Provincia de Pontevedra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Desfíxose a edición 5315975 de 88.3.72.121 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Liña 16: Liña 16:
| '''[[Xentilicio]]''' || Pontevedrés, Pontevedresa
| '''[[Xentilicio]]''' || Pontevedrés, Pontevedresa
|}
|}
'''Cagadera''' é unha das catro provincias de [[Galicia]] creadas por [[Javier de Burgos]] en [[1833]]. Limita ao norte coa [[provincia da Coruña]], ao leste coa [[provincia de Ourense]] e a [[provincia de Lugo]], ao sur con [[Portugal]] e ao oeste co [[océano Atlántico]]. A súa capital é a cidade de [[Pontevedra]], con 82.539 habitantes en 2015, sendo [[Vigo]] a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.
'''Pontevedra''' é unha das catro provincias de [[Galicia]] creadas por [[Javier de Burgos]] en [[1833]]. Limita ao norte coa [[provincia da Coruña]], ao leste coa [[provincia de Ourense]] e a [[provincia de Lugo]], ao sur con [[Portugal]] e ao oeste co [[océano Atlántico]]. A súa capital é a cidade de [[Pontevedra]], con 82.539 habitantes en 2015, sendo [[Vigo]] a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.
[[Ficheiro:Pontevedra por el Coronel, Teniente Coronel de Ingenieros D. Francisco Coello ; auxiliado por D. Pascual Madoz, autor de las notas Estadísticas e Históricas.jpg|miniatura|300px|Pontevedra, por [[Francisco Coello de Portugal y Quesada|Francisco Coello]], 1856.]]
[[Ficheiro:Pontevedra por el Coronel, Teniente Coronel de Ingenieros D. Francisco Coello ; auxiliado por D. Pascual Madoz, autor de las notas Estadísticas e Históricas.jpg|miniatura|300px|Pontevedra, por [[Francisco Coello de Portugal y Quesada|Francisco Coello]], 1856.]]

== Historia ==
== Historia ==
{{Ampliar}}
{{Ampliar}}

Revisión como estaba o 25 de novembro de 2019 ás 08:51

Provincia de Pontevedra


Capital Pontevedra
Área 4.494,64 km²
Poboación 947.374 (2015)
Densidade 210,77 hab./km²
Concellos 61
Xentilicio Pontevedrés, Pontevedresa

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Pontevedra, por Francisco Coello, 1856.

Historia

Demografía

A súa poboación era de 963.511 habitantes en 2011 (466.691 homes e 496.820 mulleres), o que reflicte un aumento respecto a 2007, con 947.639 habitantes. Representa o 34,47 % da poboación galega aínda que, en superficie, Pontevedra só supón o 15,2 %. A cidade máis grande e poboada da provincia é Vigo.

Evolución da poboación de Provincia de Pontevedra   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
457.262 568.011 671.609 859.897 930.931 959.764 963.511
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Obsérvase un crecemento demográfico constante desde os censos que tiña xa no XIX (457.262 habitantes en 1900, 641.763 en 1940), atenuándose o incremento notablemente entre os anos 1940 e 1960 a consecuencia da emigración a Europa e a outras zonas de España. Esta tendencia estabilizadora rómpese co desenvolvemento industrial de Vigo que, nos últimos decenios do século XX, permite incrementos no censo de ata o 13 % entre os anos 70 e 80. A partir deste momento prodúcese unha nova desaceleración (a poboación crece só un 2 % entre os anos 1990 e 2000) mantendo sempre unha liña ascendente.

Pontevedra é a provincia máis poboada da Comunidade e tamén a máis pequena, cunha densidade de poboación de 214,37 habitantes por km², fronte á media de 94,52 no conxunto de Galicia. A poboación distribúese de forma moi irregular e aparece concentrada nos municipios costeiros: só Pontevedra e Vigo concentran o 39,40 % dos habitantes da provincia.

Evolución demográfica de Vigo desde 1900.

A concentración de habitantes en Vigo [1] trouxo consigo a demanda desta cidade de situar alí certos servizos administrativos. Tanto a Administración autonómica como a periférica estatal localizaron en Vigo diversas unidades administrativas, como a Delegación Provincial de Pesca. Este fenómeno tamén deu pé a movementos sociais que reivindican a capitalidade ou a creación dunha quinta provincia galega que acolla a Vigo e a súa área de influencia. Coa reforma da estrutura orgánica periférica da Xunta aprobada polo goberno de Feijóo a principios de 2009, Vigo equipárase ás catro capitais de provincia coa creación de cinco Delegados do Goberno.

Xeografía

A extensión xeográfica da provincia son 4.494,64 km², o que a converte nunha das provincias menos extensas de España, só por riba das provincias vascas e canarias.

Xeoloxicamente, considérase dividida en tres seccións verticais: unha zona costeira cara a occidente, unha zona de montaña cara a oriente e unha depresión central.

Rías baixas galegas, con indicación dos ríos e illas.

A fachada marítima está formada por 398 km de costas peninsulares e 109 km de costas insulares, entre a ría de Arousa (que separa Pontevedra da Coruña) e a desembocadura do Miño (que a separa de Portugal). Outras rías definitorias da costa pontevedresa son a de Pontevedra e a de Vigo. Constitúen o conxunto denominado Rías Baixas e son as rías galegas máis grandes: de entre 20 e 30 km de lonxitude e de profundidades que chegan a supera-los 50 metros. Fronte a estas rías distribúese un importante número de illas e illotes, entre as que cómpre destaca-los arquipélagos de Ons e as Cíes, así como as illas de Cortegada, Malveiras, Arousa, A Toxa, Tambo, San Simón e Toralla.

A partir deste bordo costeiro ábrese unha chaira cunha altitude media que varía entre os 100 metros na foxa de Caldas ós 500-800 metros no centro e sur. Nesta chaira elévanse alturas residuais como os montes Xiabre, Castrove, o Galiñeiro ou A Groba.

Cara ó leste érguese unha zona montañosa conformada polas cadeas de Farelo, Faro, Candán ou do Suído, entre outras.

Hidrografía

A provincia está percorrida por diversos ríos, todos eles de dirección leste-oeste, de caudal abundante e regular. Son o Ulla (que marca o límite coa provincia da Coruña), o Umia, o Lérez, o Verdugo, o Oitavén e o Miño (que marca o límite con Portugal). A esta rede fluvial hai que sumar numerosos cursos menores que van desemboscar na costa atlántica.

Cómpre destaca-los encoros de Portodemouros (no río Ulla), Eiras (no río Oitavén), Pontillón, Caldas e Zamáns.

Climatoloxía

O clima dominante é o atlántico temperado húmido, normalmente benigno polo efecto moderador oceánico. Tendo en conta os datos procedentes da estación de Lourizán (representativos das Rías Baixas) e de Mouriscade (Lalín) (representativos da zona alta do interior), a temperatura media oscila en torno ós 15 °C. As máximas superan os 30 °C en xullo e agosto e as mínimas chegan ós 0 °C en xaneiro, aínda que no interior poden chegar a -14 °C.

As choivas son abondosas, polas de masas de aire húmidas introducidas polas correntes de suroeste que penetran facilmente ó longo das rías. As cifras medias oscilan entre os 1.500 e os 2.000 milímetros de auga anuais na costa e superan os 2.000 mm no interior montañoso, onde non son raras as precipitacións en forma de neve. As néboas son un fenómeno habitual, sobre todo ó longo dos ríos.

Espazos naturais

Illas Cíes.

As condicións orográficas e climatolóxicas permitiron un alto nivel de biodiversidade en distintas zonas da provincia, algunhas delas recoñecidas como espazos naturais con diferente grao de protección:

Economía

Divisións administrativa e relixiosa

Mapa dos concellos de Pontevedra distribuídos por comarcas.

Pontevedra divídese en 61 concellos (véxase a lista de concellos de Pontevedra), distribuídos en 10 comarcas [3]:

Así mesmo, a provincia está dividida en 7 partidos xudiciais (Cambados, A Estrada, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Tui e Vigo).

Os concellos pontevedreses distribúense en tres dioceses: de Tui-Vigo: ao sur da ría de Vigo e o río Verdugo, de Lugo: a comarca do Deza, e de Santiago de Compostela: resto da provincia.

  • Lista dos concellos máis poboados da provincia:
     PSdeG      PPdeG      BNG      En Marea      CxG      Converxencia 21      Sanxenxo Agrupación Liberal      Independientes Ribadumia      Alternativa Canguesa de Esquerdas      Movemento Salceda
Posición Concello 1970 1981 1991 2001 2011 2015
Vigo 197.144 258.724 278.050 287.282 297.241 294.098
Pontevedra 52.452 65.137 75.148 75.864 82.400 82.539
Vilagarcía de Arousa 24.076 29.453 31.760 33.823 37.903 37.482
Redondela 22.128 27.202 27.751 29.090 30.006 29.697
Cangas 19.026 20.798 21.729 23.756 26.121 26.520
Marín 19.816 22.647 23.218 25.487 25.864 25.084
Ponteareas 14.497 15.013 15.630 18.844 23.561 22.990
A Estrada 27.550 25.719 21.947 22.216 21.759 21.025
Lalín 19.405 17.666 19.777 20.266 21.127 20.005
10º Moaña 15.060 17.053 16.781 18.026 19.336 19.492
11º O Porriño 10.044 13.517 15.093 16.076 18.075 18.898
12º Nigrán 9.048 12.336 14.008 16.302 17.879 17.619
13º Sanxenxo 11.804 13.899 14.659 16.203 17.586 17.391
14º Tui 12.600 14.975 15.346 16.089 17.236 17.013
15º Poio 9.051 11.573 12.978 14.291 16.501 16.842
16º Mos 11.183 13.102 13.414 13.920 14.942 15.305
17º Gondomar 8.679 10.009 10.440 11.631 13.973 14.056
18º Cambados 10.644 12.628 12.503 13.328 13.946 13.895
19º Tomiño 9.865 10.499 10.130 11.111 13.604 13.662
20º Bueu 11.006 11.961 11.506 12.548 12.348 12.251
21º Baiona 7.887 9.702 9.690 10.873 12.258 12.072
22º O Grove 8.537 9.917 10.367 11.061 11.241 10.801
23º Vilanova de Arousa 12.641 14.979 14.816 10.229 10.614 10.422
24º A Guarda 8.501 9.275 9.727 9.936 10.484 10.193
25º Caldas de Reis 8.466 8.702 9.042 9.453 10.060 9.834
26º Salvaterra de Miño 8.093 8.675 8.252 8.320 9.546 9.619
27º Salceda de Caselas 5.063 5.618 5.696 6.349 8.665 8.873
28º Silleda 10.493 9.980 9.619 9.175 9.199 8.772
29º Soutomaior 5.775 5.434 4.959 5.398 7.223 7.317
30º O Rosal 5.899 5.558 5.777 5.892 6.613 6.406
31º Valga 6.075 6.108 6.269 6.275 6.103 6.062
32º Vilaboa 5.394 6.001 5.806 5.755 6.024 6.059
33º Vila de Cruces - 8.439 7.481 7.108 6.325 5.556
34º Ponte Caldelas 8.022 7.678 7.833 6.390 6.319 5.540
35º Meaño 5.421 5.801 5.313 5.398 5.444 5.382
36º A Cañiza 7.477 7.810 8.025 7.022 6.461 5.230
37º Ribadumia - - 4.013 4.240 5.107 5.087
38º Meis 4.761 5.213 5.102 4.949 4.988 5.006
39º A Illa de Arousa - - - 4.953 5.020 4.956

Símbolos de Pontevedra

Escudo da cidade de Pontevedra.

No escudo de Pontevedra represéntase, sobre fondo azul, unha ponte de tres ollos, con elementos da muralla nos extremos da ponte e un cruceiro no centro. Estes mesmos elementos forman o escudo da capital.

Notas

  1. Vigo creceu desde os 30.000 habitantes en 1910 a 297.241 en 2011.
  2. Compartido coa provincia da Coruña.
  3. Decreto 65/1997, de 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia (DOG nº 63, de 3.04.1997).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Gran Enciclopedia Galega, s. v. Pontevedra
  • LEIRO, Adela; DAPORTA, Mon e CAAMAÑO RIVAS, Víctor: Espazos naturais. Provincia de Pontevedra. A Nosa Terra, Vigo, 2003.

Outros artigos

Ligazóns externas