Xuízo ás Xuntas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 41: Liña 41:
Ante a evidencia de demora inxustificada da xustiza militar para axuizar ás xuntas militares, o [[4 de outubro]] de [[1984]] a Cámara Federal (tribunal civil) tomou a decisión de desprazar ao tribunal militar que estaba axuizando ás xuntas para facerse cargo directamente da causa.
Ante a evidencia de demora inxustificada da xustiza militar para axuizar ás xuntas militares, o [[4 de outubro]] de [[1984]] a Cámara Federal (tribunal civil) tomou a decisión de desprazar ao tribunal militar que estaba axuizando ás xuntas para facerse cargo directamente da causa.


Nese momento o Consello Supremo das Forzas Armadas só tomara declaración indagatoria e dictado prisión preventiva ao almirante Emilio Massera.
Nese momento o Consello Supremo das Forzas Armadas só tomara declaración indagatoria e dictado prisión preventiva ao almirante [[Emilio Massera]].

Revisión como estaba o 4 de novembro de 2007 ás 00:54

Ficheiro:Inicio del Juicio a las Juntas Militares - 22ABR85 - presidencia-govar.jpg
22 de abril de 1985: comeza o Xuízo ás Xuntas Militares

Se coñece como Xuízo ás Xuntas o proceso xudicial realizado pola xustiza civil na Arxentina en 1985, por orde do presidente Raúl Alfonsín (1983-1989) contra as tres primeiras xuntas militares da ditadura chamada Proceso de Reorganización Nacional (1976-1983) por mor das graves e masivas violacións de dereitos humanos cometidas nese período.

A sentenza condenou a algúns integrantes das tres primeiras xuntas militares a severas penas por delitos de lesa humanidade, incluíndo a prisión perpetua aos principais responsábeis. Estos foron indultados en 1990 polo presidente Carlos Menem. A partires de 2006 a xustiza comezou a declarar inconstitucionais os indultos decretados.

A decisión de axuizar ás xuntas militares

O 15 de decembro de 1983, cinco días despois de asumir como presidente, Raúl Alfonsín sancionou os decretos 157 e 158. Polo primeiro se ordenaba axuizar aos dirixentes das organizacións guerrilleiras ERP e Montoneros; polo segundo ordenábase procesar ás tres xuntas militares que dirixiron o país desde o golpe militar do 24 de marzo de 1976 ata a Guerra das Malvinas.

O mesmo día creouse unha Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas CONADEP, integrada por personalidades independentes para relevar, documentar e rexistrar casos e probas de violacións de dereitos humanos, e fundar así o xuízo ás xuntas militares.

A CONADEP

Artigo principal: CONADEP.
Artigo principal: Informe Nunca Más.

Co fin de dar un forte apoio á investigación sobre violacións de dereitos humanos durante a ditadura, o presidente Alfonsín creou unha comisión de cidadáns notábeis, que chamou Comisión Nacional sobre a Desaparición de Persoas (CONADEP).

A CONADEP estivo integrada por dez membros elexidos polo presidente, tres membros elexidos pola Cámara de Deputados, e cinco secretarios. Entre eles atopábanse o escritor Ernesto Sábato, o médico René Favaloro, o científico Gregorio Klimovsky, o rabino Marshall T. Meyer, o pastor evanxélico Carlos Gattinoni, o sacerdote católico Jaime de Nevares, a xornalista Magdalena Ruiz Guiñazú e a activista de dereitos humanos Graciela Fernández Meijide.

Os membros da CONADEP recorreron a Arxentina, España, Francia, México e outros países entrevistando a eventuais testemuñas de violacións de dereitos humanos. Tivo a virtude de promover a confianza para que eses testemuños saliran á luz.

O resultado foi un cuadro aterrador que superou as peores evaluacións previas. Fundamentalmente quedou en evidencia que as violacións masivas de dereitos humanos foron executadas sistemáticamente obedecendo a un plan decidido nos niveis máis altos do goberno militar.

A comisión traballou nove meses e elaborou un informe de 50.000 páxinas que está considerado como un monumento xurídico e un dos documentos máis importantes da historia dos dereitos humanos.

A CONADEP documentou acabadamente ao redor de 9.000 casos concretos de violacións de dereitos humanos. Pola súa seriedade e neutralidade, o Informe Nunca Más non só constituiu unha proba fundamental no Xuízo contra as Xuntas, se non que produxo un impacto cultural de enorme magnitude na sociedade arxentina.

O 20 de setembro de 1984 a CONADEP produciu o seu famoso informe titulado Nunca Más e os seus membros concurriron a entregalo ao presidente Alfonsín á Casa Rosada acompañada dunha multitude de 70.000 persoas [1].

Poxa entre a xustiza militar e a xustiza civil

Logo da sanción do Decreto 158/83, as xuntas militares comezaron a ser axuizadas polo Consello Supremo das Forzas Armadas o 28 de decembro de 1983, debido a que nese momento as leis vixentes establecían que os militares só podían ser axuizados por tribunais militares, sen importar o delito cometido.

As demoras e a falta de vontade nas Forzas Armadas para axuizar realmente aos xefes militares fíxose evidente desde un comezo. O 13 de febreiro de 1984 o Congreso sancionou a Lei 23.049 de reforma do Código de Xustiza Militar establecendo que a xustiza militar só atendería delitos de tipo militar (abandono de garda, deserción, insubordinación, etc.). Calquera outro delito cometido por un militar debía ser atendido pola xustiza civil. Ademais, estableceuse que as sentenzas dos tribunais militares podían ser apeladas ante a Cámara Federal (tribunal civil) e que se o xuízo se demoraba inxustificadamente, a Cámara Federal podía facerse cargo directamente da causa.

O 11 de xullo de 1984 a Cámara Federal indicoulle ao Consello Suprema das Forzas Armadas que investigase se houbo un método na violación de dereitos humanos e se iso puido ser responsabilidade dos membros das xuntas militares e que lle informase en 30 días. Ante a inmobilidade do tribunal militar, o 22 de agosto a Cámara Federal concedeulle unha ampliación do prazo por 30 días máis.

O 25 de setembro o Consello Supremo das Forzas Armadas comunicou unha resolución na que sostiña:

Se hace constar que, según resulta de los estudios realizados hasta el presente, los decretos, directivas, órdenes de operaciones, etcétera, que concretaron el accionar militar contra la subversión terrorista son, en cuanto a contenido y forma, inobjetables".[2]

Ante a evidencia de demora inxustificada da xustiza militar para axuizar ás xuntas militares, o 4 de outubro de 1984 a Cámara Federal (tribunal civil) tomou a decisión de desprazar ao tribunal militar que estaba axuizando ás xuntas para facerse cargo directamente da causa.

Nese momento o Consello Supremo das Forzas Armadas só tomara declaración indagatoria e dictado prisión preventiva ao almirante Emilio Massera.

  1. Raúl Alfonsín (1983-1989), Todo Argentina
  2. Ciangaglini, Sergio et al (1995), Nada más que la verdad: el juicio a las juntas, Bos Aires, Planeta