Frances Northcutt: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7: Liña 7:


=== Primeiros anos e educación ===
=== Primeiros anos e educación ===
Northcutt naceu en Many ([[Luisiana]]), localidade situade ao outro lado da fronteira estatal, o [[10 de agosto]] de [[1943]]. Creceu en [[Luling, Texas|Luling]] ([[Texas]]), nos arredores de Austin; e finalmente mudouse a [[Dayton, Texas|Dayton]], ([[Texas]]), cando ingresou na escola secundaria. Asistiu á escola de Dayton High School en Liberty County e logo estudou [[matemáticas]] na [[Universidade de Texas en Austin|Universidade de Texas]] en [[Austin, Texas|Austin]].<ref name=Ely>{{cita web|url=http://digital.houstonlibrary.org/oral-history/frances-northcutt.php|title=Frances Northcutt - Houston Public Library Digital Archives|last=Ely|first=Jane|date=3 de abril de 2008|work=Houston Public Library|access-date=20 de novembro de 2017}}</ref> Graduouse en catro anos, aínda que na práctica foron tres anos e medio, xa que que sufriu un accidente automobilístico que a obrigou a perder un semestre enteiro.
Northcutt naceu en Many ([[Luisiana]]), localidade situada ao outro lado da fronteira estatal, o [[10 de agosto]] de [[1943]]. Creceu en [[Luling, Texas|Luling]] ([[Texas]]), nos arredores de Austin; e finalmente mudouse a [[Dayton, Texas|Dayton]], ([[Texas]]), cando ingresou na escola secundaria. Asistiu á escola de Dayton High School en Liberty County e logo estudou [[matemáticas]] na [[Universidade de Texas en Austin|Universidade de Texas]] en [[Austin, Texas|Austin]].<ref name=Ely>{{cita web|url=http://digital.houstonlibrary.org/oral-history/frances-northcutt.php|title=Frances Northcutt - Houston Public Library Digital Archives|last=Ely|first=Jane|date=3 de abril de 2008|work=Houston Public Library|access-date=20 de novembro de 2017}}</ref> Graduouse en catro anos, aínda que na práctica foron tres anos e medio, xa que que sufriu un accidente automobilístico que a obrigou a perder un semestre enteiro.


Ao finalizar as misións Apolo, Northcutt permaneceu contratada coa empresa [[TRW Systems]] durante unha década, aínda que se trasladou a outros proxectos. En 1981, graduose pola [[Universidade de Houston]] obtendo a licenciatura en [[dereito]]. Aínda que continuou traballando como enxeñeira mentres estaba a estudar.
Ao finalizar as misións Apolo, Northcutt permaneceu contratada coa empresa [[TRW Systems]] durante unha década, aínda que se trasladou a outros proxectos. En 1981, graduose pola [[Universidade de Houston]] obtendo a licenciatura en [[dereito]]. Aínda que continuou traballando como enxeñeira mentres estaba a estudar.

Revisión como estaba o 21 de outubro de 2019 ás 14:52

Frances Northcutt
AlcumePoppy
Nacemento10 de agosto de 1943
Lugar de nacementoLuisiana - Louisiana
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Texas en Austin, Universidade de Houston, Dayton High School e University of Houston Law Center
Ocupaciónmatemática, enxeñeira, avogada e activista polos dereitos das mulleres
editar datos en Wikidata ]

Frances Marian Northcutt, nada en Many (Luisiana) o 10 de agosto de 1943, maiormente coñecida como Poppy, é unha matemática, enxeñeira da NASA e avogada estadounidense especializada nos dereitos das mulleres. Comezou a súa carreira profesional como calculadora humana e logo conseguíu o posto de enxeñeira para Programa Apolo da NASA durante a carreira espacial. Foi a primeira muller enxeñeira en traballar no Centro de control de misión da NASA durante o Apollo 8.​​​[1][2][3] O cráter lunar Poppy foi nomeado así na súa honra polo seu traballo e por ser pioneira no Proxecto Apolo.

Máis adiante, Northcutt converteuse en avogada especializada nos dereitos das mulleres. A principios da década de 1970, foi membro da Xunta Directiva nacional da Organización Nacional de Mulleres[4] e traballa como voluntaria en varias organizacións de Houston que avogan polos dereitos do aborto.​ A nova onda de feminismo en Estados Unidos que se produciu na época, fíxolle interesarse por esta causa e por tomar o camiño das leis como medio para liberar as mulleres.

Biografía

Primeiros anos e educación

Northcutt naceu en Many (Luisiana), localidade situada ao outro lado da fronteira estatal, o 10 de agosto de 1943. Creceu en Luling (Texas), nos arredores de Austin; e finalmente mudouse a Dayton, (Texas), cando ingresou na escola secundaria. Asistiu á escola de Dayton High School en Liberty County e logo estudou matemáticas na Universidade de Texas en Austin.[5] Graduouse en catro anos, aínda que na práctica foron tres anos e medio, xa que que sufriu un accidente automobilístico que a obrigou a perder un semestre enteiro.

Ao finalizar as misións Apolo, Northcutt permaneceu contratada coa empresa TRW Systems durante unha década, aínda que se trasladou a outros proxectos. En 1981, graduose pola Universidade de Houston obtendo a licenciatura en dereito. Aínda que continuou traballando como enxeñeira mentres estaba a estudar.

Vida laboral

No ano 1965 entrou a traballar nunha compañía aeroespacial, TRW Systems, a cal colaboraba coa NASA no programa Apolo. Aínda que previamente, estivera facendo cálculos numéricos para o programa Gemini, o antecesor do Apolo. TRW deseñou e construíu o motor de descenso para a aterraxe lunar do Apolo. Ao principio, o seu papel era de "computadora humana", ao igual que moitas outras mulleres, que se encargaban dos cálculos matemáticos máis monótonos que ordenaban os homes, e ás que se lle pagaba menos que a eles (a película Hidden Figures mostra este traballo atribuído a mulleres, condenadas a estar na sombra). Tras quince tediosos meses e grazas ao seu duro traballo analizando datos, foi promocionada ao posto de enxeñeira asalariada, converténdose así na única muller no equipo. Importante mencionar tamén que nunha entrevista coa revista Time, Northcutt afirma que o termo "computadoras" era moi estraño, e que, ademais de asumilas como computadoras, as tiñan sexualizadas.

Ao principio sentiu moita presión, por ser a única muller no equipo, pero co tempo conseguiu traballar sen temor co equipo de enxeñeiros que deseñaron a traxectoria de regreso á Terra que a tripulación do Apolo 8 debía seguir. Nunha entrevista que concedeu á BBC,  Poppy explicou que traballaba no Centro de Control de Misión e que ela era a encargada de calcular os ángulos nos que se debían acender os propulsores e durante canto tempo para asegurar que a nave estivese na traxectoria correcta para regresar á Terra, no que se chama como "o corredor de reentrada". Se a nave estaba fóra dese corredor, podía chegar a queimarse.

Tomado polo membro da tripulación do Apolo 8, Bill Anders o 24 de decembro de 1968, mentres estaba en órbita ao redor da Luna, mostrando a Terra elevándose sobre o horizonte lunar

Northcutt traballou nas misións Apolo 8, Apolo 10, Apolo 11, Apolo 12 e Apolo 13, como especialista no cálculo das traxectorias para a volta a Terra da tripulación. Comezou coa misión Apolo 8, que se viu acelerada pola competición que mantiñan con Rusia por ser os primeiros en chegar á Lúa. O Apolo 8 foi a segunda nave espacial Apolo con tripulación e converteuse na primeira misión tripulada en abandonar a órbita terrestre. Alcanzou con éxito a Lúa, orbitouna e logo regresou á Terra a salvo o 27 de decembro de 1968. O seu traballo nesta misión consistía en calcular as traxectorias para o retorno da nave pero tamén deseñar e construír o motor de descenso para a aterraxe lunar do Apolo. Así, Northcutt e o seu equipo axudaron á NASA para desenvolver o roteiro final que a tripulación do Apolo 8 seguiría para a súa volta a casa. O obxectivo era crear un programa que de forma rápida e precisa e, en caso de emerxencia, optimizase todos os requirimentos de combustible. Oito días despois, toda a tripulación da nave regresou sa e salva á Terra, aterrando no océano Pacífico Norte. Un dos recoñecementos polo seu traballo pioneiro no Programa Apolo foi que na súa honra chamaron a un cráter lunar polo seu nome.

Northcutt continuou traballando con TRW e a NASA durante varios anos máis, como un membro fundamental dalgunhas das misións máis históricas da NASA, como a do Apolo 13. Esta foi na que a NASA recibiu a famosa mensaxe de “ Houston, temos un problema”. Todo o mundo coñece esta historia: a misión lunar errada que non acabou en traxedia, pero case. Os tanques de osíxeno explotaran e os astronautas estaban a un 320.000 km de distancia da Terra. A situación era alarmante, pero a supervivencia da tripulación estivo en mans de Poppy e do seu equipo de enxeñeiros. Inicialmente, Northcutt non estaba no centro da Nasa ese día. Xa estivera no lanzamento, e supoñíase que non tiña que entrar a traballar ata o día seguinte. Ela fora a Florida para ver o lanzamento e acababa de regresar. Decatouse porque alguén da prensa chamoulle, e ante a situción, decidiu volver. Ela programara o software que servía para un eventual aborto da misión, aínda que tamén se podía usar para situacións nominais. O programa de Northcutt funcionou, e os astronautas puideron regresar a casa sans e salvos. Isto demostrou que o programa fixo exactamente o que estaba deseñado que fixese, e foi un claro exemplo de como deberían funcionar os sistemas de respaldo e seguridade. Foi unha misión moi estresante, porque non se sabía realmente o que sucedera. Northcutt e o Equipo de Operacións da Misión foron galardoados coa Medalla Presidencial da Liberdade por atopar a maneira de regresar a salvo o Apolo 13.

O Apolo 9 permaneceu en órbita terrestre, testando os sistemas de separación e acoplaxe dos módulos do comando lunar. O Apolo 17, a última misión á Lúa, aterrou xunto ao "cráter Poppy", chamado así en honra a Northcutt polo seu traballo como unha das primeiras pioneiras no programa Apolo.

Ao licenciarse en dereito, comezou tamén a traballar como avogada. Traballou para o fiscal de distrito no condado de Harris, Houston. Máis adiante, como secretaria dun xuíz de apelación federal en Alabama e, finalmente, acabou traballando como avogada privada.

Vida persoal

O seu alcume, Poppy vén do seu irmán pequeno, quen, tras ler un libro infantil titulado Poppy the Four Inch Fairy, acabou poñéndolle ese alcume. O seu pai traballaba en tubaxes, mentres que a súa nai se dedicaba ao traballo no fogar.

Cando se graduou en Dayton High School, non estaba segura do que quería ser, pero si do que non quería, seguir cos estereotípos típicos da época que establecían que as mulleres tiñan que casar e quedar cos seus fillos en casa, ou exercer traballos tipicamente relacionados co coidado: enfermeira, mestra etc. Así que decidiu estudar matemáticas na Universidade de Texas, porque era boa niso e porque era un campo dominado por homes, o que lle reportaba vantaxes como ter un mellor soldo e evitar o traballo habitual destinado ás mulleres.

En entrevistas, mencionou que se tivese que describir o seu traballo a calquera persoa nun bar, tería unha resposta moi divertida: "Son unha especialista en retorno a Terra". E ademais, Northcutt, que nunca casou, dixo á prensa no seu día que o único que enorgullecía ao seu pai era ler o anuncio da súa participación no xornal local.

Descríbese a si mesma como "unha científica de foguetes, algunha vez avogada, activista dos dereitos das mulleres a tempo completo"

Loitando polos Dereitos das Mulleres

Manifestación a favor dos Dereitos das Mulleres

Segundo o que contou a propia Northcutt foi moito máis complicado ter que lidar cos medios de comunicación que cos propios enxeñeiros. Os medios eran sexistas e excluíntes cando falaban de mulleres e ela non foi unha excepción.  Poppy rescatou o Apolo 13 e participou na misión Apolo 11, pero para os xornais só foi “a loura no control da misión” ou “a rosa de Texas da NASA”. Do mesmo xeito actuou unha emisora da ABC, en 1968, cando a convidaron para falar do seu traballo nas misións e só preguntáronlle pola súa aparencia. Aínda que a atención que os medios lle proporcionaban foi utilizada por ela para un propósito superior, visibilizar que as mulleres poden dedicarse á ciencia, dedicarse á tecnoloxía, facer algo que non é estereotipado. O seu espertar político foi un proceso que se iniciou tras o seu paso polo Programa Apolo ao constatar que existía a brecha salarial (aos seus compañeiros homes pagábanlles as horas extras e a ela non). Northcutt empezou a ler artigos sobre o movemento polos dereitos das mulleres e decidiu estudar dereito polas noites na Universidade de Houston porque quería amparar a todas as mulleres desde o coñecemento das leis. No documental de PBS "Chasing the Moon", afirmaba que, cando traballaba en Control de Misión, sentía como unha especie de trofeo. Contou que nun momento dado, sentía observada no traballo, durante a misión do Apolo 11. Escoitou a compañeiros falar sobre o que se podía ver nun das canles de cámara do sistema interno. Ela comprobou o que se mostraba nesa canle, a cámara estaba a apuntar constantemente sobre a súa persoa. Tamén sentía sempre moi incómoda coa xente que chegaba para ver o traballo na Nasa, e dalgún modo sentía en shock ao decatarse de que en control de misión había unha muller.

Northcutt involucrouse cada vez máis no Movemento de liberación das mulleres. Axudou a organizar manifestacións, folgas, discursos, comunicados de prensa e mesmo falou no Consello da Cidade de Houston moitas veces. En 1974 o alcalde de Houston nomeouna a primeira Defensora da Muller da Cidade. Neste posto, axudou a aprobar unha gran cantidade de leis que melloran a situación das mulleres: negociou un acordo co Departamento de Policía de Houston que permite que as mulleres se convertan en axentes de policía; conseguiu que o Departamento de Bombeiros de Houston aceptase que as mulleres servisen como bombeiros; tamén dirixiu un importante estudo sobre igualdade de remuneración que abarcou toda a nómina municipal de Houston. Estaba tan dedicada a mellorar a igualdade que contou os baños das mulleres comparándoos cos dos homes en todo Houston, o que axudou a que este número chegase á paridade. Axudou a aprobar unha lei que prohibía aos hospitais acusar as mulleres que viñan facerse as análises de violación. Máis tarde, Northcutt converteuse na presidenta de todo Houston e todo Texas da Organización Nacional de Mulleres.

Poppy tamén se converteu en avogada defensora das mulleres. Foi elixida polo programa que expuña facer no cargo, que consistía en: mulleres no Departamento de Policía, eliminar os requisitos de altura, abrir o Departamento de Bombeiros ás mulleres, análises de pago equitativo, dispoñibilidade de coidado infantil para mulleres, beneficios en situacións de embarazo.

Recoñecementos

  • Elixida presidenta de Texas NOW (Organización Nacional para Mulleres de  Texas).
  • Ao celebrar os 50 anos da exitosa misión Apolo 11 á Lúa, a Organización Nacional de Mulleres (NOW) honra a Frances "Poppy" Northcutt polas súas contribucións históricas á misión espacial dos Estados Unidos, á igualdade de xénero e ao apoio legal para as mulleres.
  • O cráter lunar " Poppy" foi nomeado desta maneira na súa honra, polo seu traballo e por ser pioneira no Programa Apolo.

Principais contribucións

  • Contribuíu a crear traxectorias efectivas para a volta á Terra das tripulacións que ían á Lúa e axudou a crear aplicacións para planificar as misións e optimizar todos os requirimentos de combustible.
  • O papel de Northcutt na NASA axudou a achandar o camiño para as mulleres enxeñeiras da NASA e, finalmente, as astronautas.
  • Logrou que o Departamento de Bombeiros accedese a deixar que tentasen entrar as primeiras mulleres.
  • Tratou de que o Consello pagase o control da natalidade, pero esa era unha causa desesperada. Fixeron un pequeno progreso, pero non moito.
  • Aumentaron significativamente o número de mulleres que estaban en xuntas e comisións designadas.
  • Realizou un gran estudo sobre a igualdade salarial que revisou toda a nómina para comparar os mesmos traballos, para mostrar exactamente o que estaba a ocorrer co salario das mulleres en comparación co salario dos homes, e tratou de conseguir algunhas melloras.

Bibliografía

  1. Barteski, Ed (Editor) (2014). MAKERS Women in Space (Motion picture). Washington D.C.: Kunhardt McGee Productions. 
  2. "This Amazing 25-Year-Old Woman Helped Bring Apollo Astronauts Back From The Moon - Business Insider". Business Insider. 9 de decembro de 2014. 
  3. "Chasing the Moon: Transcript, Part Two". American Experience. PBS. 10 de xullo de 2019. Consultado o 24 de xullo de 2019. 
  4. Williams, Cristan (18 de abril de 2014). "NOW state rep talks with the TransAdvocate about TERFs, trans-inclusion and civil rights". The TransAdvocate. Consultado o 2 de agosto de 2015. 
  5. Ely, Jane (3 de abril de 2008). "Frances Northcutt - Houston Public Library Digital Archives". Houston Public Library. Consultado o 20 de novembro de 2017. 

Enlaces externos