Torino FC: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (3)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 86: Liña 86:


=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [[Ficheiro:Flag - Garnet with white bull.svg|45px|Torino FC]] [http://www.torinofc.it/ Páxina web oficial do Torino FC] {{it}}.
* [[Ficheiro:Flag - Garnet with white bull.svg|45px|Torino FC]] [https://web.archive.org/web/20120618024744/http://www.torinofc.it/ Páxina web oficial do Torino FC] {{it}}.


{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 9 de novembro de 2019 ás 23:04

Torino
NomeTorino Football Club SpA
Alcume(s)Il Toro;
Il Granata
Fundación1906 (AC Torino)
2005 (Torino FC)
EstadioStadio Olimpico,
Turín, Italia
Inauguración1933
Capacidade28.140
PresidenteItalia Urbano Cairo
Adestrador Siniša Mihajlović
LigaSerie A
2016–17
Na rede
http://www.torinofc.it/
Facebook: TorinoFootballClub Twitter: torinofc_1906 Instagram: torinofc1906 Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Torino Football Club, comunmente chamado Torino ou simplemente Toro, é un club italiano de fútbol da cidade piemontesa de Turín. Foi fundado en 1906 (refundado en 2005) e compite na Serie A.

Historia

Fundado en 1906 como Foot-ball Club Torino, o club naceu como resultado da fusión de varios clubs máis antigos, algúns deles fundados en 1887, o cal converte ó Torino no club de fútbol coa herdanza máis antiga de Italia.

O club acadou o seu primeiro Scudetto na tempada 1927-28, non obstante, a época de maior esplendor da entidade foron os anos 40, cando o seu rexistro de títulos e vitorias fixeron que fose considerado o mellor equipo do mundo. Daquela Il grande Torino converteuse no primeiro equipo italiano da historia que gañou 5 ligas seguidas, capitaneado e liderado por Valentino Mazzola, e con outros 9 integrantes da selección italiana. O 4 de maio de 1949, cando o equipo volvía de Lisboa tras xogar un encontro amigable co SL Benfica, o avión que levaba a tódolos xogadores de volta, esnafrouse cun muro da Basílica de Superga, situada nun outeiro próximo á cidade de Turín, morrendo os 31 pasaxeiros no accidente, entre xogadores, directivos e xornalistas.

A pesar de gañar aquela liga un mes despois, o Torino non loitou de novo por máis títulos ate a década dos 70, na que o club acadou un novo título de liga e varios subcampionatos. Nos últimos tempos o club pasou por unha crise de resultados que o levou á Serie B durante anos, e sobre todo por unha crise económica que levou a unha refundación do club en agosto de 2005. Actualmente o equipo disputa a Serie B co obxectivo do ascenso.

Con 68 tempadas na Lega Calcio Serie A, constituída como tal en 1929, o Torino FC ocupa a 7ª posición na táboa histórica da liga italiana segundo o número de puntos acadados; por detrás da Juventus FC, do FC Internazionale, do AC Milan, do AS Roma, do ACF Fiorentina e do SS Lazio.

Estadio

O Torino FC disputa os seus encontros como local no Stadio Olimpico, máis coñecido como Stadio Comunale, inaugurado en 1933 para acoller varios encontros do Mundial de Fútbol Italia 1934. O Torino FC e o Juventus FC compartiron este estadio durante décadas, ate a inauguración do Stadio delle Alpi en 1990, construído por mor do Mundial de Fútbol Italia 1990, e ó cal marcharon os dous clubs turineses. Trala reconstrución do estadio en 2006 para acoller as cerimonias de apertura e peche dos Xogos Olímpicos de Inverno dese ano, ámbolos dous clubs volveron ó seu antigo fogar. En 2011 o Juventus FC marchou ó seu novo estadio, e o Torino FC ficou como único residente do Comunale. Actualmente o recinto conta cunha capacidade para 27.994 seareiros.

Palmarés

Stadio Comunale.

O palmarés do club é un dos máis salientables do fútbol italiano, con 7 títulos de liga, 5 títulos de copa e 1 título da desaparecida Copa Mitropa.

Títulos nacionais

  • Scudetto Scudettos (7) = 1927-28, 1942-43, 1945-46, 1946-47, 1947-48, 1948-49, 1975-76
    • Subcampionatos (9) = 1907, 1914-15, 1928-29, 1938-39, 1941-42, 1971-72, 1976-77, 1977-78, 1984-85
  • Coppa Coppa Italia (5) = 1935-36, 1942-43, 1967-68, 1970-71, 1992-93
    • Subcampionatos (8) = 1937-38, 1962-63, 1963-64, 1969-70, 1979-80, 1980-81, 1981-82, 1987-88

Títulos internacionais

Xogadores

Paolo Pulici é o xogador que máis goles anotou para o club (172 goles) e o segundo que máis encontros disputou defendendo as cores do Torino FC (437 encontros entre 1968 e 1982), só superado por Giorgio Ferrini (566 encontros entre 1959 e 1975). Valentino Mazzola (123 goles entre 1942 e 1949) era o capitán do Grande Torino. Silvio Piola, o máximo goleador histórico da liga italiana e da selección italiana, disputou unha tempada co Torino.

Outros grandes xogadores que vestiron a camisola granata do club foron Denis Law, Cesare Maldini, Álvaro Recoba, Martín Vázquez, Enzo Scifo, Hakan Şükür, Enzo Francescoli, Abedi Pele, Müller etc.

Rivalidades

Os seareiros do Torino FC teñen unha boa relación cos seareiros da ACF Fiorentina, e tamén cos do CA River Plate, CA Peñarol, Liverpool FC, Celtic Glasgow, SC Corinthians e West Ham United FC. Por contra, o seu máximo rival histórico é o veciño Juventus FC, aínda que tamén mantén unha forte rivalidade co UC Sampdoria, AS Roma, Atalanta BC, Bologna FC e Hellas Verona entre outros.

Ate o ano 2009 o Torino FC e o Genoa CFC mantiñan unha histórica relación de fraternidade que se rachou cun encontro ligueiro que mandou ó Torino á Serie B trala vitoria do Genoa.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas