Longa distancia Renfe: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: arranxiño
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 5: Liña 5:
'''Renfe AVE - Longa Distancia''', é a denominación comercial do conxunto de servizos [[Ferrocarril|ferroviarios]] de longo percorrido ofertados por [[Renfe Operadora|Renfe]]. Son os trens anteriormente operados baixo a Unidade de Negocio de '''''Grandes Liñas''''', para comunicar grandes cidades de tódala xeografía [[España|española]].
'''Renfe AVE - Longa Distancia''', é a denominación comercial do conxunto de servizos [[Ferrocarril|ferroviarios]] de longo percorrido ofertados por [[Renfe Operadora|Renfe]]. Son os trens anteriormente operados baixo a Unidade de Negocio de '''''Grandes Liñas''''', para comunicar grandes cidades de tódala xeografía [[España|española]].


Circulan servizos de Longa Distancia por tódala [[rede ferroviaria española]], tanto pola rede de [[largo ibérico]], como por vías de [[Largo internacional|largo estándar internacional]]. Algúns servizos poden operar nas redes [[Portugal|portuguesa]]<ref>{{Cita novas|xornal=Interrail|título=Tren nocturno internacional Trenhotel|url=https://www.interrail.eu/es/trenes-en-europa/trenes-nocturnos/trenhotel-internacional|lingua=es|data-acceso=2018-01-05}}</ref> e [[Francia|francesa]]<ref>{{Cita novas|autor=|data=|xornal=La Vanguardia|título=Renfe-SNCF lanza billetes de AVE a Francia desde 25 euros|url=http://www.lavanguardia.com/ocio/viajes/20171212/433589767414/renfe-sncf-campana-billetes-ave-25-euros.html|lingua=es|data-acceso=2018-01-05}}</ref>. No pasado tamén se teñen operado servizos até [[Suíza]] e [[Italia]]<ref>{{Cita novas|autor=Diario Público|data=|título=Renfe suprime 17 servicios internacionales por la huelga en Francia|url=http://www.publico.es/actualidad/renfe-suprime-17-servicios-internacionales.html|lingua=es-ES|data-acceso=2018-01-05}}</ref>.
Circulan servizos de Longa Distancia por tódala [[rede ferroviaria española]], tanto pola rede de [[largo ibérico]], como por vías de [[Largo internacional|largo estándar internacional]]. Algúns servizos poden operar nas redes [[Portugal|portuguesa]]<ref>{{Cita novas|xornal=Interrail|título=Tren nocturno internacional Trenhotel|url=https://www.interrail.eu/es/trenes-en-europa/trenes-nocturnos/trenhotel-internacional|lingua=es|data-acceso=2018-01-05|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20180105233626/https://www.interrail.eu/es/trenes-en-europa/trenes-nocturnos/trenhotel-internacional|dataarquivo=05 de xaneiro de 2018|urlmorta=si}}</ref> e [[Francia|francesa]]<ref>{{Cita novas|autor=|data=|xornal=La Vanguardia|título=Renfe-SNCF lanza billetes de AVE a Francia desde 25 euros|url=http://www.lavanguardia.com/ocio/viajes/20171212/433589767414/renfe-sncf-campana-billetes-ave-25-euros.html|lingua=es|data-acceso=2018-01-05}}</ref>. No pasado tamén se teñen operado servizos até [[Suíza]] e [[Italia]]<ref>{{Cita novas|autor=Diario Público|data=|título=Renfe suprime 17 servicios internacionales por la huelga en Francia|url=http://www.publico.es/actualidad/renfe-suprime-17-servicios-internacionales.html|lingua=es-ES|data-acceso=2018-01-05}}</ref>.


==Servizos de AVE - Longa Distancia existentes==
==Servizos de AVE - Longa Distancia existentes==

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2019 ás 15:18

AVE da serie 100, estacionado en Córdoba-Central.
Alvia da serie 130, que cobre a relación Madrid-Xixón.
Euromed entrando na estación València-Nord

Renfe AVE - Longa Distancia, é a denominación comercial do conxunto de servizos ferroviarios de longo percorrido ofertados por Renfe. Son os trens anteriormente operados baixo a Unidade de Negocio de Grandes Liñas, para comunicar grandes cidades de tódala xeografía española.

Circulan servizos de Longa Distancia por tódala rede ferroviaria española, tanto pola rede de largo ibérico, como por vías de largo estándar internacional. Algúns servizos poden operar nas redes portuguesa[1] e francesa[2]. No pasado tamén se teñen operado servizos até Suíza e Italia[3].

Servizos de AVE - Longa Distancia existentes

  • AVE: tren de alta velocidade que circula exclusivamente por vías de largo estándar internacional e que poden acadar até os 350 km/h.
  • AV City: servizo prestado por liñas de alta velocidade, para complementar a oferta AVE a prezos máis económicos. Comercialízase en clase Turista e Turista Plus.
  • Altaria: trens Talgo das series IV, VI ou VII de rodaxe desprazable (poden circular por vías de ancho ibérico e estándar internacional). Circulan entre Madrid e cidades de Andalucía, así como Murcia e Alacant. Concbidos como un produto de gama superior aos Talgo.
  • Alvia: trens das series 120, 130 ou 730, de rodada desprazábel. Circulan a velocidades que poden chegar aos 250 km/h por vías de largo estándar internacional e 220 km/h por vías de alta velocidade de largo ibérico.
  • Euromed: trens de rodada desprazábel que circulan a velocidades de ata 220 km/h entre Barcelona e Alacant.
  • Intercity: servizos híbridos entre a Longa e a Media Distancia, habitualmente de menores prestacións cós anteriores.
  • Talgo: coches fornecidos polo fabricante Talgo que poden ser remolcados por locomotoras de distintas series (333.4, 334, 252, ...), tanto por largo ibérico como estándar internacional. Cobren relacións entre cidades de toda España.
  • Trenhotel: servizo nocturno fornecido con coches Talgo, algúns deles con rodada desprazábel, que une cidades españolas e europeas.

Servizos suprimidos

  • Alaris: trens pendulares de alta velocidade adaptados para circularen por liñas de largo ibérico con velocidades arredor dos 200 km/h.
  • Arco: servizos fornecidos con material convencional adaptados para circularen a velocidades de até 200 km/h polo Corredor mediterráneo para complementar a oferta dos Euromed e Talgo.
  • Diurno: servizos fornecidos con material convencional para relacións transversais como a establecida entre Galiza e Euskadi.
  • Estrella: trens nocturnos realizados con material convencional que cubrían tanto relacións radiais como transversais. Foron sendo progresivamente substituídos polos Trenhotel ou directamente eliminados da oferta.

Renfe AVE - Longa Distancia en Galiza

En 2017 os servizos de Longa Distancia estaban a cubrir as seguintes relacións:

Alvia

Galiza - Madrid

Galiza - Barcelona

Intercity

Galiza - Euskadi

Trenhotel

Galiza - Madrid

Galiza - Barcelona

Notas

  1. "Tren nocturno internacional Trenhotel". Interrail (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 2018-01-05. 
  2. "Renfe-SNCF lanza billetes de AVE a Francia desde 25 euros". La Vanguardia (en castelán). Consultado o 2018-01-05. 
  3. Diario Público. "Renfe suprime 17 servicios internacionales por la huelga en Francia" (en castelán). Consultado o 2018-01-05. 

Véxase tamén

Outros artigos