Fernando Alonso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 9 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
→‎Ligazóns externas: corrixida a ligazón morta
Liña 1.369: Liña 1.369:
* [https://web.archive.org/web/20100304024106/http://www.fernandoalonso.com/ Páxina oficial de Fernando Alonso]
* [https://web.archive.org/web/20100304024106/http://www.fernandoalonso.com/ Páxina oficial de Fernando Alonso]
* [http://www.formula1.com/teams_and_drivers/drivers/30/ Profile] – from [http://www.formula1.com Formula 1 official website]
* [http://www.formula1.com/teams_and_drivers/drivers/30/ Profile] – from [http://www.formula1.com Formula 1 official website]
* [https://web.archive.org/web/20121125125908/http://www.ferrari.com/English/Formula1/Scuderia/Drivers/Alonso/Pages/Alonso.aspx Profile] – from [http://www.ferrari.com/English/Formula1 Scuderia Ferrari official website]{{Ligazón morta|data=maio de 2019 }}
* [https://web.archive.org/web/20121125125908/http://www.ferrari.com/English/Formula1/Scuderia/Drivers/Alonso/Pages/Alonso.aspx Profile] – from [https://formula1.ferrari.com/en/ Scuderia Ferrari official website]
* [http://www.fasterinside.com FAster Inside with Fernando Alonso]
* [http://www.fasterinside.com FAster Inside with Fernando Alonso]
* [https://web.archive.org/web/20050901191518/http://www.f1db.com/f1/page/Fernando_Alonso Career statistics]
* [https://web.archive.org/web/20050901191518/http://www.f1db.com/f1/page/Fernando_Alonso Career statistics]

Revisión como estaba o 17 de decembro de 2019 ás 08:57

Fernando Alonso (42 anos)

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade España España
Anos en activo 17 (2001, 2003-2018)
Escudería(s) Minardi, Renault, McLaren, Ferrari
Grandes Premios disputados 314 (312 saídas)
Campionatos 2 (2005, 2006)
Vitorias 32
Podios 97
Pole positions 22
Voltas rápidas 23
Primeiro GP Gran Premio de Australia de 2001
Primeira vitoria Gran Premio de Hungría de 2003
Derradeira vitoria Gran Premio de España de 2013
Derradeiro GP Gran Premio de Abu Zabi de 2018

Fernando Alonso Díaz (Es-Fernando Alonso Díaz.ogg pronunciación ), nado en Oviedo o 29 de xullo de 1981, é un piloto asturiano de automobilismo.

Foi Campión do Mundo de Fórmula 1 nas tempadas 2005 e 2006, interrompendo a serie de cinco títulos consecutivos acadada polo alemán Michael Schumacher e converténdose no gañador máis novo do título mundial, batendo a histórica marca do brasileiro Emerson Fittipaldi. É frecuentemente considerado como un dos mellores pilotos de Fórmula 1 na historia do deporte.[1][2][3][4][5][6][7][8] Disputou 17 tempadas de Fórmula Un.

Fóra da Fórmula Un, Alonso prclamouse campión do Campionato Mundial de Resistencia 2018-2019 con Toyota Gazoo Racing. Gañou as 24 Horas de Le Mans de 2018 no seu primeiro intento cos co-pilotos Kazuki Nakajima e Sébastien Buemi[9] e repetiu vitoria o ano seguinte.[10] Participou nas 500 Millas de Indianápolis de 2017[11] e gañou as 24 Horas de Daytona de 2019, despois do seu debut en 2018.[12]

Vida persoal

Naceu o 29 de xullo de 1981 en Oviedo. É fillo de José Luis Alonso e Ana Díaz, e irmán de Lorena, cinco anos maior ca el e que exerce como médica de profesión. Alonso estivo casado con Raquel del Rosario, solista do grupo musical español El Sueño de Morfeo. Casáronse o 17 de novembro de 2006 e anunciaron o seu divorcio o 20 de decembro de 2011.

Desde os catro anos ata os catorce cursou primaria e EXB nun colexio en Oviedo chamado "Santo Ángel de la Guarda". Logo, estudou no instituto "Leopoldo Alas Clarín de San Lázaro" onde permaneceu até o 2000, ano no que abandonou os estudios porque non ser capaz de compartilos cos compromisos deportivos.[13]

Alonso casou con Raquel del Rosario, vocalista da banda de pop español El Sueño de Morfeo,[14] o 17 de novembro de 2006.[15] A parella anunciou a súa intención de divorciarse en decembro de 2011.[16]

Vivían en Oxford, Inglaterra, ata que trasladaron a súa residencia a Suíza en 2006. Alonso era dono dunha casa en Mont-sur-Rolle, preto do Lago de Xenebra 2006-2010, pero en febreiro de 2010 trasladouse a unha casa en Lugano co fin de estar máis preto da base de Ferrari. É moi común que as estrelas da Fórmula Un se establezan en Suíza para reducir os seus impostos. No inverno de 2010-11, Alonso trasladouse a Oviedo co fin de estar máis preto dos amigos e a familia, o que lle custou unha cifra estimada de 50 millóns de £ en impostos.[17]

Alonso é seareiro dos equipos de fútbol Real Madrid e Real Oviedo.[18]

Ademais do español, fala inglés, italiano e francés.[19]

Alonso ten unha tatuaxe dun antigo samurai nas súas costas. El revelou que a tatuaxe mostra a forza nos seus músculos, a intelixencia e a forza de vontade coa inspiración da Hagaware, a guía espiritual escrita por Yamamoto Tsunetomo no século XVIII.[20][21]

Desde mediados de 2012, Alonso está saíndo coa modelo rusa Dasha Kapustina.[22]

Ciclismo

Alonso está apaixonadamente interesado no Ciclismo en ruta. A principios de setembro de 2013, Alonso anunciou a súa intención de rescatar o insolvente equipo de ciclismo Euskaltel-Euskadi, chegando a un acordo para comprar a súa licenza UCI World tour coa intención de formar un equipo ciclista profesional español.[23] Pero o 23 de setembro, anunciouse a rotura das negociacións sobre o acordo. Alonso aínda ten plans de crear un equipo de ciclismo para a tempada 2015.[24]

Amigos de Alonso son os ciclistas profesionais Alberto Contador, Miguel Indurain e Samuel Sánchez. El mesmo practica o ciclismo co fin de manter a súa forma física para a Fórmula 1.[25]

Vida deportiva

Aos tres anos o seu pai, corredor de karting afeccionado, regaloulle un kart co que Fernando se encaprichou e comezou a familiarizarse co ruxido do motor. Neste mesmo ano conseguiu a súa primeira vitoria, na que participaban nenos que lle dobraban a idade. Este título deulle coraxe para seguir pilotando sempre coa axuda do seu pai que xa se dera de conta do seu talento precoz.

Con dezaseis anos xa ostentaba a licenza obrigatoria oficial da Federación Española aínda que esta era falsificada.

A súa traxectoria era moi rápida e exitosa e ía de cidade en cidade, no coche do seu pai que era un Peugeot algo antigo, mentres que os outros competidores levaban Mercedes e BMW.

Fernando Alonso enriba do F-1 de seu.

Todo isto facía que se fora rematando o diñeiro dos seus pais e isto fixo que estiveran a punto de desistir; pero grazas a unha sorpresa coñeceron a Genís Marcó que se encaprichou con Alonso e pagaba se facía falta diñeiro do seu peto e até estreaba un kart por carreira.

Así, en 1995, cun soldo de 100.000 pesetas ao mes e catorce anos chegou ao Campionato Mundial, onde subiu ao podio co terceiro posto por diante de Kimi Raikkonen.

En 1998, apareceu unha persoa moi importante na súa vida profesional: Adrián Campos, o ex-piloto de Minardi que se convertería no seu representante.

Campos en 1999 fichouno como substituto de Marc Gené na Fórmula Nissan.

Con dezasete anos e sen carné voaba polos circuítos a máis de 250 km/h; este sacouno nada máis cumprir os dezaoito anos, cun Renault Megane. Durante as prácticas de obtención do carné, o seu profesor advertiulle de que conducira máis rápido xa que ía moi amodo.

Alonso co seu primeiro título de monoprazas seguiu progresando e chegou á Fórmula 3000 no ano 2000, ano do seu debut, e data na que conseguiu a súa primeira vitoria.

Este éxito no seu debut fixo que se consagrase na Fórmula 1, comezando a ser probador de Minardi.

Trala experiencia con este equipo de Fórmula 1, Flavio Briatore, xefe do equipo de Renault, polo que fichara cinco anos, chamouno para exercer de probador en Renault durante o ano 2002, onde tivo resultados satisfactorios.

No ano 2003 foi piloto oficial deste equipo francés, que ten a súa sede oficial en Oxford, lugar onde reside Fernando Alonso por estas circunstancias. Precisamente este ano estreará o seu palmarés na Formula 1 coa súa primeira vitoria, no Gran Premio de Hungría. Será o máis novo gañador dun gran premio e o primeiro piloto de nacionalidade española que o consegue.

Tras un ano 2004 irregular, no cal pese a todo rematará cuarto na clasificación final, no 2005 acadará o título mundial, tras unha intensa loita co finlandés Kimi Räikkönen, da escudaría McLaren Mercedes, batendo de novo a marca de precocidade existente ata entón. En 2006 Alonso tivo unha bonita loita co alemán Michael Schumacher e o finlandés Kimi Räikkönen, gañando finalmente o Mundial.

No ano seguinte, McLaren Mercedes fichou a Alonso, despediu a Juan Pablo Montoya, e puxo en vez deste ó protexido de Ron Dennis, Lewis Hamilton, primeiro piloto de pel negra que gaña un Gran Premio.

Logo dunha gran polémica con prestixiosos diarios ingleses como The Observer, The Times, The Daily Mirror... en contra de Alonso, chégase ó Gran Premio do Brasil, co asturiano segundo clasificado a catro puntos de Hamilton. Finalmente no Gran Premio do Brasil, aconteceu unha milagre, onde Kimi Raikkonen saíu como principal beneficiado, como campión do mundo. Polo que a Alonso respecta, rematou terceiro e quedou empatado a puntos con Hamilton, no terceiro posto absoluto no Mundial. No ano 2008 fichou de novo por Renault, onde permaneceu dous anos. Desde a tempada 2010 é piloto de Ferrari.

Inicios en karts

Fernando Alonso iniciou a súa carreira no mundo do motor con tres anos, vendo ó seu ídolo da infancia Ayrton Senna, cando seu pai lle regalou un kart que el mesmo construíra. Ese ano ganou a súa primeira carreira e comezou a adestrar á saída do colexio xunto a seu pai, quen exerceu de representante e mecánico. Un ano máis tarde obtivo a licenza oficial da Real Federación Española de Automobilismo. En 1988, con 7 anos, obtivo o seu primeiro triunfo nunha competición oficial, o campionato infantil de Asturias, gañando as oito carreiras de que constaba a proba. Un ano máis tarde, en 1989, volveu a proclamarse campión de karts de Asturias e Galicia.

Debido ós cambios de categoría a familia non se podía facer cargo dos gastos que carrexaban as carreiras. Cerca do abandono, o importador de karts Genís Marcó encargouse da financiamento: proporcionaba os karts, buscaba patrocinadores ou exercía el mesmo como tal, salvando a carreira deportiva de Fernando Alonso. En 1991, proclamase campión de Asturias e do País Vasco en categoría Cadetes, alcanzando o subcampionato de España aínda sen participar en todas as carreiras. Foi campión de España en 1993 e 1994 como júnior, o que lle permitiu competir no Campionato do Mundo ó ano seguinte, cunha bolsa da Real Federación Española de Automobilismo. En dito campionato quedou terceiro, por diante de Kimi Räikkönen entre outros[sen referencias].

En 1996 proclamouse campión de España, do Trofeo Estival de Italia, do Marlboro Grand Prix e do Campionato do Mundo Júnior[2] . Ó ano seguinte, vence nos campionatos de España, Italia e Europa na categoría Internacional A. En 1998 volve a ganar o campionato de España,o Trofeo París-Bercy, o campionato Industria de Italia e o Open Ford.

Primeiro kart de Fernando Alonso
Kart de Fernando Alonso en categoría cadete

Pasos cara á Fórmula 1

En 1999 entrou en escena o ex-piloto de Minardi Adrián Campos, que se convertería no seu preparador. Fíchao como substituto de Marc Gené na Fórmula Nissan, na que Alonso logra 9 poles, 8 voltas rápidas e 6 vitorias que lle outorgaron o campionato Euro Open Movistar.

Da Fórmula Nissan pasou á Fórmula 3000 no equipo Astromega, onde se xuntou con pilotos de gran categoría quedando solo por detrás de Bruno Xunqueira, gañador da edición, Nicolas Minassian e Mark Webber. Alonso conseguiu a pole e gañou na carreira de Bélxica e quedou segundo na de Hungría, quedando cuarto na clasificación xeneral no ano do seu debut e único no que estivo.

Fórmula 1

Minardi (2001)

Pasou á Fórmula 1 fichado por Renault pero cedido a Minardi como piloto oficial. Con Minardi debutou no Gran Premio de Australia de 2001, sendo o terceiro piloto máis xove en facelo. A súa mellor clasificación con Minardi foi un 10º posto no Gran Premio de Alemaña. No Gran Premio do Xapón chegou a adiantar ó Toyota de Olivier Panis e quedar por diante do Jordan-Honda de Heinz-Harald Frentzen.

En 1988, con 7 anos, obtivo o seu primeiro triunfo nunha competición oficial, no campionato infantil de Asturias, gañando as oito carreiras de que constaba a proba. Un ano máis tarde, en 1989, volveu a proclamarse campión de karts de Asturias e Galicia.

Debido ós cambios de categoría, a familia non se podía facer cargo dos gastos que implicaban as carreiras. A punto de abandonar, o importador de karts Genís Marcó encargouse da financiamento: proporcionaba os karts, buscaba patrocinadores ou exercía el mesmo como tal, salvando a carreira deportiva de Fernando Alonso.

En 1991, proclamase campión de Asturias e do País Vasco en categoría cadetes, alcanzando o subcampionato de España aínda sen participar en todas as carreiras. Foi campión de España en 1993 e 1994 como júnior, o que lle permitiu competir no Campionato do Mundo ó ano seguinte, bolseiro da Real Federación Española de Automobilismo. En dito campionato quedou terceiro, por diante de Kimi Räikkönen entre outros.

En 1996 proclamouse campión de España, do Trofeo Estival de Italia, do Marlboro Grand Prix e do Campionato do Mundo Júnior. Ó ano seguinte, vence nos campionatos de España, Italia e Europa na categoría Internacional A. En 1998 volve a gañar o campionato de España, o Trofeo París-Bercy, o campionato Industria de Italia e o Open Ford.

Renault (2002-2006)

2002-2003

Alonso converteuse en piloto de probas de Renault en 2002 (Renault comprou o equipo Benetton) e realizou 1.642 voltas de proba ese ano. En 2003 Briatore deixou a Button e deu a Alonso o segundo asento xunto a Jarno Trulli. Briatore foi criticado pola prensa británica pola decisión, pero o director técnico Mike Gascoyne declarou a F1 Racing que a decisión foi correcta, xa que o equipo quedara impresionado coa capacidade de traballo e o talento de Alonso durante a súa tempada como piloto de probas.

A súa primeira carreira con Renault saldouse cun sétimo posto en Australia. O 22 de marzo de 2003 converteuse no piloto máis novo en lograr unha pole position e un podio en Fórmula 1, con 21 anos, no Gran Premio de Malaisia, a pesar de que aquel fin de semana estivo con 39º de febre. No Gran Premio do Brasil de 2003 sufriu o accidente máis grave na súa estadía na Fórmula 1 ao chocar contra o muro na volta 55 tras golpear unha roda do coche de Mark Webber, que sufrira un accidente anteriormente e había esparexido os restos do seu monopraza pola pista.[26] Con todo, este contratempo non lle impediu conseguir un novo podio, pois a carreira deuse por finalizada co seu accidente, e as posicións finais foron establecidas nunha volta anterior ao accidente.

Na seguinte carreira, o Gran Premio de San Mariño, quedou en sexta posición. No Gran Premio de España ocupou o segundo chanzo do podio. Tras isto chegou a súa primeira retirada en Renault, durante o Gran Premio de Austria rompíu o motor cando marchaba nos puntos tras saír desde boxes. Logo deste fracaso logra unha quinta posición en Mónaco e dous cuartos postos consecutivos nas carreiras de Canadá (onde consegue tamén a súa primeira volta rápida) e Europa. Logo desta boa serie prodúcense dous abandonos consecutivos nos Grandes Premios de Francia e o Reino Unido. No Gran Premio de Alemaña queda de novo cuarto.

O 24 de agosto do mesmo ano, no Gran Premio de Hungría, logrou ser o piloto máis novo en gañar un Gran Premio, con 22 anos, aínda que posteriormente superaríalle en precocidad Sebastian Vettel ao vencer no Gran Premio de Italia de 2008. No Gran Premio de Italia consegue o seu último punto da tempada 2003, acabando oitavo tras saír último e sufrir un accidente na saída. No Gran Premio dos Estados Unidos sofre unha avaría no motor. Na última carreira da tempada, o Gran Premio do Xapón, tamén rompeu o motor cando ía segundo. Finalizou a tempada 2003 na sexta posición do Mundial de Pilotos. Xa entón Briatore, nunha entrevista, deixou entrever os plans de Renault de ir a máis e loitar polo título en [[Campionato Mundial de Fórmula 1 de |]]. Máis tarde veriamos que só houbo que esperar a tempada 2004.

2004
Alonso pilotando para o equipo Renault de Fórmula Un no Gran Premio dos Estados Unidos de 2004

Alonso quedou con Renault para a tempada 2004, logrando podios en Australia, Francia, Alemaña e Hungría. En Indianapolis sufriu un accidente a alta velocidade mentres ía no terceiro lugar debido a un pneumático desinflado a causa dunha picada. En Francia conseguiu a pole e terminou segundo, tras Michael Schumacher e preto da vitoria. Cara ao final do ano as actuacións do seu compañeiro de equipo Jarno Trulli foron a pior e a relación de Trulli co equipo deteriorouse ata o punto de que fichou por Toyota a partir de 2005, e foi substituído para as tres últimas carreiras da tempada polo ex campión do mundo Jacques Villeneuve. Alonso terminou cuarto na clasificación do campionato con 59 puntos.

2005
Alonso no 2005 GP de Estados Unidos
Alonso completou o 2005 coa vitoria no Gran Premio de China de 2005.

Para a tempada 2005, uniuse a Renault o piloto italiano Giancarlo Fisichella. Na primeira carreira en Australia Alonso comezou preto do final debido á choiva na cualificación, pero se abriu paso ata a terceira posición. Gañou as dúas seguintes carreiras en Malaisia e Bahrain desde a pole position, e logrou unha terceira vitoria no Gran Premio de San Mariño logo dunha batalla de 13 voltas con Michael Schumacher.

A melloría de McLaren viu gañar s Räikkönen en España e Mónaco, mentres que Alonso terminou segundo e cuarto, respectivamente. Räikkönen estaba en camiño de gañar no Gran Premio de Europa en Nürburgring cando a suspensión dianteira dereita do seu coche rompeu (debido a un plano no pneumático causado por Räikkönen ao bloquear as rodas ao frear, mentres que pasaba Jacques Villeneuve) na última volta, dándolle a vitoria a Alonso.

Alonso non puido anotar nos grandes premios de Canadá e de Estados Unidos. No primeiro tivo que retirarse debido a un toque cun muro, e no segundo todos os pilotos que montaban Michelin retiráronse debido a preocupacións de seguridade sobre os seus pneumáticos. Alonso logrou a súa terceira pole e a quinta vitoria en Francia. Repite pole position unha semana despois no Reino Unido, onde terminou segundo detrás de Montoya. Kimi Raikkonen de McLaren liderou o gran premio alemán ata que fallou o hidráulico do seu coche e Alonso gañou a carreira.

Alonso clasificou sexto no GP de Hungría pero terminou 11º logo dunha colisión co Toyota de Ralf Schumacher. A medida que a tempada entrou na súa fase final Alonso terminou segundo en tres carreiras consecutivas, recollendo os puntos vitais do campionato. Raikkonen gañou en Turquía e Bélxica, pero foi cuarto en Monza logo dunha avaría do motor na cualificación, o que significaba que a ventaxe de Alonso reducirase a só nun punto.

Alonso selou o título ao quedar terceiro no Brasil. O español converteuse en campión á idade de 24 anos e 59 días, rompendo a marca de Emerson Fittipaldi de piloto máis novo en lograr o título. Tamén puxo fin ao dominio de cinco anos de Michael Schumacher.

Ao comentar o seu triunfo, dixo: "Só quero dedicar este campionato á miña familia e todos os meus amigos que me apoiaron a través da miña carreira, España non é un país cunha cultura da F1, e tivemos que loitar sos a cada paso do camiño, para que isto sucedera. Un enorme agradecemento tamén a todo o equipo, son os mellores na Fórmula Un, e fixémolo xuntos. Dirán que son campión do mundo, pero, todos somos campións e merécense isto". No número de maio de 2007 da revista F1 Racing, Alonso dixo que o Gran Premio do Brasil de 2005 foi a súa mellor carreira. Dixo: "Foi un soño feito realidade e un día moi emotivo. Nas últimas voltas saltaba, podía oír ruídos estraños no motor, desde todas partes! Pero todo estaba ben e podo recordar o meu alivio cando crucei a liña final".

Os grandes premios de Xapón e China viron a Alonso e Renault abandonar o estilo conservador evidente en Brasil cando aínda estaban perseguindo o título de pilotos. no Xapón partindo do posto 16 da grella, finalmente terminou terceiro detrás de Raikkonen e Fisichella. O Gran Premio de China viu a vitoria de Renault e Alonso para acadar o primeiro Campionato de Construtores para o equipo Renault F1.

En 2005, foi galardoado Premio Príncipe de Asturias do deporte.[27]

2006
Alonso conseguiu a pole e a vitoria no Gran Premio de Mónaco de 2006.
No Gran Premio de Canadá de 2006, Alonso levou á súa sexta vitoria do ano.

Alonso gañou a primeira carreira da tempada 2006 en Bahrain, superando a Michael Schumacher ao saír dos pits a falta de 18 voltas do final, logo de empezar cuarto. Clasificouse sétimo no GP de Malaisia debido a un erro na alimentación de combustible[28][29], pero terminou segundo detrás do seu compañeiro de equipo Giancarlo Fisichella. Gañou o GP de Australia logo de adiantar ao Honda do líder Jenson Button.

Despois dunha pobre clasificación en San Mariño, Alonso non puido pasar a Michael Schumacher. Schumacher venceu Alonso de novo no GP de Europa despois de que o español comezara na pole, pero Alonso devolveulle o golpe, converténdose no primeiro español en gañar o Gran Premio de España. Alonso logrou a pole position no Gran Premio de Mónaco logo de que Schumacher fora penalizado polos comisarios por "parar deliberadamente o seu coche no circuíto nos últimos minutos da cualificación", prexudicando aos seus rivais, Alonso perdeu a oportunidade de rexistrar a volta rápida de cualificación.[30] Alonso gañou a carreira.

Estendeu a súa serie gañadora a catro carreiras con vitorias en Reino Unido e Canadá. Ambas as vitorias chegaron desde a pole position, e a rolda británica foi a súa primeira vitoria pole. Tamén se converteu no primeiro piloto na historia en terminar primeiro ou segundo nas nove primeiras carreiras da tempada, un rexistro igualado por Sebastian Vettel en 2011. A loita con Schumacher comezou de novo en Indianapolis onde o alemán gañou e Alonso foi quinto. Schumacher gañou o Gran Premio de Francia de 2006, con Alonso segundo, e o Gran Premio de Alemaña de 2006 co español quinto.[31] O que reduciu a vantaxe de Alonso no campionato a 11 puntos.

Alonso foi sancionado por unha infracción na práctica no Gran Premio de Hungría de 2006. Que o deixou 15º na grella Schumacher comezou 11º logo de recibir unha sanción similar.[32] Alonso parecía encamiñarse a unha vitoria pouco probable, superou á maioría na pista, incluído Schumacher polo exterior da curva cinco, demostrando a súa destreza nas condicións de mollado, pero rematou fóra da carreira cando unha porca da roda caeuse do seu coche logo dunha parada en boxes. Schumacher logrou un punto logo de que Robert Kubica fora descualificado.[33]

Alonso terminou segundo en Turquía, Schumacher foi o terceiro clasificado, pero perdeu moito terreo logo dun polémico Gran Premio de Italia de 2006. El sufriu unha picada durante a cualificación e danou a carrocería na parte traseira do seu coche. Clasificouse quinto, pero foi castigado despois polos comisarios por obstaculizar ao Ferrari de Felipe Massa,[34] e comezou a carreira desde a décima posición. Na carreira remontou ata o terceiro posto pero un fallo de motor obrigoulle a retirarse. Schumacher gañou o Gran Premio e quedou a dous puntos de Alonso.

Na seguinte rolda en China, Alonso logrou a pole position durante unha sesión de cualificación sobre mollado, pero terminou segundo detrás de Schumacher na carreira. O resultado foi o empate entre Alonso e Schumacher a puntos no campionato de pilotos. NO Gran Premio do Xapón de 2006, os Ferrari de Schumacher e Massa clasificaron primeiro e segundo, máis de medio segundo máis rápido que os Renault no quinto e sexto. Con todo, durante a carreira de Alonso subiu á segunda praza e levou a vitoria despois de que o motor de Schumacher fallase. Logrou unha vantaxe de dez puntos sobre Schumacher, que necesita só un punto na rolda final para reter o título. O segundo lugar no Gran Premio do Brasil de 2006 o 22 de outubro deu a Alonso o campionato. Con Schumacher terminando cuarto, a diferenza final foi de 13 puntos. Alonso converteuse así no bicampión máis novo na historia do deporte. Renault tamén asegurou o Campionato de Construtores cunha brecha de 5 puntos sobre Ferrari.

McLaren (2007)

Fernando Alonso no Gran Premio de Bélxica, 2007.
  • O MP4/22, o novo coche de Alonso, presentouse o día 15 de xaneiro na Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia, cunha gran posta en escena.
  • O 18 de marzo logra un segundo posto no GP de Australia co seu debut en McLaren-Mercedes, por detrás do finés Kimi Räikkönen e onde o seu compañeiro de equipo e debutante na categoría, Lewis Hamilton, acabou terceiro.
  • O 8 de abril, na segunda carreira con McLaren-Mercedes, logra a súa primeira vitoria no Gran Premio de Malasia de 2007, no que o seu compañeiro de escudaría Lewis Hamilton acabou en 2ª posición e Kimi Räikkönen na 3ª. McLaren logrou, desta forma, o seu primeiro dobrete dende o Brasil '05.
  • O 15 de abril, no Gran Premio de Bahréin de 2007, obtén 4 puntos máis para o campionato de pilotos quedando no 5º posto, tras unha difícil carreira, o que o deixou fora do liderado en solitario e non compartido, xa que polos resultados da carreira as tres primeiras prazas do campionato de pilotos empataron con 22 puntos, acadados por Fernando Alonso, Kimi Räikkönen e o segundo de McLaren-Mercedes, Lewis Hamilton, que conseguiu o mellor inicio dun novato.
  • Na rolda de clasificación de Montmeló, no Gran Premio de España de 2007, Massa quedou primeiro; Alonso, segundo; Kimi terceiro e Hamilton no cuarto lugar. Pero na carreira, o asturiano intentou adiantar ó brasileiro Felipe Massa na saída, chocando e quedando relegado á cuarta praza. Kimi Räikkönen abandonou, cedendo un posto a Alonso, quen quedaría terceiro tras o seu compañeiro de equipo, Lewis Hamilton, que se proclamaría líder do mundial sendo o piloto máis xove ata o momento. Massa gañou a carreira.
  • O 27 de maio, Alonso, no Gran Premio de Mónaco queda primeiro; seu compañeiro de equipo, Hamilton, segundo; e Felipe Massa, terceiro. Foi nesta carreira cando Fernando logrou máis vantaxe respecto aos seus rivais, sendo Lewis Hamilton e Felipe Massa os únicos dous pilotos ós que non dobrou.
  • No Gran Premio de Canadá de 2007 quedou sétimo tras unha accidentada carreira, na que saíron catro coches de seguridade. No primeiro deles, cadrou coa súa parada en boxes, polo que foi penalizado con dez segundos de stop & go a causa da nova normativa. Tras a penalización, tivo que remontar posicións. Nesta carreira, Alonso perdeu o liderado do campionato na favor de Lewis Hamilton, quen está a 8 puntos do asturiano.
  • O 22 de xullo, no Gran Premio de Europa do mesmo ano, logrou unha nova vitoria, tras manter un duelo sobre a choiva no que as voltas finais con Felipe Massa (no que incluso chegou a tocarse ao adiantalo). Nesta mesma carreira, Räikkönen e Hamilton non lograron puntuar: o primeiro por abandonar e o segundo, pola súa 9ª posición final. O líder do mundial continua sendo Lewis Hamilton aínda que a súa vantaxe de 12 puntos viuse reducida a 2 pola parte de Alonso.
  • No Gran Premio de Hungría, produciuse unha das maiores polémicas da temporada, ao deterse Alonso máis do tempo necesario na súa última parada en boxes e impedindo desa maneira que Hamilton dese unha volta máis ao circuíto para tratar de lograr a pole.
  • No gran premio do Xapón Alonso viuse obrigado a retirarse tras un violento choque contra o muro que deixou inservible o seu bólido, debido a chuvia e a néboa constantes;
  • no Gran premio de China foi o seu compañeiro de equipo quen se viu obrigado a abandonar, tras haberse saído da pista na entrada o pit-lane, e verse encalado na grava. Alonso terminou segundo, por detrás de Kimi Räikkönen, a só catro puntos do inglés para a última carreira da temporada.
  • No Gran Premio do Brasil de 2007, última cita do campionato, puido adiantar a Lewis Hamilton na saída, o cal fora adiantado tamén por Räikkönen. Ao intentar o inglés recuperar a terceira posición, saíuse da pista, perdendo varias posicións, e posteriormente, cun problema de transmisión, foi relegado á última posición. Tras o adiantamento de Kimi Räikkönen a Felipe Massa, o finlandés coroouse campión do mundo con 110 puntos, tendo chegado terceiro, sendo Alonso terceiro e Hamilton finalmente sétimo. Isto deixaba a Alonso e Hamilton empatados a 109 puntos, co británico por diante, xa que sumaba un segundo posto máis có español.

Renault (2008-2009)

En 2008, Alonso disputou o campionato co equipo Renault, retornando ó equipo que defendeu nas campañas vitoriosas de 2005 e 2006 e tendo como compañeiro de equipo ó brasileiro Nelson Piquet. Ao longo da tempada 2008, conquistou tres pódios, obtendo dúas vitorias (Gran Premio de Singapur e Gran Premio do Xapón) e un segundo lugar no Gran Premio do Brasil.

A tempada 2009 foi totalmente decepcionante e só alcanzou un podio no Gran Premio de Singapur, 3º. Foi a súa peor tempada desde a do seu debut en Minardi.

Ferrari (2010-2014)

Alonso proba o Ferrari F10, durante as probas de pretempada en Xerez.

2010

Alonso na súa primeira carreira en Ferrari no Gran Premio de Bahrain de 2010, onde gañou a carreira
Alonso gañou o Gran Premio de Alemaña de 2010 en circunstancias controvertidas
Alonso lideraba o campionato na saída da última carreira en Abu Dabi, pero foi incapaz de pasar a Vitaly Petrov, e Sebastian Vettel logrou a vitoria na carreira para gañar o título

Logo de moitas especulacións[35], o 30 de setembro de 2009, confirmábase que Alonso substituía a Kimi Räikkönen no equipo Ferrari. O seu contrato cobre tres tempadas (2010-2012), con opcións ata o final do 2014. Aínda que o seu contrato dise que se asinou xa en xullo de 2008, Alonso confirmou que asinouse no verán de 2009 para comezar con Ferrari no 2011, e que máis tarde foi cambiado a 2010, xa que Ferrari e Raikkonen, a quen substitúe Alonso, conviñeron en pór fin ao seu contrato cun ano de anticipación. Aínda que se informou de que o contrato de Alonso era de 25 millóns de euros por tempada, Ferrari emitiu un comunicado que provoca dúbidas sobre este dato, indicando que "os números de que se falan non teñen absolutamente nada que ver coa realidade.

Na primeira carreira en Bahrain, Alonso clasificouse terceiro por detrás do seu compañeiro de equipo Massa e de Sebastian Vettel. Na saída, Alonso adiantou a Massa para pasar á segunda praza, logo, o líder Vettel tivo un problema de motor e caeu ao cuarto posto e Alonso gañou a carreira, converténdose no quinto home en gañar no seu debut en Ferrari despois de Juan Manuel Fangio en 1956, Mario Andretti en 1971, Nigel Mansell en 1989, e Kimi Räikkönen en 2007. O seu compañeiro de equipo Massa ocupou o segundo lugar e o seu excompañeiro de equipo en McLaren Lewis Hamilton rematou terceiro.

En España, Alonso clasificouse cuarto e permaneceu alí ata as últimas voltas, cando os problemas de freos de Vettel e fallo dos pneumáticos de Hamilton eleváronlle a segunda posición. En Mónaco, Alonso estrelou o seu coche na práctica e non puido participar na cualificación. Empezou na última posición, pero remontou ata a sexta. Na última volta, Michael Schumacher pasoulle co coche de seguridade na pista, pero foi penalizado polo adiantamento, deixando de novo sexto a Alonso. En Canadá, Alonso comezou e terminou en terceiro lugar. En Valencia, Alonso comezou cuarto e terminou oitavo logo de quedar atrapado detrás do coche de seguridade que saíu logo da voltereta de Mark Webber sobre Heikki Kovalainen.

No Gran Premio do Reino Unido de 2010 en Silverstone, Alonso se aliñou terceiro na grella. Pero, un pobre comezo, un drive-through por un adiantamento ilegal a Kubica e unha picada tardía deixaron a Alonso no décimo cuarto lugar, a un minuto do vencedor Mark Webber. En Alemaña, Alonso perdeu a pole position por 0´002 segundos con Vettel. Na saída, a Vettel adiantárono Alonso e Massa. Alonso superou a Massa nun polémico adiantamento e cruzaron a meta nesa orde para dar un dobrete a Ferrari. En Hungría, Alonso clasificouse terceiro por detrás dos dous Red Bull, e terminou segundo tras Vettel. En Bélxica, Alonso foi décimo clasificado. Cando iniciouse a carreira, o Williams de Rubens Barrichello golpeouno por detrás. Alonso recuperou ata oitavo lugar antes de quedar fóra da carreira nas últimas voltas.

En Italia, Alonso conseguiu a pole por diante de Jenson Button, pero Button pasouno na primeira curva. Alonso pasou a Button durante as paradas en boxes e logrou a 24º vitoria da súa carreira, a terceira da tempada, e a primeira vitoria de Ferrari en Monza desde 2006. Alonso tamén fixo a volta rápida xunto coa pole e a vitoria. En Singapur, Alonso logrou a pole position sobre Vettel e os McLaren. Na saída, Alonso mantivo a súa vantaxe e aturou a presión de Vettel durante toda a carreira, cruzando a liña a menos de 0´3 segundos por diante dos Red Bull. Alonso marcou de novo a volta rápida da carreira nas últimas voltas. En Xapón, Alonso terminou terceiro, detrás de Vettel e Webber, e logo gañou en Corea logo de que Vettel retirouse por un fallo de motor. Tamén anotou a súa quinta volta rápida do ano, as suficientes para darlle o Trofeo DHL Volta rápida de 2010.

Na última carreira da tempada en Abu Dabi, Alonso comezou o evento cunha vantaxe de oito puntos, e cualificou terceiro. Ao comezo da carreira perdeu un lugar con Button e logo un erro estratéxico do seu equipo significou que Alonso pasara o resto da carreira atrapado detrás de Vitaly Petrov, perdendo o campionato do mundo en favor de Sebastian Vettel .[36]

2011

Alonso loita con Hamilton no Gran Premio de Malaisia de 2011
A única vitoria de Alonso de 2011 chegou no Gran Premio do Reino Unido de 2011

Alonso comezou a tempada cun cuarto lugar en Australia, terminando medio minuto por detrás do gañador Sebastian Vettel. Acadou as posicións sexto e sétimo en Malaisia e China, sendo superado polo seu compañeiro de equipo Massa nas dúas carreiras. Conseguiu o seu primeiro podio da tempada co terceiro posto no Gran Premio de Turquía de 2011, logo de correr segundo durante moito tempo foi superado por Mark Webber na volta 51 de 58. Antes da súa carreira de casa en España, estendeu o seu contrato con Ferrari por outros catro anos, ata finais de 2016.[37] En España, Alonso clasificouse en terceiro lugar, e tomou o liderado da carreira na primeira curva. Pero, foi superado polos Red Bulls na primeira serie de paradas en boxes, e, finalmente, terminou quinto, cunha volta menos. En Mónaco, logo de clasificarse cuarto, Alonso corría con forza no terceiro lugar detrás de Vettel, que estaba cos pneumáticos moi desgastados e Button, e ascendeu ao segundo posto cando Button entrou en boxes ao non poder pasar Vettel. Un accidente múltiple deu lugar a unha situación da bandeira vermella, Vettel e Alonso aproveitaron para poñer pneumáticos novos para a reanudación, Alonso terminou a carreira en segunda posición.

Alonso viuse obrigado a retirarse en Canadá despois de bater con Button. Recuperouse para terminar segundo en Valencia. No Gran Premio do Reino Unido de 2011, prohibíronse os sistemas de difusores soprados temporalmente, o que se percibiu como unha vantaxe para Ferrari sobre os seus rivais. Alonso marchaba segundo detrás de Vettel, ata que un erro dos mecánicos de Red Bull nunha parada en boxes deu Alonso á cabeza, que mantivo ata o final da carreira para lograr a súa primeira vitoria da tempada. Alonso terminou segundo en Alemaña logo dunha batalla con Lewis Hamilton e Mark Webber. Logrou o seu cuarto podio consecutivo ao terminar terceiro en Hungría, antes de terminar cuarto en Bélxica, logo de ser superado por Webber e Button nas últimas voltas. Alonso tomou o liderado do Gran Premio de Italia de 2011 na primeira curva, pero máis tarde foi superado por Vettel e Button. Foi capaz de defender o terceiro posto con Hamilton ao final da carreira para lograr outro podio. Alonso terminou segundo detrás de Button en Xapón, e engadiu un terceiro lugar na India e o segundo en Abu Dabi. Alonso pechou a tempada co cuarto lugar no Brasil para terminar cuarto no campionato de pilotos, perdendo a terceira posición con Webber por un punto, logo de que Webber gañara a carreira.

2012

Alonso celebra a súa vitoria no Gran Premio de Malaisia

Logo de asinar unha extensión de contrato durante a tempada 2011, Alonso quedouse con Ferrari para a tempada 2012, Ferrari parecía estar loitando por manter o ritmo nas probas de pretempada. Na clasificación para Australia, Alonso cualificou 12º. Recuperouse na carreira para terminar quinto. Na seguinte carreira en Malaisia, a falta de ritmo dos Ferrari demostrouse de novo con Alonso noveno cualificado. Con todo, na carreira, que comezou baixo a choiva, Alonso subiu a través da pista para tomar a dianteira na volta 16. O Sauber de Sergio Pérez parecía coller a Alonso, malia unha lenta parada en boxes, parecía estar preto de pasar a Alonso, ata que se saíu, dando a Alonso unha inesperada primeira vitoria na tempada. Alonso terminou terceiro en Mónaco poñéndoo na dianteira do campionato de pilotos desta tempada por diante de Sebastian Vettel, o campión de 2011, e do seu compañeiro de equipo en Red Bull, Mark Webber, que gañou en Mónaco. Con todo, un quinto lugar no Gran Premio de Canadá de 2012 detrás do primeiro, Lewis Hamilton e do cuarto Sebastian Vettel púxoo detrás de Hamilton na clasificación do campionato.

Alonso recuperou o liderado do campionato no Gran Premio de Europa de 2012, partindo do 11º posto na grella progresou para gañar a carreira logo de que Vettel e Hamilton se retiraran. Na seguinte rolda en Silverstone, Alonso logrou a primeira pole de Ferrari desde 2010, superando ao piloto de Red Bull Mark Webber nunha sesión baixo a choiva. Terminou a carreira segundo, tres segundos por detrás de Webber. De novo comezou desde a pole position logo dunha sesión de cualificación sobre mollado no Gran Premio de Alemaña de 2012, e gañou a carreira para agrandar a súa vantaxe no campionato.[38] En Bélxica, viuse involucrado nun incidente na primeira curva con outros catro pilotos, e retirouse no acto. En Xapón Alonso foi golpeado por detrás na primeira curva e retirouse. Alonso volveu perder o campionato con Sebastian Vettel na última xornada, terminando 3 puntos por detrás na clasificación.

2013

Alonso no Gran Premio de Malaisia de 2013

Alonso comezou a tempada clasificándose quinto en Australia, ao final da primeira volta era terceiro. Utilizou as paradas en boxes para atacar a Vettel. Alonso aferrouse a segundo ata o final da carreira. En Malaisia, Alonso clasificouse na segunda fila da grella no terceiro posto. Ao entrar na segunda curva golpeou a parte traseira de Vettel e danou o seu alerón dianteiro, o equipo díxolle que non entrara en boxes, coa esperanza de que a á non rompería, e que aguantaría ata que entrara en boxes para cambiar os pneumáticos no seu momento. Pero ao pasar pola recta principal no inicio da segunda volta, o seu alerón dianteiro rompeuse e quedou debaixo do seu coche forzando a súa retirada. Logo Alonso gañou a súa carreira de casa, o Gran Premio de España de 2013, remontando desde a quinta posición. Pero, o sétimo lugar en Mónaco deixouno 29 puntos por detrás de Vettel.

A medida que avanzou a tempada e Pirelli introduciu novos pneumáticos, Red Bull e Sebastian Vettel comezaron a dominar a clasificación e as carreiras, e Alonso tivo problemas para conseguir podios. Alonso foi de novo segundo detrás de Vettel no campionato mundial.

2014

Unha nova regra para a tempada 2014 foi que os pilotos escolleran un número único de coche que utilizarían para o resto da súa carreira na Fórmula Un. Alonso tomou o número 14, o número que utilizou na súa carreira en karting e que considera que é un número da sorte.[39]

McLaren (2015 - )

2015

En novembro de 2014, tanto Alonso como a Scuderia Ferrari anunciaron que a tempada 2014 de Fórmula Un sería a última co equipo. En decembro de 2014 anunciouse que Alonso volvería a McLaren por primeira vez desde 2007 cun acordo por 2 anos cunha opción de prórroga. Logo de moitas especulacións, anunciouse que o campión do mundo de 2009 Jenson Button correría xunto a el en 2015. Batendo ao novato danés Kevin Magnussen.[40]

Tras un forte accidente nos tests invernais de Barcelona, o piloto español non puido disputar o primeiro GP da tempada, disputado en Australia, por recomendación médica.[41] O inicio de tempada foi moi complicado debido aos problemas de fiabilidade e de potencia do McLaren-Honda e do novísimo motor Honda.[42]

Alonso viviu unha das súas peores tempadas na F1, xa que abandonou en 5 das 7 primeiras carreiras por problemas mecánicos. Finalmente, Fernando obtivo un 10º posto no Gran Premio do Reino Unido asinando unha gran actuación en mollado e valéndose de varios acontecementos en carreira que provocaron que os seus rivais perdesen tempo. Esta posición supuxo o primeiro punto da tempada. Posteriormente, en Hungría, un dos seus circuítos favoritos, acabou 5º diante de ambos Mercedes nunha carreira tola, onde o seu compañeiro Jenson Button tamén puntuou, sendo esta a primeira vez que puntuaban os dous McLaren-Honda nun Gran Premio en toda a tempada. Alonso pese aos claros "déficits" de potencia do seu motor Honda nesa tempada demostrou ser un campión nas formas, mostrándose sempre humilde e optimista aínda que en certas ocasións presionou a Honda publicamente de xeito indirecto para que mellorase o seu motor.[Cómpre referencia] Con todo tanto Fernando como Jenson Button protagonizaron algunhas accións con certa ironía cara á situación do equipo, por exemplo subirse ao podio do Gran premio do Brasil despois de que finalizase a clasificación para eles ou poñerse a tomar o sol no circuíto despois de que o motor do seu McLaren fallase na sesión de cualificación.[Cómpre referencia]

2016

Alonso pilotando para McLaren no Gran Premio de Mónaco de 2016

No Gran Premio de Australia, Alonso estivo involucrado nun accidente con Esteban Gutiérrez na curva 3, Fernando tocou a roda traseira esquerda do Haas do mexicano, perdeu o control do coche e impactou contra o muro[43] a máis de 300 km/h e sufríu o peor accidente da súa carreira deportiva. Alonso colapsou un pulmón parcialmente e sufríu fracturas nas costelas, e foi substituídos por Stoffel Vandoorne para o Bahrain.[44] volveu no Gran Premio de China de 2016 pero só puido terminar 12º, un posto por diante do seu compañeiro Jenson Button. No Gran Premio de Rusia de 2016 Alonso anotou os seus primeiros puntos da tempada, acabando en sexto lugar, o segundo mellor desde que regresou a McLaren en 2015. Logrou outro gran resultado dúas carreiras máis tarde no Gran Premio de Mónaco de 2016, terminando quinto, aguantando o Mercedes de Nico Rosberg na última metade da carreira. Alonso non puntuou nas seguintes catro carreiras, retirouse do Gran Premio de Europa de 2016, e non puido terminar, pero clasificouse no posto 18 para no Gran premio de Austria de 2016. Logo das vacacións de verán no Gran Premio de Bélxica de 2016, Alonso e o seu ex compañeiro de equipo Lewis Hamilton, recolleron máis de 50 penalizacións na grella por cambiar máis pezas do motor que o permitido, e así ocuparon a parte posterior da grella. Con todo, Alonso e Hamilton loitaron na pista, beneficiándose da bandeira vermella producida polo accidente de Kevin Magnussen na parte superior de Eau Rouge, e terminaron 7° e 3° respectivamente. No Gran Premio de Malaisia de 2016, Alonso tivo unha penalización de 45 posicións na grella e comezou a carreira desde a parte posterior da grella, pero terminou na 7ª posición, do mesmo xeito que en Bélxica.

2017

Alonso pilotando para McLaren no Gran Premio do Reino Unido de 2017

Alonso asociouse co belga Stoffel Vandoorne para a tempada 2017.[45] En abril, Alonso anunciou que planeaba perder o Gran Premio de Mónaco de 2017 para competir nas 500 Millas de Indianápolis.[46]

Na clasificación para o Gran Premio de España de 2017, chegou á Q3 por primeira vez en 2017 e quedou impresionado cun sétimo lugar na grella de inicio.[47][48] Tamén amañouse para lograr a volta rápida da carreira no Gran Premio de Hungría de 2017.[49]

En setembro de 2017, McLaren anunciou que cambiarían a unidades de potencia Renault para 2018,[50] polo tanto, o 19 de outubro de 2017, McLaren anunciou que Fernando Alonso volvera a asinar para a tempada 2018 en diante.[51]

2018

O 14 de agosto de 2018, anunciou súa retirada da Fórmula 1 ao final da tempada.[Cómpre referencia]

2018

Fernando Alonso durante o Gran Premio de Azerbaixán

]]

Alonso continuou como compañeiro de Stoffel Vandoorne na tempada 2018.[52] No Gran Premio de Australia de 2018, Alonso obtivo o mellor resultado do equipo desde o 2016 cun quinto posto.[53] Con todo, en Bahrein, Alonso alcanzou a Q3 e terminou sétimo e dobrado.[54] Alonso admitiu que o sétimo posto fora unha mera "coincidencia" debido a retirada dos coches máis rápidos e que McLaren tiña moito traballo por diante.[55] No Gran Premio de Azerbaixán de 2018 Alonso víuse atrapado nunha colisión con outros dous coches entre as curvas dúas e tres na primeira volta e sufriu picadas en ambos os pneumáticos da dereita. No momento en que alcanzou a curva 15, dúas curvas antes da longa recta de boxes, quedou nas llantas. Alonso arrastrou o coche aos boxes, pero no proceso sufriu un dano considerable. Ao entrar no pit lane, o coche non era manexable, e Alonso bateu co muro do lado dereito. Alonso volveu a saír con pneumáticos e o aleron dianteiro novo. O coche resultou danado cun gran buraco no piso dianteiro, o que causou a perda de carga aerodinámica na parte dianteira e traseira. Alonso terminou sétimo dous lugares por diante do seu compañeiro de equipo Vandoorne, e o seu tempo medio de volta foi de 0,521 segundos máis rápido. Alonso describiría esta carreira como "unha das mellores carreiras da miña vida".[56] Na cualificación para o Gran Premio de España de 2018 Alonso cun McLaren MCL33 moi revisado alcanzou a Q3 por primeira vez en 2018, comezando a carreira en oitava posición na grella, logo terminou a carreira tamén en oitavo lugar.[57] O 14 de agosto de 2018, Alonso anunciou que non correría na Fórmula Un en 2019.[58][59] Na semana previa á súa última carreira (o Gran Premio de Abu zabi de 2018) McLaren anunciou que levarian unha librea especial para celebrar a súa carreira, esta sería a primeira vez que McLaren corría cunha librea especial desde o Gran Premio de Portugal de 1986.[60] Despois da carreira na volta de arrefriamento, Lewis Hamilton e Sebastian Vettel homenaxearon a Alonso flanqueándoo, cada un por un lado, nunha formación ata o comezo da reta de meta onde os tres executan roscos.[61]

2019 embaixador de carreiras de McLaren

O 27 de febreiro foi anunciado como embaixador de carreiras de McLaren. Neste papel, Alonso manterase estreitamente ligado ás actividades de McLaren Racing, axudando e asesorando aos pilotos e enxeñeiros do equipo. Tamén conducirá en probas seleccionadas para apoiar o desenvolvemento do MCL34 e MCL35 para o 2020.[62]

Indianapolis 500

Palmarés

Récords

  • Foi o piloto máis novo en vencer un GP con 22 anos e 26 días, en Hungría no 2003.
  • Foi o terceiro piloto máis novo en tomar a saída nun GP con 19 anos, 7 meses e 3 días.
  • Foi o piloto máis novo en acadar unha pole con 21 anos, 7 meses e 23 días.
  • Foi o piloto máis novo en acadar un Campionato do Mundo con 24 anos, 1 mes e 27 días.

Polémicas

No Gran Premio do Brasil de 2003, Alonso chocou a gran velocidade con restos do coche de Mark Webber ó intentar entrar rapidamente en boxes aproveitando o safety car, ignorando as bandeiras amarelas. Tras o choque, ondeouse a bandeira vermella e a carreira foi suspendida. O ovetense recibiu a terceira posición o final da carreira, deixando baleiro o terceiro chanzo do podio, xa que debeu ser evacuado o hospital. No Gran Premio de Europa de 2003, David Coulthard e Martin Whitmarsh acusárono de facer un brake test (frear bruscamente cando se está diante doutro piloto, facendo que o de detrás deba frear e evadir ó de diante) ó piloto escocés, pero non foi penalizado. Os comisarios do Gran Premio emitiron o seguinte comunicado: "Seguindo as recomendacions do director da proba, o incidente que involucrou os coches número 8 (Alonso) e 5 (Coulthard) foi investigado. Tanto os pilotos como os representantes dos seus equipos, foron chamados para que fixeran os seus descargos. Logo de escoitalos, ver os vídeos e a telemetría dos coches, foi comprobado que non houbo responsabilidade no incidente". No Gran Premio de Hungría de 2006, fixo un brake test a Robert Doornbos durante os entrenamientos, e foi sancionado coa adición do segundo a cada un dos tempos da clasificación[63]. Os comisarios calificaron as súas manobras de "innecesarias, inaceptables e peligrosas". No Gran Premio de Italia de 2006, foi sancionado por "bloquear intencionadamente o coche de Felipe Massa na súa volta rápida. O asturiano, que consideraba que non entorpecera en ningún momento o brasileiro, declarou que "xa non consideraba máis a Fórmula 1 un deporte".

Rexistro de carreiras

Traxectoria profesional

Tempada Series Equipo Carreiras Poles Gañadas V/rápidas Podios Puntos Posición
1999 Euro Open by Nissan Campos Motorsport 15 6 6 5 8 164
2000 International Formula 3000 Team Astromega 9 1 1 2 2 17
2001 Fórmula 1 European Minardi F1 Team 17 0 0 0 0 0 23º
2002 Fórmula 1 Mild Seven Renault F1 Team Piloto de probas
2003 Fórmula 1 Mild Seven Renault F1 Team 16 1 2 1 4 55
2004 Fórmula 1 Mild Seven Renault F1 Team 18 0 1 0 4 59
2005 Fórmula 1 Mild Seven Renault F1 Team 19 7 6 2 15 133
2006 Fórmula 1 Mild Seven Renault F1 Team 18 7 6 5 14 134
2007 Fórmula 1 Vodafone McLaren Mercedes 17 4 2 3 12 109
2008 Fórmula 1 ING Renault F1 Team 18 2 0 0 3 61
2009 Fórmula 1 ING Renault F1 Team 17 0 1 2 1 26
2010 Fórmula 1 Scuderia Ferrari Marlboro 19 5 2 5 10 252
2011 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 19 1 0 1 10 257
2012 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 20 3 2 0 13 278
2013 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 19 2 0 2 9 242
2014 Fórmula 1 Scuderia Ferrari 19 0 0 0 2 161
2015 Fórmula 1 McLaren Honda 18 0 0 0 0 11 17º
2016 Fórmula 1 McLaren Honda 20 0 0 1 0 54 10º
2017 Fórmula 1 McLaren Honda 19 0 0 1 0 17 15º
IndyCar Series Andretti McLaren Honda Autosport 1 0 0 0 0 47 29º
2018 Fórmula 1 McLaren F1 Team 21 0 0 0 0 50 11º
24 Horas de Le Mans Toyota Gazoo Racing 1 1 1 0 1 N/A
WeatherTech SportsCar Championship United Autosports 1 0 0 0 0 18 58º
2018–19 FIA World Endurance Championship Toyota Gazoo Racing 7 4 4 0 6 160 *
2019 WeatherTech SportsCar Championship Konica Minolta Cadillac 1 1 0 0 1 35 22º*

Resultados Completos na Fórmula Un

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Tempada Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 Pos Puntos
2001 European Minardi F1 Team Minardi PS01 European (Cosworth) 3.0 V10 AUS
12
MAL
13
BRA
Ret
SMR
Ret
ESP
13
AUT
Ret
MON
Ret
CAN
Ret
EUR
14
FRA
17†
GBR
16
ALE
10
HUN
Ret
BEL
Ret
ITA
13
USA
Ret
XPN
11
23º 0
2003 Mild Seven Renault F1 Team Renault R23 Renault RS23 3.0 V10 AUS
7
MAL
3
BRA
3
SMR
6
ESP
2
AUT
Ret
MON
5
CAN
4
EUR
4
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE
4
HUN
1
ITA
8
USA
Ret
XPN
Ret
55
2004 Mild Seven Renault F1 Team Renault R24 Renault RS24 3.0 V10 AUS
3
MAL
7
BHR
6
SMR
4
ESP
4
MON
Ret
EUR
5
CAN
Ret
USA
Ret
FRA
2
GBR
10
ALE
3
HUN
3
BEL
Ret
ITA
Ret
CHN
4
XPN
5
BRA
4
59
2005 Mild Seven Renault F1 Team Renault R25 Renault RS25 3.0 V10 AUS
3
MAL
1
BHR
1
SMR
1
ESP
2
MON
4
EUR
1
CAN
Ret
USA
NTS
FRA
1
GBR
2
ALE
1
HUN
11
TUR
2
ITA
2
BEL
2
BRA
3
XPN
3
CHN
1
133
2006 Mild Seven Renault F1 Team Renault R26 Renault RS26 2.4 V8 BHR
1
MAL
2
AUS
1
SMR
2
EUR
2
ESP
1
MON
1
GBR
1
CAN
1
USA
5
FRA
2
ALE
5
HUN
Ret
TUR
2
ITA
Ret
CHN
2
XPN
1
BRA
2
134
2007 Vodafone McLaren Mercedes McLaren MP4-22 Mercedes FO 108T 2.4 V8 AUS
2
MAL
1
BHR
5
ESP
3
MON
1
CAN
7
USA
2
FRA
7
GBR
2
EUR
1
HUN
4
TUR
3
ITA
1
BEL
3
XPN
Ret
CHN
2
BRA
3
109
2008 ING Renault F1 Team Renault R28 Renault RS27 2.4 V8 AUS
4
MAL
8
BHR
10
ESP
Ret
TUR
6
MON
10
CAN
Ret
FRA
8
GBR
6
ALE
11
HUN
4
EUR
Ret
BEL
4
ITA
4
SIN
1
XPN
1
CHN
4
BRA
2
61
2009 ING Renault F1 Team Renault R29 Renault RS27 2.4 V8 AUS
5
MAL
11
CHN
9
BHR
8
ESP
5
MON
7
TUR
10
GBR
14
ALE
7
HUN
Ret
EUR
6
BEL
Ret
ITA
5
26
Renault F1 Team SIN
3
XPN
10
BRA
Ret
ABU
14
2010 Scuderia Ferrari Marlboro Ferrari F10 Ferrari 056 2.4 V8 BHR
1
AUS
4
MAL
13†
CHN
4
ESP
2
MON
6
TUR
8
CAN
3
EUR
8
GBR
14
ALE
1
HUN
2
BEL
Ret
ITA
1
SIN
1
XPN
3
COR
1
BRA
3
ABU
7
252
2011 Scuderia Ferrari Marlboro Ferrari 150° Italia Ferrari 056 2.4 V8 AUS
4
MAL
6
CHN
7
TUR
3
ESP
5
MON
2
CAN
Ret
EUR
2
257
Scuderia Ferrari GBR
1
ALE
2
HUN
3
BEL
4
ITA
3
SIN
4
XPN
2
COR
5
IND
3
ABU
2
BRA
4
2012 Scuderia Ferrari Ferrari F-2012 Ferrari 056 2.4 V8 AUS
5
MAL
1
CHN
9
BAH
7
ESP
2
MON
3
CAN
5
EUR
1
RU
2
ALE
1
HUN
5
BEL
Ret
ITA
3
SIN
3
XPN
Ret
COR
3
IND
2
ABU
2
USA
3
BRA
2
278
2013 Scuderia Ferrari Ferrari F138 Ferrari 056 2.4 V8 AUS
2
MAL
Ret
CHN
1
BAH
8
ESP
1
MON
7
CAN
2
RU
3
ALE
4
HUN
5
BEL
2
ITA
2
SIN
2
COR
6
XPN
4
IND
11
ABU
5
USA
5
BRA
3
242
2014 Scuderia Ferrari Ferrari F14 T Ferrari 059/3 1.6 V6 t AUS
4
MAL
4
BAH
9
CHN
3
ESP
6
MON
4
CAN
6
AUT
5
RU
6
ALE
5
HUN
2
BEL
7
ITA
Ret
SIN
4
XPN
Ret
RUS
6
USA
6
BRA
6
ABU
9
161
2015 McLaren Honda McLaren MP4-30 Honda RA615H 1.6 V6 t AUS
NTS
MAL
Ret
CHN
12
BHR
11
ESP
Ret
MON
Ret
CAN
Ret
AUT
Ret
RU
10
HUN
5
BEL
13
ITA
18†
SIN
Ret
XPN
11
RUS
11
USA
11
MEX
Ret
BRA
15
ABU
17
15º 11
2016 McLaren Honda McLaren MP4-31 Honda RA616H 1.6 V6 t AUS
Ret
BHR CHN
12
RUS
6
ESP
Ret
MON
5
CAN
11
EUR
Ret
AUT
18†
GBR
13
HUN
7
ALE
12
BEL
7
ITA
14
SIN
7
MAL
7
XPN
16
USA
5
MEX
13
BRA
10
ABU
10
10º 54
2017 McLaren Honda McLaren MCL-32 Honda RA617H 1.6 V6 t AUS
Ret
CHN
Ret
BHR
14†
RUS
NTS
ESP
12
MON
CAN
16†
ACE
9
AUT
Ret
GBR
Ret
HUN
6
BEL
Ret
ITA
17†
SIN
Ret
MAL
11
XPN
11
USA
Ret
MEX
10
BRA
8
ABU
9
15º 17
2018 McLaren F1 Team McLaren MCL33 Renault R.E.18 1.6 V6 t AUS
5
BHR
7
CHN
7
ACE
7
ESP
8
MON
Ret
CAN
Ret
FRA
16
AUT
8
GBR
8
ALE
16
HUN
8
BEL
Ret
ITA
Ret
SIN
7
RUS
14
XPN
14
USA
Ret
MEX
Ret
BRA
17
ABU
11
11º* 50*
Predecesor:
Michael Schumacher
Campión da Fórmula 1
2005-2006
Sucesor:
Kimi Räikkönen

Resultados nas carreiras americanas de rodas abertas

IndyCar Series

anor Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Puntos
2017 McLaren-Honda-Andretti Dallara DW12 Honda STP LBH ALA PHX IMS INDY
24
DET DET TXS ROA IOW TOR MDO POC GTW WGL SNM 29º 47

500 Millas de Indianápolis

ano Chasis Motor Saída Final Equipo
2017 Dallara Honda 5 24 McLaren-Honda-Andretti

Resultado nas carreiras de resistencia

Campionato WeatherTech SportsCar

Ano Equipo Clase Modelo Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Pos. Puntos
2018 United Autosports P Ligier JS P217 Gibson GK428 4.2 L V8 DAY
13
SEB LBH MDO DET WGL MOS ELK LGA PET 58º 18
2019 Konica Minolta Cadillac DPi Cadillac DPi-V.R Cadillac 5.5 L V8 DAY
1
SEB LBH MDO DET WGL MOS ELK LGA PET 1º* 35*

* Tempada en disputa.

Resultados completos nas 24 Horas de Daytona

Ano Equipo Co-pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
pos.
2018 United Autosports Philip Hanson
Lando Norris
Ligier JS P217-Gibson P 718 38º 13º
2019 Konica Minolta Cadillac Kamui Kobayashi
Jordan Taylor
Países Baixos Renger van der Zande
Cadillac DPi-V.R DPi 593

Resultados completos do campionato mundial de resistencia da FIA

Ano Equipo Clase Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos
2018–19 Toyota Gazoo Racing LMP1 Toyota TS050 Hybrid Toyota 2.4 L Turbo V6 (Híbrido) SPA
1
LMS
1
SIL
DSC
FUJ
2
SHA
2
SEB
1
SPA
1
LMS
1
1º* 198

* Tempada en disputa.

Resultados nas 24 Horas de Le Mans

ano Equipo Co-Pilotos Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
2018 Toyota Gazoo Racing Suíza Sébastien Buemi
Kazuki Nakajima
Toyota TS050 Hybrid LMP1 388
2019 Toyota Gazoo Racing Suíza Sébastien Buemi
Kazuki Nakajima
Toyota TS050 Hybrid LMP1 388

Notas

  1. "F1 media sees Alonso as best driver on current grid". f1i.com. 27 de outubro de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  2. "Researchers Say Juan Manuel Fangio Was the Greatest F1 Driver of All Time". roadandtrack.com. 20 de abril de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  3. "Fernando Alonso: McLaren-Honda driver still Formula 1's gold standard". 21 de outubro de 2016. Consultado o 28 de febreiro de 2017 – vía www.bbc.com. 
  4. "Formula 1's greatest drivers. Number 10: Fernando Alonso". 25 de xullo de 2012. Consultado o 28 de febreiro de 2017 – vía www.bbc.com. 
  5. "Hamilton: Alonso is one of the best drivers F1 has ever seen". grandprix247.com. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  6. "Best Formula One Drivers of All Time – Top Ten List". thetoptens.com. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  7. MARCA.com. "More Sports: Hamilton: "Alonso is one of the best drivers F1 has ever seen" – MARCA.com (English version)". marca.com. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  8. "Fernando Alonso was Formula 1's best driver in 2014". givemesport.com. 16 de xaneiro de 2015. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  9. Jamie Klein (17 de xuño de 2018). "Le Mans 24h: Toyota breaks curse, Alonso wins on debut". Motorsport.com. Consultado o 17 de xuño de 2018. 
  10. "Fernando Alonso gana el Mundial con un inesperado triunfo en Le Mans". Marca (en castelán). 16 de xuño de 2019. Consultado o 16 de xuño de 2019. 
  11. "Fernando Alonso retires from Indy 500 as Honda engine fails". SkySports.com. Consultado o 28 de maio de 2017. 
  12. "McLaren Formula 1 – Fernando to race at iconic Daytona 24 Hours". mclaren.com. Consultado o 5 de novembro de 2017. 
  13. "Fernando Alonso. Biography." (en Spanish). Biografías y Vidas. Consultado o 26 de agosto de 2012. 
  14. "2007 FIA Gala Awards Gallery". The Official Formula 1 Website. Consultado o 16 de decembro de 2007. 
  15. "The girls in pole position". Mail on Sunday (Associated Newspapers). 25 de febreiro de 2007. p. 34. 
  16. "Alonso confirms divorce". Planet F1. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 21 de decembro de 2011. 
  17. Young, Byron (22 de maio de 2011). "Fernando Alonso returns to live in Spain". Daily Mirror (Trinity Mirror). Consultado o 23 de maio de 2011. 
  18. "Fernando Alonso biography, net worth, quotes, wiki, assets, cars, homes and more". Rich Files. 
  19. "Face to face with Fernando". ferrari.com. 6 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2013. 
  20. "Alonso has 'samurai' tattoo". MSN Sports. 26 de marzo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2014. Consultado o 24 de maio de 2014. 
  21. "Fernando Alonso reveals his new tattoo". typicallyspanish.com. 2 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2012. Consultado o 24 de maio de 2014. 
  22. http://grandprix247.com/2013/04/16/alonsos-model-girlfriend-dasha-kapustina-is-his-lucky-charm/
  23. Wynn, Nigel (2 de setembro de 2013). "Fernando Alonso buys Euskaltel's WorldTour licence". Cycling Weekly. IPC Media Limited. Consultado o 2 de setembro 2013. 
  24. Wynn, Nigel (23 de setembro de 2013). "Fernando Alonso fails to make agreement with Euskaltel team". Cycling Weekly. Consultado o 24 de setembro de 2013. 
  25. "Fernando Alonso steps up bid to save Euskaltel Euskadi cycling team". NDTV Sports. Associated Press. 7 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2013. Consultado o 10 de setembro de 2013. 
  26. "Fernando Alonso in for a ticking off". grandprix.com. 16 de abril de 2003. Consultado o 13 de setembro de 2007. 
  27. "Fernando Alonso". The Price of Asturias Foundation. 2005. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 17 de xaneiro de 2007. 
  28. "Qualifying – selected driver quotes". formula1.com (Formula One Administration). 18 de marzo de 2006. Consultado o 31 de outubro de 2010. 
  29. "Malaysian Grand Prix – selected driver quotes". formula1.com (Formula One Administration). 19 de marzo de 2006. Consultado o 31 de outubro de 2010. 
  30. "Schumacher is stripped of pole". formula1.com (Formula One Administration). 27 de maio de 2006. Consultado o 31 de outubro de 2010. 
  31. "Renault on the ropes after Hockenheim?". formula1.com (Formula One Administration). 30 de xullo de 2006. Consultado o 31 de outubro de 2010. 
  32. "Räikkonen steals pole in Hungary". The Official Formula 1 Website. 2006. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2007. Consultado o 17 de xaneiro de 2007. 
  33. "Hungarian Grand Prix 2006 review". F1Fanatic.co.uk. 6 de agosto de 2006. Consultado o 15 de agosto de 2007. 
  34. "Alonso punished for blocking Massa". formula1.com (Formula One Administration). 9 de setembro de 2006. Consultado o 31 de outubro de 2010. 
  35. "Hamilton eyes Alonso-Ferrari F1 challenge". Orange Uganda (Orange). AFP. 10 de setembro de 2009. Consultado o 31 de outubro de 2010. 
  36. Strang, Simon (14 de novembro de 2010). "Defeated Alonso defends pit strategy". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 14 de novembro de 2010. 
  37. "Fernando Alonso to stay at Ferrari until 2016". Formula1.com (Formula One Administration). 19 de maio de 2011. Consultado o 19 de maio de 2011. 
  38. "Masterful Alonso triumphs at Hockenheim". Formula1.com (Formula One Administration). 22 de xullo de 2012. Consultado o 24 de xullo de 2012. 
  39. Benson, Andrew (11 de xaneiro de 2014). "Formula 1's governing body confirm drivers' numbers". BBC Sport (BBC). Consultado o 26 de outubro de 2014. 
  40. http://www.bbc.co.uk/sport/0/formula1/30430564
  41. Agencia EFE (3 de marzo de 2015). "Fernando Alonso no correrá en Australia por recomendación médica". Superdeporte (en español). Consultado o 3 de marzo de 2015. 
  42. Franco, Manuel (9 de xunio de 2015). "Fernando Alonso está a 70 caballos de Ferrari y Mercedes". AS (en español). Consultado o 10 de xunio de 2015. 
  43. Lines, Chris (20 de marzo de 2016). "Alonso Flips Car After Dramatic Collision at Australian GP". ABC News (Melbourne: ABC Internet Ventures). Associated Press. Consultado o 20 de marzo de 2016. 
  44. Benson, Andrew (31 de marzo de 2016). "Fernando Alonso out of Bahrain GP with rib injury following lung collapse". BBC Sport. Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  45. "Jenson Button won't race in F1 in 2017, but could still return in 2018". skysports.com. 16 de setembro de 2016. Consultado o 13 de novembro de 2016. 
  46. Benson, Andrew (12 de abril de 2017). "Fernando Alonso: McLaren driver to miss Monaco Grand Prix for Indianapolis 500". BBC Sport. Consultado o 12 de abril de 2017. 
  47. "Alonso targets McLaren's first points of season after stunning qualifying lap". sport.co.uk. Consultado o 14 de maio de 2017. 
  48. "Spanish GP: Alonso stuns with home charge to P7 on grid". m.crash.net. Consultado o 14 de maio de 2017. 
  49. Gilboy, James. "Fernando Alonso Sets Fastest Lap at the Hungarian Grand Prix". The Drive. Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  50. Duncan, Phil (15 de setembro de 2017). "McLaren confirm Honda divorce and sign three-year Renault deal". The Telegraph (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2017. 
  51. "Alonso reveals McLaren contract is multi-year deal". F1i.com (en inglés). 19 de outubro de 2017. Consultado o 20 de outubro de 2017. 
  52. "2018 F1 Entry List". Federation Internationale de l'Automobile. 2015-03-14. Consultado o 2018-03-30. 
  53. "Winners and Losers – Australian GP edition". Formula1.com. Consultado o 2018-03-30. 
  54. Benson, Andrew (9 de abril de 2018). "Bahrain Grand Prix: Did Toro Rosso show Honda engine programme is on right track?". BBC Sport. Consultado o 11 de abril de 2018. 
  55. Elizade, Pablo (8 de abril de 2018). "Alonso: McLaren flattered by "coincidence" Bahrain result". Motorsport.com. Consultado o 11 de abril de 2018. 
  56. "Inside McLaren: Secrets of Fernando Alonso's unbelievable Baku drive". 2 de maio de 2018. Consultado o 10 de maio de 2018 – vía www.bbc.co.uk. 
  57. "Spanish GP: Fernando Alonso happy with McLaren improvements after qualifying eighth – formula1 News – Sky Sports". www.skysports.com. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  58. "McLaren confirms Fernando Alonso decision". mclaren.com. 14 de agosto de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  59. Mitchell, Scott (14 de agosto de 2018). "Fernando Alonso will not race in Formula 1 in 2019". Autosport.com. Consultado o 14 de agosto de 2018. 
  60. "McLaren reveal one-off livery for Alonso's final race". Formula1.com. 2018-11-21. Consultado o 22 de novembro de 2018. 
  61. "Alonso "grateful" for Hamilton & Vettel gesture". formulaspy.com. 25 de novembro de 2018. Consultado o 3 de decembro de 2018. 
  62. "McLaren Formula 1 - Fernando Alonso to become McLaren Racing ambassador". www.mclaren.com. Consultado o 28 February 2019. 
  63. "Alonso, sancionado con 2 segundos para los entrenamientos oficiales del GP de Hungría". Nova na páxina web da Cadena Ser. 4 de agosto de 2006. Consultado o 24 de xullo de 2007. 

Véxase tamén

Ligazóns externas