Diferenzas entre revisións de «Teodorico o Grande»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
mSem resumo de edição
Sem resumo de edição
Teodorico considerábase herdeiro do mundo romano e por iso respectou as institucións imperiais rodeándose de conselleiros latinos, como [[Anicio Boecio|Boecio]] e [[Casiodoro]]. Desexaba crear un imperio xermánico de Occidente, herdeiro do romano, que englobase a [[francos]], [[vándalos]], [[visigodos]] e [[ostrogodos]]. Con este obxectivo, realizou unha hábil política de alianzas matrimoniais entre a súa familia e os reis dos outros pobos xermánicos, que, aínda que non chegaría a materializar o seu soño, converteuno no principal soberano occidental da súa época.
 
En [[511]] interveu de forma decisiva na resolución da crise da monarquía visigoda, aberta a raíz da morte de [[Alarico II]] na [[batalla de Vouillé]] ([[507]]), derrotado polos francos. Depuxo ao usurpador [[Xesaleico]] e coroou ao seu neto [[Amalarico]], fillo de [[Alarico II|Alarico]] e da súa filla [[Teodogoda]]. Asumiu o goberno do reino visigodo como titor do seu neto, a quen colocou baixo a protección de [[Teudis]], un dos seus xenerais. A rexencia mantívose ata a morte do monarca ostrogodo ([[526]]), cando Amalarico puido gobernar libremente ao seu pobo.
 
Favoreceu o desenvolvemento da agricultura e do comercio. Fixo de Rávena, a súa capital, un destacado centro artístico e cultural fomentando o cultivo das artes e as letras.
 
Permitiu a coexistencia do [[catolicismo]] e do [[arianismo]] durante a maior parte do seu reinado, pero esta tolerancia finalizou nos últimos anos da súa vida, debido aos enfrontamentos co [[Papa|Papado]] e co [[Imperio Bizantino]], que o levaron a encerrar e decapitar ao seu conselleiro Boecio ([[524]]) e a encarcerar ao papa [[Xoán I, papa|Xoán I]].
 
Deixou como sucesor ao seu neto, fillo da súa filla [[Amalasunta]], falecendo o [[30 de agosto]] do [[526]]. O estalido dunha guerra civil permitiu ao emperador [[Xustiniano I|Xustiniano]] converter Italia nunha nova [[Thema|provincia bizantina]] e dispersar aos ostrogodos, que desapareceron como pobo ([[555]]).
31.329

edicións

Menú de navegación