Eugène Delacroix: Diferenzas entre revisións
→Familia: texto traducido desde a wiki .fr:Eugène_Delacroix#Études_et_formation |
→Véxase tamén: notas |
||
Liña 43: | Liña 43: | ||
En [[1827]] expón ''[[A morte de Sardanápalo]]'', un cadro no que fai gala dunha das súas máis espléndidas combinacións de cor, e cun trazado cheo de vigor, tras un esbozo ao temple fixo unha serie de estudos parciais ao [[pastel]] e, despois, ao natural. O cadro foi vendido en [[1847]] a M. Wilson, que o instala no seu castelo de Brie, o que provocou unha grave deterioración do cadro, e unha difícil restauración. |
En [[1827]] expón ''[[A morte de Sardanápalo]]'', un cadro no que fai gala dunha das súas máis espléndidas combinacións de cor, e cun trazado cheo de vigor, tras un esbozo ao temple fixo unha serie de estudos parciais ao [[pastel]] e, despois, ao natural. O cadro foi vendido en [[1847]] a M. Wilson, que o instala no seu castelo de Brie, o que provocou unha grave deterioración do cadro, e unha difícil restauración. |
||
==Notas== |
|||
{{Listaref}} |
|||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
{{Commonscat}} |
{{Commonscat}} |
Revisión como estaba o 17 de decembro de 2019 ás 14:28
Eugène Delacroix | |
---|---|
Autorretrato | |
Nome | Ferdinand Victor Eugène Delacroix |
Nacemento | 26 de abril de 1798 |
Saint-Maurice | |
Falecemento | 13 de agosto de 1863 |
París | |
Nacionalidade | Francia |
Eido | pintura |
Adestramento | Théodore Géricault Pierre-Narcisse Guérin |
Movemento | Romanticismo |
Traballos | A Liberdade guiando o pobo |
Influenciado por | Rubens, Velázquez, Rembrandt, Paolo Veronese |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ferdinand Victor Eugène Delacroix, nado o 26 de abril 1798 e morto o 13 de agosto de 1863, foi un pintor francés, o máis importante dos pintores románticos.
Traxectoria
Familia
Eugène foi o cuarto e último fillo do matrimonio formado polo político Charles-François Delacroix (1741-1805), ministro de exteriores do Directorio, e de Victoire Oeben (1758-1814), que pertencía a unha familia de ebanistas, artesáns e debuxantes.
Ao morrer o seu pai, en 1805, sendo nese momento prefecto de Xironda, Eugène trasládase coa súa familia a París.[1], a un apartamento da súa irmá maior Henriette e de Raymond de Verninac.[2] Ao ano seguinte inscríbese no Liceo Imperial (actual Liceo Louis-le-Grand) onde recibe unha boa educación. As súas lecturas son clásicas: Horacio, Virxilio, pero tamén Racine, Corneille e Voltaire. Aprende grego e latín. Os numerosos debuxos e bosquexos escritos nos seus cadernos xa dan fe dos seus dons artísticos. Coñeceu aos seus primeiros confidentes no Lycée Impérial: Jean-Baptiste Pierret (1795-1854), Louis (1790-1865) e Félix (1796-1842) Guillemardet e Achille Piron (1798-1865).[3] Compartiron a súa vida bohemia e permaneceron fieis a el ata o final da súa vida.
Estudos e formación
Aos 18 anos ingresou na escola superior de belas artes, no estudo de P. Guérin, onde Théodore Géricault e Gros foron os seus mestres. Visita frecuentemente o Louvre, estudando e copiando aos grandes pintores que admira: Rubens, Velázquez, Rembrandt, Paolo Veronese, e debátese entre a tradición e o clasicismo e o desexo de achar, tralas aparencias, a realidade. O pintor paisaxista Bonington ensinoulle a pintar a natureza. Raymond Soulier iniciouno na acuarela.
O artista frecuenta os salóns literarios onde coñece a Stendhal, Mérimée, Victor Hugo, Alexandre Dumas, Baudelaire. Melómano apaixonado, relaciónase con Paganini, e Frédéric Chopin, e outros, dos que fai os seus retratos. Delacroix prefire a amizade de músicos, escritores e poetas á dos pintores da súa época.
En 1822, Delacroix expón, por primeira vez, Dante e Virxilio nos infernos, unha obra chea de forza, dunha composición ambiciosa e cores moi traballadas: a luz deslízase sobre as musculaturas inchadas, un incendio consome unha cidade (en segundo plano), as capas ondean ao vento. A fantasía, o macabro e o erotismo mistúranse. Dous anos máis tarde pinta As matanzas de Quíos, unha obra enérxica e cun colorido moito máis vivo. Ambos cadros concretizan a súa ambivalencia interior que se debate entre o romanticismo e o clasicismo, entre deseño e cor, polémica interna que o acompañará durante toda a súa vida.
En 1827 expón A morte de Sardanápalo, un cadro no que fai gala dunha das súas máis espléndidas combinacións de cor, e cun trazado cheo de vigor, tras un esbozo ao temple fixo unha serie de estudos parciais ao pastel e, despois, ao natural. O cadro foi vendido en 1847 a M. Wilson, que o instala no seu castelo de Brie, o que provocou unha grave deterioración do cadro, e unha difícil restauración.
Notas
- ↑ Sérullaz 1989, p. 50
- ↑ Sérullaz 2007, p. 5.
- ↑ Sérullaz 1989, p. 50 ; Sérullaz & Doutriaux 1998, p. 17.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eugène Delacroix |