Diada de Cataluña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Setembro mediante HotCat
Maria zaos (conversa | contribucións)
m nova clave para a Categoría:Celebracións do día: "setembro" mediante HotCat
Liña 28: Liña 28:
[[Categoría:Festas de Cataluña]]
[[Categoría:Festas de Cataluña]]
[[Categoría:Símbolos de Cataluña]]
[[Categoría:Símbolos de Cataluña]]
[[Categoría:Celebracións do día]]
[[Categoría:Celebracións do día|setembro]]
[[Categoría:Setembro]]
[[Categoría:Setembro]]

Revisión como estaba o 9 de decembro de 2019 ás 22:53

Ofrendas durante a Diada

A Diada Nacional de Cataluña ou Diada do Once de Setembro (en catalán: Diada de l'Onze de Setembre) é a festa nacional de Cataluña, que ten lugar cada 11 de setembro.

Historia

Este día conmemórase a caída de Barcelona despois de meses de asedio en 1714 perante o duque de Berwick durante a Guerra de Sucesión na que os Borbón, co seu candidato, o futuro Filipe V, e a casa dos Austrias, co arquiduque Carlos, loitaban para se faceren coa coroa de España.

Coa vitoria da dinastía dos Borbón, implántase un sistema político uniforme, derrogándose os privilexios nobiliarios e os sistemas legais provenientes dos diferentes reinos medievais que formaban a España da época. Por iso, o 11 de setembro tamén se lembra a conseguinte abolición das institucións catalás rexidas pola dinastía dos Austrias.

Institucionalización

O Parlamento de Cataluña, no ano 1980, declarou institucionalmente o 11 de setembro como festa nacional de Cataluña. Así fica recollido no artigo 8.1 do Estatuto de Autonomía de 2006, onde se declara:

Cataluña, definida como nacionalidade no artigo 1, ten como símbolos nacionais a bandeira, a festa e o himno.

e no artigo 8.3, que establece:

A festa de Cataluña é a Festividade do Once de Setembro.

Véxase tamén

Ligazóns externas