Systema Naturae: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta9)
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
[[Ficheiro:Linnaeus1758-title-page.jpg|miniatura|''Systema naturæ''. Cuberta da 10ª edición ([[Estocolmo]], 1758).]]
[[Ficheiro:Linnaeus1758-title-page.jpg|miniatura|''Systema naturæ''. Cuberta da 10ª edición ([[Estocolmo]], 1758).]]

O libro '''''Systema naturae''''' (abreviado '''Syst. Nat.''') foi unha das principais obras do [[médico]], [[botánico]] e [[naturalista]] [[Suecia|sueco]] [[Carl von Linné|Linneo]].
O libro '''''Systema Naturae''''' (abreviado '''Syst. Nat.''') foi unha das principais obras do [[médico]], [[botánico]] e [[naturalista]] [[Suecia|sueco]] [[Carl von Linné|Linneo]].

O seu título completo é "''Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis''" ("Sistema natural, nos tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares").<ref> [http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k99005q.r=Systema+naturae.langFR tomus I (Regnum animale) pars 2 / Caroli a Linné '''1767'''] </ref> <ref> [http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k990062.r=Systema+naturae.langFR tomus II (Regnum vegetabile)]</ref> <ref> [http://gallica.bnf.fr/ark:/12148/bpt6k99007d.r=Systema+naturae.langFR tomus III (Regnum lapideum)]</ref>

Revisión como estaba o 7 de decembro de 2019 ás 21:48

Systema naturæ. Cuberta da 10ª edición (Estocolmo, 1758).

O libro Systema Naturae (abreviado Syst. Nat.) foi unha das principais obras do médico, botánico e naturalista sueco Linneo.

O seu título completo é "Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis" ("Sistema natural, nos tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares").[1] [2] [3]

Co seu sistema, Linneo, profundo crente, pensaba que estaba clasificando a creación de Deus.

A décima edición deste libro (1758) está considerada como o punto de partida formal da nomenclatura zoolóxica.

Descrición

Linneo publicou a primeira edición do Systema naturae no ano 1735, durante a súa estancia nos Países Baixos. Como era costume para a literatura científica da época, o libro publicouse en latín. Nel expoñía as súas ideas para a clasificación xerárquica do mundo natural, dividíndoo nos clásicos tres reinos, o reino animal (Regnum animale), o reino vegetal (Regnum vegetabile) e o "reino mineral" (Regnum lapideum).

Para a clasificación do reino vexetal Linneo segue o seu novo sistema sexual, en que as especies co mesmo número de estames se inclúen no mesmo grupo. A clasificación dos animais era máis natural. Por exemplo, os seres humanos foron por primeira vez colocados xunto a outros primates (como Anthropomorpha).

En vista da popularidade da obra, Linneo continou a publicación de novas edicións, ampliando en cada unha a precedente, desde as once páxinas da primeira edición (1735) ás tres mil páxinas da déciimo terceira e última edición (1770). Ademais, segundo avanzaba no traballo, fixo modificacións: na primeira edición as baleas foron (erroneamente) clasificadas como peixes; na 10ª edición, publicada en 1758, as baleas xa se identificaron como mamíferos.[4] Nesta mesma edición introduce para as especies animais un nome científico formado por dous termos (xenérico e específico), a denominada nomenclatura binomial, algo que xa fixera para as especies de plantas en 1753, na publicación de Species Plantarum.

Notas

  1. tomus I (Regnum animale) pars 2 / Caroli a Linné 1767
  2. tomus II (Regnum vegetabile)
  3. tomus III (Regnum lapideum)
  4. O que non convenceu a varios estudosos, por exemplo, a Cornide Saavedra que, aínda así, seguiu o criterio linneano no seu Ensaio sobre os peixes de Galicia.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Blunt, Wilfrid (2004): The Compleat Naturalist: A Life of Linnaeus. London: Frances Lincoln. ISBN 0-7112-2362-9. Resumo
  • Brightwell, Cecilia Lucy (1858): A life of Linnaeus. London: J. Van Voorst. Ver libro en liña

Outros artigos

Ligazóns externas