O final da escapada: Diferenzas entre revisións
m movo cat (via JWB) |
m Moving from Category:Cine en lingua francesa to Category:Filmes en lingua francesa using Cat-a-lot |
||
Liña 73: | Liña 73: | ||
[[Categoría:Filmes de 1985]] |
[[Categoría:Filmes de 1985]] |
||
[[Categoría:Filmes de Francia]] |
[[Categoría:Filmes de Francia]] |
||
[[Categoría: |
[[Categoría:Filmes en lingua francesa]] |
||
[[Categoría:Filmes sobre crime]] |
[[Categoría:Filmes sobre crime]] |
||
[[Categoría:Filmes baseados en obras de escritores de Inglaterra]] |
[[Categoría:Filmes baseados en obras de escritores de Inglaterra]] |
Revisión como estaba o 28 de decembro de 2019 ás 13:39
O final da escapada | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | À bout de souffle |
Director | Jean-Luc Godard |
Produtor | Georges de Beauregard |
Guión | Jean-Luc Godard |
Baseado en | idea orixinal de François Truffaut Claude Chabrol (sen acreditar) |
Intérpretes | Jean-Paul Belmondo Jean Seberg |
Música | Martial Solal |
Fotografía | Raoul Coutard |
Montaxe | Cécile Decugis |
Distribuidora | UGC |
Estrea | 16 de marzo de 1960 |
Duración | 87 minutos |
Orixe | Francia |
Orzamento | 400 000 FRF |
Recadación | 67 464 $ 2 082 760 entradas (Francia)[1] |
Na rede | |
O final da escapada (en francés: À bout de souffl) é un filme francés de 1960 dirixido por Jean-Luc Godard e protagonizado por Jean-Paul Belmondo, Jean Seberg, Daniel Boulanger e Jean-Pierre Melville e con fotografía en branco e negro de Raoul Coutard.
Foi a primeira longametraxe de Godard e o descubrimento de Belmondo como actor. O final da escapada foi unha das primeiras e máis influentes obras da nouvelle vague.[2] Xunto con Les Quatre Cents Coups, de François Truffaut e Hiroshima, mon amour, de Alain Resnais, estreadas o ano anterior, impulsou a valoración internacional do novo estilo. No seu momento atraeu moita atención polo seu estilo visual audaz, que incluía saltos na montaxe non convencionais.
Foi emitido na TVG o 26 de agosto de 1991.[3]
Argumento
Michel (Jean-Paul Belmondo) é un delincuente que, tras roubar un coche en Marsella, emprende vixa cara a París para cobrar un diñeiro que se lle debe e volver ver a súa amiga estadounidense, Patricia (Jean Seberg). No camiño, perseguido pola policía de tráfico, mata un axente. Chega a París, mais non ten cartos, polo que recorre a varios amigos.
Pasa o tempo con Patricia, intentando convencela de que volva deitarse con el e que o acompañe a Roma. Os dous van dun lugar ao outro, mentres Michel trata de recuperar o seu diñeiro e ocultarse da policía.
Elenco
- Jean-Paul Belmondo como Michel Poiccard
- Jean Seberg como Patricia Franchini
- Daniel Boulanger como o inspector de policía Vital
- Henri-Jacques Huet como Antonio Berruti
- Roger Hanin como Carl Zumbach
- Van Doude como Van Doude
- Liliane David como Lilane
- Michel Fabre como o outro Inspector
- Jean-Pierre Melville como Parvulesco
- Claude Mansard como o vendedor de coches usados
- Jean-Luc Godard como un delator
- Richard Balducci como Tolmachoff
- Philippe de Broca como extra
- Jean Domarchi como extra
- Jean Douchet como extra
- Jean Herman como extra
- Andre S. Labarthe como extra[4]
- Jacques Rivette como o corpo do home golpeado no coche
Produción
O final da escapada non tivo guión. A historia está baseada vagamente nun artigo que François Truffaut leu en The News in Brief. A personaxe de Michel Poiccard está inspirado no real Michel Portail e na súa moza estadounidense, a xornalista Beverly Lynette. En novembro de 1952 Portail roubou un coche para visitar a súa nai enferma en Le Havre e acabou matando un policía chamado Grimberg.[5] Truffaut traballou no tratamento da historia con Claude Chabrol, pero acabaron desbotando a idea cando non puideron acordar a estrutura da historia. Godard lera ese tratamento, gustáralle e quería realizar o filme. Escribiu unha vaga guía de filmación que abandonou axiña para confiar na improvisación.[6]
Premios
- Oso de Prata no Festival Internacional de Cinema de Berlín (1960)
- Premio Jean Vigo (1960)
- Premio da Crítica Alemá á mellor fotografía (1960)
Notas
- ↑ Box office Story
- ↑ Film: Video and DVD Guide 2007. Londres: Halliwell's. 2007. p. 1. ISBN 978-0-00-723470-7.
- ↑ La Voz de Galicia, 26 de agosto de 1991. Páx. 71
- ↑ The Criterion Collection. Breathless DVD. Additional book. 2007. páx. 6.
- ↑ Ventura, Claude; Villetard, Xavier (2016). Modelo:Ill (DVD) (en francés). The Criterion Collection. OCLC 960384313. 1993 French television documentary (78 minutes).
- ↑ Nota de José de la Colina, tradutor de "Sin Aliento", 1974, Ediciones Era, S.A.