Entroido de Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
4bot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-\bseñal +sinal)
4bot (conversa | contribucións)
m requirir
Liña 81: Liña 81:
5.2 Como se chega: A festa exténdese por todo o pobo. A Ribadeo chégase pola estrada N634, pola costa, ou dende o interior pola N640. Asemade, por ferrocarril na liña Ferrol-Xixón, e por barco (particular). Ribadeo está situada na costa do [[Mar Cantábrico]], a 43º30'N, 7º5'W.
5.2 Como se chega: A festa exténdese por todo o pobo. A Ribadeo chégase pola estrada N634, pola costa, ou dende o interior pola N640. Asemade, por ferrocarril na liña Ferrol-Xixón, e por barco (particular). Ribadeo está situada na costa do [[Mar Cantábrico]], a 43º30'N, 7º5'W.


5.3 Pode requerirse información a: no Concello de Ribadeo, Casa do Concello, Pza. España, 27700 Ribadeo (Lugo) - España. Tf. 982 128 650 e 982 128 662. Tamén direitamente á comisión do antroido da edición que corresponda.
5.3 Pode requirirse información a: no Concello de Ribadeo, Casa do Concello, Pza. España, 27700 Ribadeo (Lugo) - España. Tf. 982 128 650 e 982 128 662. Tamén direitamente á comisión do antroido da edición que corresponda.


Datos recollidos por: García Oliveros, Manuel
Datos recollidos por: García Oliveros, Manuel

Revisión como estaba o 4 de novembro de 2007 ás 17:41

certificado do record conseguido pola queima do maior boneco no antroido ribadense

Recollido (a maior parte) do libro libre "As festas populares no entorno ribadense", feito no marco do Programa Sócrates acc. 1.1., proxecto "Festpop", por persoas relacionadas co "IES Porta da Auga de Ribadeo.

É un típico entroido galego, con certas características especiais.

Datos xerais

Nome da festa

1.1 Orixinal: Entroido 1.2 Traducción: Carnaval (es) Carnival (en, fr) Antroxu (as)

Ficheiro:FANT0.JPG
Folleto das festas de 1999

Lugar

2.1 País: España 2.2 Rexión: Galiza 2.3 Localidade: Ribadeo

A ficha fai referencia a este entroido en particular, pero entroidos ou carnavales celébranse en toda a rexión.

Tempos

3.1 Data día/mes / Periodo (é festa móbil): antes de comeza-la coresma. En Ribadeo, en 1999, na segunda semana de febreiro. No 2004, entre o 19 e 28 de febreiro

3.2 Duración: unha semana de xeito aproximado, se ben o máis soado sitúase no martes da semana, o día antes do mércores de cinza.

3.3 Horario: Durante todo o día, se ben as actividades son de tarde ou noite en xeral.

Descrición

4.1 Ocasión/ motivación: aproveitar os derradeiros días antes da coresma. Na actualidade conta tanto a tradición como o ser un momento de divertimento xeral.

4.2 Orixe (festa relixiosa / pagana): pagana

4.3 Ambiente: disfraces, desfiles, xolgorio, en xeral, o que se denomina ambiente festivo.

4.4 Elementos esenciais (s se son esenciais, n se non o son):

ritos relixiosos na eirexa: non direitamente, se ben a imposición da cinza o mércores marca un fin "oficial" para o antroido.

procesións: non, pero si desfiles de disfraces.

participación directa dos presentes: si. É básica, sendo boa parte da xente actuante e espectadora ó tempo.

desfile en traxe típico: si. Non é o típico de gala rexional, pero si require o disfraz, traxe diferente no normal.

carrozas: si. Os disfraces en grupo ou individuais poden ir acompañados ou estar insertos en carrozas.

fogos artificiais: si. Concéntranse a meirande parte na chamada queima do entroido

teatro de rúa: si. Os disfraces conlevan o facer a representación de cada persoaxe. É esencial, aínda que é dun xeito libre, sen guión.

xogos tradicionais: non

¿cales?:

música e baile:

banda: non dun xeito organizado.

grupos espontáneos de músicos: si. A medio camiño entre a banda formal e os grupos espontáneos están as comparsas, cada unha cos seu sons.

cantos: si. As chirigotas de antroido varían de ano en ano.

bailes tradicionais: si. Interpretados de xeito libre polas comparsas, varían de ano en ano, non podéndoselles asingnar á categoría de modernos.

bailes modernos: non.

participación principal (h, homes; m, mulleres; n, nenos; x, xóvenes): todos. participan ás veces familias enteiras en conxunto. Outras, por separado ou elementos soltos dela.

       venda de produtos artisáns locais: non.

alimentos tradicionais: si. Se ben non existe en xeral venda, si hai alimentos tradionais, como filloas, freixós, orellas ou buñuelos.

animais: non.

feira / mercado: non. Outro: A confección de máscaras estáse a extender, complementando as actividades de preparación do antroido, como a organización das charangas (cantos, vestidos, baile...), a preparación de disfraces e carrozas, ...

Informacións xerais

5.1 Para saber máis (Bibliografía, documentos, .....): non existen libros á venda adicados ó antroido ribadense, pero pódese consultar dun xeito xeral o libro "Guía de Fiestas Populares de Galicia" (González Reboredo, X.M., Ed. Galaxia, Vigo 1997) e en particular, para dar noticia do mesmo, a prensa das datas sinaladas, como o semanario "La Comarca del Eo", onde é publicada toda a programación prevista, así como da noticia do seu desenvolvemento e tamén soe publicar o pregón. Nembargantes o anterior, existe un libro esgotado que trata do antroido en Ribadeo antes do ano 1994, e outro, "As festas populares no entorno Ribadense" (2001, adicado ás festas no entorno de Ribadeo, de onde se sacou a base deste artigo.

5.2 Como se chega: A festa exténdese por todo o pobo. A Ribadeo chégase pola estrada N634, pola costa, ou dende o interior pola N640. Asemade, por ferrocarril na liña Ferrol-Xixón, e por barco (particular). Ribadeo está situada na costa do Mar Cantábrico, a 43º30'N, 7º5'W.

5.3 Pode requirirse información a: no Concello de Ribadeo, Casa do Concello, Pza. España, 27700 Ribadeo (Lugo) - España. Tf. 982 128 650 e 982 128 662. Tamén direitamente á comisión do antroido da edición que corresponda.

Datos recollidos por: García Oliveros, Manuel Gómez Yáñez, Rebeca López Díaz, Susana López López, Javier López Pulpeiro, Ánxela López Teijeiro, Vanessa Luna Jartín, Antonio

Opinións

Aclaracións ós datos antes expostos e outras informacións.

Gómez Yáñez, Rebeca: [...] as rúas vístense de cor durante case unha semana. Nenos e maiores desfrutan o mesmo ó disfrazarse, e nas casas non poden faltar as comidas típicas como son as filloas, as orellas e todo tipo de doces. Aínda que o gran día é o martes, os días anteriores xa percorren por Ribadeo os máis diversos disfraces, e como non, as charangas, coas súas cancións ruidosas e divertidas. Pero ó chegar o martes tamén chega o desfile. Aquí si que hai traxes e vestimentas de todo tipo, todo vale para cambiar de imaxe aínda que só sexa un día. Ademais todos queren gañar o primeiro premio e a imaxinación de cada un é o que conta. Neste desfile xa se viu algunha vez a altos cargos do goberno, a persoas que case se pode dicir que levan un disfraz reciclado, outros optan por unha imaxe máis elegante e cóbrense de plumas, e así podería seguir indicando os traxes máis extravagantes. Pero sin duda, o que máis chama a atención son as charangas, ó mellor é porque os traxes que van levar é un dos segredos mellor gardados, ou pola rivalidade que hai entre elas, pois case sempre participan as mesmas cada ano. ¡Ai! cáse me esquecía doutra parte importante deste acontecemento. Falo das carrozas. Estas soen ser as máis divertidas, xa que ás veces montan cada unha ...

Esto non remata aquí, xa que é pola noite cando os rapaces e rapazas do pobo se disfrazan para saír e pasalo ben cos amigos.

Ó chegar o mércores xa non se ven tantas cores pola rúa, aínda que de xeito oficial estas festas non rematan ata a queima do antroido, que se celebra o sábado seguinte. Aquí se que xa non se ven cores, xa que non hai máis que viuvas chorando.

En Ribadeo para pechar o entroido vense facendo dende hai uns cantos anos [...] un enorme boneco. E cada ano é distinto. O que se fai co señor antroido (que así se chama) é queimalo mentres as charangas e comparsas gañadoras tocan xa as súas coñecidas composicións. Non é un final moi agraciado, pero como dixen antes, tódolos anos revive de novo.

Desfile de charangas o martes de antroido. Antroido preparado para a queima.

López Teijeiro, Vanessa: O antroido é un período de tempo festivo que abarca os tres días anteriores ó mércores de cinza, polo que non existe unha data concreta para dita festividade. [...]

O día grande en Ribadeo é o chamado "martes de antroido", no que as carrozas, charangas, parellas, grupos e máscaras saca á luz o trabalo de varios meses. [...]

Con isto remata un dos periodos máis divertidos do ano. A diversión e as bromas son o toque especial destas festas.

López Pulpeiro, Ánxela: O antroido é unha festa típica [...]; esta coincide cos carnavales.

[...] Pasado o martes de carnaval, o sábado seguinte é a queima do antroido. Este é un boneco grande. [...] Este día saen as charangas ata onde está el. Tamén se disfraza a xente: sáese disfrazados de viuvas, pois o antroido era o seu marido.

Rematada a queima do antroido, hai unha serie de fogos artificiais que a xente soe ir ver dende puntos estratéxicos. todo isto soe ocorrer cara á tardiña ou máis ben a noitiña. Para queimar o antroido, colócase baixo el uns coetes, e na cabeza outro. comézase queimando polos pés e cando chega á cabeza pódese oir unha grande explosión.

López López, Javier:

(Referido ó martes de antroido) Neste día, os principais manxares son: grelos con patacas brancas, a cachola, o butelo, o lacón, chourizos, e, de postre, rosquillas, freixolos, orellas, ...

Despois de todos estes manxares pola noite cada persoa con cadanseu disfraz sae pola rúa gastándolle bromas a coñecidos e sen coñecer ata altas horas da noite.

Outros:

En anos recentes, o antroido sufríu diversas variacións, algunhas que perviven e outras que non.

Un fito recente é a inclusión do antroido no Guinness dos records como o maior boneco.

Ficheiro:FANT1.JPG
Cabeza do boneco queimado no antroido ribadense (1988). Comparativa de tamaño da cabeza do boneco.

Fant2.-folleto sobre a entrega da certificación Guinness

Fant3.-queima do boneco

Hai que aclarar que o boneco quéimase como remate "oficial" da festa, de noite, na chamada quiema do antroido, na que tamén se acompañan fogos de artificio. Á velada asisten non só as charangas e disfraces diversos, senón sobre todo as "viúvas" que, ó remate do antroido, quedan sen o seu consorte.

Xunto co antroido, tamén se pasean os cocos (o coco e a coca), imaxes típicas de Ribadeo, e os cabezudos, alusivos a persoaxes de contos.

Como comentario do díptico anunciador, nótase que cada día ten un mote que o caracteriza, o que é común ós antroidos nesta parte do planeta.

O Pregón non está extendido a tódolos antroidos, senón que é algo particular nalgunha zona.

Polo medio realízase unha festa gastronómica que se emprega para obter cartos para a celebración, a parte das xornadas gastronómicas que poden realizar determinadas empresas, como a que se ve anunciando na derradeira páxina do díptico.

O que se anuncia no díptico son os actos organizados, que varían lixeiramente de ano en ano. Nembargantes, a esencia da festa está nos actos non organizados direitamente pola comisión, a actuación das máscaras, que aproveitan e acompañan ós anteriores.

O antroido dos nenos non é preceptivo neste tipo de celebracións, pasando por unha festa para atraer ós menores ó resto das actividades.

Fantnenos.- nenos disfrazados no antroido.

Para calibrar os premios, hai que ter conta que:

1. varían de ano en ano, segundo o orzamento da comisión.

2. 166,386 Ptas.=1 Euro

3. As carrozas implican algún tipo de axuda para desprazamento, xeralmente a base de motores. Os grupos e comparsas son asociacións de varias persoas (máis de dúas, que corresponde á parellas). As charangas son organizadas para todo o antroido, non actuando só no desfile. Por último, están os disfraces individuais, que poden ser tamén motorizados.

O concurso popular de fotografía vai cobrando cada vez máis valor, pero é algo introducido de novo fai relativamente pouco. A portada do díptico reproducido corresponde ó premio fotográfico da pasada edición.

Imaxes, pregóns e documentos

Unha mellor idea da celebración desta festa pode terse cos documentos expostos a continuación:

Pregóns Antroido Ribadeo

Fotos:

Charangas posando diante da casa do Concello

Programa 1990 (portada)

Programa 1994 (portada)

Programa 1995 (portada)

Foto de 1998 cos cocos disfrazados

Programa 1999 (portada)

Programa de 1999

Disfraces do antroido

Dous membros da comisión co traxe de faena.

Fotografías cedidas pola comisión do antroido 1999 e do autor da páxina.

Pregóns e outras publicacións cedidas polos autores de cada unha delas.