Coprofilia: Diferenzas entre revisións
Liña 10: | Liña 10: | ||
== Véxase tamén == |
== Véxase tamén == |
||
=== Outros artigos === |
=== Outros artigos === |
||
* [[Parafilia]] |
* [[Parafilia]] |
||
* [[Sexualidade]] |
* [[Sexualidade]] |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
Revisión como estaba o 7 de outubro de 2019 ás 16:21
A coprofilia é unha parafilia considerada como unha clase de fetichismo, consistente na excitación sexual producida polas feces, e adoita combinarse con sadomasoquismo ou infantilismo.
Características
A coprofilia consiste na atracción por ulir, saborear ou ollar o acto de defecación como fonte de excitación sexual e pracer. Esta actividade erótica pódese practicar solitariamente ou en parella. Algúns coprófilos practican a coprofaxia, é dicir, inxiren feces, o que pode afectar a saúde debido aos riscos de infección de enfermidades.
Segundo Sigmund Freud, as tendencias coprofílicas son normais no neno, que, sobre todo na fase anal, non manifesta ningún desgusto polos excrementos e ata se sente orgulloso deles e os emprega como medio de autoafirmación en relación cos adultos. Sostén que o interese polos excrementos do neno non está divorciado do interese sexual, a separación entre ambos sobrevén despois pero permanece sempre incompleta, permanecendo eficaz durante a vida adulta unha parte das inclinacións coprófilas en forma de neuroses ou perversións.[1]
Notas
- ↑ GALLIMBERTI, U. Diccionario de psicología. Siglo XXI (en castelán). ISBN 968-23-2618-4.