Gerolamo Cardano: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 40: Liña 40:
Cardano é hoxe coñecido polos seus múltiples intereses e as súas dúas enciclopedias de saberes, ''De subtilitate rerum'' (1550) e ''De varietate rerum'' (1559) conteñen unha ampla variedade de invencións, feitos e coñecementos que hoxe se consideran máxicos ou supersticiosos.
Cardano é hoxe coñecido polos seus múltiples intereses e as súas dúas enciclopedias de saberes, ''De subtilitate rerum'' (1550) e ''De varietate rerum'' (1559) conteñen unha ampla variedade de invencións, feitos e coñecementos que hoxe se consideran máxicos ou supersticiosos.


Como médico foi o primeiro en describir a [[febre tifoide]] e comentou obras de [[Galeno]] e [[Hipócrates]]. O seu ''Contradicentium medicorum'', de 1536, trata temas de discusión na medicina do século XVI e ''Liber somnorium'' é a última onirocrítica de raíces antigas e medievais, o que o converte nun texto valiosísimo citado por [[Sigmund Freud|Freud]] en ''[[A interpretación dos soños|Die Traumdeutung]]''.
Como médico foi o primeiro en describir a [[febre tifoide]] e comentou obras de [[Galeno]] e [[Hipócrates]]. O seu ''Contradicentium medicorum'', de 1536, trata temas de discusión na medicina do século XVI e ''Liber somnorium'' é a última onirocrítica de raíces antigas e medievais, o que o converte nun texto valiosísimo citado por
'''nieves eres la mejor me quitas los puntos negros?'''
[[Sigmund Freud|Freud]] en ''[[A interpretación dos soños|Die Traumdeutung]]''.


Destaca polos seus traballos na [[álxebra]]. En 1539 publicou o libro de aritmética ''Practica arithmetica et mensurandi singulares''. Na súa obra ''Ars magna'' (1545) publicou as solucións ás [[ecuación de terceiro grao|ecuacións de terceiro]] e [[ecuación de cuarto grao|cuarto grao]]. A solución a un caso particular de ecuación cúbica, en notación moderna <math>x^3+ax=b</math> foille comunicada a través de [[Niccolò Fontana Tartaglia|Niccolò Fontana]] ''Tartaglia'', a quen Cardano xurara non desvelar o segredo da resolución. Porén, Cardano considerou que o xuramento acabara tras obter información doutras fontes, polo que polemizou con Tartaglia, a quen ademais cita. En realidade o achado das solucións das ecuacións cúbicas non se debe a ningún dos dous, senón a [[Scipione dal Ferro]] contra o 1515 e hoxe recoñécese a honradez de Cardano que así o recoñecía no seu libro.
Destaca polos seus traballos na [[álxebra]]. En 1539 publicou o libro de aritmética ''Practica arithmetica et mensurandi singulares''. Na súa obra ''Ars magna'' (1545) publicou as solucións ás [[ecuación de terceiro grao|ecuacións de terceiro]] e [[ecuación de cuarto grao|cuarto grao]]. A solución a un caso particular de ecuación cúbica, en notación moderna <math>x^3+ax=b</math> foille comunicada a través de [[Niccolò Fontana Tartaglia|Niccolò Fontana]] ''Tartaglia'', a quen Cardano xurara non desvelar o segredo da resolución. Porén, Cardano considerou que o xuramento acabara tras obter información doutras fontes, polo que polemizou con Tartaglia, a quen ademais cita. En realidade o achado das solucións das ecuacións cúbicas non se debe a ningún dos dous, senón a [[Scipione dal Ferro]] contra o 1515 e hoxe recoñécese a honradez de Cardano que así o recoñecía no seu libro.

Revisión como estaba o 9 de decembro de 2019 ás 22:28

Infotaula de personaGerolamo Cardano
Biografía
Nacemento24 de setembro de 1501
Pavia Editar o valor em Wikidata
Morte21 de setembro de 1576
Roma, Estados Pontificios
Datos persoais
País de nacionalidadeItalia Italia
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Pavía
Coñecido porÁlxebra
Actividade
Campo de traballoMatemáticas
Medicina
Lugar de traballo Padua
Boloña
Pavia
Milán
Roma Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , inventor , enxeñeiro , astrólogo , matemático , médico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Boloña
Universidade de Pavia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosGaspare Tagliacozzi (pt) Traducir e Simone Simoni (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua latina e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoLodovico Ferrari (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLucia Banderini
FillosGiovanni Battista Cardano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisFazio Cardano (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Chiara Micheri (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Cardano-3

Gerolamo Cardano, nado en Pavía o 24 de setembro de 1501 e finado en Roma o 21 de setembro de 1576 foi un médico, matemático, astrólogo e estudoso do azar italiano, coñecido tamén como Girolamo Cardano, Geronimo Cardano e Hyeronimus Cardanus.

Filósofo e enciclopedista, foi autor dunha das primeiras autobiografías modernas.

Traxectoria

Gerolamo Cardano era fillo ilexítimo de Fazio Cardano, avogado con talento para as matemáticas, que foi amigo de Leonardo da Vinci. En 1520 ingresou na Universidade de Pavía e estudou medicina en Padua, conseguindo moi boas cualificacións. Finalmente acadou unha considerable sona como médico en Saccolongo, preto de Padua, e os seus servizos foron moi valorados entre a clase alta, chegando a atender o arcebispo escocés de Saint Andrews. En 1539 foi aceptado no Colexio Médico de Milán.

En Boloña Cardano foi acusado de herexía en 1570 polo ton polémico e agudo dos seus escritos e por escribir o horóscopo de Xesús de Nazaret en 1554. Foi procesado e pasou varios meses en prisión, ata que abxurou e logrou a liberdade coa prohibición de publicar.

Mudouse entón a Roma e conseguiu unha pensión do papa Gregorio XIII. Alí practicou a medicina, escribiu libros médicos e rematou a súa autobiografía. Morreu na mesma cidade (segundo unha lenda, o día que el predixera) e o seu corpo foi levado a Milán e soterrado na igrexa de San Marcos.

Obra

De propria vita, 1821

Cardano é hoxe coñecido polos seus múltiples intereses e as súas dúas enciclopedias de saberes, De subtilitate rerum (1550) e De varietate rerum (1559) conteñen unha ampla variedade de invencións, feitos e coñecementos que hoxe se consideran máxicos ou supersticiosos.

Como médico foi o primeiro en describir a febre tifoide e comentou obras de Galeno e Hipócrates. O seu Contradicentium medicorum, de 1536, trata temas de discusión na medicina do século XVI e Liber somnorium é a última onirocrítica de raíces antigas e medievais, o que o converte nun texto valiosísimo citado por

nieves eres la mejor me quitas los puntos negros? 

Freud en Die Traumdeutung.

Destaca polos seus traballos na álxebra. En 1539 publicou o libro de aritmética Practica arithmetica et mensurandi singulares. Na súa obra Ars magna (1545) publicou as solucións ás ecuacións de terceiro e cuarto grao. A solución a un caso particular de ecuación cúbica, en notación moderna foille comunicada a través de Niccolò Fontana Tartaglia, a quen Cardano xurara non desvelar o segredo da resolución. Porén, Cardano considerou que o xuramento acabara tras obter información doutras fontes, polo que polemizou con Tartaglia, a quen ademais cita. En realidade o achado das solucións das ecuacións cúbicas non se debe a ningún dos dous, senón a Scipione dal Ferro contra o 1515 e hoxe recoñécese a honradez de Cardano que así o recoñecía no seu libro.

O seu libro sobre os xogos de azar Liber de ludo aleae, escrito na década de 1560, mais publicado postumamente en 1663, constitúe o primeiro tratado serio de probabilidade.

Cardano contribuíu á hidrodinámica apoiándose en esquemas do século XV e mantivo que o movemento perpetuo era imposible agás nos corpos celestes. Introduciu a grade de Cardano, ferramenta criptográfica en 1550 e desenvolveu un dispositivo que permite conservar a horizontalidade mediante dous eixes que xiran en ángulo. Este dispositivo emprégase na actualidade en millóns de vehículos e é coñecido como cardán. Tamén deseñou outro artefacto para o asentamento dos compases nos barcos.

Na filosofía escribiu sobre temas morais (De consolatione, De sapientia, Proxeneta) e en De immortalitate animorum reabriu unha discusión que tiveran anos antes Pietro Pomponazzi, Agostino Nifo, Alessandro Achillini e Marcantonio Zimara sobre que podía dicir a razón natural sobre a inmortalidade do home. Cardano opoñíase a Pietro Pomponazzi, seguidor de Alexandre de Afrodisias.

Os seus libros biográficos son dúas obras mestras, que fan ademais un retrato excelente do que puido ser un sabio do século XVI e a valoración dos seus libros.

Listaxe das obras

  • De malo recentiorum medicorum usu libellus, Venecia, 1536 (medicina).
  • Practica arithmetice et mensurandi singularis, Milán, 1539 (matemáticas).
  • De consolatione, Venecia, 1542 (filosofía).
  • De sapientia, Núremberg, 1544 (filosofía).
  • Artis magnae, sive de regulis algebraicis —coñecido como Ars Magna—, Núremberg, 1545 (álxebra).
  • De immortalitate animorum, Lión, 1545.
  • Liber somniorum, Basilea, 1562. Última obra, pero renovadora, sobre a onirocrítica.
  • Contradicentium medicorum, Venecia 1536, temas de discusión en medicina.
  • In Cl. Ptolemaei... Quadripartitae Constructionis libros Commentaria, Basilea, 1554 (astroloxía)
  • De subtilitate rerum, Nuremberg, Johann Petreius, 1550 (enciclopedia).
  • Liber de libris propriis, Leiden, 1557. Auto-bibliografía.
  • De varietate rerum, Basilea, Heinrich Petri, 1557 (enciclopedia).
  • Opus novum de proportionibus numerorum, motuum, ponderum, sonorum, aliarumque rerum mensurandarum. Item de alia regula, Basilea, 1570. (matemáticas).
  • Prosseneta. Libro sobre o trato entre os humanos.
  • De propia vita, París, 1643. Autobiografía.
  • Liber de ludo aleae (probabilidade).
  • Metoposcopia, París, 1658, sobre fisiognómica.
  • Theonoston, 1663, filosofía.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alfonso Ingegno, Saggio sulla filosofia di Cardano, Florencia, La Nuova Italia, 1980.
  • Nancy G. Siraisi, The Clock and the Mirror: Girolamo Cardano and Renaissance Medicine, Princeton, N.J., Princeton Univ., 1997 ISBN 0-691-01189-3.
  • Anthony Grafton, Cardano's Cosmos, Cambridge Mas., Harvard Univ., 1999.
  • Eckhard Keβler (ed.), Girolamo Cardano, Philosoph, Naturforscher, Arzt, Wiesbaden, Haarassowitz, 1994 ISBN 3-447-03599-4.
  • Maria Luisa Baldi, Guido Canziani (eds.), Girolamo Cardano. Le opere, le fonti, la vita, Milán FrancoAngeli, 1999 ISBN 88-464-1165-X.
  • Maria Luisa Baldi, Guido Canziani (eds.), Cardano e la tradizione dei saperi, Milán, FrancoAngeli, 2003, ISBN 88-464-5267-4
  • Martín Casalderrey, Francisco (2000): Cardano y Tartaglia- Las matemáticas en el Renacimiento Italiano, 2000, Nivola ISBN 978-84-930719-5-0

Ligazóns externas