Ano (astronomía): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 5236905 de 188.127.160.188 (conversa)
Etiqueta: Desfacer
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Liña 76: Liña 76:
|dataarquivo = 20 de maio de 2008
|dataarquivo = 20 de maio de 2008
|urlmorta = si
|urlmorta = si
}}</ref> diferencia entre os diferentes símbolos das normas ISO 1000, ISO 2955 e ANSI X3.50<ref>{{Cita web |url=http://aurora.regenstrief.org/~ucum/ucum.html |título=Copia arquivada |data-acceso=01 de maio de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100304195312/http://aurora.regenstrief.org/~ucum/ucum.html# |dataarquivo=04 de marzo de 2010 |urlmorta=si }}</ref> by using:
}}</ref> diferencia entre os diferentes símbolos das normas ISO 1000, ISO 2955 e ANSI X3.50<ref>{{Cita web |url=http://aurora.regenstrief.org/~ucum/ucum.html |título=Copia arquivada |data-acceso=01 de maio de 2016 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20100304195312/http://aurora.regenstrief.org/~ucum/ucum.html |dataarquivo=04 de marzo de 2010 |urlmorta=si }}</ref> by using:


:''a<sub>t</sub>'' = 365,242&nbsp;19 días para o ano trópico medio;
:''a<sub>t</sub>'' = 365,242&nbsp;19 días para o ano trópico medio;

Revisión como estaba o 16 de outubro de 2019 ás 10:06

Retrato do papa Gregorio XIII, quen estableceu o calendario gregoriano.

Un ano é o espazo de tempo que a Terra tarda en dar unha volta completa arredor do Sol. Tómase como referencia a orientación Sol-Terra en relación con outros corpos celestes distantes.

Características

No Calendario gregoriano está dividido en 12 meses, e abrangue 52 semanas (e 1 ou 2 días) nos seus 365 días (ou 366 nos anos bisestos). Realmente, os anos teñen unha duración de 365 días e seis horas aproximadamente. Cada 4 anos realizase un axuste no calendario e adiciónase un día ao ano, sendo que este ano se denomina bisesto. A regra concreta é que un ano é bisesto se é múltiplo de 4, mais non o é se for múltiplo de 100, e tamén é bisesto se é múltiplo de 400.

Tamén se usa o termo para designar o período orbital de calquera planeta.

Evolución histórica do ano solar

  • Ano egipcio: estimaba que un ano duraba 365 días. O calendario egipcio sufriu desfasamentos de tempo moi notables e tratouse de reformar durante o congreso de Canopus, onde se concluíu que o ano duraba 365,25 días.
  • Ano solar xuliano: baseado no congreso de Canopus, estimaba que un ano duraba 365,25 días solares, ou sexa, 365 días e 6 horas. Tamén considerou que cada catro anos se contasen 366 días solares. A ese cuarto de ano chamóuselle bisesto porque os antigos romanos contaban a data 24 de febreiro dúas veces.
  • Ano solar gregoriano: é o ano calendario. É unha corrección na conta do ano solar xuliano, porque en 1582 uns astrónomos descubriron o desfasamento paulatino do tempo no calendario xuliano. Tras unha investigación concluíron que un ano duraba aproximadamente 365,2425 días solares, é dicir, 365 días 5 horas 49 minutos e 12 segundos. Tamén se determinou que os anos seculares podían ser bisestos, só se eran divisibles entre 400.

Cómputo

A sinxeleza da definición oculta a complexidade do seu cómputo. Considéranse diferentes anos segundo a referencia escollida para determinar a súa duración:

  • Ano sidéreo: Tempo que transcorre entre dous pasos consecutivos da Terra por un mesmo punto da súa órbita. Empregado xeralmente polos astrónomos, é a medida máis exacta dun ano. Toma como referencia as estrelas e ten unha duración de 366,255 936 días sidéreos, ou 365,256 363 004 días solares medios (365 días 6 horas 9 minutos 9,76 segundos), é dicir, un día solar menos.
  • Ano trópico: Tempo transcorrido entre dous pasos sucesivos do Solo polo equinoccio medio. Noutras palabras, tempo de primavera a primavera, por exemplo. Toma como referencia o equinoccio vernal e ten unha duración de 365,242 190 402 días solares medios, 365 d 5 h 48 m 45,22 s. (≈ 365 d 6 h). As civilizacións mesopotámica e exipcia lograron valores moi próximos ao real para o ano trópico.
  • Ano de calendario: Número de días completos considerados coma un ano a efectos civís e relixiosos. Para que se axuste aos ciclos astronómicos, que importan fraccións de día, este cómputo de tempo varía cada ano.

Civilmente empréganse o ano trópico e o ano calendario, con excepcións, pois o mundo islámico réxese por un calendario lunar.

En Astronomía e Astrofísica, ademais do ano sidéreo son de interese:

Duración numérica dun ano

O ano medio nesta sección está calculado para o ano 2000 e as diferenzas na duración do ano, en comparación co 2000, danse para anos pasados e futuros. Nas táboas un día son 86 400 segundos do Sistema Internacional.[1][2][3][4]

Duración do ano medio para 2000
Tipo de ano Días Horas Minutos Segundos
Trópico 365 5 48 45
Sidereal 365 6 9 10
Anomalístico 365 6 13 53
Eclipse 346 14 52 55
Diferenza de duración do ano respecto ao 2000
(segundos; positivo cando a duración do ano tabulado e superior á duración do 2000)
Ano Trópico Sideral Anomalístico Eclipse
−4000 −8 −45 −15 −174
−2000 4 −19 −11 −116
0 7 −4 −5 −57
2000 0 0 0 0
4000 −14 −3 5 54
6000 −35 −12 10 104

Outros anos maiores

  • O ano cósmico ou galáctico: tempo transcorrido nunha órbita do Sol arredor do centro da Vía Láctea (uns 220 millóns de anos).
  • O ano platónico: tempo no que o eixe da Terra describe un círculo completo na esfera celeste debido á precesión (uns 25 800 anos).

Símbolo

O símbolo establecido para o ano na norma ISO 80000 é a (do latín annus). Del pódense derivar, co uso de múltiplos, Ma (megaanos, millóns de anos) e ka (kiloanos, miles de anos).

O Código Unificado para Unidades de Medida[5] diferencia entre os diferentes símbolos das normas ISO 1000, ISO 2955 e ANSI X3.50[6] by using:

at = 365,242 19 días para o ano trópico medio;
aj = 365,25 días para o ano xuliano medio;
ag = 365,2425 días para o ano gregoriano medio;

onde:

a, sen subíndice = 1 aj;
e, ar é o símbolo da área, unidade de superficie.

A IUPAC e a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas recomendaron a definición de annus, co símbolo a, como a lonxitude do ano trópico no ano 2000:

a = 31 556 925,445 segundos (aproximadamente 365,242 192 65 días ephemeris)

Isto difire da definición superior de 365,25 días nunhas 20 partes por millón. O documento conxunto indica que definicións como as de ano xuliano "sofren unha obsolescencia inherente preprogramada debido á variabilidade do movemento orbital da Terra", mais propoñen o uso da lonxitude do ano trópico do 2000 d.C. (especificada ata o milisegundo), que tamén sofre o mesmo problema.[7][8] (O ano trópico oscila cun tempo de máis dun minuto).

Notas

  1. U.S. Naval Observatory Nautical Almanac Office and Her Majesty's Nautical Almanac Office (2010). Astronomical Almanac for the year 2011. Washington: U.S. Government Printing Office. pp. C2, L8. 
  2. Simon, J.L.; Bretagnon, P.; Chapront, J.; Chapront-Touzé, M.; Francou, G.; Laskar, J. (February 1994). "Numerical expressions for precession formulae and mean elements for the Moon and planets". Astronomy and Astrophysics 282 (2): 663–683. Bibcode:1994A&A...282..663S. 
  3. Taff, Lawrence G. (1985). Celestial Mechanics: A Computational Guide for the Practitioner. New York: John Wiley & Sons. p. 103. ISBN 0-471-89316-1. 
  4. Seidelmann, P. Kenneth (2013). Explanatory Supplement to the Astronomical Almanac. Sean E. Urban (ed.) (3 ed.). Univ Science Books. p. 587. ISBN 1-891389-85-8. 
  5. Gunther Schadow, Clement J. McDonald. "Unified Code for Units of Measure". Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2008. Consultado o 01 de maio de 2016. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2010. Consultado o 01 de maio de 2016. 
  7. Norman E. Holden, Mauro L. Bonardi, Paul De Bièvre, Paul R. Renne, and Igor M. Villa (2011). "IUPAC-IUGS common definition and convention on the use of the year as a derived unit of time (IUPAC Recommendations 2011)". Pure and Applied Chemistry 83 (5): 1159–1162. doi:10.1351/PAC-REC-09-01-22. 
  8. Celeste Biever (April 27, 2011). "Push to define year sparks time war". New Scientist. Consultado o April 28, 2011. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos