Lingua bengalí: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Lingua sánscrita
Liña 24: Liña 24:
}}
}}
{{Contén texto bengalí}}
{{Contén texto bengalí}}
O '''bengalí'''<ref>{{DRAG|bengalí}}</ref> é unha [[linguas indoeuropeas|lingua indoeuropea]] falada polo [[pobo bengalí]] que habita en [[Bangladesh]] e no estado [[India|indio]] veciño de [[Bengala Occidental]]. Hai tamén comunidades significativas de falantes de bengalí en [[Asam]] (outro estado indio tamén veciño a Bengala Occidental e [[Bangladesh]]), alén de poboacións inmigrantes no Occidente e no [[Oriente Medio]]. O bengalí evoluiu do [[sánscrito]] e do [[prácrito]].
O '''bengalí'''<ref>{{DRAG|bengalí}}</ref> é unha [[linguas indoeuropeas|lingua indoeuropea]] falada polo [[pobo bengalí]] que habita en [[Bangladesh]] e no estado [[India|indio]] veciño de [[Bengala Occidental]]. Hai tamén comunidades significativas de falantes de bengalí en [[Asam]] (outro estado indio tamén veciño a Bengala Occidental e [[Bangladesh]]), alén de poboacións inmigrantes no Occidente e no [[Oriente Medio]]. O bengalí evoluiu do [[Lingua sánscrita|sánscrito]] e do [[prácrito]].


En bengalí a lingua chámase '''Bangla''' (বাঙলা). A tradicional área habitada polas poboacións bengalís chámase Bengala ('''Bongo''' en bengalí). A rexión está agora dividida en dúas partes: a parte occidental, Bengala Occidental (ou Poshchim-Bongo), que é un estado indio, e a parte oriental, [[Bangladesh]], un país independente.
En bengalí a lingua chámase '''Bangla''' (বাঙলা). A tradicional área habitada polas poboacións bengalís chámase Bengala ('''Bongo''' en bengalí). A rexión está agora dividida en dúas partes: a parte occidental, Bengala Occidental (ou Poshchim-Bongo), que é un estado indio, e a parte oriental, [[Bangladesh]], un país independente.

Revisión como estaba o 4 de decembro de 2019 ás 19:16

Bengalí
বাঙলা
Pronuncia:Baņla
Falado en: Bangladesh, India (rexión de Bengala Occidental) e outros países
Total de falantes: 270 millóns
Posición: 7
Familia: Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Zona leste
    Apabhransa avahattha
     Bengalí
Escrita:
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Bangladesh, India, estados de Bengala Occidental e Tripura na India
Regulado por: Academia Bangla (Bangladesh)
Academia Bangla Paschimbanga (Bengala Occidental)
Códigos de lingua
ISO 639-1: bn
ISO 639-2: ben
SIL: BNG
Mapa
Status

O bengalí[1] é unha lingua indoeuropea falada polo pobo bengalí que habita en Bangladesh e no estado indio veciño de Bengala Occidental. Hai tamén comunidades significativas de falantes de bengalí en Asam (outro estado indio tamén veciño a Bengala Occidental e Bangladesh), alén de poboacións inmigrantes no Occidente e no Oriente Medio. O bengalí evoluiu do sánscrito e do prácrito.

En bengalí a lingua chámase Bangla (বাঙলা). A tradicional área habitada polas poboacións bengalís chámase Bengala (Bongo en bengalí). A rexión está agora dividida en dúas partes: a parte occidental, Bengala Occidental (ou Poshchim-Bongo), que é un estado indio, e a parte oriental, Bangladesh, un país independente.

A loita polo bengalí en Bangladesh

Entre 1947-1971, cando Bengala Oriental (actualmente Bangladesh) era parte do Paquistán, a lingua bengalí tornouse o foco e a base da identidade nacional do pobo de Bengala Oriental, levando creación do estado de Bangladesh. O bengalí é a lingua oficial de Bangladesh e o traballo administrativo e oficial desempéñase en bengalí.

Entre 1950-52, a clase media emerxente de Bengala Oriental levou a cabo un levantamento, coñecido máis tarde como o "Movemento da Lingua", sendo o día 21 de febreiro celebrado como o Día dos Mártires da Lingua, en memoria dos estudantes e activistas que no día 21 de febreiro de 1952 se manifestaron desafiando os disparos dos militares, reivindicando que a lingua bengalí fose a lingua nacional ancestral do Paquistán. O bengalí é así, indiscutibelmente, unha das poucas linguas pola cal os seus falantes sacrificaron as súas vidas.

A UNESCO decidiu celebrar no 21 de febreiro o Día Internacional da Lingua Materna. A Conferencia Xeral da UNESCO tomou decisión para ese efecto o 17 de novembro de 1999 cando unanimemente adoptou o deseño dunha resolución sometida por Bangladesh, co-patrocinada e apoiada por 28 outros países.

O día 19 de maio de 1961, Silchar, pequena cidade do sur de Asam, no nordeste da India, testemuñou tamén outra batalla pola lingua bengalí. Once persoas morreron por disparos da policía na protesta contra a imposición forzada do asamés aos nativos da lingua bengalí, como política do estado. O goberno tivo que retroceder.

A literatura en bengalí

A lingua bengalí no mundo.

Coñecido por moitos como o Shakespeare da India, posibelmente o maior e máis prolífico escritor en bengalí é o Premio Nobel Rabindranath Tagore. Influído fundamentalmente pola filosofía universalista hindú no Upanishads, Tagore dominou durante décadas a escena filosófica e literaria tanto bengalí como india. A súas 2.000 Rabindrasangeets teñen un papel importantísimo na definición da cultura bengalí, tanto en Bengala Occidental canto en Bangladesh. Outros traballos notábeis del en bengalí son Gitanjali, un libro de poemas polo cal recibiu o Premio Nobel de Literatura, e moitos dos seus contos e algúns romances.

Nunha categoría similar está Kazi Nazrul Islam, musulmán que permaneceu en Bangladesh despois da independencia e cuxo traballo, como o de Tagore, transcende límites sectarios.

Michael Madhusudan Dutta converteuse ao cristianismo, mais fíxose famoso polo seu traballo baseado no poema épico hindú Ramayana, creando unha obra-prima coñecida como "O asasinato de Meghnadh," (en bengalí "Meghnadh Bodh Kabbo" (মেঘনাদ বধ কাব্য)) que esencialmente segue a tradición épica poética de Paradise Lost de Milton.

Sharat Chandra Chattopadhyay foi autor extremadamente respectado e estilista complexo en bengalí e Bankim Chandra Chattopadhyay, considerado o inicidador da novela bengalí. Jibanananda Das foi un poeta soberbo, notábel por tentar crear literatura que ficase fóra do estilo Tagore.

Traballos relixiosos seminais hindús en bengalí inclúen as moitas cancións de Ramprasad Sen. Os seus traballos do século XVII (cantados aínda hoxe en Bengala Occidental) cobren unha miríade de respostas emocionais á Mai Kali, detallando afirmacións filosóficas complexas baseadas nos ensinos Vedanta e pronunciamentos máis viscerais do seu amor por Devi. Usando alegorías creativas, Ramprasad tiña 'diálogos' coa Nai-Deusa permeando toda súa poesía, ás veces repreendéndoa, adorándoa, celebrándoa como a Divindade Nai, descuidada consorte de Shiva e Shakti caprichosa do cosmos. Tamén hai as laudatorias da vida e ensinos do Vaishnava santo Shri Chaitanya Mahaprabhu (o Chaitanya Charitamrit) e Devi Advaitist Shri Ramakrishna (o Ramakrishna Charitamrit, traducido aproximadamente como Evanxeo de Ramakrishna).

O místico Baul do interior de Bengala, que pregaba a verdade espiritual sen fronteiras do Sahaj Path (o camiño simple, natural), e Maner Manush (O Home do Corazón) deseñou a filosofía vedántica para propor verdades transcendentais en forma de música, viaxando de vila en vila proclamando que non existían nada hindú, musulmán ou cristián, soamente maner manush.

Escrita

O bengalí é xeralmente escrito coa escrita bengalí. Esa é unha escrita bráhmica, moito similar ao devanágari usado polo hindi e polo sánscrito. Cada símbolo-base representa unha sílaba, e outros símbolos poden adicionarse para mudar (ou suprimir) a vogal daquela sílaba. Aglomeracións de consoantes son frecuentemente indicadas pola ligazón de dous símbolos.

O sistema de soletrear baséase nunha versión antiga da lingua sen certas fusións de vogais que aconteceron na lingua falada, non podendo ser así definida como completa ortografía fonémica.

Variacións dialectais

Gráfico

En Bangladesh, hai o que se coñece como sadhu bhaasha (literalmente "lingua de sabios") e cholti bhaashaa (literalmente "lingua que corre ou que vai"; esencialmente discurso coloquial). A principal diferenza é claramente unha adherencia máis firme ás normas gramaticais e un vocabulario sánscrito moito máis pesado. Músicas como o himno nacional indio "Jana Gana Mana" (por Rabindranath Tagore) e a música nacional da India (por Bankim Chatterjee) "Vande Mataron" foron na verdade compostas en bengalí sadhu bhaashaa altamente refinado. Non se fala realmente por bengalís e está máis confinado a foros formais e literarios.

Cholti bhaashaa é en si cheo de variacións rexionais. Cholti bhaashaa é a lingua menos ríxida e máis diluída que toma emprestado de varias fontes o seu vocabulario (en canto esmagadoramente derivada do sánscrito, hai tamén moitas palabras tomadas de fontes no inglés, hindi, árabe e persa ou farsi). Tamén a pronuncia de certas palabras e un maior descoido nas expresións gramaticais son claramente un factor distintivo entre cholti bhaashaa e sadhu bhaasha.

Hai unha división entre a maneira de falar dos bengalís occidentais e dos bengaleses. Unha pronuncia menos estandarizada do bengalí, que prevalece especialmente en vilas e en Bangladesh, tende a presentar sons claros de 'ch' e 'sh' e o 'ph' (un p inspirado como en inglés pillow) soa a, respectivamente, sons máis susurrados de ('s'-cheo) e 'fh. Ese modo de pronuncia ten relación próxima co dialecto 'Sylleti' de Bengala Occidental que ten unha influencia árabe-persa maior é mais distinto da gramática padrón do bengalí. En Kolkata, Bengala Occidental, o cholti bhaashaa achégase a formas máis estandarizadas e 'propias' do bengalí, retendo as estruturas de son tradicionais e desviando un pouco máis para preto do sadhu bhaashaa.

As maiores diferenzas, entrementres , entre o bengalí de Bengala Occidental e o bengalí falado en Bangladesh (o bengalí escrito literalmente permanecendo practicamente o mesmo) é difícil no son, desa forma, de certas variacións gramaticais rexionais e caracteres. Hai, no entanto, algunhas diferenzas que moitos atribuirían á separación entre a poboación maioritariamente musulmá de Bangladesh e a gran poboación hindú de Bengala Occidental. Por exemplo, moitas palabras derivadas do sánscrito son padrón sadhu e cholti bhaashaa, noutras palabras, o padrón bengalí funcionou no bengalí falado en Bangladesh (ás veces chamado de Dhaka).

Algúns exemplos de troco do bengalí padrón (aínda falado en Kolkata) falado en Bangladesh son os seguintes:

auga: jal (S) substituído por paani (U) convite: nimontonno (S) substituído por dawaat (U) vinte: koorie (S) substituído por bis (U)

  • S=Sánscrito; U=Urdú (forma de hindi árabe/persa)

Sons

A fonética bengalí ten 45 fonemas esenciais e 5 non esenciais.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bengalí.

Véxase tamén