Jesús 'Fillo' Carballo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Xanetas (conversa | contribucións)
Liña 31: Liña 31:
[[Categoría:Nados en Moaña]]
[[Categoría:Nados en Moaña]]
[[Categoría:Nados en 1944]]
[[Categoría:Nados en 1944]]
[[Categoría:Medalla de Ouro da Real Orden del Mérito Deportivo]]

Revisión como estaba o 3 de outubro de 2019 ás 10:32

Jesús 'Fillo' Carballo
Nacemento2 de marzo de 1944
Lugar de nacementoVilela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónximnasta artístico
FillosJesús Carballo
PremiosMedalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
Na rede
Facebook: FilloCarballo Twitter: FilloCarballo Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Jesús Carballo García, chamado Fillo, nado en Vilela (Moaña) o 2 de marzo de 1944, é un antigo ximnasta e adestrador de ximnasia artística galego.

Traxectoria

Como deportista, foi un dos máis importantes ximnastas españois de finais da década de 1960. Foi campión de España individual en 1965, 1966, 1967 e 1968 na especialidade de barra fixa, e campión da Copa do Generalísimo por equipos co seu club, o Real Madrid de ximnasia. Internacionalmente competiu nos Campionatos do Mundo de Ximnasia de 1966 en Dortmund, nos Xogos do Mediterráneo 1967 en Tunes, e nos Xogos Olímpicos de México en 1968, onde sufriu unha importante lesión. Tras estar apartado temporalmente dos ximnasios, regresou para os Campionatos do Mundo de Ximnasia de 1970 en Ljubljana, onde unha nova lesión rematou coa súa carreira deportiva.

Como adestrador, comezou a ser parte do equipo técnico da Federación Española de Ximnasia logo da súa retirada. En 1974 foi designado seleccionador español de ximnasia deportiva, co que participou nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, ademais de nos mundiais de ximnasia de Estrasburgo en 1978. Despois deses mundiais pasou a ser o seleccionador do equipo de ximnasia feminina, ao que dirixiu en seis Xogos Olímpicos consecutivos: Moscova 1980, Os Ánxeles 1984, Seúl 1988, Barcelona 1992, Atlanta 1996 e Sidney 2000. Durante estes anos a ximnasia deportiva española feminina conseguiu diversos éxitos: obtivo o diploma olímpico en todas as edicións (ao remataren entre os oito primeiros equipos; e individualmente Eva Rueda conseguiu un título mundial e Laura Muñoz a primeira cualificación perfecta (10) dunha ximnasta española. Atribúeselle a Carballo a creación de varios movementos técnicos: o montálvez e o pacheco para barras paralelas e o rueda na barra de equilibrios. Ao mesmo tempo que seleccionador, era adestrador no Centro de Alto Rendemento deportivo da Federación Española de Ximnasia.

En 2013 o Consello Superior de Deportes destituíuno como seleccionador e como adestrador logo dunha denuncia por abusos sexuais.

Vida persoal

En 2013 foi denunciado por un grupo de antigas ximnastas adestradas por el, que o acusaron de abusos sexuais[1][2]. A denuncia foi sobresida por un xulgado de Madrid, dado que os delitos prescribiran, mais a sentenza foi recorrida.

É pai do tamén ximnasta e técnico deportivo Jesús Carballo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía