A galiña azul (escolas): Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14) |
|||
Liña 31: | Liña 31: | ||
* [[Normalización lingüística]] |
* [[Normalización lingüística]] |
||
=== Ligazóns externas === |
=== Ligazóns externas === |
||
* [https://web.archive.org/web/20170617234313/http://escolasinfantis.net/ Rede de escolas infantís de Galicia], onde se poden atopar recursos, novas e os blogs das galescolas. |
* [https://web.archive.org/web/20170617234313/http://escolasinfantis.net/ Rede de escolas infantís de Galicia],{{ligazón morta}} onde se poden atopar recursos, novas e os blogs das galescolas. |
||
[[Categoría:Ensino en Galicia]] |
[[Categoría:Ensino en Galicia]] |
Revisión como estaba o 24 de novembro de 2019 ás 22:16
A galiña azul, rede de escolas infantís de Galicia, primeiro coñecida como rede de galescolas, é a rede de escolas de educación infantil dependentes da Xunta de Galicia dirixida a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos.
A rede de escolas infantís está xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e do que forman parte a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, e distintos concellos urbanos e rurais, onde se atopan os centros. As galescolas comezaron a funcionar a partir do curso 2007-2008, mais foi a partir do curso 2009-2010 que mudaron o nome.
É necesario nomear que tanto o concepto, como o nome, o proxecto e a iniciativa das galescolas partiu desde a internet por parte da Asociación Vogal (Viveiro e Observatório das Galescolas) xa a finais do ano 2004.
O proxecto educativo das Galescolas di fomentar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos e favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos proxenitores. Cada grupo de nenas e nenos é atendido por dous ou dúas profesionais da educación, no que se denomina "parella educativa". Ao funcionaren en rede, as escolas infantís comparten entre elas recursos, servizos e elementos de coordinación e apoio pedagóxico.
Os sectores que conforman a comunidade educativa están representados en órganos colexiados coma o consello de participación.
Para o curso 2008-2009 está previsto que funcionen 58 Galescolas cunha oferta de 2733 prazas atendidas por 472 traballadores.
Lingua
As galescolas son un proxecto que potencia a educación en galego e na tolerancia e no respecto, e co obxectivo de superar o concepto de garda e custodia.
Galería de imaxes
-
Galescola de San Roque, Santiago de Compostela.
-
Galescola de Carral.
-
Galescola de Salceda de Caselas.
-
A galiña azul na Xunqueira (Pontevedra).
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
- Rede de escolas infantís de Galicia,[Ligazón morta] onde se poden atopar recursos, novas e os blogs das galescolas.