Amicacina: Diferenzas entre revisións
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8) |
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0 |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
A '''amicacina''' ou '''amikacina''' é un [[antibiótico]] do grupo dos [[aminoglicósido]]s utilizado no tratamento de diversas infeccións bacterianas <ref>Edson RS, Terrell CL. ''The aminoglycosides.'' Mayo Clin Proc. 1999 May;74(5):519-28. Review. PMID 10319086</ref><ref>{{cita web|título=Amikacina|url=http://www.facmed.unam.mx/bmnd/gi_2k8/prods/PRODS/Amikacina.htm|dataacceso=15 de octubre de 2011|autor=Thomson PLM|obra=Vademécum de genéricos intercambiables|editor=José Antonio Solís Sánchez|ano=2008|lugar=México, D. F.}}</ref>. A amicacina funciona uníndose á subunidade de 30 S do [[ribosoma]] bacteriano, interferindo coa [[tradución (proteínas)|síntese de proteínas]] causando erros de lectura do [[ARNm]]. |
A '''amicacina''' ou '''amikacina''' é un [[antibiótico]] do grupo dos [[aminoglicósido]]s utilizado no tratamento de diversas infeccións bacterianas <ref>Edson RS, Terrell CL. ''The aminoglycosides.'' Mayo Clin Proc. 1999 May;74(5):519-28. Review. PMID 10319086</ref><ref>{{cita web|título=Amikacina|url=http://www.facmed.unam.mx/bmnd/gi_2k8/prods/PRODS/Amikacina.htm|dataacceso=15 de octubre de 2011|autor=Thomson PLM|obra=Vademécum de genéricos intercambiables|editor=José Antonio Solís Sánchez|ano=2008|lugar=México, D. F.}}</ref>. A amicacina funciona uníndose á subunidade de 30 S do [[ribosoma]] bacteriano, interferindo coa [[tradución (proteínas)|síntese de proteínas]] causando erros de lectura do [[ARNm]]. |
||
Quimicamente é un derivado semisintético da [[kanamicina]] <ref name="drugs"/> Foi preparada por Hiroshi Kawaguchi e os seus colaboradores no Xapón no ano 1972 <ref>H. Kawaguchi et al (1972) Journal of Antibiotics, 25, 695</ref><ref>The History of Antibioticis. The Japanese story. J. Kumazawa, M. Yagizawa. [http://www.springerlink.com/content/5m7n9lt00bbn13l4/]</ref>. |
Quimicamente é un derivado semisintético da [[kanamicina]] <ref name="drugs"/> Foi preparada por Hiroshi Kawaguchi e os seus colaboradores no Xapón no ano 1972 <ref>H. Kawaguchi et al (1972) Journal of Antibiotics, 25, 695</ref><ref>The History of Antibioticis. The Japanese story. J. Kumazawa, M. Yagizawa. [http://www.springerlink.com/content/5m7n9lt00bbn13l4/] {{Webarchive|url=https://web.archive.org/web/20190925123614/https://link.springer.com/article/10.1007/s101560200022 |date=25 de setembro de 2019 }}</ref>. |
||
== Administración == |
== Administración == |
Revisión como estaba o 6 de novembro de 2019 ás 09:56
A amicacina ou amikacina é un antibiótico do grupo dos aminoglicósidos utilizado no tratamento de diversas infeccións bacterianas [1][2]. A amicacina funciona uníndose á subunidade de 30 S do ribosoma bacteriano, interferindo coa síntese de proteínas causando erros de lectura do ARNm.
Quimicamente é un derivado semisintético da kanamicina [3] Foi preparada por Hiroshi Kawaguchi e os seus colaboradores no Xapón no ano 1972 [4][5].
Administración
A amicacina pode administrarse unha ou dúas veces ao día por vía intravenosa ou intramuscular, xa que non se absorbe oralmente. Nas persoas con insuficiencia renal, a dosificación debe axustarse de acordo coa eliminación de creatinina (que mide o grao de filtración glomerular renal ou GFR [6]), xeralmente reducindo a frecuencia das doses.
Usos
A amicacina úsase principalmente para tratar casos graves de infeccións hospitalarias por bacterias gramnegativas multirresistentes [3], como Pseudomonas aeruginosa, Acinetobacter, e Enterobacter. Tamén se inclúen no seu espectro a Serratia marcescens e a Providencia stuartii. A amicacina pode tamén utilizarse para tratar infeccións por micobacterias, como as da tuberculose cando os tratamentos de primeira liña non funcionan [7].
A amicacina pode combinarse con antibióticos beta-lactámicos para realizar unha terapia inicial previa ao diagnóstico definitivo en persoas con neutropenia e febre.
Resistencia
A amicacina é moi difícil de inactivar polos sistemas bacterianos, polo que é difícil que aparezan resistencias. A amicacina é inmune ao ataque da maioría dos encimas inactivadores bacterianos; esta protección realízaa o residuo L-hidroxiaminobuteroíl amida (L-HABA) unido ao nitróxeno en posición 3, que inhibe a acetilación, fosforilación e adenilación no anel do azucre situado a maior distancia (C-2,C-3,C-4). Para previr o desenvolvemento de resistencias bacterianas a este antibiótico extremadamente poderoso, o seu uso está estritamente regulado.
Efectos secundarios
Os efectos secundarios da amicancina son similares aos dos outros aminoglicósidos. Os efectos máis importantes son a ototoxicidade e a nefrotoxicidade. Tamén ten neurotoxicidade. Pode atravesar a placenta.[3]. Os niveis sanguíneos deste antibiótico e os marcadores da función renal (creatinina) poden ser monitorizados durante o tratamento. Ademais, as doses axústanse especificamente baseándose na eliminación renal de creatinina sérica [8] en contornos clínicos.
Notas
- ↑ Edson RS, Terrell CL. The aminoglycosides. Mayo Clin Proc. 1999 May;74(5):519-28. Review. PMID 10319086
- ↑ Thomson PLM (2008). José Antonio Solís Sánchez, ed. "Amikacina". Vademécum de genéricos intercambiables. México, D. F. Consultado o 15 de octubre de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Drugs.com Amikacin
- ↑ H. Kawaguchi et al (1972) Journal of Antibiotics, 25, 695
- ↑ The History of Antibioticis. The Japanese story. J. Kumazawa, M. Yagizawa. [1] Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- ↑ GFR Calculator at cato.at - Cockcroft-Gault Arquivado 05 de setembro de 2004 en Wayback Machine. - GFR calculation (Cockcroft-Gault formula)
- ↑ Amikacin in der WHO Essential Medicines Library, eingesehen am 21. Dezember 2009.
- ↑ Gault MH, Longerich LL, Harnett JD, Wesolowski C (1992). "Predicting glomerular function from adjusted serum creatinine". Nephron 62 (3): 249–56. PMID 1436333. doi:10.1159/000187054.