Jimi Hendrix: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 22: Liña 22:
[[Ficheiro:Jimi Hendrix Memorial(2).jpg|miniatura|dereita|''Jimi Hendrix Memorial'', en [[Seattle]].]]
[[Ficheiro:Jimi Hendrix Memorial(2).jpg|miniatura|dereita|''Jimi Hendrix Memorial'', en [[Seattle]].]]


'''James Marshall Hendrcks''', máis coñecido polo nome artístico de '''Jimi Hendrix''', nado en [[Seattle]] ([[Estado de Washington|Washington]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]) o [[27 de novembro]] de [[1942]] e finado en [[Notting Hill]] ([[Londres]], [[Reino Unido]]) o [[18 de setembro]] de [[1970]], foi un [[Guitarra|guitarrista]], [[Canto|cantante]] e [[Composición musical|compositor]] estadounidense. Malia que a súa carreira só durou catro anos, é frecuenetemente considerado por parte da crítica como o mellor [[guitarrista]] eléctrico do [[Música rock|rock]]. O [[Salón da Fama do Rock|Salón da Fama do Rock and Roll]] describeo como «Indiscutiblemente un dos músicos máis grandes da historia do ''rock''».
'''James Marshall Hendrcks''', máis coñecido polo nome artístico de '''Jimi Hendrix''', nado en [[Seattle]] ([[Estado de Washington|Washington]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]) o [[27 de novembro]] de [[1942]] e finado en [[Notting Hill]] ([[Londres]], [[Reino Unido]]) o [[18 de setembro]] de [[1970]], foi un [[Guitarra|guitarrista]], [[Canto|cantante]] e [[Composición musical|compositor]] estadounidense. Malia que a súa carreira profesional só durou catro anos, é frecuenetemente considerado por parte da crítica como o mellor [[guitarrista]] eléctrico do [[Música rock|rock]]. O [[Salón da Fama do Rock|Salón da Fama do Rock and Roll]] describeo como «Indiscutiblemente un dos músicos máis grandes da historia do ''rock''».


Alcanzóu a fama internacional en [[1967]] logo de participar no [[Festival Pop de Monterey]]. Outros festivais nos que tamén participou foron o [[Festival de Música e Artes de Woodstock|Festival de Woodstock]] de [[1969]] e o [[Festival da illa de Wight]] de [[1970]].
Alcanzóu a fama internacional en [[1967]] logo de participar no [[Festival Pop de Monterey]]. Outros festivais nos que tamén participou foron o [[Festival de Música e Artes de Woodstock|Festival de Woodstock]] de [[1969]] e o [[Festival da illa de Wight]] de [[1970]].

Revisión como estaba o 30 de setembro de 2019 ás 21:05

Jimi Hendrix
Nome completoJohnny Allen Hendrix
Data nacemento27 de novembro de 1942
Nado enSeattle, Washington
Falecemento18 de setembro de 1970 (27 anos)
 Kensington
Causaasfíxia
SoterradoGreenwood Memorial Park
IrmánsLeon Hendrix
Ocupacióncantante, produtor musical, vocalista, guitarrista, cantautor e compositor
Relacionado conThe Isley Brothers, Little Richard, The Blue Flame, Curtis Knight and the Squires, The Jimi Hendrix Experience, Band of Gypsys
Tempo en activo1967 - 1970
PseudónimoJimmy James
Na rede
https://www.jimihendrix.com/
IMDB: nm0001342 Rottentomatoes: celebrity/jimi_hendrix TV.com: people/jimi-hendrix IBDB: 73101
Facebook: JimiHendrix Twitter: JimiHendrix MySpace: officialjimihendrix Youtube: UCEqrtYLjy1o4hvaUI0J530w Spotify: 776Uo845nYHJpNaStv1Ds4 Last fm: Jimi+Hendrix Musicbrainz: 06fb1c8b-566e-4cb2-985b-b467c90781d4 Songkick: 263306 Discogs: 110593 Allmusic: mn0000354105 WikiTree: Hendrix-634 Find a Grave: 471 Deezer: 849 Genius: Jimi-hendrix Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Jimi Hendrix Memorial, en Seattle.

James Marshall Hendrcks, máis coñecido polo nome artístico de Jimi Hendrix, nado en Seattle (Washington, Estados Unidos) o 27 de novembro de 1942 e finado en Notting Hill (Londres, Reino Unido) o 18 de setembro de 1970, foi un guitarrista, cantante e compositor estadounidense. Malia que a súa carreira profesional só durou catro anos, é frecuenetemente considerado por parte da crítica como o mellor guitarrista eléctrico do rock. O Salón da Fama do Rock and Roll describeo como «Indiscutiblemente un dos músicos máis grandes da historia do rock».

Alcanzóu a fama internacional en 1967 logo de participar no Festival Pop de Monterey. Outros festivais nos que tamén participou foron o Festival de Woodstock de 1969 e o Festival da illa de Wight de 1970.

Traxectoria

Músico autodidacta, dende pequeno escoitou Blues e R&B da colección de discos do seu pai, quen lle mercou a súa primeira guitarra cando tiña 10 anos. Ó ano seguinte o seu pai foi a unha tenda de música de Seattle e mercou unha guitarra eléctrica para Jimi e un saxofón para el, saxofón que tería que devolver para poder rematar de pagar a guitarra. Inspirouse na innovación de xente como B. B. King, Albert King e T-Bone Walker e converteu a guitarra eléctrica nun instrumento distinto a unha guitarra normal amplificada, que era como se viña utilizando ata o de entón. Sendo aínda adolescente, xa adquirira unha considerable reputación coma guitarrista tocando con xente coma Ike e Tina Turner, Little Richard ou o mesmo B.B. King.

En 1965 Jimi formou a súa propia banda, chamada Jimmy James and the Blue Flames. Chas Chandler, baixista dos Animals, oíuno tocar e ofreceulle inmediatamente trasladarse a Londres. Jimi volveu a adoptar o seu verdadeiro nome modificando a ortografía. Chas Chandler conseguiulle coma baixista a Noel Redding, quen en realidade era un guitarrista que necesitaba o emprego, e a un batería chamado Mitch Mitchell. Xuntos formaron The Jimi Hendrix Experience. Os Experience sacaron o seu primeiro single con Polydor, "Hey Joe" (canción de Tim Robins) chegou ó nº4 das listas. Durante 1967 conseguiu outros tres singles de éxito considerados hoxe coma clásicos: "Purple Haze", "The Wind Cries Mary" e "The Burning of the Midnight Lamp".

A finais de 1967 regresou aos EUA para tocar no Festival Pop de Monterrey. Ó finalizar a súa actuación prendeulle lume á guitarra, cousa que non fixo moita graza a un dos seus managers. Bill Graham fíxose cargo entón da banda contratándoa como abreconcertos durante varias noites ós Jefferson Airplane. Despois da impresionante actuación de Jimi na primeira noite, os Airplane retiráronse do cartel.

En 1969 Jimi, canso dos Experience, separouse e sacou un disco en directo con Bill Cox ó baixo e Buddy Miles á batería que non tivo moito éxito. De mala gana volve a reunir ós Experience, pero comeza a eludir as actuacións en directo. Instala en Nova York os seus propios estudios ("Electric Lady Studios") e dedicase a gravar.

O 18 de setembro de 1970 morre coma consecuencia dunha inxestión masiva de barbitúricos, afogado no seu propio vómito. Truncábase deste modo a carreira do máis grande guitarrista de tódolos tempos.

En realidade só os catro primeiros discos foron sacados en vida, os demais son obras póstumas.

Ademais dos álbums oficiais hai unha chea de discos con recompilacións, actuacións en directo, festivais... Afortunadamente, hai moitísimos discos en directo non oficiais cun son mellor que os directos oficiais de moitos outros grupos.

Equipo

A maior parte da súa carreira Jimi tocou con Fender Stratocaster normais (preferentemente brancas) postas ó revés e coas cordas en orde inversa, xa que era zurdo. Usou tamén unha Fender Jaguar, Gibson Les Paul, Gibson SG e a Gibson Flying V para zurdos (el chamábaa o meu anxo voador).

Coma amplificadores usaba seis bafles Marshall de 4 x 12, un monitor de 4 x 12 e nada menos que catro cabezas para poder manter o equipo funcionando nos concertos, xa que o puña ó máximo controlando o volume có potenciómetro da guitarra, así saturaba o amplificador. Un dos legados de Jimi foi o uso do Wah-Wah entre os guitarristas, usaba modelos Vox ou Crybaby, ademais dun Fuzz-Box para saturar o amplificador. Coma complementos utilizaba un divisor de oitavas, un phaser e un delay analóxico.

Jimi, coma moitos grandes guitarristas (Eric Clapton, Jeff Beck, etc.), facía el mesmo modificacións á electrónica das súas guitarras, experimentando con calquera cousa posible e conseguindo deste modo sons inverosímiles.

Discografía

Álbum Ano Selo Observacións
Are You Experienced 1967 Track Records Con The Jimi Hendrix Experience
Axis Bold As Love 1967 Track Records
Electric Ladyland 1968 Reprise, Track, Barclay, Polydor
Band Of Gypsys 1970 Capitol Records Álbum ao vivo sen a súa banda orixinal