Begoña Lasagabaster: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 16: Liña 16:
[[Categoría:Personalidades da política do País Vasco]]
[[Categoría:Personalidades da política do País Vasco]]
[[Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)]]
[[Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)]]
[[Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)]]

Revisión como estaba o 13 de decembro de 2019 ás 18:32

Begoña Lasagabaster
Nacemento22 de setembro de 1962
Lugar de nacementoIrún
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónpolítica e avogada
editar datos en Wikidata ]

Begoña Lasagabaster Olazabal, nada en Irún o 22 de setembro de 1962, é unha avogada e política vasca de ideoloxía independentista vasca e militante de Eusko Alkartasuna. Deputada do Congreso dende 1996 para tres lexislaturas consecutivas. Foi a representante do seu partido político, EA, no Congreso até o 1 de abril de 2008.

Licenciada en Dereito pola Universidade de Salamanca e diplomada en Altos Estudos Europeos, especialidade xurídica, polo Colexio de Europa (Bruxas, Bélxica), é avogada especializada en Dereito Comunitario, Dereito Civil e Dereito Internacional Privado.

Foi secretaria de Carlos Garaikoetxea cando este foi membro do Parlamento Europeo, entre 1987 e 1991.

Militante de Eusko Alkartasuna, foi responsable de relacións internacionais da súa Executiva Nacional e foi elixida deputada ao Congreso dos Deputados por Guipúscoa en 1996, 2000 e 2004. Foi Vicepresidenta do Consello Vasco do Movemento Europeo.