Dinastía carolinxia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m gran_grande |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
O [[Imperio Carolinxio]], como é chamado polos historiadores o vasto territorio que uniu Carlomagno baixo o seu reinado, disgregouse poucas décadas despois, trala morte do fillo de Carlomagno, [[Ludovico Pío|Luís I o Piadoso]] ou Ludovico Pío, cando os tres fillos deste (Carlos, Lotario e Luís) se repartiron o imperio mediante o [[Tratado de Verdún]] ([[843]]). O poder da dinastía entón foi diminuíndo. Na póla xermánica, a do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]], os carolinxios mantiveron o poder ata o século X. En [[Francia]], os herdeiros do fillo de Luís I o Piadoso, [[Carlos II o Calvo]], gobernaron ata [[987]], cando foron substituídos pola [[Dinastía dos Capetos]]. |

Durante anos, a Dinastía Carolinxia desenvolveu unha arte propia de |
Durante anos, a Dinastía Carolinxia desenvolveu unha arte propia de grande influencia en Europa, pois o Imperio Carolinxio foi centro da política europea durante décadas (véxase [[Arte carolinxia]]). A cultura carolinxia tamén gozou de gran prestixio, e os historiadores falan dun verdadeiro "[[renacemento carolinxio]]", baseado na difusión cultural e no ensino nas escolas da época. O [[estilo arquitectónico]] da época, que era unha forma da [[arte prerrománica]], tamén se denomina "estilo carolinxio". |
||
Os sucesores de Carlomagno non souberon combinar os elementos políticos, e a costume xermánica de dividiren o territorio entre todos os fillos do soberano, acabaron por desmembrar a obra de Carlomagno. Cando a liña oriental acaba coa morte en [[911]] de [[Luís IV de Alemaña|Luís o neno]] toman o trono os [[otóns]]. En Franconia Occidental manteñen o poder os carolinxios ata o [[987]], cando son desprazados pola [[dinastía dos Capetos]]. |

Revisión como estaba o 4 de novembro de 2007 ás 12:35
Coñécese como Dinastía Carolinxia ou Carolinxios (chamados así por Carlos Martel) á liñaxe de reis francos que gobernaron Europa Occidental entre os séculos VIII e X.
Arnulfo de Metz da familia dos arnulfinos e Pipino o Vello da dos pipínidas uníronse e formaron unha verdadeira dinastía a través dos matrimonios dos seus fillos. Os carolinxios xa ostentaban o poder desde 639 aínda que non como reis (que durante máis dun século seguirían sendo os merovinxios), senón como mordomo de palacio.
O mordomo de palacio Pipino o Breve (descendente de Carlos Martel e de Pipino o Vello), que tras destronar ao merovinxio Khilderico III, rei dos francos e con apoio do Papa fixo oficial o seu poder de facto. Pipino foi sucedido no trono franco por Carlos (Carlomagno) e Carlomán. O primeiro, anos máis tarde, expandiría o seu poder por toda Europa Occidental e sería coroado no Nadal do ano 800 en Roma emperador de Occidente.
O Imperio Carolinxio, como é chamado polos historiadores o vasto territorio que uniu Carlomagno baixo o seu reinado, disgregouse poucas décadas despois, trala morte do fillo de Carlomagno, Luís I o Piadoso ou Ludovico Pío, cando os tres fillos deste (Carlos, Lotario e Luís) se repartiron o imperio mediante o Tratado de Verdún (843). O poder da dinastía entón foi diminuíndo. Na póla xermánica, a do Sacro Imperio Romano Xermánico, os carolinxios mantiveron o poder ata o século X. En Francia, os herdeiros do fillo de Luís I o Piadoso, Carlos II o Calvo, gobernaron ata 987, cando foron substituídos pola Dinastía dos Capetos.
Durante anos, a Dinastía Carolinxia desenvolveu unha arte propia de grande influencia en Europa, pois o Imperio Carolinxio foi centro da política europea durante décadas (véxase Arte carolinxia). A cultura carolinxia tamén gozou de gran prestixio, e os historiadores falan dun verdadeiro "renacemento carolinxio", baseado na difusión cultural e no ensino nas escolas da época. O estilo arquitectónico da época, que era unha forma da arte prerrománica, tamén se denomina "estilo carolinxio".
Os sucesores de Carlomagno non souberon combinar os elementos políticos, e a costume xermánica de dividiren o territorio entre todos os fillos do soberano, acabaron por desmembrar a obra de Carlomagno. Cando a liña oriental acaba coa morte en 911 de Luís o neno toman o trono os otóns. En Franconia Occidental manteñen o poder os carolinxios ata o 987, cando son desprazados pola dinastía dos Capetos.
Gobernantes
Mordomos de Palacio carolinxios
- Pipino o Vello (624-640).
- Grimoaldo o Vello (643-662).
- Pipino de Herstal (687-714).
- Carlos Martel (714-741).
- Carlomán (741-771).
- Pipino o Breve (741-751).
Reis carolinxios
- Pipino o Breve (751-768).
- Carlomán I (768-771).
- Carlomagno (768-800).
- Carlos o Mozo (800-811).
Emperadores carolinxios
- Carlomagno (800-814).
- Ludovico Pío (813/814-840).
- Lotario I (840-855).
- Luís II de Italia (855-875).
- Carlos o Calvo (875-877).
- Carlos III o Gordo (881-888).
- Arnulfo de Carintia (896).
- Luís III o Cego (901-905).
Reis de Francia Orientalis
- Luís o Xermánico (843-876).
- Luís III o Mozo (876-880/882).
- Carlos III o Gordo (876-887).
- Arnulfo de Carintia (887-899).
- Luís o Neno (899-911).
Reis de Italia
- Carlomagno (774-814).
- Bernardo (813-818).
- Lotario I (818-855).
- Luís II (844-875).
- Carlos o Calvo (875-877).
- Carlomán (877-879).
- Carlos III o Gordo (879-887).
Reis de Lotarinxia
- Lotario I (843-855).
- Lotario II (855-869).
- Zuentiboldo (895-900).
Reis de Francia Occidentalis
- Carlos II o Calvo (843-877).
- Luís II o Tartamudo (877-879).
- Carlos III o Gordo (885-887).
- Carlos III o Simple (898-923).
- Luís IV de Ultramar (936-954).
- Lotario de Francia (954-986).
- Luís V o Indolente (986-987).
Reis de Aquitania
- Ludovico Pío (781-814).
- Pipino I de Aquitania (817-838).
- Pipino II de Aquitania (838-848).
- Carlos o Neno (848-866).
Reis de Borgoña
- Luís III o Cego (887-905).
- Hugo I. (905-947).
- Lotario II de Italia (947-950).
- Carlos de Borgoña (950-963).
Outros soberanos
- Tasilón III, Duque de Baviera (748-788).
- Carlos de Provenza, Rei da Provenza.
- Carlomán de Baviera, Rei de Baviera (876-880).