Cambios

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
O [[25 de abril]] de [[1087]] concedeu un diploma á igrexa compostelá e ó seu [[bispo]] [[Diego Páez]], onde lle doou a metade do mosteiro de Piloño e outras moitas herdades, outorgando ademais un privilexio polo cal no mosteiro non puidese entrar o [[meiriño]] real nin en caso de homicidio, roubo ou parricidio; só o ministro do prelado compostelán.<ref>{{Cita libro | título=Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela | url=https://archive.org/stream/historiadelasant03lpez#page/24/mode/2up | apelidos={{Versaleta|López Ferreiro}} |nome=Antonio | ligazónautor=Antonio López Ferreiro | ano=1900 |volume=3 | páxinas=12, 14-15; 25 [Apéndices] |ref=harv}}</ref>
 
En [[1090]] asistiu ós funerais en honor do seu irmán García, canda a súa irmá Urraca.<ref>{{cita libro | apelidos={{versaleta|Flórez}} | nome=Henrique | título=Memorias de las reynas catholicas |volume=I |ano=1761 | lugar=Madrid | nome-editor=Antonio | apelidos-editor=Marin | páxina=157 | lingua=Es | url=https://books.google.es/books?id=UrIGAAAAQAAJ&pg=PA157&dq=elvira+urraca }}</ref>
 
Antes do [[11 de novembro]] de [[1095]] xa se encargaba da educación da súa sobriña-neta [[Sancha Raimúndez]], nada había pouco e filla da súa sobriña [[Urraca de León|Urraca]], futura raíña, e do seu esposo [[Raimundo de Borgoña]], [[conde de Galiza]].<ref>{{Cita libro |nome=M.ª del Carmen |apelidos={{versaleta|Pallares Méndez}} |ligazón-autor=Carmen Pallares Méndez |nome2=Ermelindo |apelidos2={{versaleta|Portela Silva}} |ligazón-autor2=Ermelindo Portela Silva |título=La reina Urraca |url=https://books.google.es/books?id=uqp7mHCeen0C&pg=PA36&dq=%22Elvira%22 |ano=2006 |editorial=Nerea |lingua=es |isbn=84-96431-18-5 |páxinas=21, 36| cita=«mi sobrina Sancha, a la que crío»}}</ref>
 
Nunha das súas últimas aparicións, o [[14 de marzo]] de 1099, testemuña nunha doazón do seu irmán Afonso VI ó [[mosteiro de San Pedro de Eslonza]].<ref>{{Cita libro | título=Cartulario del Monasterio de Eslonza | url=https://archive.org/stream/cartulariodelmo00ballgoog#page/n19/mode/2up | apelidos={{Versaleta|Vignau Ballester}} |nome=Vicente | ano=1885 |volume=Primera parte | páxina=10}}</ref>
 
A infanta outorgou testamento estando doente na súa vila de [[Tábara]] o [[11 de novembro]] de 1099, catro días antes de falecer. A súa irmá Urraca e os [[bispo]]s de [[Diocese de Tui|Tui]], [[Diocese de León|León]] e [[Diocese de Oviedo|Oviedo]] confirmaron o testamento. Entre as disposicións testamentarias, á súa irmá Urraca deixoulle a súa herdade de San Pelaio, Santo Isidoro e [[Covarrubias]]. Á súa sobriña-neta [[Sancha Raimúndez]], filla do [[conde de Galiza]] [[Raimundo de Borgoña]] e da súa esposa [[Urraca I]], legoulle Tábara, [[Wamba, Valladolid|Wamba]] e outras herdades. Tamén fixo doazóns a varios mosteiros e igrexas. Aínda que antigos xenealoxistas afirmaban que a infanta Elvira casara, uns decendo que foi co conde [[García Ordóñez]], e outros cun tal Sancho Fernández de quen tivera un fillo chamado Fernando Iohannes (Ibáñez), a infanta non menciona marido ou fillos ningúns no seu testamento. O rei Afonso VI, un par de meses despois da morte da súa irmá, confirmou o [[16 de xaneiro]] de [[1100]] á [[Catedral de Santiago de Compostela]] a doazón que fixera Elvira a dita igrexa do mosteiro de Piloño.{{harvnp|{{versaleta|Martin}}|2008|p=}}
 
En [[1141]], Sancha lembrou a súa tía-avoa cando doou o mosteiro de Wamba, con tódalas súas pertenzas, á [[Orde de San Xoán de Xerusalén]]:<ref>{{Cita publicación periódica |nome=Therese |apelidos={{versaleta|Martin}} |data=xuño de 2008 |título=Hacia una clarificación del infantazgo en tiempos de la reina Urraca y su hija la infanta Sancha (ca. 1107-1159) |revista=e-Spania |número=5 |localización=[[París]] |editorial=Université Paris-IV Sorbonne |lingua=es |issn=1951-6169 |doi=10.4000/e-spania.12163 |url=http://journals.openedition.org/e-spania/12163}}</ref>
3.208

edicións

Menú de navegación