Taxiquistán: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
|||
Liña 74: | Liña 74: | ||
* a '''Cámara alta''', chamada [[Majlisi Oli]]. |
* a '''Cámara alta''', chamada [[Majlisi Oli]]. |
||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
[[Ficheiro:Tajikistan_provinces.png|miniatura|300px|Provincias do Taxiquistán]] |
[[Ficheiro:Tajikistan_provinces.png|miniatura|300px|Provincias do Taxiquistán]] |
||
Liña 89: | Liña 94: | ||
Cada provincia está dividida en distritos ('''ноҳия''' ''nohiia'' /,no'hija/, en plural '''ноҳияҳо''' ''nohiiaho'' /,no'hijaho/) e á súa vez subdivididos en '''жамоат''' ''[[xamoato]]s'' (que equivalen ás nosas "parroquias"), e logo en vilas. |
Cada provincia está dividida en distritos ('''ноҳия''' ''nohiia'' /,no'hija/, en plural '''ноҳияҳо''' ''nohiiaho'' /,no'hijaho/) e á súa vez subdivididos en '''жамоат''' ''[[xamoato]]s'' (que equivalen ás nosas "parroquias"), e logo en vilas. |
||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
== Economía == |
== Economía == |
||
{{Artigo principal|Economía de Taxiquistán}} |
{{Artigo principal|Economía de Taxiquistán}} |
Revisión como estaba o 25 de novembro de 2019 ás 12:28
Coordenadas: 39°N 71°L / 39, -71 Modelo:País
Taxiquistán (en taxico: Тоҷикистон), oficialmente a República de Taxiquistán (en taxico: Ҷумҳурии Тоҷикистон, Jumhurii Tojikiston) é un país montañoso e sen saída ó mar que se atopa en Asia Central, cunha área de 143 100 km2 e unha poboación estimada de 9 275 828 persoas (2019).[1] Ten fronteiras con Afganistán polo sur, a China polo leste, Kirguizistán polo norte e Uzbekistán polo oeste. A patria tradicional do pobo taxico inclúe a actual Taxiquistán así como partes de Afganistán e Uzbekistán.
O territorio que hoxe constitúe Taxiquistán foi o fogar de numerosas culturas da antigüidade, como a cidade de Sarazm[2] do Neolítico e da Idade de Bronce, e despois foi dominado por diferentes reinos gobernados por pobos de diversas fes e culturas, incluíndo a civilización de Oxus, a cultura de Andrónovo, o budismo, o nestorianismo, o zoroastrismo, o maniqueísmo e o islam. A área foi dominada por varios imperios e dinastías, como o Imperio aqueménida, o Imperio Sasánida, os Imperio Heftalita, o Imperio Samánida, o Imperio Mongol, a Dinastía Timúrida, o Khanato de Bukhara, o Imperio Ruso, e posteriormente a Unión Soviética. Dentro da Unión Soviética, delimitáronse as fronteiras modernas do país, formando parte da República Socialista Soviética de Uzbekistán como unha república autónoma antes de converterse nunha república soviética de pleno dereito en 1929.[3]
O 9 de setembro de 1991, Taxiquistán converteuse nunha nación independente e soberana logo da disolución da Unión Soviética. Case inmediatamente despois da independencia produciuse unha guerra civil, que durou dende 1992 até 1997. Dende o remate da guerra, a estabilidade política e a axuda exterior permitiron que a economía do país comezase a medrar. Ó igual que outros países veciños de Asia Central, o país, liderado polo Presidente Emomali Rahmon dende 1994, foi criticado por numerosas organizacións non gobernamentais polo seu liderado autoritario, a falta de liberdade relixiosa, a corrupción e as violacións dos dereitos humanos.
Taxiquistán é unha república presidencialista dividida en catro provincias. A maioría da poboación do país pertence ó grupo étnico taxico,[4] que fala o taxico (unha variedade do persa). O ruso é empregada como lingua de comprensión entre etnias. Malia que o estado é constitucionalmente secular, o islam é practicado polo 98% da poboación. No óblast de Badaghxán Montañoso, de Taxiquistán, malia a súa escasa poboación existe unha gran diversidade lingüística, onde o ruxaní, o xugní, o ixcaximí, o vakhí e o propio taxico son algunhas das lingua faladas. As montañas cobren o 90% do país. Ten unha economía de transición que é altamente dependente da produción de aluminio e algodón. Taxiquistán é membro das Nacións Unidas, da Comunidade de Estados Independentes, da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, da Organización para a Cooperación Islámica, da Organización de Cooperación Económica, da Organización de Cooperación de Shanghai e da Organización do Tratado da Seguridade Colectiva, así como da Asociación para a Paz da OTAN.
Etimoloxía
- Artigo principal: Pobo taxico.
Taxiquistán quere dicir "Terra dos taxicos". O sufixo "-stán" é o termo persa para "terra dos"[5] ou "país"[6] e taxido é o nome da tribo preislámica (anterior ó século VII).[7] De acordo co "1997 Country Study of Tajikistan" da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América, é difícil afirmar a orixe da verba "taxico" porque o termo é "envolto en disputas políticas do século XX sobre se os pobos turcos ou iranianos eran os habitantes orixinais de Asia Central."[7]
Historia
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Política
O parlamento está constituído por dúas cámaras:
- a Cámara baixa, chamada Majilisi Namoyandagon.
- a Cámara alta, chamada Majlisi Oli.
Xeografía
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
División administrativa
O Taxikistán está dividido en tres provincias (вилоят viloiat /vilo'jat/, plural вилоятҳо viloiatgho /vilo'jatxo/) e máis unha provincia autónoma (вилояти мухтор viloiati mughtor /vilo'jati mux'tor/) :
- Provincia de Sogdiana Вилояти Суғд, número 1 no mapa, capital Ghuxand Хушанд (Xushand).
- Dushanbe Душанбе e Distrito Subordinado da República Ноҳияҳои тобеи Жумҳурӣ (Nohiyahoi tobei Jumhurii), número 2 no mapa, capital Dushanbe.
- Provincia de Ghatlón Вилояти Хатлон (Xatlon), no mapa número 3, capital Curgonteppá Қурғонтеппа (Qurghonteppa).
- Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso Вилояти Мухтори Куҳистони Бадахшон (Viloyáti Muxtori Kuhistoni Badaxshón), no mapa número 4, capital Ghorug Хоруғ (Xorugh).
Nota : a cada provincia séguelle o nome do seu centro administrativo entre parénteses.
A rexión que contén a capital Dushanbe é independente a nivel administrativo, non ten estatuto de provincia pero si un sistema similar.
Cada provincia está dividida en distritos (ноҳия nohiia /,no'hija/, en plural ноҳияҳо nohiiaho /,no'hijaho/) e á súa vez subdivididos en жамоат xamoatos (que equivalen ás nosas "parroquias"), e logo en vilas.
Economía
- Artigo principal: Economía de Taxiquistán.
O Taxiquistán é o país máis pobre da ex-Unión Soviética (URSS) e ademais un dos máis pobres do mundo. As fontes de ingresos, ligadas á exportación do algodón e do aluminio, son precarias e fan a economía vulnerable aos mercados exteriores.
No 2000, a axuda internacional era esencial para soster os programas de rehabilitación, onde se comeza a reintegrar os antigos combatentes da guerra civil dentro da sociedade. A axuda internacional foi igualmente necesaria para limitar a caída da produción de alimentos, consecuencia dun segundo ano de seca. Mais en agosto do 2001, a Cruz Vermella anunciou o comezo da fame no Taxiquistán, e apelou á axuda internacional.
Cultura
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Demografía
O principal grupo étnico do Taxiquistán é o taxico, con minorías tales coma os uzbekos e kirguiz, e unha pequena minoría en retroceso de rusos. Dado que non todo o mundo en Taxiquistán é taxico, aos cidadáns non taxicos chámaselles taxiquistanos. O xentilicio de calquera persoa do Taxiquistán é taxiquistano, mentres que o grupo étnico maioritario taxico chámanse a si mesmos taxico (tajikí).
Os actuais taxicos son un pobo iranio, concretamente descenden dos antigos pobos iranios orientais de Asia Central, tales coma os sogdianos e os bactrios, cunha mestura de iranios occidentais (persas) así coma pobos non iranios.[8]
Historicamente, o Taxiquistán e Uzbekistán (Khanato de Buxara) foron patria dos xudeus buxorís, que remontan a súa ascendencia ás Tribos Perdidas de Israel abandonan o cativerio dos babilonios no século VII d.C., pero non quedan apenas moitos xudeu-buxorís no Taxiquistán.
Estrutura poboacional
- Informacións de CIA factbook excepto cando indicado.
Poboación: 6.863.752 (est. xullo 2003 est.)
Estrutura etaria:
0-14 anos:
39.8% (male 1,376,244; female 1,353,108)
15-64 anos:
55.5% (male 1,896,509; female 1,915,334)
65 anos ou máis:
4.7% (male 140,993; female 181,564) (2003 est.)
Taxa de crecemento da poboación: 1.895% (2007 est.)
Taxa de natalidade: 27.33 nacementos/1,000 habitantes (2007 est.)
Taxa de defunción: 7.05 pasamentos/1,000 habitantes (2007 est.)
Taxa neta de migración: -1.33 migrantes/1,000 habitantes (2007 est.)
Taxa por sexo:
ao nacer:
1.05 varón/muller
menos de 15 anos:
1.02 varón/muller
15-64 ano:
0.99 varón/muller
65 anos ou máis:
0.78 varón/muller
total:
0.99 varón/muller (2003 est.)
Taxa de mortalidade infantil:
total: 113.43 mortes/1,000 nados vivos
muller: 99.63 mortes/1,000 nados vivos (2003 est.)
varón: 126.58 mortes/1,000 nados vivos
Esperanza de vida ao nacer:
poboación total:
64.37 anos
varóns:
61.39 anos
mulleres:
67.5 anos(2003 est.)
Taxa de fertilidade: 4.17 nenos nacidos/mjller (2003 est.)
Grupos étnicos
Os taxicos representan un 79.9%, os uzbekos un 15.3%, os rusos un 1.1% (en grande retroceso debido a emigración ou o retorno a Rusia), os kirguiz un 1.1% (tamén en retroceso, moitos prefiren asentarse en Kirguizistán), outros (incluíndo os xudeus de Buxara e os alemáns do Volga) un 2.6% (segundo o censo de poboación do ano 2000).
Cadro étnico segundo os censos de poboación dende 1926 ata 2000 (en miles) [9]
Nota: Dentro da categoría de taxicos tamén se inclúen aproximadamente 135.000 Pamires (dos que un 65% son xugnís, un 13% rushanís, un 12% vaghís, un 5% bartanguís, un 3% iazgulomís, un 1.5% hufís, e un 0.8% ixcaximís) e uns 5.000 iagnobís. Os taxicos excluíndo os pobos do Pamir e os iagnobís conforman un 77.6% da poboación de acordo co censo de 2000.
Ano | 1926 | 1937 | 1939 | 1959 | 1970 | 1979 | 1989 | 2000 |
Poboación total | 827,2 | 1383,5 | 1484,4 | 1980,5 | 2899,6 | 3806,2 | 5092,6 | 6127,5 |
Taxicos | 619,0 | 840,6 | 884,0 | 1051,2 | 1629,9 | 2237,0 | 3172,4 | 4898,4 |
Uzbekos e outros pobos turcos | 176,4 | 332,3 | 359,6 | 455,0 | 665,7 | 873,2 | 1197,8 | 1012,5 |
Dos cales: Lakai | 51,0 | |||||||
::Kongrat | 15,1 | |||||||
::Katagan | 4,9 | |||||||
::Barlos | 3,7 | |||||||
::Yuz | 1,1 | |||||||
Rusos | 5,6 | 114,9 | 134,9 | 262,6 | 344,1 | 395,1 | 388,5 | 68,2 |
Kirguiz | 11,4 | 26,4 | 28,0 | 25,7 | 35,5 | 48,4 | 63,8 | 65,5 |
Turcománs | 4,1 | 3,2 | 4,0 | 7,1 | 11,0 | 14,0 | 20,5 | 20,3 |
Tártaros | 1,0 | 16,6 | 18,3 | 56,9 | 70,8 | 79,5 | 79,4 | 19,0 |
Dos cales: Tártaros de Crimea | 7,2 | 0,1 | ||||||
Árabes | 3,3 | 2,3 | 2,3 | 0,3 | 14,5 | |||
Afganos | 0,7 | 1,0 | 0,55 | 2,1 | 4,7 | |||
Romanís | 0,19 | 1,2 | 1,6 | 1,8 | 4,3 | |||
Ucraínos | 1,1 | 12,5 | 17,4 | 26,9 | 31,7 | 35,8 | 41,4 | 3,8 |
Coreanos | 0,04 | 2,4 | 8,5 | 11,2 | 13,4 | 1,7 | ||
Alemáns | 0,06 | 2,0 | 32,6 | 37,7 | 38,9 | 32,7 | 1,1 | |
Armenios | 0,17 | 1,3 | 2,9 | 3,8 | 4,9 | 5,7 | 1,0 | |
Irianos (Osetos) | 0,15 | 1,7 | 4,5 | 5,8 | 7,7 | 7,9 | 1,0 | |
Casacos | 1,6 | 12,4 | 12,7 | 12,6 | 8,3 | 9,6 | 11,4 | 0,9 |
Baxquirios | 0,17 | 1,4 | 3,9 | 4,8 | 6,1 | 6,8 | 0,9 | |
Azerbaixano | 1,6 | 2,2 | 3,6 | 0,8 | ||||
turcos | 0,004 | 0,1 | 0,8 | 0,7 | ||||
Belarusos | 0,06 | 1,0 | 2,8 | 4,0 | 5,1 | 7,2 | 0,5 | |
Moldavos | 0,003 | 0,04 | 0,4 | 0,6 | 0,9 | 0,3 | ||
Mordvíns | 0,18 | 4,8 | 6,7 | 7,0 | 6,5 | 5,5 | 0,3 | |
Xudeus | 0,2 | 5,2 | 12,4 | 14,6 | 14,7 | 14,8 | 0,2 | |
Dos que: Xudeus de Buxara | 0,08 | 0,8 | 6,2 | 4,9 | 0,02 | |||
Chuvaxos | 0,02 | 0,5 | 1,7 | 2,5 | 0,2 | |||
Xeorxianos | 0,03 | 0,4 | 0,7 | 0,8 | 1,0 | 0,2 | ||
Laks | 0,05 | 0,9 | 1,4 | 0,14 | ||||
Polacos | 0,07 | 0,6 | 0,7 | 0,07 | ||||
Búlgaros | 0,04 | 1,1 | 0,07 | |||||
Outros | 1,3 | 2,3 | 7,2 | 6,3 | ||||
Nationalidade non especificada | 0,4 | 0,1 | 0,05 | 0,01 |
Relixións
Son musulmáns nun 90% - 97% (a maioría sunnita e seguida polo xiísmo), os cristiáns son un 2.5% (a maioría cristiáns ortodoxos), o resto un 0.5% (incluíndo zoroastrismo, Bahá'í, budismo, Hare Krishna, xudaísmo etc) [10][11][12]
Linguas
O taxico é a lingua oficial.[13] O ruso é usado en negocios e polo goberno, pero coma nas outras ex-repúbicas soviéticas está en retroceso, mostrando máis interese pola lingua inglesa. O xugní é falado na zona preto de Ghorug (Xorugh, en xugní Xaragh) na Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso. Tamén se falan o sariculí, o ´vakhí, o bartanguí, o ruxaní e o iazgulomí.
Educación
A educación é obrigatoria ata a escola secundaria pero a súa finalización é menos do 90 %.
definición:
idade 15 e máis saben ler e escribir
poboación total:
99.4%
homes:
99.6%
mulleres:
99.1% (2003 est.)
Transporte
A maioría dos sistemas de transportes foron construídos durante a era soviética e dende esa era o sistema foise deteriorando por mor dos insuficientes investimentos e mantementos das infraestruturas. Nin o sistema soviético nin a infraestrutura posteriormente construída se dirixiu á división topográfica entre as rexións do norte e do sur do país. A comezos do ano 2005 unha serie de proxectos sobre transportes principais procurou corrixir este problema. O primeiro dos proxectos, o Túnel de Anzob, que se rematou en 2006, une a estrada de Dushanbe co norte do Taxiquistán, resolvendo o problema que existía anteriormente de incomunicación cada inverno. O transporte aéreo é considerado non fiable.[14]
Ferrocarril
O sistema ferroviario conta soamente con 480 quilómetros de traxectos, todos de vía ancha. O sistema de ferrocarrís conecta os principais centros urbanos do oeste do Taxiquistán coas vilas principais nas veciñas Uzbekistán e Turkmenistán. No ano 2000 unha nova liña conectou as cidades do sur de Curgonteppa (Qurghonteppa) e Kulob. O tránsito de pasaxeiros polo Taxiquistán viuse dificultado polos fracasos periódicos dos ferrocarrís taxicos de pagar tarifas de tránsito e por cuestións de seguridade.[15]
Estradas e autoestradas
O Taxiquistán conta cunha estimación de 30.000 quilómetros de estradas, das que a grande maioría foron construídas antes de 1991. Unha artería principal percorre de norte a sur a través das montañas entre a cidade de Ghuxand (Xushand), no noroeste, e Dushanbe. Unha segunda arteria vai ao leste dende Dushanbe a Ghorog (Xorogh) na Provincia Autónoma do Badaghxán Montañoso e logo ao nordés a través das montañas á cidade de Ox (Oş) en Kirguizistán. Debido a que a ruta Ghuxand–Dushanbe estaba pechada en inverno, construíuse o túnel de Anzob para evitar o paso de montaña e abrir así unha ruta que conecte Taxquent (Taşkent) (Uzbekistán) e puntos do norte con Afganistán e Paquistán ao sur, vía Taxiquistán.
A China investiu aproximadamente 720 millóns de dólares en melloras de infraestruturas no Taxiquistán, incluíndo a reconstrución, ensanche e mellora da estrada entre Dushanbé e Ghuxand que dende agosto de 2007 está a usar equipamento chinés para os traballos de reconstrución.[16]
A mediados do 2005 comezou a construción dunha ponte sobre o río Panxe (Panj) ata Afganistán a cal foi finaciada polos Estados Unidos de America abríndose a ponte en agosto de 2007[17], e pídense proxectos para a construción de varias pontes que unan o Taxiquistán co sur.[18]
Gasodutos e oleodutos
Taxiquistán conta cun gasoduto de 549 quilómetros que leva gas natural dende Uzbekistán ata Dushanbe e leva gas entre lugares de Uzbekistán polo noroeste do Taxiquistán. O Taxiquistán tamén conta cun oleoduto duns 38 quilómetros.[19]
Portos e canles
Taxiquistán non ten acceso ao mar e non conta con canles interiores navegables.[20]
Aeroportos
No ano 2007 o Taxiquistán contaba con 26 aeroportos, dos que 18 tiñan pavimentadas as pistas de aterraxe e dous con pistas de aterraxe de máis de 3.000 metros.[17] O aeroporto máis grande é o de Dushanbe que ten só uns poucos voos con destinos internacionais. Uns poucos voos unen Dushanbe con Taxquent (Taşkent) que é o aeroporto máis achegado que ofrece conexións coa maioría de destinos europeos. Os seguintes aeroportos máis grandes son o de Ghuxand (Xujand) e o de Kulob. A compañía estatal Tajikistan Airlines que conta cun rexistro de seguridade cuestionable, ofrece voos a outros países de Asia Central coa excepción de Uzbekistán, e voos semanais á Alemaña e a Rusia.[21]
Notas
- ↑ Erro no código da cita: Etiqueta
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nomeworldometers.info
- ↑ "Proto-urban Site of Sarazm". UNESCO.org. UNESCO. Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2014. Consultado o 9 de agosto de 2014.
- ↑ Bergne, Paul (2007) The Birth of Tajikistan: National Identity and the Origins of the Republic, IB Taurus & Co Ltd, pg. 39-40
- ↑ "Tajikistan Ethnic groups". indexmundi.com. Consultado o 25 de novembro de 2019.
- ↑ "What's the Story Behind All the 'Stans?". About.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2013. Consultado o 10 de agosto de 2014.
- ↑ "-Stan". Online Etymology Dictionary. Arquivado dende o orixinal o 1 de xaneiro de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2014.
- ↑ 7,0 7,1 A Country Study: Tajikistan, Ethnic Background. Library of Congress Call Number DK851. K34 (1997)
- ↑ Library of Congress Country Studies - Tajikistan - Historical & Ethnic Background - 1996
- ↑ Results of the 2000 population census in Tajikistan.
- ↑ CIA Factbook - Tajikistan
- ↑ "Religious Freedom - Tajikistan". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2006. Consultado o 24 de agosto de 2008.
- ↑ International Religious Freedom Report 2007 - Tajikistan
- ↑ Constitución da República do Taxiquistán, 6 de novembro de 1994, Artigo 2.
- ↑ Tajikistan country profile. Biblioteca do Congreso Federal Research Division (Xaneiro de 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
- ↑ Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (Xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
- ↑ [1] Arquivado 20 de agosto de 2008 en Wayback Machine. TAJIKISTAN: A CHINESE ROAD TO THE FUTURE? ; EURASIANET. (último acceso 20-08-2008)
- ↑ 17,0 17,1 CIA World Factbook. Tajikistan
- ↑ Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
- ↑ Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (Xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
- ↑ Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro de 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
- ↑ Tajikistan country profile. Library of Congress, Federal Research Division (xaneiro 2007). Este artigo incorpora textos desta fonte que é de dominio público.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Taxiquistán |
Bibliografía
- Kamoludin Abdullaev and Shahram Akbarzadeh, Historical Dictionary of Tajikistan, 3rd. ed., Rowman & Littlefield, 2018.
- Shirin Akiner, Mohammad-Reza Djalili and Frederic Grare, eds., Tajikistan: The Trials of Independence, Routledge, 1998.
- Richard Foltz, A History of the Tajiks: Iranians of the East, Londres: Bloomsbury Publishing, 2019.
- Robert Middleton, Huw Thomas and Markus Hauser, Tajikistan and the High Pamirs, Hong Kong: Odyssey Books, 2008 (ISBN 978-9-622177-73-4).
- Nahaylo, Bohdan and Victor Swoboda. Soviet Disunion: A History of the Nationalities problem in the USSR (1990) excerpt
- Kirill Nourdhzanov and Christian Blauer, Tajikistan: A Political and Social History, Canberra: ANU E-Press, 2013.
- Rashid, Ahmed. The Resurgence of Central Asia: Islam or Nationalism? (2017)
- Smith, Graham, ed. The Nationalities Question in the Soviet Union (2nd ed. 1995)
- Monica Whitlock, Land Beyond the River: The Untold Story of Central Asia, Nova York: St. Martin's Press, 2003.
- Tajikistan's border crossings & flights: how to get in and out, INDY GUIDE, 2018