libro ''Mi historia política'':


{{cita|En 1882 era eu un señor que tiña 8 anos de idade e uns 75 quilos de peso.<ref>''Mi historia política'', Tipografía Obrera Coruñesa, 1917, citado por Xosé Cermeño en: Introdución a ''A cociña popular...''</ref>}}
{{cita|En 1882 era eu un señor que tiña 8 anos de idade e uns 75 quilos de peso.<ref>''Mi historia política'', Tipografía Obrera Coruñesa, 1917, citado por Xosé Cermeño en: Introdución a ''A cociña popular...''</ref>}}


Este peso excesivo (dise que chegou aos 275 quilos) era moi coñecido. Como conta [[Luís Antón del Olmet]], veu un circo á Coruña onde se mostraba un home alemán que dicían era o máis gordo do mundo, mais a xente que o ía ver saia decepcionada: Manolo Puga era máis gordo<ref>Anécdota incluída en ''Pote aldeano'', citado por Xosé Cermeño en: Introdución a ''A cociña popular...''</ref>
Este peso excesivo (dise que chegou aos 275 quilos) era moi coñecido. Como conta [[Luís Antón del Olmet]], veu un circo á Coruña onde se mostraba un home alemán que dicían era o máis gordo do mundo, mais a xente que o ía ver saía decepcionada: Manolo Puga era máis gordo.<ref>Anécdota incluída en ''Pote aldeano'', citado por Xosé Cermeño en: Introdución a ''A cociña popular...''</ref>


{{Start box}}
{{Start box}}

Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2020 ás 12:59

Infotaula de personaManuel María Puga Parga

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Manuel María Puga y Parga Editar o valor em Wikidata
1874 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de setembro de 1918 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde da Coruña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónPuga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , gastrónomo Editar o valor em Wikidata
Período de tempoRestauración borbónica en España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRafael Puga Ramón, Manuel María Puga Ramón (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiLuciano Puga Blanco Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 14076 Bitraga: 655 BUSC: picadillo-1874-1918

Manuel María Puga y Parga, coñecido como Picadillo, nado en Santiago de Compostela en 1874 e falecido na Coruña o 30 de setembro de 1918, foi un escritor, gastrónomo e político galego.

Traxectoria

Fillo de Luciano Puga Blanco, naceu en Santiago por estar o seu pai desprazado nesta cidade, e foi bautizado o 23 de abril de 1874 en San Fiz de Solovio, mais marchou moi novo á Coruña.

Estudou dereito en Santiago de Compostela onde presentou a súa tese de grao "Fueros Nobiliaros" en 1895 e grazas a Cánovas del Castillo, amigo do seu pai, conseguiu ser nomeado a un posto para o que non era necesario opositar na Dirección Xeral de Penais. Descontento co ambiente político e con saudades da terra volveu a Galiza onde casou con María del Carmen Ramón e foi xuíz en Arteixo. Comezou a escribir no xornal El Noroeste, co pseudónimo de Picadillo, chegando a ser tan popular que en 1913 escribiu un artigo "Quiero ser concejal" e comezou unha campaña para ser elixido concelleiro, facendo o 14 de outubro dese ano un chamamento: "Alocución a las vendedoras de la plaza de abastos":

Vós non votades pero tedes homes, fillos... a estes pedide, mandade... ata chegardes a requirir á zoca, que as coaccións na intimidade non teñen nada que ver coa lei electoral.[1]

Conseguiu ser nomeado candidato e saír electo, tomando posesión do cargo o 1 de xaneiro de 1914, e cando o alcalde Javier Ozores Pedrosa dimitiu, foi designado alcalde en outubro de 1915, aínda que por pouco tempo: co cambio de goberno foi deposto en só dous meses. Volveu a ser alcalde co ascenso ao poder do coruñés Eduardo Dato en xullo de 1917. A súa actuación durante a folga xeral do 13 de agosto de 1917 levouno a ser destituído na semana seguinte e a recibir unha homenaxe de 6.000 obreiros sindicados e un pergameo asinado polas 27 sociedades obreiras coruñesas.

Exposición no Palacio de María Pita, en 1917. De esq. a der., de pé: Tella, Abelenda, Barreiro, Sobrino, Palacios, Seijo, Sotomayor, Lloréns, Castelao, Concheiro, Francés, Madariaga (co chapeu nas mans), González del Villar e dúas persoas sen identificar. Sentados: a muller de Francés, Pardo Bazán e Picadillo.

Escribiu numerosos libros de gastronomía, incluíndo "La cocina práctica" en 1905, que tivo un grande éxito, e moitos outros libros de cociña así como numerosos artigos; foi enormemente popular no seu tempo como persoa e escritor, caracterizado polo sentido do humor e a defensa da vida popular tanto a nivel culinario, reivindicando o bacallau, as sardiñas e o lacón con grelos fronte ás copias da cociña francesa de moda na época, dicindo que unha das maiores experiencias da súa vida fora unha caldeirada comida nun barco de pesca. Non só aplicaba o humor á cociña senón tamén á política e a si mesmo. Como exemplo, descríbese así na súa nenez no seu libro Mi historia política:

En 1882 era eu un señor que tiña 8 anos de idade e uns 75 quilos de peso.[2]

Este peso excesivo (dise que chegou aos 275 quilos) era moi coñecido. Como conta Luís Antón del Olmet, veu un circo á Coruña onde se mostraba un home alemán que dicían era o máis gordo do mundo, mais a xente que o ía ver saía decepcionada: Manolo Puga era máis gordo.[3]


Predecesor:
Javier Ozores Pedrosa
 
Alcalde da Coruña
 
1915
Sucesor:
Manuel Casás Fernández
Predecesor:
Manuel Casás Fernández
 
Alcalde da Coruña
 
1917
Sucesor:
Manuel Casás Fernández

Obras

  • Treinta y seis maneras de guisar el bacalao. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1901.[4]
  • La cocina práctica, con prólogo de Emilia Pardo Bazán. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1905.[4][5]
  • Las 56 maneras de guisar el bacalao, Madrid, Imprenta R. Velasco, 1906.[4]
  • El rancho de la tropa. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1909.[4]
  • Pote aldeano. Madrid, Librería de Pueyo, 1911.[4]
  • Vigilia reservada: minutas y recetas. A Coruña, Tipografía de El Noroeste, 1912.[4][6]
  • Mi historia política. A Coruña, Tipográfica Obrera Coruñesa, 1917 (na cuberta e colofón pon 1918).[4][7]
  • A cociña popular galega e algunhas receitas para a Coresma. Prólogo de Xosé Cermeño, 1993.[8]

Notas

  1. Xosé Cermeño: Introdución a A cociña popular.... páx. 15.
  2. Mi historia política, Tipografía Obrera Coruñesa, 1917, citado por Xosé Cermeño en: Introdución a A cociña popular...
  3. Anécdota incluída en Pote aldeano, citado por Xosé Cermeño en: Introdución a A cociña popular...
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Biografía na RAH
  5. Ficha e dixitalización da 10ª ed na Biblioteca Nacional de España
  6. Ficha en Galiciana
  7. Ficha do libro en Galiciana
  8. Ficha no Catálogo das bibliotecas de Galicia

Véxase tamén

Ligazóns externas