Lista de monarcas de Asturias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Ogaiago (conversa | contribucións)
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil Edición móbil avanzada
Liña 1: Liña 1:
Esta lista enumera os reis que dende o [[século XIX]] son designados, principalmente pola historiografía española, como '''reis de Asturias'''. Se ben existe certo consenso entre os especialistas nos nomes e nas datas, o carácter e a extensión do seu goberno, así como a propia existencia dos primeiros, aínda hoxe é obxecto de disputa.
Esta lista enumera os reis que dende o [[século XIX]] son designados, principalmente pola historiografía española, como '''reis de Asturias'''. Se ben existe certo consenso entre os especialistas nos nomes e nas datas, o carácter e a extensión do seu goberno, así como a propia existencia dos primeiros, aínda hoxe é obxecto de disputa.


=== Moderna Designación ===
=== Designación moderna ===
É importante subliñar que ata o goberno de [[Afonso II de Oviedo|Afonso II]] ningún dos anteriores gobernantes se titula como ''rex'', senón como ''princeps.'' Así mesmo, ningún deles se titulou "rei de Asturias" -denominación que, coma a do reino, nace no [[romanticismo]] [[século XIX|decimonónico]]-, senón como reis "en Oviedo" ou "de Galicia" entre outras, agás Paio, a quen a [[Crónica Albeldense]] cita como "rei dos astures".
É importante subliñar que ata o goberno de [[Afonso II de Oviedo|Afonso II]] ningún dos anteriores gobernantes se titula como ''rex'', senón como ''princeps.'' Así mesmo, ningún deles se titulou "rei de Asturias" -denominación que, coma a do reino, nace no [[romanticismo]] [[século XIX|decimonónico]]-, senón como reis "en Oviedo" ou "de Galicia" entre outras, agás Paio, a quen a [[Crónica Albeldense]] cita como "rei dos astures".



Revisión como estaba o 26 de decembro de 2019 ás 22:08

Esta lista enumera os reis que dende o século XIX son designados, principalmente pola historiografía española, como reis de Asturias. Se ben existe certo consenso entre os especialistas nos nomes e nas datas, o carácter e a extensión do seu goberno, así como a propia existencia dos primeiros, aínda hoxe é obxecto de disputa.

Designación moderna

É importante subliñar que ata o goberno de Afonso II ningún dos anteriores gobernantes se titula como rex, senón como princeps. Así mesmo, ningún deles se titulou "rei de Asturias" -denominación que, coma a do reino, nace no romanticismo decimonónico-, senón como reis "en Oviedo" ou "de Galicia" entre outras, agás Paio, a quen a Crónica Albeldense cita como "rei dos astures".

Por iso, gran parte da historiografía galega actual considéraos como señores territoriais ata Afonso II e como reis da Galicia alto-medieval os sucesivos.

Listaxe

  1. Paio (718-737), lendariamente [1] considerado descendente dos reis visigodos.
  2. Fávila (737-739)
  3. Afonso I, o Católico (739-757), herda o goberno por vía matrilineal.
  4. Froila I (757-768)
  5. Aurelio (768-774)
  6. Silo (774-783)
  7. Mauregato, o Usurpador (783-789)
  8. Vermudo I o Diácono, (789-791)
  9. Afonso II, o Casto (791-842)
  10. Ramiro I (842-850)
  11. Ordoño I (850-866)
  12. Afonso III, o Grande ou Afonso Magno (866-910), transfire a capital de Oviedo para León, polo que é considerado o primeiro monarca leonés (Afonso III de León)
  13. Froila II (910-925), tamén rei de León (924-925)

O destronamento de Afonso III polo seu fillo máis vello, García e o establecemento definitivo da capital na cidade de León, foi visto pola maior parte historiografía española como o remate do Reino de Asturias e o comezo do Reino de León, asignándolle ao reino a denominación de "astur-leonés" e aos seus reis como "astur-leoneses".

Pola contra, gran parte dos historiadores galegos actuais consideran que non existe a desaparición dun reino (Asturias) nin o comezo doutro (León), pois existe unha continuación dinástica da mesma liñaxe real, así como un mesmo marco xeográfico, constatándose a translación da sede desde Oviedo até a cidade de León como se viña pretendendo desde finais do século IX. Oviedo e León continuaron a ser cidades de Galicia coma en séculos anteriores, tal e como amosa toda a documentación e cartografía da época, nas que a denominación "León" non existe[Cómpre referencia].

A lista prosegue coa Lista de reis de León.

Mais tarde, pasou a ser atribuído ao herdeiro do trono de España o título de príncipe de Asturias.

Notas

  1. Así, Pelayo fue, según el pasaje cronístico que elijamos, «filium quondam Faffilani ducis ex semine regio»14, o bien «filius Ueremudi nepus Ruderici regis Toletani»15. Alfonso I, hijo del duque de Cantabria, Pedro, descendía «ex semine Leuuegilde et Reccaredi»16 Raquel ALONSO ÁLVAREZ: Los enterramientos de los reyes de León y Castilla hasta Sancho IV Continuidad dinástica y memoria regia [1]

Véxase tamén

Outros artigos

Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días
Portugal España
Coroa de Castela Navarra Coroa de Aragón
Galicia Asturias León Castela Aragón Barcelona Valencia Mallorca