Alcalinotérreo: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Elementos químicos; engado a Categoría:Grupos de elementos químicos mediante HotCat |
Sen resumo de edición |
||
Liña 9: | Liña 9: | ||
[[Categoría:Grupos de elementos químicos]] |
[[Categoría:Grupos de elementos químicos]] |
||
[[Categoría:Metais alcalinotérreos]] |
Revisión actual feita o 29 de novembro de 2019 ás 09:24
Os alcalinotérreos ou metais alcalinotérreos son un grupo de elementos que forman unha familia. Estes elementos atópanse situados no grupo 2 da táboa periódica e son os seguintes: berilio, magnesio, calcio, estroncio, bario e radio. Este último non sempre se considera, pois ten un tempo de vida media curto. O nome de alcalinotérreos provén do nome que recibían os seus óxidos, terras, que teñen propiedades básicas (alcalinas). Posúen unha electronegatividade ≤ 1,3 segundo a escala de Pauling.
Son metais de baixa densidade, coreados e brandos. Reaccionan con facilidade con halóxenos para formar sales iónicas, e con auga (aínda que non tan rapidamente como os alcalinos) para formar hidróxidos fortemente básicos. Todos teñen só dous electróns no seu nivel enerxético máis externo, con tendencia a perdelos, co que forman un ión dipositivo, M2+.
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |