Caíño tinto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6: Liña 6:


O viño que se obtén deste bago denomínase viño caíño, caíño ou tinto caíño.
O viño que se obtén deste bago denomínase viño caíño, caíño ou tinto caíño.

O nome puido ter a súa orixe na voz latina ''caninu'' (relativo ao can) en alusión quizais ao ‘escaso tamaño ou calidade’, aínda que varios investigadores desbotan esta interpretación e argumentan que o nome da uva puido derivar dun nome propio, en concreto, do bíblico [[Caín]]<ref>[https://portaldaspalabras.gal/lexico/allos-con-bugallos/as-uvas-mais-comuns-pais/|Artigo sobre as variedades de castes de uva en Galicia no Portal das Palabras da [[RAG]].]</ref>.


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 11 de novembro de 2019 ás 15:50

O caíño tinto é unha variedade autóctona galega e do Norte de Portugal de cepa uva tinta (Vitis vinifera) lixeiramente aceda, cultivada no Ribeiro e noutras comarcas, que lle dá ao viño un sabor agridoce.

Outros nomes cos que se coñece a esta variedade son amaral, azal tinto, caíño bravo, caíño cachón, uva caíña e caíño longo[1]. Na zona do Morrazo denóminase tinta femia. Inicialmente pensabase que eran dúas variedades diferentes pero foi demostrado que son a mesma utilizando técnicas de ADN[2].

Trátase dun bago de maduración serodia. O rendemento é baixo. Ten acios de tamaño mediano e non moi compactos. Os seus bagos presentan cor azul escura. Segundo a Orde APA/1819/2007, de 13 de xuño (BOE do día 21), a variedade caíño tinto, caíño bravo ou cachón está recomendada en Galicia. Utilízase na Denominación de Orixe Rías Baixas e tamén no Ribeiro, mentres que no norte de Portugal se cultiva coa denominación Borraçal[3]. Existe outra variedade branca, chamada caíño branco.

O viño que se obtén deste bago denomínase viño caíño, caíño ou tinto caíño.

O nome puido ter a súa orixe na voz latina caninu (relativo ao can) en alusión quizais ao ‘escaso tamaño ou calidade’, aínda que varios investigadores desbotan esta interpretación e argumentan que o nome da uva puido derivar dun nome propio, en concreto, do bíblico Caín[4].

Notas

  1. donselecto.net
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  4. sobre as variedades de castes de uva en Galicia no Portal das Palabras da RAG.