Riccardo Giacconi: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15) |
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0 |
||
Liña 10: | Liña 10: | ||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Estuda [[Física]] na [[Universidade de Milán]] con [[Giuseppe Occhialini]], especializándose na investigación dos raios cósmicos. Baixo o consello do seu mentor, no [[1956]] emigra ós [[Estados Unidos de América]]. No [[1958]] comeza a colaborar coa [[Universidade de Princeton]], e logo, [[Bruno Rossi]] introdúceo na AS&E (''American Science and Engineering'')<ref name="Riccardo Giacconi"> |
Estuda [[Física]] na [[Universidade de Milán]] con [[Giuseppe Occhialini]], especializándose na investigación dos raios cósmicos. Baixo o consello do seu mentor, no [[1956]] emigra ós [[Estados Unidos de América]]. No [[1958]] comeza a colaborar coa [[Universidade de Princeton]], e logo, [[Bruno Rossi]] introdúceo na AS&E (''American Science and Engineering'')<ref name="Riccardo Giacconi">{{Cita web |url=http://diamante.uniroma3.it/hipparcos/giacconi.htm |título=Riccardo Giacconi |data-acceso=30 de decembro de 2018 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080204044559/http://diamante.uniroma3.it/hipparcos/giacconi.htm |dataarquivo=04 de febreiro de 2008 |urlmorta=si }}</ref> cun programa para o desenvolvemento da investigación en [[raios X]] cósmicos, comezando a proxectar instrumentos para poñelos en relevo. |
||
No [[1962]] descobre [[Scorpius X-1]], primeira fonte extraterrestre coñecida de raios X<ref name="Riccardo Giacconi"/>. No [[1970]] ocúpase do lanzamento do satélite [[Uhuru]], co que se abre a exploración do ceo profundo ós raios X. Grazas a este recoñecemento celeste, foron descubertas 339 estrelas emisoras de raios X, entre elas [[Cygnus X-1]]<ref name="Riccardo Giacconi"/> e [[Vela X-1]]. |
No [[1962]] descobre [[Scorpius X-1]], primeira fonte extraterrestre coñecida de raios X<ref name="Riccardo Giacconi"/>. No [[1970]] ocúpase do lanzamento do satélite [[Uhuru]], co que se abre a exploración do ceo profundo ós raios X. Grazas a este recoñecemento celeste, foron descubertas 339 estrelas emisoras de raios X, entre elas [[Cygnus X-1]]<ref name="Riccardo Giacconi"/> e [[Vela X-1]]. |
Revisión como estaba o 15 de setembro de 2019 ás 16:38
Riccardo Giacconi, nado en Xénova o 6 de outubro de 1931, e morto[1] en San Diego o 9 de decembro de 2018 foi un astrofísico italiano radicado nos Estados Unidos.
Biografía
Foi fillo único de Antonio, un pequeno empresario e Elsa Canni, profesora de matemáticas e física[2]. No 1939 os pais sepáranse, quedando el coa nai, que marcha a Cremona, e logo a Milán, ensinando no mesmo instituto ó que logo acudirá Riccardo[3].
Traxectoria
Estuda Física na Universidade de Milán con Giuseppe Occhialini, especializándose na investigación dos raios cósmicos. Baixo o consello do seu mentor, no 1956 emigra ós Estados Unidos de América. No 1958 comeza a colaborar coa Universidade de Princeton, e logo, Bruno Rossi introdúceo na AS&E (American Science and Engineering)[4] cun programa para o desenvolvemento da investigación en raios X cósmicos, comezando a proxectar instrumentos para poñelos en relevo.
No 1962 descobre Scorpius X-1, primeira fonte extraterrestre coñecida de raios X[4]. No 1970 ocúpase do lanzamento do satélite Uhuru, co que se abre a exploración do ceo profundo ós raios X. Grazas a este recoñecemento celeste, foron descubertas 339 estrelas emisoras de raios X, entre elas Cygnus X-1[4] e Vela X-1.
No 1973, pasa a ser director do Harvard Smithsonian Center for Astrophysics, impulsando o proxecto HEAO-2 dun telescopio de raios X en órbita, que máis adiante foi unha realidade, bautizado como Observatorio Einstein. É ese ano cando decidiu 'eu amo a astronomía, ao menos, como a practico'.[5]
Máis adiante, ten recuperado o cargo de profesor de física e astronomía (1982-1997) e de investigador (a partir do 1998) na Universidade Johns Hopkins.
Do 1993 ó 1999 é Director xeral do European Southern Observatory (ESO).
Foi o investigador xefe do proxecto Chandra Deep Field-South co Chandra X-ray Observatory da NASA.[6]
Recibiu o Nobel de Física de 2002, polas súas contribucións á astrofísica que levaron ao descubrimento dos raios X cósmicos.[5]
Libros
Riccardo Giacconi, Wallace Tucker. The X-Ray Universe, Cambridge, MA: Harvard University Press, 1985.
Riccardo Giacconi | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Premios e recoñecementos
- Premio de Astronomía Helen B. Warner (1966)
- Medalla Bruce (1981)[7]
- Lector Henry Norris Russell (1981)
- Premio de Astrofísica Dannie Heineman (1981)
- Medalla de ouro da Royal Astronomical Society británica (1982)
- Premio Wolf en Física (1987)
- Premio Nobel de Física (2002)
- Medalla de Ciencia dos EEUU (2003)
- Asteroide 3371 Giacconi
Notas
- ↑ esa. "Riccardo Giacconi (1931–2018)". European Space Agency (en inglés). Consultado o 2018-12-30.
- ↑ User, Super. "Indice videolezioni PSSC (12)". Fisicapertutti (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2018. Consultado o 2018-12-30.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2018.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Riccardo Giacconi". Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2008. Consultado o 30 de decembro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 "Riccardo Giacconi Facts". The Nobel Prize. Consultado o 1/1/2018.
- ↑ "Giacconi Principal Investigator del Chandra Deep Field South". 1/1/2018.
- ↑ Bruce Medal page