José Manuel Baltar Blanco: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
https://elpais.com/politica/2017/05/23/actualidad/1495559990_865914.html
Liña 92: Liña 92:
* Sucede ao seu pai á fronte da Deputación, un caso único no estado español.<ref>{{Cita novas|data=2012-01-26|xornal=La Voz de Galicia|título=Nacido para heredar|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/01/26/nacido-heredar/0003_201201G26P6992.htm|lingua=es-ES|data-acceso=2018-11-16}}</ref><ref>{{Cita novas|data=2012-01-26|xornal=La Voz de Galicia|título=Nacido para heredar|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/01/26/nacido-heredar/0003_201201G26P6992.htm|lingua=es-ES|data-acceso=2018-11-16}}</ref>
* Sucede ao seu pai á fronte da Deputación, un caso único no estado español.<ref>{{Cita novas|data=2012-01-26|xornal=La Voz de Galicia|título=Nacido para heredar|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/01/26/nacido-heredar/0003_201201G26P6992.htm|lingua=es-ES|data-acceso=2018-11-16}}</ref><ref>{{Cita novas|data=2012-01-26|xornal=La Voz de Galicia|título=Nacido para heredar|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2012/01/26/nacido-heredar/0003_201201G26P6992.htm|lingua=es-ES|data-acceso=2018-11-16}}</ref>
* Financiamento de 2.7 millóns de euros ao xornal local [[La Región]] a cambio dun arquivo valorado pola [[Xunta de Galicia]] en menos de 150.000 euros.<ref>{{Cita novas|título=La Justicia investiga por qué Baltar pagó 2,7 millones a un periódico por un archivo que la Xunta valora en 150.000 euros|url=https://www.publico.es/espana/justicia-investiga-baltar-pago-2-7-millones-periodico-archivo-xunta-valora-150000-euros.html|lingua=es-ES|data-acceso=2018-11-16}}</ref>
* Financiamento de 2.7 millóns de euros ao xornal local [[La Región]] a cambio dun arquivo valorado pola [[Xunta de Galicia]] en menos de 150.000 euros.<ref>{{Cita novas|título=La Justicia investiga por qué Baltar pagó 2,7 millones a un periódico por un archivo que la Xunta valora en 150.000 euros|url=https://www.publico.es/espana/justicia-investiga-baltar-pago-2-7-millones-periodico-archivo-xunta-valora-150000-euros.html|lingua=es-ES|data-acceso=2018-11-16}}</ref>
* Denuncia dunha muller que supostamente aceptou relacións sexuais a cambio dun posto de traballo público.<ref>{{Cita novas|apelidos=Vigo|nome=Faro de|título=Una mujer denuncia que Baltar le ofreció un puesto de trabajo a cambio de sexo|url=https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/10/27/mujer-denuncia-baltar-prometerle-trabajo/1339517.html|data-acceso=2018-11-16}}</ref>


==Notas==
==Notas==

Revisión como estaba o 13 de decembro de 2019 ás 23:32

José Manuel Baltar Blanco
Nacemento3 de agosto de 1967
Lugar de nacementoOurense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
PaiXosé Luís Baltar
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Baltar Blanco, fillo de Xosé Luis Baltar e sucesor seu na Deputación de Ourense. [1] Nado en Ourense o 3 de agosto de 1967, é un político galego, militante do PPdeG. [2] Está casado con María José Caldelas e ten cinco fillos. [3]

Concelleiro no concello de Esgos e presidente da Deputación Provincial de Ourense dende o 6 de febreiro de 2012, e presidente do PPdeG na provincia de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso Provincial. Presidente de [Partenalia, asociación europea de gobernos provinciais, integrada por autoridades locais intermedias de países europeos.

Traxectoria

Formación

Licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990. Master en Dirección de Recursos Humanos, impartido polo Centro de Estudos Financeiros en 1993.

Curso Superior en Dereito Administrativo, impartido pola Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela no ano 1994.

Diplomado en Contabilidade e Análise Económico-Financeiro por Finances, Accountancy and Management Education School ano 1995.

Curso Superior en Dereito Ambiental, impartido pola Escola Galega de Administración Pública ano 1996.

Diploma de Directivo da Xunta de Galicia: Curso IX ano 1993.

Actividade política

Membro dende o ano 2000 do Comité Executivo Provincial, da Xunta Directiva Provincial e do Comité de dirección do Partido Popular de Ourense.

Coordinador da Área de Acción Política do Partido Popular de Ourense (ata o ano 2002), secretario da Área de Acción Política do Partido Popular de Ourense entre os anos 2002 e 2004 e Coodinador Orgánico do Partido Popular de Ourense no período 2004 ao 2006.

Foi Responsable de Mobilización Electoral do Comité de Campaña do Partido Popular de Ourense nos procesos electorais celebrados no período 2000-2005.

Membro dende o ano 2001 da Xunta Directiva do Partido Popular de Galicia.

Foi Membro do Equipo Redactor do Programa do Partido Popular de Galicia para as Eleccións Locais do ano 2003.

Coordinador do Grupo de Traballo do Partido Popular de Galicia sobre o relatorio "ESTATUTOS" do Congreso Nacional do Partido Popular do ano 2002.

Membro da Comisión Organizadora do XIII Congreso Rexional do Partido Popular de Galicia no ano 2006.

Coordinador do Comité de Campaña do Partido Popular de Ourense nas Eleccións Locais do 2007 e nas Eleccións Xerais do 2008, e membro da Xunta Comarcal de Ourense do Partido Popular.

E membro do Comité executivo do Partido Popular de Galicia dende o ano 2009 e membro do Comité de Dirección do Partido Popular de Galicia dende 2010.

Presidente do Partido Popular de Ourense dende o 30 de xaneiro de 2010, cando foi elixido no XV Congreso provincial, cargo que revalidou o 16 de marzo de 2013, no XVI Congreso provincial, e que ostenta ata a actualidade.

Foi delegado provincial en Ourense da Consellería de Agricultura e vocal de Expourense e da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, onde presidiu a Comisión de Promoción Agroalimentaria.

Na VI Lexislatura accedeu ó Parlamento de Galicia onde presidiu a Comisión de Industria, sendo Voceiro de Emprego do Grupo Popular e membro do seu comité de dirección.

Na VII Lexislatura foi elixido Vicesecretario da Mesa do Parlamento e é poñente da reforma do Estatuto de Autonomía e tamén da reforma do Regulamento do Parlamento. Tamén é Secretario da Deputación Permanente. É concelleiro en Esgos, onde foi tenente alcalde na pasada lexislatura. Tamén figura como suplente de deputado provincial. Foi o coordinador de campaña do PP de Ourense para as eleccións xerais de 2008.

O 6 de febreiro de 2012 foi elixido presidente da Deputación de Ourense, logo da dimisión de Xosé Luís Baltar [4].

Datos Profesionais e Experiencia Laboral

Funcionario do Corpo Superior de Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia dende o ano 1993, letrado do Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Ourense e Xefe do Servizo Técnico-Xurídico da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Política Agroalimentaria e desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia.

En 1991 comeza a súa andaina profesional como membro do Gabinete Xurídico Calvo Sobrino de Ourense e como Asesor Xurídico do Banco Central de Ourense.

Durante o ano 1992 forma parte, coma Asesor Parlamentario, do Gabinete do Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

No período comprendido entre os anos 1993 e 1997 e nomeado Xefe do Servicio Técnico Xurídico da Delegación Provincial en Ourense da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Tamén e nomeado Secretario do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, Secretario da Xunta Provincial de Parcerías e Arrendamentos Rústicos Históricos e Secretario das Xuntas Locais de Concentración Parcelaria.

Durante o período entre os anos 1998 e 2001 e nomeado Delegado Provincial en Ourense da Consellería de Agricultura e Política Agroalimentaria e comeza a formar parte do Padroado da Fundación “Feiras e Exposicións de Ourense” EXPOURENSE.

Tamén no período que vai desde 1999 ata o ano 2001 entra a formar parte coma Membro do Pleno da Cámara de Comercio e Industria de Ourense, sendo nomeado no ano 2000 Presidente da Comisión de Promoción Agroalimentaria.

No ano 2001 sae elixido Deputado do Parlamento de Galicia na VI lexislatura, tomando posesión  o día 20 de novembro, onde repite nas eleccións do ano 2005, na VII lexislatura, sendo nomeado Vicesecretario da Mesa. Volve saír elixido Deputado nas eleccións do ano 2009, na VIII lexislatura, sendo esta vez nomeado vicepresidente 1º da Mesa do Parlamento.

O día 6 de febreiro do ano 2012 e elixido Presidente da Excma. Deputación Provincial de Ourense, cargo no que repite o ser nomeado novamente o 14 de xullo de 2015, e que ostenta ata a actualidade.


Predecesor:
Xosé Luís Baltar
 
Presidente da deputación de Ourense
 
2012 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Outros datos

Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018.

Presidente fundador de “ATLÁNTIDA”, Instituto Ourensán de estudos sociais e políticos.

Foi voceiro, membro do consello de administración, conselleiro-delegado, Presidente e Coordinador Xeral do Club Ourense Baloncesto durante o período 1997-2000.

Presidente do INORDE dende o 2013 ata o 2015.

Desde o ano 2012 e Presidente do Padroado da UNED, membro da comisión Permanente da Fundación Democracia e Goberno Local e membro da Comisión Executiva da Federación Española de Municipios con Centrais Hidroeléctricas, do que Vicepresidente desde o ano 2015.

Presidente do Consello Termal Ourensán desde o ano 2014.

Membro do Padroado da Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, membro do Consello de Administración de MEISA (Estación de Montaña de Manzaneda) e Presidente do Consorcio Provincial de Incendio de Ourense, desde o ano 2015. Tamén, desde ese mesmo ano, Membro da Xunta de Goberno, do Consello Territorial e da Subcomisión Deputación da FEMP, na que foi nomeado o 30 de maio do 2017 coma Representante no pleno da Rede de Iniciativas Urbanas, en calidade de Titular, e Vicepresidente de Partenalia.

Vicepresidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais, desde o 4 de outubro do 2017.

Presidente de Partenalia desde o 24 de maio de 2018.

Polémicas

Xosé Manuel Baltar Blanco viuse envolto en polémicas dende a súa designación como presidente da Deputación de Ourense:

  • Sucede ao seu pai á fronte da Deputación, un caso único no estado español.[5][6]
  • Financiamento de 2.7 millóns de euros ao xornal local La Región a cambio dun arquivo valorado pola Xunta de Galicia en menos de 150.000 euros.[7]

Notas

  1. "José Manuel Baltar se confirma como sucesor de su padre en la Diputación de Ourense". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-01-29. Consultado o 2018-11-16. 
  2. "JOSÉ MANUEL BALTAR BLANCO". Partido Popular (en castelán). Consultado o 2018-11-16. 
  3. Región, La. "Nace Alonso Baltar Caldelas, hijo de Manuel Baltar y María José Caldelas". La Región (en castelán). Consultado o 2018-11-16. 
  4. Baltar asume la Diputación de Ourense con la promesa de gobernar sin influencias externas
  5. "Nacido para heredar". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-01-26. Consultado o 2018-11-16. 
  6. "Nacido para heredar". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-01-26. Consultado o 2018-11-16. 
  7. "La Justicia investiga por qué Baltar pagó 2,7 millones a un periódico por un archivo que la Xunta valora en 150.000 euros" (en castelán). Consultado o 2018-11-16. 

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas