Isabel (obra de teatro): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m HombreDHojalata moveu a páxina "Isabel (teatro)" a "Isabel (obra de teatro)"
Liña 63: Liña 63:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}
[[Categoría:Obras literarias de 1982]]
[[Categoría:Obras literarias de 1982]]
[[Categoría:Ricardo Carballo Calero]]
[[Categoría:Obras literarias de Carballo Calero]]
[[Categoría:Obras de teatro en galego]]
[[Categoría:Obras de teatro en galego]]

Revisión como estaba o 19 de setembro de 2019 ás 17:20

Isabel
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Teatro
EditorialEdiciós do Castro
Data de pub.1982
editar datos en Wikidata ]

Isabel. Comédia en tres actos (1945) é unha peza teatral de Ricardo Carballo Calero publicada en Ediciós do Castro en 1982 [1].

Segundo Sindo Villamayor:

Trátase dunha comedia en tres actos na que a acción vén plantexar como problema os límites entre o ilusorio e o real, percorrido que na peza vai da realidade á ilusión [2].

Para Henrique Rabuñal:

Isabel é unha comedia psicolóxica de intriga que nos devolve ao xogo da ilusión e a realidade. Hai unha cura difícil porque o problema é a viuvez de Mário, quen vai aceptar Isabel, enviada ao pazo por uns amigos para representar o papel da muller morta, como a súa muller[3].

Personaxes

  • Dona Xulia
  • Rosalía
  • Rego
  • Isabel
  • O Espolique
  • Mario
  • Quiroga
  • Rafael

Desenvolvemento

A acción desenvólvese nun pazo de Galicia, na época actual.

  • Acto I

Dona Xulia é a ama, a criada de sempre na familia, vén da cidade onde vivía co señor, dille á nova criada da aldea, Rosalía, que a trate de dona e non de señora. Conversan as dúas sobre o servizo das criadas e a súa disposición. Rego é o criado que vai e vén coa besta levando o correo e os recados.

Falan de que o señor, don Mario, non sae case nunca, está recluído en si mesmo desde que lle morreu a muller, dona Isabel. Mais saíu ver o seu amigo, o fidalgo don Rafael.

Inesperadamente chega unha moza que se fai chamar Isabel e se comporta como se fose a señora do pazo ante o asombro dos criados.

Rosalía canta:

Paxaro que vive soio,
na ponla da arbre esmorece.
Tamén esmorece a moza
cando non ten que a quere[4]

.

  • Acto II

Isabel goberna o pazo coma se o fixese sempre con tino e sabendo de todo.

Chega un cabaleiro descoñecido, Quiroga, e infórmase por Rosalía da vida do pazo e de quen é e como vive don Rafael.

Encóntranse Mario, Rafael e Quiroga. Conta Mario que o visitante é un antigo compañeiro seu de estudos e grande amigo da cidade, e que se alegra moito da visita. Xulio Quiroga dille que vén velo e tamén coñecer a súa señora.

Aparece Isabel que é presentada a Quiroga. Remata o acto dicindo Quiroga á parte:

Magnífica, insuperábel, sorprendente; pero ¿debe seguir a comédia máis alá da firma do autor? [4]
  • Acto III

Quiroga infórmase con Xulia do ben que leva a casa Isabel, a criada coñeceuna cando veu ao pazo. O mesmo acontece co criado Rego, tamén a coñeceu así.

Nunhas intervencións moi longas Quiroga cóntalle a Rafael toda a historia de Mario de cando vivía na cidade. Namorou de Isabel e casaron. A delicada saúde dela decidiunos a vir á aldea dos avós por ver se melloraba. Mais morreu ao chegar e desde entón Mario quedou desfeito, sen superalo, pechado en si mesmo no pazo.

O grupo de amigos de Quiroga na cidade segue coa súa vida e entre alcohol e alcohol deciden contratar a unha actriz secundaria para que faga o papel de Isabel e alegre a Mario. Adéstrana moi ben contándolle todo o que ten que saber e mándana ao pazo para ver en que dá a cousa. Esa é a razón da súa visita, saber como está o experimento.

Rafael coméntalle que todo o servizo non chegara a coñecer a verdadeira Isabel, só coñece a esta. El mesmo estaba intrigado sabendo da morte da primeira mais vendo agora que coa segunda Mario reviviu e todo vai mellor non se atreveu a facer preguntas. Por fin agora enténdeo todo.

O espectador coñece a reacción final de Quiroga e de Rafael, observa a Isabel e Mario. Remata a peza cantando Rosalía:

Cabe na flor da gesteira
o recendo da montaña,
como cabe o azul do ceu
nunha pucharquiña de água[5]

Características

Carballo Calero díxolle a Carmen Blanco[6]:

Despois de escreber "Isabel" observei que hai unha obra de Pirandello que sería curioso comparar con "Isabel"; unha obra de Pirandello da que tiven noticia a través do cine, porque hai unha película, interpretada por certo por Greta Garbo, que se intitula en castellano "Como tú me deseas", e hai curiosamente unha situación algo parecida á de "Isabel", alí hai unha muller que non se sabe ben se é ou non é a que representa ser, hai algo de semellante, o que pasa é que na obra de Pirandello queda indeciso se efectivamente aquela muller é realmente a muller que o marido cre ter recuperado, e non o saben nen o marido nen ela mesma. En cambio en "Isabel", o espectador sabe perfeitamente que se trata dunha muller distinta, pero, claro está, se impón sobre esa realidade unha suprarrealidade... Nesta obra hai varias escenas suprarreais, todo iso supón unha combinación de elementos, pois a obra comeza coa visión do nacimento nunha casa aldeana en termos absolutamente realistas.

Notas

  1. Carballo Calero, Ricardo (1982). Teatro completo. Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-116-3. 
  2. Villamayor, Sindo (1996). Historia da Literatura Galega. 33. O silencio interior (1940-1950). Ed. A Nosa Terra. p. 1041. ISBN 84-89679-05-3. 
  3. Rabuñal, Henrique. "Carvalho Calero na historia do noso teatro". adiante.gal. Consultado o 17/10/2018. 
  4. 4,0 4,1 Carballo Calero 1982, p. 44.
  5. Carballo Calero 1982, p. 77.
  6. Blanco, Carmen (1989). Conversas con Carballo Calero. Galaxia. p. 258-259. ISBN 84-7154-654-X.