Hoel II da Bretaña: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición Etiqueta: edición de código 2017 |
m engado a Categoría:Nados en 1030 mediante HotCat |
||
Liña 35: | Liña 35: | ||
[[Categoría:Duques da Bretaña]] |
[[Categoría:Duques da Bretaña]] |
||
[[Categoría:Personalidades sen imaxes]] |
[[Categoría:Personalidades sen imaxes]] |
||
[[Categoría:Nados en 1030]] |
Revisión como estaba o 9 de xaneiro de 2020 ás 19:32
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1030 (Gregoriano) |
Morte | 13 de abril de 1084 (53/54 anos) Quimper, Francia |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde Duque |
Familia | Q4233430 |
Cónxuxe | Havoisa da Bretaña (1066 (Gregoriano)–) |
Fillos | Alan IV da Bretaña, Mathias II de Bretagne (en) |
Pais | Alain Canhiart (pt) e Judith of Nantes (en) |
Irmáns | Benoît de Cornouaille (en) e Guérech II de Cornouaille (en) |
Hoel II da Bretaña (Hoel de Cornualles ou máis propiamente Hoel V de Cornualles ), chamado Houel Huuel en bretón, nado c. 1030[1] e finado o 13 de abril de 1084, fillo maior de Alan Canhiart, conde de Cornualles, e Xudit de Nantes filla e herdeira de Judicael, conde de Nantes, foi conde de Cornualles e Nantes, e despois duque da Bretaña de 1066 a 1084.
Traxectoria
Converteuse en conde de Cornualles á morte do seu pai en 1058, e en conde de Nantes, que xa administraba antes da morte da súa nai Xudit en 1063. Para fortalecer o control da casa de Cornualles sobre Nantes, fixo elixir (1059) e logo consagrar (1061) ao seu irmán menor Guerech de Cornualles como bispo da cidade ao seu irman pequeno Guerech II de Cornualles (o bispo Guerech II de Nantes). Á morte de Guerech o 31 de xullo de 1079, o seu segundo irmán Bieito de Cornualles, abade de Santa Cruz de Quimperlé desde 1066, sucedeuno á fronte do bispado.
Antes do 1058, Hoel casara con Havoisa de Bretaña, filla do duque Alan III da Bretaña e irmá de Conan II. Á morte deste último, Havoisa herdouno e Hoel converteuse en duque consorte da Bretaña o 11 de decembro de 1066. Só o condado de Rennes escapou da súa autoridade, ao ter sido entregado a Geoffroy Grenonat, un fillo ilexítimo de Alan III da Bretaña.
Durante o principado de Hoel, os señores bretóns que participaran na conquista de Inglaterra con Guillerme o conquistador gañaron feudos importantes na nova conquista. Foi nesta ocasión cando Alan, fillo de Eudón de Porhoët, obtivo o condado de Richmond[2].
O comezo do seu reinado foi tranquilo, pero a súa muller Havoisa morreu en 1072. Hoel tivo que afrontar, entre 1075 e 1077, un levantamento dos señores bretóns dirixidos por Geoffroy Boterel (fillo de Odon de Penthièvre), Geoffroy Grenonat (fillo de Alan III), Eudón I de Porhoët e outros señores da Alta Bretaña, mesmo do seu patrimonio de Cornualles. Hoel só liquidou a sublevación coa axuda de Guillerme o conquistador e a intervención nos combates do seu fillo maior Alan IV Fergent.
O duque Hoel residía en Quimper e en Nantes coa súa corte. Hoel faleceu o 13 de abril de 1084[1].
Matrimonio e fillos
Da súa unión antes de 1058 con Havoisa de Bretaña naceron cinco nenos:
- Alan IV Fergent, duque da Bretaña.
- Matías II da Bretaña, conde de Nantes.
- Eudon, citado nun diploma do cartulario de Redon en 1089.
- Adela II, abadesa de Saint-Georges de Rennes desde 1085 ata a súa morte o 14 de outubro de 1152.
- Havoisa, coñecida por un diploma do cartulario da Abadía de Saint-Georges de Rennes de 1085.
Notas
Véxase tamén
A Galipedia ten un portal sobre: Bretaña |
Bibliografía
- Jean-Christophe Cassard, Houel Huuel: Conde de Cornouaille puis duc de Bretagne (ca. 1030-1084), t. CXVII, Quimper, Société archéologique du Finistère, 1988 (ISSN 0249-6763), p. 95-117
- Joëlle Quaghebeur, La Cornouaille du IXe au XIIe siècle. Mémoire, pouvoirs, noblesse, Presses Universitaires de Rennes (2002) (ISBN 2868477437).
- André Chédeville & Noël-Yves Tonnerre, La Bretagne feudale XIe - XIIIe siècle . Ouest-France Université Rennes (1987) (ISBN 27-37300-14-2).
- Artur Lemoyne de La Borderie, historiador de Bretaña: Tome troisième . Reimpreso por Joseph Floch Imprimeur Éditeur à Mayenne (1975), Le duc Hoël de Cornouaille p. 24-29.
- Henri Poisson, Les Ducs de Bretagne de la maison de Cornouaille: Hoël, Alain Fergent, Conan III, Lorient, Édition Bretagne et culture, 1968