Libra (masa): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Moedagalega (conversa | contribucións)
Elimino dúas categorías, por haber outra que está contida nelas.
Liña 77: Liña 77:
[[Categoría:Unidades de masa]]
[[Categoría:Unidades de masa]]
[[Categoría:Unidades de medida históricas]]
[[Categoría:Unidades de medida históricas]]
[[Categoría:Unidades de medida]]
[[Categoría:Metroloxía]]

Revisión como estaba o 10 de xaneiro de 2020 ás 19:25

A libra[1] (lb) é unha unidade de masa usada desde a antiga Roma. A palabra (derivada do latín) significa "escala ou balanza", e aínda é o nome da principal unidade de masa usada agora nos Estados Unidos e nalgúns países de fala hispana.[2]

Existen moitas unidades chamadas libra, especialmente na antigüidade, aínda que a libra que se utiliza agora é a libra avoirdupois, polo que se se menciona a palabra "libra" referíndose á masa, enténdese que se está a falar da libra avoirdupois.[3]

Unha libra equivale a 0,45362 quilogramos e á súa vez un quilogramo é igual a 2,20462262 libras.[4]

Historia

Moito despois da caída do Imperio Romano Occidental, as diversas rexións do antigo imperio foron tomando a súa propia maneira de estimar o valor dunha libra, e xurdiron numerosas unidades de masa tamén chamadas libra. A libra latina equivalía a 273 gramos. Aínda que como unidade monetaria de conta usábase a libra grega, de 327,4 gramos.

Durante moito tempo houbo confusións ao pesar unha mercadoría en diferentes unidades denominadas libra. Para acabar co problema, Antoine Lavoisier propuxo substituír as libras e outras antigas unidades en toda Europa, polo gramo, os seus múltiplos e submúltiplos.

Co paso do tempo, todas as nacións europeas abandonaron o uso da libra para substituíla polo quilogramo, pero os Estados Unidos aínda a usan, así como algúns países latinoamericanos cuxas culturas foron en gran medida influídas pola norteamericana durante o século XX, como Porto Rico, O Salvador, Guatemala, Cuba, Ecuador e Panamá.

Libras de uso

Os estadounidenses aínda usan dous tipos de libras, aínda que xa empezan a aceptar o quilogramo:

  • Libra avoirdupois (pound avoirdupois, en inglés): é a libra de uso común. Cotiamente só se lle chama pound. Equivale a 453,59237 gramos e tamén a:
    • 7.000 grans
    • 256 dracmas avoirdupois.
    • 16 onzas avoirdupois.
    • 0,071428571428571 stones.
    • 0,04 arrobas.
  • Libra troy (pound troy, en inglés): este tipo de libra úsase unicamente en xoiaría e ourivaría. Equivale a 373,2417216 gramos e tamén a:
    • 5.760 grans.
    • 240 pennyweights.
    • 96 dracmas troy.
    • 12 onzas troy.

En Colombia e Venezuela, utilízase a palabra libra para referirse a 500 gramos.

Libras obsoletas

  • A libra farmacéutica anglosaxoa (pound apothecary, en inglés), era usada nas farmacias e farmacoloxía. Unha libra destas equivale a 373,2417216 gramos, e tamén a:
  • A libra castelá foi utilizada amplamente en España e nos seus territorios americanos. Esta libra equivalía a 16 onzas castelás (460,093 gramos).
  • A libra farmacéutica castelá foi utilizada na farmacoloxía española, diferenciándose da libra anglosaxoa. Esta libra equivalía a 12 onzas medicinais (345,06975 gramos).
  • A libra catalá (lliura) equivalía a 400 gramos. Esta libra tamén se dividía en 12 onzas.
  • Outras libras españolas tiñan valores diferentes, como 350 gramos a de Zaragoza, ou 492 gramos (ou 17 onzas) a de Guipúscoa.
  • A libra napolitana, utilizada no reino de Nápoles, equivalía a 320,759 gramos.[5]

Forma de lectura das libras como unidade de medida de masa

O máis común é que unha libra se divida en 16 onzas. A lectura realízase contando as libras totais e o menor á libra dividido en 16 unidades. Exemplo: 1 libra con 12 onzas.

A libra como padrón monetario

A primeira emisión de moeda en Roma, efectuada no século IV a. C., foi o As Libral, cuxo peso estaba baseado no da libra grega, e era de 327,4 gramos de prata. O resto de moedas emitidas ao longo da súa historia, tales como os denarios e sestercios, estaban baseadas en divisores deste padrón monetario.

No ano 800 Carlomagno adoptou a libra de 489,6 gramos divisible en 2 marcos. Utilizouse como padrón para a medida das moedas, estabelecéndose que cada libra equivalía a 20 soldos ou a 240 diñeiros.

Soamente existía o diñeiro como moeda real. Os soldos, marcos e libras eran unidades de conta.

1 libra = 20 soldos = 240 diñeiros (cuxo nome provén de denario).

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Libra.
  2. http://www.eltiempo.com/archivo/documento/MAM-897344
  3. aaron koenigsberg. "Factor de conversión de libras a kilogramos". eHow en español. 
  4. "DE LIBRAS, ONZAS Y ALGO MAS…" (PDF). Centro filatélico y numismático San Francisco. 
  5. Luigi Granata: Economia rustica per lo regno di Napoli.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas