Torre dos Moreno: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 19: Liña 19:


== Actualidade ==
== Actualidade ==
O [http://www.xunta.es/dog/Dog2010.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/8a93fc67ce661078c12578010053b138/$FILE/24500D049P058.PDF 23 de decembro de 2010 no DOG] sae unha resolución que abrirá paso a un novo enfoque para salvar o monumento, [[Ben de Interese Cultural]], da ruína.
O 23 de decembro de 2010 no DOG<ref>{{Cita web|url=https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2010/20101223/Anuncio4427A_gl.html|páxina-web=DOG (Diario Oficial de Galicia)|título=Anuncio da proposta de resolución en expediente de declaración de caducidade ou perención do convenio de compromiso entre o Concello de Ribadeo e os propietarios do edificio Torre de los Moreno.|data-acceso=7-9-2019|data-publicación=23 de decembro de 2010|outros=Nº 245|páxina=20.814}}</ref> sae unha resolución que abrirá paso a un novo enfoque para salvar o monumento, [[Ben de Interese Cultural]], da ruína.


O 13 de xaneiro de 2011 comezan os traballos de apuntalamento para tentar salvala da súa caída.
O 13 de xaneiro de 2011 comezan os traballos de apuntalamento para tentar salvala da súa caída.

Revisión como estaba o 7 de setembro de 2019 ás 18:55

Coordenadas: 43°32′16″N 7°2′17″O / 43.53778, -7.03806

Vista do edificio 'Torre dos Moreno', emblemático de Ribadeo, (tomada dende o Parque da Praza de España), fachada SO.

A torre dos Moreno é unha casa de indianos situada en Ribadeo, na praza de España e na rúa de Ibáñez, no Ben de Interese Cultural (BIC)[1] do conxunto histórico da Vila de Ribadeo e BIC por si mesmo[2][3][4]. Foi mandada construír por Pedro e Juan Moreno Ulloa en 1915 e deseñada polo arquitecto Julián García Núñez[5] e o enxeñeiro Ángel Ardex.[6] Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo modernista, cimentado sobre unha estrutura mixta de formigón e ferro. Con anterioridade a 1915, ocupaba o lugar a chamada "Torre Julia" ou "Torre da Fortaleza", resto da antiga fortaleza de Ribadeo.[7]

Dende 1997, o edificio ten a consideración de Ben de Interese Cultural.[8]

Vista artística da 'Torre dos Moreno', recollida nunha publicación da época, Bandera Católica (1 de setembro de 1916).

Descrición

Conta con diversos adornos, como alicatados, mármores, vidreiras, grecas, tellado con tellas de porcelana (cerámica vidrada) de cor vermella que reflicte a luz solar ou pilastras. A cúpula da torre principal está mantida por catro cariátides. A planta ten 950 m², e o solar, 1.050 m² (medidas tomadas usando SIXPAC). Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance da deterioración do edificio.

O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios.

Ascensor, onde se aprecia a súa manufactura de ferro fundido e motivos vexetais.

Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros.

As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados.

A estrutura básica é de formigón armado, novo material na zona na época da construción, polo que o seu tratamento non foi adecuado e a estrutura sufriu moito.

Actualidade

O 23 de decembro de 2010 no DOG[9] sae unha resolución que abrirá paso a un novo enfoque para salvar o monumento, Ben de Interese Cultural, da ruína.

O 13 de xaneiro de 2011 comezan os traballos de apuntalamento para tentar salvala da súa caída.

O repartimento da propiedade lévase complicando na historia por división por herdanza, o que complica o seu mantemento e futuro. Despois dun proceso de compra pola empresa 'Paisajes de Asturias', en 2015 a estrutura de propiedade corresponde aproximadamente: un 60%, Paisajes de Asturias; 21,25% Concello de Ribadeo (adquirido en 1996)[1] e 19%, herdeiros na Arxentina.[7][10]

Notas

  1. 1,0 1,1 Alberto Leyenda (17 de xullo de 2011). "La incierta vida de la Torre dos Moreno". Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  2. "Consulta a la base de datos de bienes inmuebles". Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  3. "DECRETO 266/2004, del 11 de noviembre, por el que se declara bien de interés cultural, con la categoría de conjunto histórico, la villa de Ribadeo, Lugo" (PDF). Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  4. "concello de Ribadeo. Patrimonio. Núcleo antigo de Ribadeo". Consultado o 8 de marzo de 2016. 
  5. Díaz Varela, Emilio Rafael; Crecente Maseda, Rafael; Álvarez López, Carlos (2004). Turismo y Ordenación Del Territorio en el Municipio de Ribadeo (en castelán). Santiago de Compostela: Concello de Ribadeo / Universidade de Santiago de Compostela. p. 69. ISBN 84-9750-273-6. 
  6. Alonso (2005), p. 45
  7. 7,0 7,1 Ernesto Cruzado (10 de xullo de 2015). "Centenario de la Construcción de la Torre de los Moreno". 
  8. "DECRETO 104/1997, do 17 de abril, polo que se declara ben de interese cultural con categoría de monumento a Torre dos Moreno, no concello de Ribadeo, provincia de Lugo". DOG (Diario Oficial de Galicia). Nº 87. 8 de maio de 1997. p. 4.346. Consultado o 7 de setembro de 2019. 
  9. "Anuncio da proposta de resolución en expediente de declaración de caducidade ou perención do convenio de compromiso entre o Concello de Ribadeo e os propietarios do edificio Torre de los Moreno.". DOG (Diario Oficial de Galicia). Nº 245. 23 de decembro de 2010. p. 20.814. Consultado o 7-9-2019. 
  10. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2015/11/09/paisajes-asturias-interesa-comprar-torre-dos-moreno/0003_201511X9C1991.htm

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alonso Pereira, José Ramón (2005). "La arquitectura indiana de García Núñez a una y otra orilla del Eo". En VV.AA. Julián García Núñez: caminos de ida y vuelta (en castelán). Bos Aires: CEDODAL (Centro de documentación de Arquitectura Latinoamericana). pp. 45–59. ISBN 9871033117. 
  • Bores Gamundi, F. (Coord.) (2000). Casas de Indianos (en castelán). 84-453-2803-4. ISBN 84-453-2803-4. 

Outros artigos